Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manu Chao en Vigo
Sábado 4 de agosto no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo ás 22:00

-Manu Chao Radio Bemba Sound System
-Galegoz
-Le Punk



Entradas para o concerto:
- despacho de billetes telefónico (902 504 500 e 986 110 500)
- web www.servinova.com.

O prezo:
30 euros en billeteira
28 euros anticipada
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2007 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Pandereteiras no Museo Liste (Vigo)
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)

O sábado 4 de agosto: Soalla (Pandereteiras)
pola mañá ás 12:30 na finca do Museo Liste (Rúa Pastora 22, Vigo), entrada de balde


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2007 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semán tradicional en Mondariz
4 de agosto “XIX Festa da Muiñeira”
Pola tarde na Praza de España, actuación dos grupos de baile “Nosa Terra”, “Trompos os pés”, “Ballet Folclórico Boirense” e “Cear Castromao” (de Mondariz).

Pola noite concerto de “Brath”.

4 e 5 de agosto: “XX Festa dos Oficios Artesans”

46 expositores repartidos por toda a rúa que vai en dirección ao Pavillón de Deportes.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2007 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Unha de gaitas marciais
Unha banda de gaitas de Ourense, a da Carballeira, gañou a que será última edición da "Liga Galega de Bandas de Gaitas". Non haberá máis, pois o ano próximo denominarase "Liga Ibérica". Anunciouno o seu promotor, Xosé Luís Foxo, quen destacou que a metade das bandas proceden doutras comunidades autónomas e de Portugal.

Esta edición tamén premiou a Clemente Pérez polo seu labor organizativo. Os 2.500 músicos asistentes puideron gozar das 4.500 racións de bica que se repartiron na súa festa.

O futuro da música tradicional está asegurado. Afirmouno Xosé Luís Foxo nada máis rematar a final da "XVII Liga Galega de Bandas de Gaitas". O promotor do campionato e director da Real Banda de Gaitas dá Deputación resaltou a enorme calidade adquirida polos músicos desde que o certame comezou a súa andaina.

Tamén aludiu á cada vez maior presenza de bandas de gaitas procedentes doutras comunidades autónomas e de Portugal. Ante esta sa "invasión", Xosé Luís Foxo adiantaba que o ano próximo non haberá "Liga Galega", pois o campionato adquire carácter peninsular e pasará a denominarse "Liga Ibérica de Bandas de Gaitas". Neste sentido, Foxo comentou que "a porcentaxe de bandas de fóra é o 50% e hai de Portugal, Asturias ou Murcia, entre outras procedencias".

Se o seu anuncio confírmase, unha banda de Ourense, a da Carballeira, poderá presumir de ser a última que gañou a liga galega. A súa calidade foi palpable desde o primeiro momento, eliminando competidores ata reducilos a unha soa agrupación, a asturiana de Villaviciosa, que gañou a edición anterior.

Aínda que no primeiro grao a loita polo triunfo final concentrouse en dúas bandas, nos restantes a clasificación estivo máis aberta a todos os participantes. Ao final, o segundo grao gañouno a portuguesa "Sao Bernardo de Aveiro" e o terceiro "Nova Fronteira & Cartelle Junior". As vitorias en cuarto e quinto graos foron para o "Concello da Gudiña" e para a portuguesa de "San Vicente de Barrantes". Ao final, os alcaldes de Trives e Manzaneda cederon a testemuña á tenente alcalde de Hospitalet, Ana María Prado, que acollerá a proba de decembro.

Foron centos de persoas as que se reuniron onte a 1.778 metros de altitude. Un amplo dispositivo da Garda Civil -postos de Trives e O Barco, Seprona e equipo de Montaña-, apoiados polos voluntarios de Protección Civil de Trives puxeron orde no aluvión de vehículos chegados á zona superior da estación de montaña. Tamén axudaron ás vítimas das picaduras de avispas e dos mareos. Estes últimos padecéronos varios gaiteiros, que non soportaron a combinación da calor, a tensión competitiva e as pezas abrigadas.

As persoas que se congregaron nos cumes de Manzaneda non só gozaron co espectáculo das bandas de gaitas, tamén puideron degustar gratuitamente a exquisita sobremesa típica da gastronomía trivesa: a bica. A organización preparou 4.500 racións, que foron repartidas entre os asistentes. Tamén se preocuparon do seu acompañamento, entregando 3.000 chupitos de licor café. Pero para conseguilos, foi necesario facerse un oco nas longas colas organizadas ante o expositor montado pola organización. Ao final, o prezo pagado coa espera resultou ser moi barato para quen saborearon a sobremesa tradicional.

O campionato das bandas de gaitas e a "Festa da Bica" son organizadas polos concellos de Trives e Manzaneda. O alcalde de Trivés, o independente Francisco José Fernández, aposta pola súa continuidade na zona. "É un evento moi importante e faremos o posible para que non se marche", dixo. Ao seu lado, o socialista e tenente alcalde de Trives, Francisco do Río, corroborou que "é unha iniciativa moi importante para a comarca". O rexedor trivés aludiu a unha maior implicación da estación de esquí, coincidindo co seu homólogo de Manzaneda, José Antonio Núñez. "Queremos que Meisa involúcrese e que vos cambios sexan para ben", dixo.

La Región (30/07/07)



Ben, supoño que se vai ser unha Liga Ibérica xa non precisará de cartos públicos galegos para este tipo de inventos...
Henrique

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 01-08-2007 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Nuñez en Celanova
A igrexa de San Salvador de Celanova acollerá hoxe mércores 1 de agosto o único concerto que o músico Carlos Núñez ofrecerá en Galicia durante 2007. Un recital singular que contará coa presenza do organista francés Vicent Crosnier.

A igrexa de San Salvador de Celanova será o marco onde se desenvolva o concerto que nalgunhas pezas, con gaita e frauta, estará acompañado polo organista do Saint Eustache de París, Vicent Crosnier. Non é a primeira vez que o francés colabora con Carlos Núñez, que xa o fixo noutras dúas ocasións en París e Barcelona. Ademais da actuación do gaiteiro de orixe ourensá, o concerto contará coa colaboración de músicos da Banda de Celanova, que interpretarán "Aires de Pontevedra" e catro gaiteiros da Banda de Gaitas que representarán a banda sonora de "Mar dentro". Cun aforamento limitado para 950 persoas, o concerto celebrarase este mércores, 1 de agosto, a partir das 20,00 horas na igrexa de San Salvador de Celanova.

En menos de dúas horas desde que se abriu o pasado venres a oficina de turismo esgotáronse as entradas para acudir ao concerto. Ademais da oficina celanovense, as invitacións tamén se repartiron (4 por persoa) no Centro Cultural da Deputación onde tamén se esgotaron ás poucas horas.

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-08-2007 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Artigo sobre o Traxe tradicional

O artesán da tradición.

Álex Regueiro, investigador do traxe galego, denuncia a distorsión deste elemento da cultura do país por non consultar os expertos

Artigo de Galicia-Hoxe (31/07/07)


O artesán Álex Regueiro ten 30 anos e gran parte da súa vida dedicouna ao estudo do traxe galego tradidional. "O traballo de investigación do traxe ­-di- é algo custoso, por iso moitos non o fan". Leva, sobre todo, moito tempo, "hai que patear moito e chamar a moitas portas" e o feito de que este labor non se realice está a provocar "a deslocalización do traxe"; isto é, atribúense elementos propios da vestimenta dunha zona ao traxe doutro lugar distinto. Regueiro admite que, a pesar da proliferación de agrupacións nos últimos tempos, "non se consulta os expertos con respeto ao traxe".

Unha conversa con este "Produtor de Traxes Tradicionais Galegos axuda a comprender o entrecruzamento de variables que están detrás dun traxe tradicional. O nivel económico, a zona xeográfica, a época ou o xeito de coser son algúns dos elementos que lle dan a súa variedade característica. Pero Regueiro advirte que, por non consultar os expertos, "estase a desvariar moitísimo, a distorsionar a vestimenta", tanto nas formas como nos usos. O artesán explica que "a estas alturas todo é tradicional, pero hai que ter en conta que para o mundo da moda son 100 anos os que marcan tradición". Por exemplo, unha parte do traxe tradicional feminino que se considera tradicional son os pololos, non obstante, "esta prenda foi imposta máis tarde pola Sección Feminina da Falanxe por unha cuestión de pudor".

Á hora de confeccionar un traxe tradicional hai que ter en conta se se quere un traxe de gala ou un traxe de cotío. Regueiro explica, por exemplo, que "unha peza como o mantón de caxemir, nunca se usou no traxe de cotío" xa que era moi custoso porque o material procedía dun animal do Tíbet. O lugar ao que pertence a vestimenta é tamén fundamental e identifícase, sobre todo, a través das cores. Sábese que "unha especie de granate era a cor de Bergantiños, as Mariñas coruñesas empregaban as amarelas e as vermellas, as Mariñas lucenses as azuis e a marrón era máis propia de Santiago e Tui". A monteira do home, "o símbolo da gallardía", é tamén outro dos elementos que marcan a diferenciación xeográfica segundo a súa forma. Detrás do traxe tradicional hai toda unha linguaxe e non se debe esquecer "que todos os elementos forman cultura".

TRABALLO DE CAMPO A documentación é a base no oficio

Álex Regueiro confesa que tivo que ler moito para aprender cousas sobre o traxe galego tradicional e que tivo que investigar todo tipo de documentos da época: dende a literatura ata a pintura, e máis tarde a fotografía. Cita as obras dos pintores Álvarez de Sotomayor ou Dionisio Fierros ou a dos fotógrafos Pedro Ferrer e Varela como algunhas das fontes básicas polas que se guía para confeccionar os seus traxes. Segundo explica o artesán, a través dos documentos apréndese a enmarcar os diversos elementos nunha época concreta. Por exemplo, "a raíña Isabel II prohibiu a través dun Real Decreto as basquiñas (peza do traxe tradicional feminino) de cor, reservadas só para a realeza".

A documentación é básica para coñecer os materiais, xa que "se fabricaba co que había no momento". Os intercambios comerciais provocaron a diferenza entre a vestimenta das áreas costeiras e as do interior, con máis problemas para chegar ás novas mercadorías. "A II Revolución Industrial -explica Regueiro- marcou o momento de máximo esplendor do traxe tradicional feminino" coa chegada dos novos materiais, pero hai que ter en conta que ese punto álxido do traxe feminino non coincide co do traxe masculino, xa que nese momento os homes do país marchan traballar ás colonias americanas e xa empregaban o traxe de cubano, co pantalón longo. Con respecto a isto, Álex Regueiro explica que "o traxe do home foi o que menos evolucionou e conserva un carácter máis medieval". Isto ocorre porque "para o home non era tan necesario coidar a súa vestimenta, era a muller a que se tiña que acicalar para gustarlles ao home". Grazas ao estudo pódense coñecer curiosidades como que unha parte do traxe masculino como é a faixa, "de orixe árabe e cunha función primitiva que era a de suxeitar a faca".
Comentarios (9) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2007 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de tempada do Furancho da Balsa

Amig@s,
como deve ser sabido xa por tod@s, o vindeiro sábado, día 28 de xullo, o Furancho da Balsa pechará as suas portas, rematando así a sua primeira andaina.

Dende esta casa, queremos despedirnos de todos os amigos que nos fixeron a sua visita, e nos honraron coa súa compaña.

Vaia un agradecemento para todos vos, i en especial para os malmequerians, que foron un exemplo para todos, polo seu excelente esprito, e as suas foliadas, xa fosen levando a voz cantante na festa, ou xa fose acompañando cos seus bailes e pandeiretas ás músicas dos gaiteiros e músicos que por aquí pasaron a deixar a sua aportación de alegría, amizade, e tradición.

Podemos decir que esta experiencia ficará imborravel na nosa memoria, e o que é mais importante, ficarán no noso corazón, todos e cada un dos amigos que aqui fixemos, e cos cales, sen dúvida voltaremos a atopar en calquer romaría, foliada, festa, ou carallada.

Unha aperta para todos. Vémonos na próxima, e ...tomaremos unha.

Até sempre.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2007 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
25 xullo: Estrea do documental

"FRONTEIRAS"
ESTREA EN TELEVISIÓN O DÍA DA PATRIA

O MÉRCORES 25 DE XULLO ÁS 16:00 HORAS A TVG EMITIRÁ O DOCUMENTAL FRONTEIRAS, DIRIXIDO POR RUBÉN PARDIÑAS. TRÁTASE DUN PERCORRIDO POLOS LÍMITES XEOGRÁFICOS E CULTURAIS DE GALICIA, E NEL INTERVEÑEN POLÍTICOS COMO XOSÉ MANUEL BEIRAS, MANUEL FRAGA, ESCRITORES COMO XOSÉ LUÍS MÉNDEZ FERRÍN E ANXO ANGUEIRA, ASÍ COMO OS VECIÑOS DAS TERRAS ESTREMEIRAS DO EO-NAVIA (ASTURIAS), BIERZO (LEÓN), AS PORTELAS (ZAMORA) E PORTUGAL.

No debate sobre a que comunidade político-cultural deben pertencer as rexións fronteirizas, todo o mundo ten unha opinión: desde as polémicas rifas entre historiadores, filólogos e políticos, ata as posturas máis desdramatizadoras dos propios habitantes destas zonas. Todos eles falan en Fronteiras de como perciben o feito de que as divisións administrativas non coincidan moitas veces coas lindes culturais. O documental é un achegamento á construcción das identidades colectivas a través das comarcas estremeiras de Galicia en Asturias, León, Zamora e Portugal.

O documental, producido por Pasacana Films, patrocinado por AVID Technology e dirixido por Rubén Pardiñas, é un percorrido polas fronteiras socioculturais de Galicia no Eo-Navia (Asturias), O Bierzo (León), As Portelas (Zamora) e Portugal. O proxecto recibiu en 2006 o Premio Xpréssate en Tui´06 ao mellor proxecto de documental no Festival Internacional de Documentais de Tui Play-Doc e estreouse en 2007 no mesmo festival.
O filme inclúe entrevistas aos habitantes de vilas e aldeas como Vilafranca do Bierzo e Ponferrada (León), Ibias e El Franco (Asturias), Hermisende e Lubián (Zamora) ou Castro Laboreiro (Portugal). As opinións sobre a propia identidade resultan do máis variadas en todos estes lugares; hai dende quen explica nun galego impecable que el non ten nada que ver coa cultura galega, ata quen reclama a anexión a Galicia.
Recóllense tamén declaracións de políticos como Xosé Manuel Beiras, Manuel Fraga ou Maurício Castro, e de escritores como Xosé Luís Méndez Ferrín, Anxo Angueira, Lluís Álvarez ou Xavier Frías Conde. Destacados filólogos, como Francisco Fernández Rei, Xosé Lluís García Arias ou Ramón d´Andrés tamén aportan o seu punto de vista, ademais dos presidentes da Real Academia Galega e da Academia de la Llingua Asturiana, Xosé Ramón Barreiro Fernández e Ana Cano. O historiador Justo Beramendi, o politólogo Álvaro Xosé López Mira e o gaiteiro Bieito Romero son algúns outros dos persoeiros que falan en Fronteiras.
O documental reflicte tanto a convivencia cultural como as polémicas que xurden desta situación de “transición”. Así como no Bierzo e nas Portelas o feito cultural galego está máis ou menos asumido, o verdadeiro conflicto se produce en Asturias, onde a Academia de la Llingua Asturiana nega que o que se fala no Eo-Navia sexa galego (nunha rifa que se reproduce no eido da música co conflicto entre gaita galega e asturiana). O documental explica, por exemplo, o cambio de opinión que unha parte importante da filoloxía feita en Asturias experimentou desde os anos 80 con respecto á galeguidade da fala do Eo-Navia.
Fronteiras fai tamén un repaso polo proceso de creación da Comunidade Autónoma de Galicia, e como os seus actuais límites administrativos quedaron fixados polas mesmas fronteiras que no século XIX deixaran fóra territorios como o Bierzo.
Outro asunto espiñento é a especial relación, tanto idiomática como cultural, de Galicia con Portugal. O documental plantexa (de novo a través do testemuño dos habitantes da zona e de especialistas) ata que punto a fronteira do Miño e a raia seca ourensá separan realmente dous países e dous idiomas diferentes.
Fronteiras inclúe temas de grupos como Siniestro Total, Os Resentidos e A Banda de Poi.

Rubén Pardiñas (Vigo, 1976) é Licenciado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a súa andaina no audiovisual como director artístico. Paralelamente foi desenvolvendo unha sólida traxectoria adicada á crítica de arte contemporánea, eido no que gañou o XII Premi Espais a la Crítica d´Art e o II Premio CajaMadrid de Ensayo.


FICHA TÉCNICA
Guión e dirección Rubén Pardiñas
Produtores Miguel Gavito e Carlos Aguilera
Cámara e montaxe Carlos Aguilera
Son Daviz López
Duración 58´"

Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
A Forza que fai País

Manifestación do día da Patria ás 12:00 na Alameda de Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festas en Santiago polo día da Patria
martes 24

12.00 H. Animación de rúa e Grupos de Gaiteiros
Xigantes e cabezudos de Santiago na Praza da Quintana

SESIÓN DE PIROTECNIA ENTRE O CABIDO E O CONCELLO
18.00 a 21.00 h.
Ferradura Aberta na Alameda

23.30 h. QUEIMA DA FACHADA GÓTICA Mirada Creativa
Praza do Obradoiro

24.00 h. ORISHAS
Praza da Quintana Entrada de balde

24.00 h.Orquestra Lamas Paseo central da Alameda
1.00 h The Ellas
Praza do Toural

mércores 25 DÍA DA PATRIA

10.00 h. PROCESIÓN e OFRENDA AO APÓSTOL na Catedral
12.30 h. Pasarrúas: cabezudos e Grupos de Gaiteiros
13.00 h. Animación de rúa con Grupos de gaiteiros
22.00 h.Orquestra CUNTER´S Paseo central da Alameda
23.00 h. SUSANA SEIVANE
Praza da Quintana Entrada de balde

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos de Briga polo día da Patria

O concerto dará comezo às 23h00 e terá lugar no Parque de Belvis (Compostela)

-Trapalhada (Galiza)
-Skacha(Galiza)
-Obrint Pas (Catalunha)
-Skárnio (Galiza)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades de AMI polo día da Patria

Actos programados para a celebraçom do 24 de Julho em Compostela. Todos os actos terám lugar na Porta do Caminho (Praça 8 de Março) desde as 18h00 da tarde.

18h00
Exposiçom e projecçons contra a turistificaçom na Galiza.

20h00
Foliada: Aprende a dançar.
Regueifas contra a especulaçom. Hip-hop (Os de Quistiláns) e regueifeiros tradicionais.
Actuaçom musical surpresa.

22h30
Acto político e XIII Rondalha da Mocidade com a bandeira.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Rosalía e Castelao o 24 de xullo

Hoxe martes 24 de Xullo terá lugar a tradicional homenaxe a Rosalía e Castelao no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval. O Acto contará coa intervención da Secretaria Xeral de Galiza Nova e de Alfredo Suarez Canal, ao que lle seguirá a lectura de fragmentos do Sempre en Galiza e de poemas de Rosalía por parte de diferentes persoas como Saleta, Xurxo Souto, Marta Dacosta... Tamén contaremos coa presenza de NARF.
Anímate e asiste ao Acto.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Reggae Galego-portuguesa en Vigo

KUSSONDULOLA (Reggae Portugal) + KINKI REGGAE CLUBE &GANJAHR FAMILY (Soundsystem Vigo) + SELEKTA REGGAE BAND (Reggae Vigo), num espectáculo integrado na festa dos povos galego e português pelo dia da pátria galega. A partir das 23H, na Sala Breogain de Vigo.


KUSSONDULOLA
- 1.ª BANDA REGGAE NACIONAL
- 9 DISCOS DE ORIGINAIS
- 15 ANOS AO VIVO EM PORTUGUÊS

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2007 03:30
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto
O manifesto 'Ensino en galego' xa está na rúa
Sindicatos, asociacións de pais e outros colectivos que apoian esta campaña presentaron en Compostela, no Auditorio de Galicia, o manifesto a prol da normalización do noso idioma no ensino.

TEXTO ÍNTEGRO DO MANIFESTO

Ensino en Galego


O sistema educativo non garantiu, até o de agora, nin tan sequera que o alumnado puidese finalizar o ensino obrigatorio cunha competencia comunicativa en galego igual á conseguida en castelán, a pesar de que ese é legalmente un dos obxectivos da escolarización. Aínda é máis grave o feito, sinalado unanimente por todos os estudos oficiais, de que a escola incide no abandono do galego por parte de moitos nenos e nenas.

A pesar dos esforzos de moitos pais e nais, profesoras e profesores, estudantes, persoal administrativo e da sociedade en xeral, non se conseguiu introducir un proxecto global de aprendizaxe na lingua propia do noso país: o galego. En calquera sociedade do mundo resultaría cando menos paradoxal que a institución escolar cumprise un papel pouco favorábel ao desenvolvemento da súa propia lingua.

A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (1997), a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), representan tres grandes acordos para avanzar na normalización lingüística que se subscribiron no último decenio por unanimidade nos diversos foros de representación democrática. Acordos que, porén, non conseguiron acadar os obxectivos previstos, ao non se facer efectiva durante todo este tempo a súa aplicación. Lembremos a ese respecto o contundente informe aprobado en 2005 polo Comité de Ministros do Consello de Europa, no que recordaba que o sistema educativo galego non estaba á altura dos compromisos de normalización lingüística adquiridos a nivel internacional polo Estado español.

As persoas e entidades que apoiamos este manifesto consideramos que a aplicación do decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, debe significar un punto de inflexión nesta dinámica. Porque sabemos que, avanzando no proceso de normalización, o ensino gañará en calidade, en proximidade e mesmo en logros académicos, ao afortalar as destrezas lingüísticas do alumnado.

Facemos un chamamento ao conxunto da comunidade educativa para que este novo decreto sexa cumprido plenamente no curso 2007/08, e á Administración educativa para que garanta ese cumprimento, pondo para iso todos os medios humanos e económicos que foren precisos. Singularmente, demandámoslle á Administración educativa a dotación do profesorado necesario, plans ambiciosos de formación do profesorado e do persoal administrativo, unha actitude próxima e dilixente da inspección de ensino e campañas de sensibilización dirixidas a desterrar os prexuízos existentes sobre a presenza escolar do galego.

O galego é un patrimonio común e un elemento de unión de todas as galegas e de todos os galegos. A todas e todos beneficia e a ninguén prexudica que poidamos vivir e aprender no noso idioma.

Organizacións que subscriben o manifesto
- A Mesa pola Normalización Lingüística.
- AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).
- CAE (Comités Abertos de Estudantes).
- CC.OO.-Ensino (Comisións Obreiras).
- CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega).
- CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos).
- FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino – Centros Católicos).
- FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores).
- FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino).
- Mocidade pola Normalización Lingüística.
- Nais e Pais polo Ensino en Galego.
- NEG (Nova Escola Galega).
- Sindicato de Estudiantes.
- STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2007 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festas Nacionalistas en Goián e Gondomar
Preparando o día da Patria

Festa Nacionalista en Gondomar
Venres 20 de xullo dende ás 20:30 no Parque da Coelleira

IX Festa Nacionalista do Baixo Miño en Goián
O BNG organiza a IX festa nacionalista do Baixo Miño o próximo sábado 21 de xullo na Alameda de Goián a partir das 20 horas.

Na alameda haberá un espazo adicado a actividades para nenos/as e diversos postos de comidas (polbo a feira, churrasco, chourizos asados, filloas a pedra...). A partir das 11 da noite, a parte musical estará animada polo grupo Festicultores

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)

Os sábados ás 12:30 na finca do Museo Liste (Rúa Pastora 22, Vigo), entrada de balde

21 xullo: Splinks (Folk)
4 agosto: Soalla (Pandereteiras)
18 agosto: Areoula (Arpa, requinta e bouzuki)
25 agosto: Anacos de Buxo (Cuarteto tradicional)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Historia do Nacionalismo Galego

Pra os que gosten da Historia Galega:

Xornadas de Historia do Nacionalismo Galego.

Venres 20 de Xullo a partir das 19h:00

Este segundo día das Xornadas versará da Historia do Nacionalismo Galego Contemporáneo (dende a transición á actualidade)

Xose Manuel Beiras e Encarna Otero participarán como ponentes neste segundo e definitivo día das Xornadas.

O lugar de celebración será o salón de actos da Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa de Vigo

Como complemento, na semana comprendida entre o día 13 e o día 29, na sala de exposicións da propia Casa Galega da Cultura, e contando coa colaboración da “Asociación Socio-Pedagóxica Galega”, montarase a exposición, “O camiño do Autogoberno” elaborada pola propia AS-PG e polo Instituto de Estudos Chairegos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
CONVOCATORIA DE PRAZAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE
A Deputación Provincial de Ourense, como leva facendo xa varios anos por estas datas, e coa mínima difusión posible, ven de convocar unha serie de prazas relacionadas co ensino de música tradicional.

A convocatoria foi publicada o pasado venres 13 de xullo.O procedimento de selección é vía concurso oposición, e sorpresivamente, a única titulación requerida é a de graduado escolar.

O prazo de instancias remata aos sete dias naturais do día seguinte á publicación que sería o sábado 21 de Xullo de 2007.

Tedes toda a información aquí

http://www.gaiteirosgalegos.com


Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2007 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Malmequer no xornal "El País"

"O Rexurdir do Seráns" (Venres 13 de xullo 2007)
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2007 01:58
# Ligazón permanente a este artigo
A Polo Ghit 2007 .....Fase final
Os internautas xa podedes escoitar, votar e opinar sobre as propostas que se van recibindo, e os artistas podedes seguir enviando as vosas candidaturas até o 21 de xullo.

Lista de participantes

*Manoele: Son a suma total
*Cuchufellos: A Ramalleira
*Taru e os paxaros de coiro: Babilonia
*061, Música urxente: Sen dor
*Snatch: Bikos from Madeira
*Charleston Big Band :Merengue Rosalía
*Los Santos: Rapariga
*The Turre's Band: Hawai 5.0
*Lamanaestrada: Tango para bailar em tanga...
*Banda Gandanagaia: Da praia
*Imben: Ti tes vacasións?
*Machina: Xirarei
*Leo i Arremecághona: Bilingüismo harmónico
*Sonhos: Eu non sei
*Lulu: Ata a auga das macetas
*A matraca perversa: A mala herba
*The Cads: Rock en galego
*Don Perrako e as Cuscús: O socorrista
*Os Forfiestas: Verbenero
*Reggaeifeiros...: Reggaeifa do Borja mailo Tino
*Noise Project: Marcial
*Antonio del Río: O tanga de Manolo
*Lolo Arincón: Un peta en Tarajoña
*Zumbido: Popular
*Jabón Blue: Tranquilo, viejo
*Magín Blanco: Ti es de aquí ou viñeches á festa?
*Supersandwich: Efecto Pinocho
*Amacuca: Pinguinha
*Pandeiromus: Mira como canta
*Sacha na Horta: Biocultivos
*O home bala: Escoitando a Machín
*DisKordia: De que me vale?

Quedan dous días!

Este 21 de xullo remata o prazo para enviardes as vosas cancións a A polo Ghit! Xa temos nada menos que 32 temazos competindo por se converteren na canción do verán, e aínda quedan uns cantos no tinteiro...

O día 21 designaranse os finalistas tendo en conta as votacións populares, e comezará entón un novo prazo de votacións para escoller o gañador.

O sábado 11 de agosto darase a coñecer a canción gañadora, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega. Os gañadores poderán ir á feira do libro de La Habana para o ano, nunha viaxe organizada pola Consellería de Cultura, e a TVG gravará un videoclip profesional do ghit galego deste verán. Veña, que queda pouco!

http://apologhit.vieiros.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2007 01:36
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o Día da Patria en Vigo

-Quarta Feira 18 de Julho às 22:30hh, na Praça enfronte ao Centro Social
Revolta.
Projecçom “As Encrobas, a ceu aberto”

-Quinta Feira 19 de Julho às 20:30hh, no Centro Social Faísca.
Mesa redonda, “Centros Sociais: construíndo poder popular”

-Sábado 21 de Julho desde as 14:00hh, na Praça do Berbés (Zona Velha).

IV FESTIVAL DIA DA PÁTRIA 2007
“CENTROS SOCIAIS: CONSTRUÍDO PODER POPULAR”
14:00hh-. Jantar vegetariano.
16:00hh-. Jogos populares (carreiras de sacos, corda, cadeiras musicais,
petanca,...)
18:00hh-. Baile tradicional, aprende a dançar.
21:00hh-. CONCERTO:
XANS (Folk-GZ)
ETACARINAE (Fussom-Brasil)
DJ MACÔ (musica brasileira-GZ)
Durante a jornada a Rádio Piratona gravará um programa ao vivo do Festival.

ORGANIZAM:
CENTRO SOCIAL REVOLTA
CENTRO SOCIAL FAÍSCA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2007 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de Historia do Nacionalismo Galego en Vigo

Pra os que gosten da Historia Galega:

Xornadas de Historia do Nacionalismo Galego.

Venres 13 e 20 de Xullo a partir das 19h:00

As Xornadas versarán da Historia do Nacionalismo Galego Contemporáneo (dende a 2ª república até a actualidade 1931-2007)

Historiadores e protagonistas da nosa historia recente, como Bautista Alvarez ou Xose Manuel Beiras, participarán como ponentes nestas Xornadas

O lugar de celebración será o salón de actos da Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa de Vigo

Como complemento, na semana comprendida entre o día 13 e o día 29, na sala de exposicións da propia Casa Galega da Cultura, e contando coa colaboración da “Asociación Socio-Pedagóxica Galega”, montarase a exposición, “O camiño do Autogoberno” elaborada pola propia AS-PG e polo Instituto de Estudos Chairegos.


Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Inscrición de grupos para a Rede Galega de Música ao Vivo 2008
A partir do 5 de xullo e até o 3 de agosto estará aberto o prazo de inscrición de grupos musicais e solistas para a programación 2008 da Rede Galega de Música ao Vivo.

Máis información en www.galescena.info

Normátiva para entrar na Rede Galega de Música ao Vivo 2008
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-07-2007 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
Manu Chao en Vigo
Pois xa esta confirmado o concerto de Manu Chao en Vigo o sábado 4 de agosto no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo:

-Manu Chao Radio Bemba Sound System
-Le Punk

Seica vai ser o único concerto de Manu Chao en todo o estado español.

Dende mañá, venres, estarán á venda as entradas para o concerto, tanto en despacho de billetes telefónico (902 504 500 e 986 110 500) como na web www.servinova.com.

O prezo para este concerto é de 30 euros (28 euros se se merca anticipada).
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 12-07-2007 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu un dos últimos galeguistas históricos
Morre en Mexico Elixio Rodríguez Domínguez

Nado en Grou (Lobios) o 4 de xaneiro de 1910.
De neno mudouse a vivir a Bande, onde o seu mestre, Xosé Taibo, o iniciou no galeguismo cando aínda era un rapazolo; logo estudou cos maristas en Venta de Baños (1920) e en Tui. Malia a expulsión que sufriu nesta cidade, conseguiu ser admitido nos maristas de Ourense. Durante a Segunda República foi o fundador das Mocidades Galeguistas de Bande e obtivo o título de piloto na Escola de Aviación.

Detido pola Garda Civil ó comezo da Guerra Civil española, pasou dous meses encarcerado no convento de Celanova, conseguiu evitar o paseo enganchando na lexión. Pasou algún tempo en Cáceres en labores administrativos ata entrar na arma de aviación coa esperanza de poder pasar ó bando republicano, e estivo destinado como capitán en León e no pequeno aeródromo de Navia. En febreiro de 1937 incorporouse á Lexión Cóndor, ao mes seguinte conseguiu evadirse nun Breguet XIX a Xibraltar e pasar á zona republicana, alí destinárono á base de San Javier en Murcia pero foi detido e condenado a morte acusado de espionaxe para o inimigo. Grazas á intervención de Castelao e outros deputados galegos residentes en Valencia, conseguiuse a anulación da sentenza e a celebración dun novo xuízo, no cal foi absolvido.

Pasou o resto da guerra en Barcelona ó cargo da intendencia de aviación e como secretario xeral da Solidariedade Galega Antifeixista, ata que coa caída de Cataluña tivo que pasar a Francia, saíndo do país no barco Ipanema cara a Veracruz, onde chegou o 13 de xullo de 1939. Aquí aceptou o ofrecemento das autoridades de mexicanas para adoptar a nacionalidade mexicana e estableceu a súa residencia na Cidade de México como empresario e distribuidor. Porén, non perdeu o espírito galeguista, mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio, foi un dos promotores en 1952 e locutor do programa semanal de radio en galego Hora de Galicia, primeiro emitida na emisora XMEC e logo en Cadena Radio Continental. O 29 de xuño de 1953 participou no establecemento do Padroado da Cultura Galega, polo cal foi delegado no Congreso da Emigración Galega celebrado en 1965 en Santiago de Compostela, sendo o único en ler a súa comunicación en galego. Tamén participou na creación da revista Vieiros dirixida por Carlos Velo.

Ata sempre compañeiro, lembrarémoste sempre e botarémoste de menos este ano o dia da patria en Compostela.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2007 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Coñece o Casco vello de Vigo

Este domingo 15 desenvolverase a actividade CAMIÑA E COÑECE, organizado polas concellarias de Deporte, Cultura e Patrimonio Histórico.

Consiste nun percorrido guiado polo Casco Histórico de Vigo que comeza ás 10 da mañá na Praza do Berbés.

Se estás interesado en coñecer os recunchos, edificios nobles e curiosidades do Casco Vello de Vigo esta é unha boa oportunidade.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2007 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais do mes de Xullo

XULLO


Festival de Ortigueira
5 xullo: Sete Saias (Galiza), Balbarda (Madrid), Crema de gaita (Galiza), La Jambre (Andalucía) e Bonovo (Galiza) no Esceario Runas
6 xullo: Centro Coreográfico Galego (Vacuo), Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza), Pepe Vaamonde Grupo (Galiza), Eric Rigler & Bad Haggis (Escocia/ EE.UU.), Flook (Irlanda/U.K.), Zarambeques (Galiza)
7 xullo: Sud ar Su: Bagad Kemper + convidados (Bretaña), Kroke (Polonia), Kepa Junkera (Euskadi), Daniel Bellón e Diego Maceiras + Álex Blanco (Galiza)
8 Xullo : Rosa Cedrón, Scotish Power Pipe Band + Finlay MacDonald (Escocia), Milladoiro (Galiza), Dervish (Irlanda), Mercedes Peón (Galiza)

Festichán (Moaña)
6 Xullo: Dios Ke Te Crew (Galiza), Remendaos (Manresa), Obrint Pas (Valencia), Hollywood Sinners (Toledo)
7 Xullo: Tanghana Show (Galiza), Sagarroi (Euskadi), La Troba Kung-Fú (Barcelona), Spunkfool (Girona)

Sabucedo 2007 (A Estrada)
6 xullo: Galegoz (Galiza), Alameda do Soulna (reggae-ska Madrid), EddieNesta (Kripton Industries-C. de Criptana- reggae, drum&bass)
7 xullo: Verbena na carballeira do Campo do Medio
8 xullo: Serán-Ruada na Carballeira do Campo do Medio

Asalto ao Castelo de Vimianzo:
7 Xullo: Berrogüetto, Deixa que xa, Pé de Boi e Black Bum

V Xoldra Enxebre na praia de Ariño (Xaviña - Camariñas)
13 xullo: Cristina Pato, Mutenrohi,...

Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza)
14 de Xullo: Os Cuchufellos (Speed Folk, Reaggae, Ska), Veria (Folk), De Perfil (Rock)
La Tarrancha (Ska, Reaggae), Porca Miseria (Punk Rock)

Festival da lingua en Compostela
20 xullo: Fermín Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club

MatamáFolc (Vigo)
20 xullo: Zurrumalla, Brigada Victor Jara e Ardentía

Festival Folc As Revenidas (Vilaxoán)
21 xullo: Treixadura, A Compañía do Ruido, …

Festival de Arealonga (Chapela)
21 Xullo: Linho do Cuco,…

Festival da Serrra da Queixa (Ourense)
21 Xullo: Guezos, Lamatumbá e Ruxe-Ruxe

IV Festival Sons do Vento en Melón (Ourense)

21 Xullo: Transilvanians, The Turres band, Kogito e Motor Perkins

Festa da Fraga (As Pontes)
24 xullo: Muxarega, Four men and a dog e Celtas Cortos

Concertos do día da Patria: Obrint pas, Terrakota,...
Festigal:
24 xullo Loretta Martin (Galiza: funk-rock), Babylon Circus (Franza: reggae, ska, jazz), DJ Missil (Franza),...
25 xullo Nancy Vieira (Caboverde),...

Traba Folc (Laxe)
28 xullo: Ruxe-Ruxe (Galiza), Quadrilha (Portugal) e Muxarega (Galiza)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 06-07-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
I Festa da Narración Oral

Programa:





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2007 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galiza

Concertos do Encontro:

Xoves 5 de xullo: Os Raparigos (21:30) e Batuko Tabanka (22:30)
Venres 6 de xullo: Macfeck (23:00)
Sábado 7 de xullo: Malvela (22:00) e Os Cempés (24:00)
Domingo 8 de xullo: Real Coro Toxos e Flores (21:00)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2007 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Xornada pola cultura libre
Ao seren condenados a 250 euros por unha proxección libre e gratuíta, o Cineclube de Compostela convoca unha xornada pola cultura libre.
Proxeccións, poesía, teatro e música sucederánse este venres 6 de xullo no Pichel (SDC), a partir das 19:00 horas:

WE’RE ONLY IN IT FOR THE MONEY
VENRES 6 DE XULLO. A PARTIR DAS 19:00
O PICHEL


Proxeccións:
House at Pooneil Corners [One PM] (House at Pooneil Corners, Jean-Luc Godard, EUA, 1968, 8 min)
O tigre saltou e matou, mais vai morrer…, vai morrer… (El tigre saltó y mató, pero morirá…, morirá…, Santiago Álvarez, Cuba, 1973, 16 min)
Comida (Jídlo, Jan Svankmajer, Checoslovaquia-Reino Unido, 1992, 14 min)

Poetas piratas

Karaoke lírico

Teatro:
Berrobambán Teatro
Clara Gayo (O brazo armado da SGAE)

Música:
O Leo i Arremecághona!!!
Ataque Escampe
Deluxe Non
Dj. Marx & Dj. Engels

(Permítese a reprodución, copia, transformación e difusión, total ou parcial, por calquera medio e en calquera sitio)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-07-2007 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Orgullo gay en Compostela (7 de xullo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2007 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da Festa dos Maios

Seguindo coa actualización fotográfica, subimos as correspondentes á Festa dos Maios do Casco Vello de Vigo do 2007.

Festa dos Maios no Casco Vello


Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2007 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Phoenix o 7 de xullo na Lama (Pontevedra)

Video de presentación:
 
O espazo será a Carballeira das ermitas (fornelos) aquí podese descargar o mapa para chegar:

Mapa

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2007 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festa Rachada da Baña
O vindeiro Sábado 7 de Xullo de 2007, vaise celebrar a VI Festa Rachada da Baña no lugar da área recreativa Agra de Chans, en San Vicente.

Dende as 13:00 h. actuacións de:
-“ Os Pequenos da Baña”
-“Os Armadanzas de Laraño”.

A continuación, xantar de campo, (aquela xente que veña xantar, debe trae-la comida, xa que non a haberá á venta) e logo dende as 18:00 horas obradoiros de baile tradicional, con Gustavo Couto e de xogos coa asociación Correolas.

Contaremos tamén coas actuacións especiais de:
-Manuel Viquera, de Ordes.
-Murga “Os Campantes da Baña”.
-Grupo de Baile Xiradela de Arteixo.
-Os Carunchos de Vigo.

Os que saibades tocar algún instrumento, non dubidedes en acompañarnos con el. ¡¡¡O remate do xantar e das actuacións, haberá foliada!!!

NOTA: Haberá sitio para acampar. Para máis información chamar os Tlfs : 696740502 Emilio Lois e 656908829 Manolo Tourís.

ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL “O TILLEIRO” E A MURGA “OS CAMPANTES DA BAÑA”.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2007 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer