Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Mostra de Cuartetos Tradicionais
IV Mostra de Cuartetos Tradicionais (Marín)

• EXPOSICIÓN–VISITAS DE CENTROS ESCOLARES (2 de Novembro ao 18 de Novembro)

A exposición terá lugar no Museo Municipal Manuel Torres de Marín, está integrada por fotografías, recortes de prensa da época, os instrumentos que usaban, vestiario do cuarteto, Asociación de Gaiteiros Galegos referencias visuais da súa zona de influencia e todo elo acompañado de fichas explicativas que faciliten a súa comprensión.

A exposición permanecerá aberta durante toda a mostra. O Horario do museo é de 11:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00. Pecha os luns, e os domingos só abre pola mañá.

Durante a exposición organizaranse visitas didácticas dos centros escolares que estean interesados e nas que se lles entregará material didáctico, se lles dará unha charla sobre a música tradicional e sobre os cuartetos en particular.

• CHARLA TÉCNICA (Domingo 18 de Novembro 11:00)

O catedrático de Música da Universidade de Santiago e autor do estudo científico que deu froito ao tomo do "Cancionero gallego", Carlos Villanueva, xunto con Luis Costa, profesor de Historia da Música na Facultade de CC. da Educación de Pontevedra e director do Conservatorio de Música Profesional “Manuel Quiroga” de Pontevedra, serán os encargados de falarnos dos cancioneiros Galegos.

• MESA REDONDA “Concursos de Cuartetos” (Domingo 18 de Novembro 12:30)

Na mesa redonda ou coloquio, analizarase un tema de actualidade que afecta os cuartetos e o seu futuro, tomarán parte nela músicos, artesáns e periodistas de prestixio na nosa música. Farase unha síntese do tratado que estará a disposición de todo o mundo na páxina web www.gaiteirosgalegos.com. Participantes: Xosé Luís Miguélez, Titulado Superior en Música tradicional Galega; Juan José Fernández, Estudioso da música tradicional; Iván Costa, Mestre de Gaita; Andrés Vilán, Percusionista.

• CONFERENCIA (Domingo 18 de Novembro 19:00)

Pablo Díaz Carro, membro de Ruote, fará unha semblanza deste grupo, para despois abrir un diálogo con Pepe Temprano, gaiteiro nacido no seo deste mítico cuarteto.
A conferencia irá acompañada dun material de apoio que se entregará aos participantes.

• ACTUACIÓN MÚSICAL – PECHE DA MOSTRA (Domingo 18 de Novembro 20:30)

Pecharase a mostra coa actuación dos gaiteiros do Grupo Eidos, con Pepe Temprano, que nos amosarán unha pequena parte do repertorio dos Tempranos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-11-2007 02:15
# Ligazón permanente a este artigo
Corvus Corax hoxe en Vigo!!!!

Para quen queira emocións fortes...oportunidade única!!
hoxe mércores 14 o grupo alemán Corvus Corax na Sala Fabrica de Chocolate de Vigo.






Pra os que queden sen entradas: seguirán de xira por Portugal, o 15 en Braga e o 17 en Coimbra.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2007 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de iniciación á pandeireta en Pontevedra

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2007 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Fía na Roca
Con case dúas décadas de traballo ás súas costas, o grupo Fía na roca é un referente imprescindible da música folk galega. Sempre inconformistas e arriscados, a súa traxectoria está marcada polos continuos cambios e evolucións. Desde o seu nacemento, o grupo apostou pola procura de vieiros e xeitos de expresión musical afastados, máis que intencionadamente, dos xa percorridos por outras formacións. A súa inicial vocación de grupo instrumental trocou coa chegada de Sonia Lebedynski; unha muller que, tras colaborar con Susana Seivane, achegou a Fía na roca uns novos horizontes sonoros que na actualidade son extensamente aproveitados polo grupo. O éxito comercial que, paradoxicamente, nunca antes fixo xustiza á gran calidade da proposta musical de Fía na roca, de seguro que os acompañará nesta nova andaina na que aspiran a conquistar os mercados internacionais. Co único dos músicos fundadores que segue en activo no grupo, Xosé Ramón Vázquez, repasamos a actualidade de Fía na roca e falamos do seu novo disco: Vente Vindo.

Neste novo disco de Fía na roca hai moitas novidades, entre elas algúns cambios entre os compoñentes do grupo. ¿Que pasou?

A finais do verán de 2005 producíronse novos cambios no grupo. Un dos puntais do Proxecto Fía, Xabier Bueno, decidiu dedicarse a novos retos profesionais fóra do mundo da música. Tamén Cris Gándara tomou unha decisión similar. Cubrimos as dúas vacantes coa entrada de Roberto Rama (gaita, low whistle e saxo), que substitúe a Xabier e reforza a ligazón de Fía co mundo tradicional, e de Xabier Olite (baixista e ex compoñente da Psicofónica de Conxo), que cubre o oco deixado por Cris e chega experiencia e peso á nova formación. Isto dos cambios na formación é xa unha característica propia da casa; Fía Na Roca mantense, ao longo dos anos, máis como un proxecto musical aberto que como un grupo de persoas concretas. Non obstante, catro dos actuais membros levan no grupo máis de dez anos; á parte de Sonia, que está en Fía desde o ano 2001. Iso nótase e moito, cada día sentímonos máis grupo e os nosos lazos afectivos e musicais son máis estreitos. Isto permítenos afrontar retos como a gravación deste disco, que noutro contexto sería impensábel.

Unha das renovacións ou novidades que achega este novo traballo ten que ver coa propia estética do disco ¿non?

Si. Despois do anterior traballo, Dez anos ao vivo, parecíanos que era un bo momento para renovarnos, mesmo esteticamente. O "envoltorio" do novo disco achega cor e optimismo a esta nova etapa, fuxindo unha vez máis dos tópicos estéticos do folk.

Ao incorporar no grupo a un compoñente cunha voz tan fermosa como a de Sonia, o lóxico era sacarlle todo o partido posible. ¿É esa outra das novidades que nos ofrecedes?

Vente vindo é un disco feito cun novo enfoque, de xeito distinto aos nosos traballos anteriores. Nos primeiros discos faciamos música instrumental, aínda que a partir de Contravento, coa chegada de Sonia, comezamos a introducir algúns temas cantados no repertorio. Co paso do tempo o canto foi cobrando un maior protagonismo dentro do grupo e agora damos un xiro importante porque dos 14 temas, 10 son cantados. Isto dános pé a abordar un aspecto da música tradicional galega que tiñamos pouco traballado e permite que manexemos un repertorio máis amplo.

é un disco feito cun novo enfoque, de xeito distinto aos nosos traballos anteriores. Nos primeiros discos faciamos música instrumental, aínda que a partir de coa chegada de Sonia, comezamos a introducir algúns temas cantados no repertorio. Co paso do tempo o canto foi cobrando un maior protagonismo dentro do grupo e agora damos un xiro importante porque dos 14 temas, 10 son cantados. Isto dános pé a abordar un aspecto da música tradicional galega que tiñamos pouco traballado e permite que manexemos un repertorio máis amplo.

O voso obxectivo foi sempre o de ofrecer unha música actual, baseada na nosa tradición musical. Esa tradición ¿está máis presente neste novo disco?

Posiblemente si. Moitas das pezas proveñen de coplas tradicionais, aínda que sempre están tratadas e reelaboradas desde o noso punto de vista. Desde os primeiros tempos do grupo pensamos en crear unha proposta musical baseada na música tradicional galega, pero que fora máis aló, sen limitacións formais nin estilísticas. Sempre pretendimos ser heterodoxos, xa que case ningún de nós viña do tradicional e era o que nos apetecía facer, pero con todo o respecto do mundo pola tradición e a xente que traballa nela. Tampouco contamos contos, a nosa música non é tradicional pero ten moitos elementos tradicionais dentro dela que, xunto coas nosas achegas, lle dan un carácter e unha personalidade propias. Como sempre, hai unha mestura de tradición, arranxos e composición que se funden en cada unha das novas pezas e ao longo de todo o disco.

Ademais de renovar o folk galego, musicalmente ¿sempre vos estades renovando vós mesmos?

Pretendemos non estancarnos, non acomodarnos nin vivir de rendas. Este grupo foi sempre un proxecto musical, por riba de todo, que ata agora deu moito traballo, poucos cartos e algunhas satisfacións. Doutra banda, é lóxico que ao longo dos anos vaian mudando os proxectos vitais dalgúns compoñentes e que se vaian producindo alguns cambios na formación. O mesmo acontece coa música que facemos, que procuramos que sexa nosa, que estea dentro da nosa liña, pero permitindo que vaia evoluíndo en cada novo disco; de xeito que nos guste a nós, nos ilusione e nos motive para seguir facendo cousas.

Desgraciadamente ata agora, Fía na roca foi sempre de moi alta calidade, pero de relativo éxito comercial; pero do que sempre puidestes presumir foi de contar cun gran número de fans incondicionais. Este golpe de temón na traxectoria, ¿pensades que é do seu agrado?

Polo que nos contan e polas mensaxes que deixan na nosa web, semella que si. Penso que estarían menos contentos se comezaramos a facer versións de nós mesmos, a repetir o que xa temos feito. Unha persoa á que lle guste Fía ten asumido que non somos un grupo conservador, que na nosa proposta artística vai incluída unha certa dose de risco e de inconformismo. Por suposto que unhas pezas gustarán máis e outras non tanto, pero iso xa vai depender de cada persoa. O que está claro é que somos pouco calculadores e cando facemos pezas novas non estamos pensando no éxito nin na acollida comercial que poidan chegar a ter. Iso, no mundo de hoxe, ten o seu valor e hai xente que o recoñece e o estima.

Máis novidades; nesta nova entrega hai moito máis traballo conxunto no que se refire á parte creativa ¿non?

É certo, tamén no aspecto creativo hai novidades, xa que neste disco foi todo o grupo o que participou na elaboración da música, a diferenza de anteriores traballos nos que todo xirabaa arredor dalgúns membros moi concretos. Por fin, varios dos músicos de Fía deron un paso adiante e asumiron responsabilidades creativas, o que deu como froito un disco máis variado e no que se funden ideas de máis persoas.

Para a gravación deste novo traballo quixestes recuperar un xeito de traballo que semellaba bastante esquecido, o de gravar todos xuntos nun "directo de estudio". ¿Por que esa decisión?

Desde o noso anterior disco (gravado en directo real, auténtico e con público) reflexionamos bastante sobre a conveniencia de seguir facendo os discos de estudio do xeito convencional, é dicir, gravando cada músico por separado, por pistas. Parecíanos que ese sistema non era o máis acaído para nós, por ser lento, caro e cuns resultados correctos pero fríos. Este xeito de gravar foi importado fundamentalmente do pop e chegou a se converter nun estándar en todo tipo de música que non fose a clásica ou o jazz. Pero nós decatámonos de que unha toma de son xeral, con todo o grupo tocando xunto, tiña moita máis forza emocional e interpretativa que a gravación por pistas.

¿Cales son os inconvenientes e cales as vantaxes de gravar dese xeito?

Isto obriga o grupo a ensaiar e saber tocar as pezas antes de gravalas e non despois, como acontecía antes. Así, no momento de gravar todo está moito máis rodado e nótase no resultado final. Xa que, grazas aos ordenadores, hoxe o mercado está cheo de discos perfectos, sen nengún fallo audible, pero aos que lles falta a forza da interpretación colectiva, decidimos arriscar e facer un disco con algús erros pero que soara verdadeiro. Penso que conseguimos as dúas cousas. Os inconvenientes deste sistema son que o grupo ten que ensaiar moitos meses antes de gravar e ser quen de tocar de verdade as novas pezas, como nun concerto.

¿Tivestes que repetir moitas veces? ¿Canto tempo vos levou a gravación?

As tomas son xerais, polo que non se corrixen fallos de ninguén en concreto. O que se fai é gravar a peza repetidamente ata que sae ben, así de simple. As avantaxes son a rapidez de gravación (Vente vindo gravouse en catro días) e os resultados musicais. As tomas teñen moita máis forza e soan máis reais e verdadeiras.

¿Satisfeitos co resultado final?

Estamos moi satisfeitos sen caer na autocomplacencia. Sabemos que todo é mellorable e exercemos a autocrítica como xeito normal de traballo. Somos moi conscientes do que non quedou ben de todo, pero unha vez feito o disco procuramos ver máis o que ten que o que lle falta. Tampouco se pode un obsesionar coas perfecións, porque se non estariamos gravando a mesma música toda a vida. Para Fía, un disco non é unha obra trascendente senón máis ben unha foto musical dun momento concreto da vida do grupo. Nese senso, Vente Vindo achega un novo camiño, novas ilusións e a posibilidade de darnos a coñecer polo mundo coas forzas renovadas.

O disco en xeral é un auténtico goce para os sentidos, pero unha peza en concreto chama moito a atención, a que titulades Diferenzias. Contádenos a peculiar historia dese tema.

Unha liña de traballo que vimos mantendo desde hai anos é a de poñer en valor obras de compositores galegos clásicos, a maioría delas moi descoñecidas e que son pequenos tesouros agochados da música galega. Fixémolo con Xoán Montes, Mauricio Farto e, neste disco, imos un paso máis alá facendo unha versión da peza Diferenzias sobre la gayta (Variacións sobre a gaita), que nos chegou en forma de manuscrito datado en 1706 e que atopou o noso ex baixista e amigo, Cris Gándara, na Biblioteca Nacional en Madrid. Está composta polo organista de Alcalá de Henares Fray Antonio Martín y Coll, e nós propoñemos a hipótese de que este home escoitou tocar a gaiteiros galegos da época e decidiui facer unha composición tomando prestadas algunhas das melodías que lles escoitou. É incríble escoitar nesta peza de hai 300 anos algunhas melodías que se seguen a tocar hoxe en dia e que aparecen máis ou menos recoñecibles nos cancioneiros galegos.
Unha peza formada por unha alborada e unha muiñeira, digna de escoitar con cariño. Facer esta caste de "descobrementos" énchenos de satisfación.

De datas de concertos ¿como van as cousas?

Bastante ben, para o que é a media histórica de Fía, e penso que iremos a máis. Outra novidade desta etapa é a nosa axencia de contratación, Abada, que acaa de encher un oco fundamental para o bo funcionamento do grupo. Están a traballar sobre todo de cara ao mercado exterior e estivemos a comprobar, ao longo deste ano, que podemos facer moitas cousas fóra de Galiza. Na música galega hai un tremendo déficit de comercialización e temos que pelexar por venderlle a nosa música ao mundo. Se non tomamos conciencia disto, teremos grupos de primeira orde tocando soamente en Galiza. Isto non é bo e impide a viabilidade dos grupos, porque o gran "problema" da música galega parece ser o exceso na oferta de grupos. Ninguén sabe o porqué, pero o caso é que en Galiza hai talento e creatividade en abundancia, polo que temos que pensar dunha vez por todas en termos globais e non locais para mover os grupos.

Neste verán tivestes a oportunidade de participar no Festival de Lorient. Para vós, participar nun festival desa categoría ¿ten algo de especial?

Si, ese festival en concreto é moi especial. Foi unha grande oportunidade para asomar a nosa música a un público esixente e con moito criterio. Demos tres concertos e tivemos unha moi boa acollida, xa que Fía é recibido como algo novo e con peso propio. Alédanos ver que a nosa música conecta moi ben con públicos de todo tipo e procedencia; e tamén nos enche de ilusión ver que alí se valora moito o que facemos. Agardamos que se abran outras portas a partir de Lorient e tentaremos saír polo mundo o máximo posible.

Sen desmerecer a ningún deles, pero entre un festival multitudinario, no que o público chega a converterse nunha masa impresionante, e un festival deses máis "familiares", nos que o público pode non ser tan numeroso, pero si máis próximo ¿en cal vos sentides máis cómodos?

Cada cousa ten o seu atractivo e as duas formulacións poden ter o seu espazo. En xeral, Fía ten tocado moito máis en festivais medianos e pequenos que en grandes eventos musicais. O problema do folk é que non é unha música de maiorías. Isto para nós non é ningún problema, pero se un festival aposta pola cantidade, necesariamente vai ter un público diverso que
nunha boa parte non acode pola música. É dicir, que se ao público dun festival non lle interesa a música dese festival, pois mala cousa. Daquela, nós o que dicimos é que preferimos menos "masa" e máis interese polos artistas que tocan.

Neste novo traballo tamén musicades textos de autores galegos ¿non?

Si. É outra cosa nova para nós, a de musicar textos. Estreámonos cun clásico de Rosalía, Noite negra, e cunha adaptación de textos de Rafa Villar, Casa ou sombra.

Este novo disco ¿a través de que canle o ides distribuír?

Este disco foi editado por nós mesmos e ímolo distribuír a través de Lonxa Cultural, unha plataforma de distribución acabada de crear que pode ter moita importancia na comercialización da música galega.

¿Pódese mercar tamén a través da vosa páxina web?


En formato dixital si; e tamén están as ligazóns para atopalo en CD. De todas maneiras, está ben distribuído nas tendas de discos e superficies comerciais.

Esa páxina tamén se anovou?

Estamos tentando dar moito pulo á nosa web, tanto no deseño como nos contidos. Queremos ofertar algo atractivo e dinámico, no que haxa descargas de vídeos, música e máis cousas. Gustarianos que a nosa web sexa unha forma de comunicación cos nosos seguidores, cos programadores, xornalistas, etc. Está tendo boa acollida e pensamos que aínda terá moita máis importancia no futuro. Máis información en: www.fianaroca.com

www.elcorreogallego.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-11-2007 00:16
# Ligazón permanente a este artigo
13/XI/2002-13/XI/2007: Cinco anos do Prestige
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
Os alumnos da Escola de Artes e Oficios concentráronse onte ante a porta para esixir o comezo das clases de pintura, encadernación, palillos, son e música moderna, así como as materias correspondentes ao conservatorio de música tradicional.

Os estudantes reclaman ao Concello que poña profesorado mentres se resolven os problemas de contratación para garantir os ensinos que se imparten no centro. Dubidan de que as clases comecen antes do nadal.

A concelleira de Educación, Laura López, explicou onte que todo esta resolto e que só hai que esperar a que se cumpran os prazos para as contratacións

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Xiradela XXV Aniversario
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Retranca, a nova revista de humor
Os quioscos galegos xa teñen á venda o primeiro número da revista ‘Retranca’, unha publicación mensual, dirixida e editada por Kiko da Silva, que pretende recuperar a tradición humorística galega. Escrita integramente na lingua do país e coa participación dos grandes nomes do humorismo galego, o proxecto intentará analizar, con bos chistes gráficos, dos que fan pensar máis que rir, a actualidade do país, sen censuras e con conciencia crítica. Atentos todos os poderes, non se librará ninguén

Lerasnos de morto, se non nos les de vivo. Con este lema sae á rúa o primeiro número da revista de humor gráfico galego Retranca. Apadriñada pola Santa Compaña e cunha tirada mensual de 8.000 exemplares, a 2,20 euros cada un, o proxecto vén cubrir un baleiro que había no país. Kiko da Silva, o seu director e editor, con ampla experiencia previa neste tipo de publicacións, desvela os segredos do proxecto.

¿Como xurdiu a iniciativa?

É un proxecto ó que lle levaba dando voltas hai un ano. Xorde das miñas experiencias como profesional dentro doutras revistas, como Golfiño, Mister K, El Jueves, nas que aprendín como funcionaba unha revista. Parecíame que había un baleiro dentro do mercado galego moi apetecible, o das revistas de humor, xa que nestes momentos, dentro do Estado, só hai unha, que é El Jueves, á que lle vai bastante ben, pero que se centra en temática estatal, as cousas máis locais pasan desapercibidas nela. En Galicia ocorren moitas cousas e case nunca teñen transcendencia nos medios estatais pero si que teñen moito interese e demanda de información por parte da xente de aquí. Daquela, decidín botar a andar o proxecto e creo que é o momento idóneo, xa que estamos nun momento clave para Galicia, de cambio, no que temos que facer que todo o que nos falta na nosa terra cambie para mellor e a única maneira de cambiar as cousas é creando opinión.

¿O humor crea opinión?

Claro. O humor é unha maneira de facer opinión non bélica, senón desenfadada para que o intelecto non sexa sisudo e non bote para atrás á xente. Nós queremos crear opinión e debate non só nos que se dedican ás tertulias e ó xornalismo senón na xente da rúa que ó mellor non está tan ó día das noticias nin da política nin dos problemas sociais que nos rodean.

Digamos que ‘Retranca’ vai ser ‘El Jueves’ galego...

A xente compárao porque é á única revista que hai no mercado, pero nós collemos moitas referencias tamén doutras publicacións que xa non existen, como Hermano Lobo ou La Codorniz, nas que tamén hai moita presenza de texto literario, algo que comezaremos a usar no número dous. Será un suplemento dentro da propia revista, parodiando un xornal, onde vai predominar o texto. En Galicia non só hai bos debuxantes e humoristas gráficos, senón tamén bos humoristas literarios. Temos como referencia as mellores revistas, pero queremos xerar unha completamente distinta, e facela collendo as cousas que son os nosos fortes en Galicia, un tipo de humor moi determinado, uns temas distintos ós do resto do Estado e facendo seccións que poden funcionar moi ben aquí. Por exemplo, temos unha que é A Telegaita, e é que só temos unha televisión pública en Galicia e nunca se parodiou. Tamén queremos facer parodia de todos os nosos costumes. Hai unha sección que se chama Temas de Hoxe, que fan Leandro e Alberto Guitián, na que se parodiarán desde os costumes clásicos ós máis actuais dos galegos, desde beber en cuncas de barro o viño, ou facer botellón aínda que chova a chuzos e faga un frío que pela ata a matanza do porco... consiste en darlles a volta ós nosos tópicos e rirnos de nós mesmos.

Trátase de recuperar a tradición humorística galega que había. ¿Estaba perdida?

A retranca non é algo malo nin temos por que perdela. Ultimamente había uns artigos e declaracións pululando por aí de Barreiro, Manolo Rivas e Xaquín Marín, que abrían un debate intelectual sobre se a retranca era boa ou mala e se os galegos tiñamos que seguir téndoa ou non. Iso non se escolle. A retranca tela e non podes prescindir dela. E é que criticar a retranca xa é ser retranqueiro e entramos no bucle de non desfacernos nunca dela. É algo noso. Sería como se naces en Sevilla e queres quitarte o acento andaluz, é unha estupidez, estás loitando contra algo que é natural e que non ten nada negativo. O que nos falta ós galegos é estar orgullosos das nosas raíces e orixes e explotalas e demostrar que non por ter esas raíces somos peores que a xente doutros sitios e non ten nada malo recoñecelas. Á parte disto, agora as orixes globalízanse e custa máis que as costumes sexan puros, pero podemos evolucionar a retranca galega dunha maneira natural e lóxica e coherente cos nosos tempos. Ademais, a retranca tampouco é tan galega como pensamos e está presente en moitos sitios. De feito, na revista publica xente de Granada, de Madrid, de Colombia, e teñen retranca, ás veces, incluso máis que os propios galegos.

Ou sexa que iso de que a retranca só se entende en Galicia non é certo...

Iso é un tópico. De todos os xeitos, si que é certo que hai distintos tipos de retranca e os galegos temos un sentido de facer humor moito máis de dobre sentido e de mala hostia que no resto de España, algo que ó mellor fóra de aquí non se entende e por iso se di que cando un galego fai humor, a xente de Madrid ou de Barcelona non se decata, aínda que non sexa retranca, pode ser ironía ou unha forma de ver a vida distinta. Á parte diso, os chistes de Castelao beben do humor gráfico de Alemaña e incluso dalgún autor ruso e hai humoristas españois que teñen moita retranca e usan como referencia a Castelao. É un tipo de humoris-mo, que á parte de facer rir, fai pensar, e ás veces, cando o humor fai pensar, a xente tómao en serio, aí está a diferenza, en que hai humoristas que van máis alá e intentan facer crítica social ou crear debate.

A revista é toda en galego, malia ter colaboradores de fóra...

Trátase de normalizar a edición en Galicia. Sempre estamos coa problemática do idioma e esta é unha revista para os de aquí e non ten lóxica facela noutra lingua, xa que se ti tes unha gheada ou un seseo e á hora de facer humor o traduces, estás desfacendo a maneira de falar que puidera ter un galego e probablemente os chistes en castelán non terían ningunha graza. Traducindo ó galego a xente de fóra facemos tamén que a edición teña maior interese, é unha promoción da nosa lingua.

Na revista van participar os grandes nomes do humorismo gráfico galego –Miguelanxo Prado, Manuel Rivas, Xaquín Marín, Pinto e Chinto, Kohell, Leandro, Luís Davila, Andrés Meixide, Alberto Guitián, Jacobo Fernández e os colectivos Pestinho+1 e Reizentolo–. Tivo moi boa acollida o proxecto no sector...

Si, o sector entregouse, toda a xente coa que quixen colaborar dixo que si e moitos outros que quedaron fóra, xa que a revista ten páxinas limitadas e non podían entrar todos os que me gustaría, pero esperemos que dure o suficiente para que por Retranca pasen todos os humoristas gráficos galegos e dar unha visión global. Os que están agora son unha boa selección e variada. A min interesábame mostrar as distintas xeracións e as distintas maneiras de entender o humor gráfico en Galicia e mostrar que se podía facer unha publicación de calidade con xente de aquí.

Un dos grandes problemas dos proxectos deste tipo é o financiamento. ¿Como se subvenciona ‘Retranca’?

Subvención non ten, por lóxica. Retranca pretende ser unha revista sen cancelas e sen ningún tipo de censura e penso que os cartos públicos non se deben de usar para criticar a xente que os está utilizando despois para levar o país adiante. Retranca sobrevivirá coa aceptación do público, dos lectores, e coa publicidade que teñamos nela, e logo, se hai algún concello que queira publicitarse, benvido sexa, pero que saiba que non vai quedar libre de crítica. Aquí trátase de facer humor de actualidade e satírico-político. Tamén, por iso, este proxecto leveino a cabo eu só montando unha editora propia, xa que tampouco tiña sentido levalo a unha editorial tradicional, nas que si que as subvencións lle serven de grande axuda. Eu non lle vou pedir a un editor que se meta co poder para que despois perda a subvención de quenda e fastidie todo o seu proxecto editorial. Creo que unha revista así pode ter saída e sobrevivir sen axudas públicas, ó mellor estou equivocado, pero hai que intentalo. O que si está claro é que hai demanda dunha publicación así, a resposta foi inmellorable e estamos sorprendidísimos da cantidade de xente que nos escribe, nos pregunta e está pendente desta revista e iso quere dicir que hai interese polo debate, polo que sucede e polo humor en Galicia.

Ou sexa que ti recoñeces que meterse co poder trae problemas...

Non. Eu recoñezo que a ningún político lle gusta que lle critiquen o que fai. É algo lóxico, a ningún de nós nos gustaría que houbese unha publicación que nos estivera poñendo a parir. O que pasa é que o político representa os cidadáns e os cidadáns temos a posiblidade, nunha democracia, de poder facer crítica e humor e sátira de como están barallando o futuro do noso país. Nós pretendemos ter a máxima liberdade posible, non queremos nin que os que están no poder estean tranquilos nin os da oposición, queremos que todos estean expectantes a ver con quen se mete Retranca e teñan coidado porque se fan algo mal vai saír na revista. O humor está para iso, para que os políticos pensen dúas veces o que fan e din. Ultimamente, parece que os políticos son máis humoristas ca nós, dannos os chistes feitos, realmente, deixannos pouca marxe.

Este primeiro número comeza forte, dedicado ó feísmo e con póster do Rei incluído. Tal e como está o panorama estatal en torno á monarquía...

O póster do Rei é unha homenaxe ós compañeiros de El Jueves, desde o humor máis retranqueiro que hai. Está feito para criticar esa paranoia das imaxes. É bastante ridículo o debate ó redor dunha foto de papel, xa que temos problemas máis importantes que que uns rapaces se poñan a queimar dúas ou tres fotos do Rei. Non creo tampouco que o humor gráfico teña que ser censurado como o foi en El Jueves coa portada dos Príncipes. Estamos nun Estado de Dereito, Democrático, que non debería de perder o tempo con humoristas que o único que fan é sátira política e non se vai acabar a democracia por un chiste. Hai miles de problemas máis importantes para meter nun xuízo rápido. Hai miles de mulleres que son maltratadas e que non teñen a posiblidade de que un xuíz tome a iniciativa de denunciar o home que lle zosca e, non obstante, os xuíces si que dan o paso para a Realeza aínda que ela non se vexa aludida ou non denuncie nada.

Nace ‘Retranca’ e ábrese unha luz. Ultimamente, estábase a falar de crise no humor gráfico galego. ¿Ti que pensas?

Aquí temos sempre a tendencia a ser catastrofistas e negativos, ou nos vai todo caralludamente ou nos vai todo de pena. É unha cuestión de momentos e xeracións. En Galicia necesítase botar adiante unha nova xeración, levamos cos clásicos moitísimos anos e fai falta un pouco máis de aire fresco para que os clásicos sexan coñecidos pola xente nova e á vez a xente descubra que hai máis humoristas gráficos en Galicia, que ó mellor non son coñecidos, porque non teñen publicacións onde saír. O elenco de Retranca percorre varias xeracións con esa idea.

¿Vívese ben de ser humorista?

Eu levo once anos e pico vivindo de debuxar non engorda, a verdade é que peso moi pouco, pero iso é unha vantaxe. O humor non engorda é un grande slogan, aínda que si que dá para vivir . O problema que ten esta profesión é que é moi escrava. Vives da actualidade e de estar pegado ás últimas noticias e a tecnoloxía fai que as noticias nazan en 20 segundos e morran en 30. Os humoristas gráficos volvémonos cada vez máis tolos, porque podes estar facendo o chiste dunha noticia e vinte minutos máis tarde xa non val porque se lle deu a volta á noticia ou hai outra máis importante. É complicado facer humor gráfico de actualidade, pero ten un lado moi positivo, que é que todo a mal xorne que podes ter cando te ergues, en vez de ir ó fútbol a fin de semana a quitar o estrés, nós quitámolo facendo chistes. É certo, coñezo moi poucos humoristas gráficos ós que lles guste o fútbol e é por iso, porque xa non teñen estrés para ir quitalo ó campo de fútbol.

¿Pódesme adiantar algo de a que estará dedicado o segundo número de ‘Retranca’ que sairá en decembro?

No primeiro falamos do feísmo e no segundo tamén, pero do feísmo cultural, imos tratar a Cidade da Cultura.

Pois moi ben, ¿algo máis?

Animar a todos os que queiran que Retranca dure moitos anos a que vaian ó quiosco ou se subscriban e que teñan en conta que nos van ler de mortos se non nos len de vivos.

¿En todo caso, a que sobreviva a revista axudará a Santa Compaña, ¿non?

Si. De feito, escollemos a Noite de Samaín para botar a andar este proxecto porque unha revista que nace ten moitas posiblidades de morrer, porén, se nace morta, vai ser moi complicado que a maten. Esa é a pretensión de Retranca, nacer morta para durar ata a eternidade.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 08:53
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando o número 2 de BD Banda
O colectivo galego de banda deseñada BD Banda revelou hoxe o aspecto que terá a capa do número dous da súa revista, do que ata o de agora pouco se sabía. A imaxe escollida para presentar o exemplar corresponde a Zemo, a serie de David Rubín (debuxo) e Jorge García (guión), sobre un neno que esconde no seu corazón a un demo fuxitivo.

BD Banda comezou, hai xa seis anos, sendo un fanzine, pero reconverteuse nunha revista profesional (na que os autores cobran) a comezos de 2007. O primeiro número desta nova etapa publicouse en abril e o seu director, Kiko Dasilva, anunciara que tería periodicidade semestral. Por iso este avance do número dous chega con algo de retraso.

Esta revista, que se publica en versión bilingüe (2.000 exemplares en galego e 2.000 en castelán), reúne a algúns dos mellores autores de cómics activos no Estado, como Albert Monteys, director de El Jueves, que resucitou para a ocasión ao seu personaxe Caveira Lunar, Carlos Vermut, (The Grunt Way), Miguel Porto (Escamado) ou o xa mencionado David Rubín.

www.xeracion.com

Haberá que estar atentos á saida deste novo número... e escoller a versión en galego
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 13-11-2007 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto en mp3 dos novos discos de Budiño e Narf
A discográfica Falcatruada presentou un novo portal "www.clubedixital.com" onde poderán descargarse de balde cancións de grupos pertencentes á dita discográfica.

Asi podemos xa disfrutar de cancións de discos como o de Nordestinas, The Homens, Loretta Martin, Xose luis Romero,...

E en primicia tres pezas de dous novos discos que están a piques de publicarse:

"Home" de Xose Manuel Budiño (saírá á venda o 27 de novembro
"Totem" de Narf (sairá á venda o 20 de novembro)

www.clubedixital.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2007 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Do Bravú a Galiciantunes
Hai dez anos a música galega viviu unha das súas máis importantes revolucións. O movemento Bravú, que celebra estes días aniversario, supuxo unha ruptura e marcou tendencias. Claro que aquilo foi só un comezo, e desde aquela sucedéronse, na última década, varias fases e tendencias ata a situación actual. Facemos un repaso por este panorama da man de varios profesionais do mundo da música, que achegan visións non sempre coincidintes sobre esta situación.

Unha xuntanza de músicos e xente na cultura nunha taberna de Viana (Chantada), marcaba o comezo do Movemento Bravú. Era 1997. Hai pouco máis dunha semana, a noticia era a presenza da música galega na principal feira dedicada á World Music do planeta, a Womex de Sevilla. Que aconteceu polo medio?

Desde os estudios

Arturo Vaquero, responsable dos estudios lugueses Abrigueiro e creador el mesmo no ámbito da música electrónica, ten claro que aquela xuntanza deixou pegada. “O Bravú foi un movemento moi forte nos seus comezos. Supuxo unha puñada de forza á música e unha chegada de ar fresco ao rock galego. O mesmo que comunidades coma Euskadi xa levaban moito tempo co rock vasco e cousas así, agradeceuse ese movemento aquí”. O impacto, segundo Vaquero, transcendeu o propio xénero do rock que caracterizou o movemento. “Toda a música que se fai sempre ten a súa difusión e a súa mestura noutros estilos. De feito, penso que xente que estaba facendo Bravú daquela, agora está noutros grupos traballando outros estilos pero sen esquecer aquelas bases. Creou unha escola en canto ao que é o espírito das cancións, na mensaxe e nas letras. Eu véxoo agora en tendencias mais electrónicas coma o hip hop ou trip hop”, explica.

Despois do bravú

Tamén para Pepe Carreira, xornalista musical que leva o programa “Deriva Atlántica” na Radio Galega, existe unha pegada deste movemento noutras músicas. “Penso que o Bravú pegou sobre todo na cuestión da autoestima. Demostrou que se podía facer música en galego e que chegase ao público. Ademais, chegou a moita xente nova, que viu que había persoas próximas a eles que podían facer música, e iso abriu en certo xeito unha porta e animou a moitos a se meter no tema”, lembra Carreira. Desde a experiencia de Vaquero, pouco despois do Bravú “comecei a escoitar e mesmo a traballar nalgún proxecto de músicos que eran algo mais electrónicos, coma Safari Orquestra, ou grupos de hip hop coma Dios ke te Crew, que mantiñan en certo xeito a esencia do Bravú dos Eskornabois e de toda aquela etapa dos Diplomáticos”. Tampouco esquece o responsable dos estudios Abrigadoiro a eclosión metaleira que se deu no noso país e que aínda amosa certa vitalidade. “Tamén houbo esa explosión do metal pero, non sei por qué, non terminou de callar como nos gustaría. Quedou un pouco máis agochado e foi unha pena”, lembra. En xeral, despois do Bravú semella que o noso panorama musical quedou un pouco baleiro. “Quizais si se deu iso, pero penso que aí entraron moitísimos factores. Desde a administracións, por exemplo, só se enchían ocos e se facían festivais sen involucrar o colectivo da música. Entón iso xerou unha certa falta de expectativas na xente. Pero de calquera xeito a música non deixou de existir e de ter presenza en Galicia”, lembra Carreira. A maiores disto, “algo que fallou tamén nos noventa foi o mercado interno, que é algo importantísimo”.

A constante folk

De xeito paralelo a estes movementos, Vaquero retrata unha década na que o folk gozou dunha xeral boa saúde, malia ás diferenzas que houbo entre aqueles anos en que os nosos músicos tocaban con Mike Oldfield e as actuais propostas de mestizaxe. “O tema do folk penso que estivo, está e estará, porque traballa unha fórmula moi achegada á música tradicional que nunca pasa de moda. Con maior ou menor presenza pero sempre vai estar aí. Iso non vai pasar, por exemplo, con cousas máis caducas como pode ser o bravú, o heavy ou a musica electrónica”, sinala. Pola súa banda, Pepe Carreira destaca que neste tempo “o folk ou neofolk marcou un antes e un despois en canto á dar a coñecer o potencial que había no país fóra das nosas fronteiras. Hai referencias coma Milladoiro, Carlos Núñez ou Berrogüetto que están presentes en calquera feira internacional”.

A evolución tradicional

A completar esta visión, Óscar Losada, xornalista, organizador dos premios “La Opinión” de folk e mais editor da revista “O cartafolk”, sinala a importancia do actual panorama deste estilo. “De catro ou cinco anos para acó, si houbo un movemento claro que se concentra en poucos músicos pero que, con moitos proxectos, diversificaron e enriqueceron a música de raíz”, explica. Refírese a traballos coma os de Espido, Marful, Nordestin@s, ou Nova Galega de Danza, que traballan na fusión de estilos coa raíz, aos que Losada suma “outros grupos que aínda sacarán disco coma Talabarte Trío, ou Bonovo, que penso que vai abrir outras vías”. Para este especialista, está claro que ese movemento é a principal novidade da música de raíz na última década. Ao tempo, Losada recoñece que implica unha mudanza na sensibilidade folk ao longo destes anos. “Agora iso estase a ver con naturalidade, hai doce ou trece anos non se vería do mesmo xeito. Precisabamos abrir campos cara a outros camiños e outros tipos de público”. Sobre a posible pegada do Bravú no folk galego, non lle concede unha especial importancia. “Paréceme que foron dous vieiros diferentes. Aínda que o Bravú tiña algúns toques de raíz, non deu tampouco en ningunha tendencia de folk-rock”, explica.

A outra actualidade

Seguindo coa actualidade, e malia ás continuas novas sobre concertos e lanzamentos discográficos que imos vendo, Vaquero albisca un panorama “moi estancado en canto a ideas, salvo algúns grupos coma Safari Orquestra, Galegoz, Dios Ke te Crew ou Loretta Martin. E isto para Galicia é moi pouco, isto tería que estar cheo de grupos con tendencias de todos os estilos. Quizais as discográficas se animan menos e hai máis propostas individuais, pero paréceme que tanto o mercado coma o sistema de discográficas e de estudos está algo parado”. Nese sentido, valora especialmente o traballo de promoción internacional da música que está a desenvolver o IGAEM coa presenza en feiras internacionais e a marca Galiciantunes. “Este tipo de axudas veñen moi ben para erguer un pouco o ánimo dos grupos, facéndolles un circuíto de concertos ou dándolles un apoio internacional para que se poidan ver fóra”, conclúe.

Eclosión

Contraposta á percepción de Vaquero, atopamos a impresión que ten Carreira sobre a actualidade musical. “Estamos a ollar a eclosión musical máis importante que se viu na nosa historia”, sinala, sen esquecer os movementos que xurdiron a finais dos setenta e a coincidir coa Movida viguesa. “Estanse editando discos con moita calidade e temos aí cousas coma o jazz. Penso que de aquí vai saír algo gordo”. Nese sentido, sinala, “parécenme moi atinados os procesos que están a facer desde a administración á hora de colocar a nosa música en feiras internacionais”. Canda á promoción exterior, “agora hai un mercado asentado de consumidores de música feita no país, e iso paréceme fundamental”, completa a lembrar fenómenos coma o éxito do proxecto Nordestin@s, que saíu hai agora un ano.
Dun xeito ou doutro, está claro que as cousas mudaron o seu na última década. Quédanos agora agardar por onde van ir os camiños da nosa música nos vindeiros anos. E quizais, dentro dun tempo, unha nova celebración lembre algún evento de actualidade como un novo fito fundacional para os nosos sons.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-11-2007 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 15:09
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
III día do Peón
III Día do Peón

Este 9 de novembro foi a data elixida por Brinquedia para a celebración da 3ª edición do Día do Peón. A estacionalidade deste xogo ven marcada na fraseoloxía galega por dous refráns tais como Polo San Martiño, peóns ao camiño e Polo Santo Amaro, peóns ao faiado, substituindo a palabra Peón nalgúns lugares por Pión ou Trompo e mesmo existindo algúns refráns máis como Pola Santa Olaia, peóns á borralla.
O grande suceso acadado nas pasadas edicións, chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado, impulsados nomeadamente por distintos centros de ensino de todo o país, fai-nos reflexionar sobre as potencialidades deste pequeno brinquedo, que con un rico contido oral apegado á nosa cultura nos proxecta dentro do ludismo universal.

Tambén coñecido como trompo, buxaina, pión, trompa, sevillana… este xogo está feito en madeira torneada; con un cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho).

Convócase esta xornada por terceiro ano consecutivo, e seguindo coa liña de traballo habitual, co obxectivo de promover e potenciar a práctica do xogo tradicional, ademáis da nosa fraseoloxía e do patrimonio inmaterial. Vai dirixida -nomeadamente- a 3 sectores da sociedade:
- Centros de Ensino
- Concellos
- Asociacións

VENRES 9 DE NOVEMBRO ÁS 12 DA MAÑÁ é o momento elixido para bailar os milleiros de peóns conxuntamente en todo o país.
Porén, o obxectivo desta convocatoria vai máis aló do propio día, polo que se propoñen diversas actividades a realizar apartir de agora en cada lugar. Entre outras prantexamos:

- Conseguir un peón para cada persoa.
- Decorar cadaquén o seu peón.
- Promover actividades de contacto interxeneracional (investigación nos fogares ou no contorno).
- Deseñar cartaces alusivos ao Día do Peón 2007.
- Facer exposicións con distintos tipos de peóns.
- Axudar a que se aprenda a bailar o peón.
- Realizar exhibicións de bailes do peón.
- Convocar aos Centros Sociais para os actos do día 9, conxuntamente cos centros de ensino.
- Publicitar as actividades nos medios de comunicación locais.
- Concentrarse en prazas públicas ou coorganizar os actos do día 9 de novembro entre varios centros

Brinquedia agradece se confirme a participación nesta actividade, indicando -se for posíbel- o número de participantes, nome da entidade e actividades desenvolvidas, para dimensionar a campaña do xeito máis aproximado posíbel. Estas confirmacións pódense dirixir por correo-e a: brinquedia@gmail.com, ou neste mesmo web, facendo un comentário desta nova.

www.xogospopulares.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-11-2007 14:58
# Ligazón permanente a este artigo
Xa na rúa a nova revista de humor Retranca

CORREDE QUE SE ACABAN...!!! Avalanchas de galegos e galegas botáronse hoxe a mercar o primeiro número de Retranca. Lóxico, ninguén quere agardar a morrer para lernos.
A que agardas? baixa ao teu quiosco máis cercano e mércaa antes de que a muller da foto arramble con todo e empapele a súa casa coas nosas páxinas!


http://revistaretranca.blogspot.com/
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2007 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-11-2007 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cea Malmequer-Amalghama

Continuando con esa fraternal irmandade entre Amalghama e Malmequer, este venres 9 de novembro celebraráse o noso II Encontro Festivo-Gastronómico, como bos galegos que somos e xunto a un bo cocido, botaremos unhas boas repichocas e bailes, disfrutando dos bos compañeiros de viaxe e mellores amigos...o de mellores pandereteiros e bailadores deixarémolo en suspense até despois da cea.

Unha aperta a tod@s e vémonos no Furancho de Donas este venres.

Lembrade levar gañas de festa e de pasalo ben.

P.D.: Punto de encontro, ás 22:00 diante do pavillón das Travesas

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2007 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Fanny + Alexander
O dúo compostelán edita o seu segundo álbum, Finais dos 70s, comezos dos 80s, no que converten o verso libre de nove poetas contemporáneos en alfaias de pop electrónico. Alén disto, no álbum, disponible nas tendas , pero tamén en descarga gratuíta no netlabel A Regueifa Plataforma , hai algunha sorpresa: unha remestura a cargo de Projecto Mourente, a relectura do S.O.S. de Manuel Antonio que Fanny + Alexander fixeran hai un tempo, ou a versión completa do Berlín de María Lado musicado precisamente por F+A. Ah, e un regaliño máis: a versión galega do "Panic" de The Smiths, que nos leva dende o "pánico nas rúas de Vigo, pánico nas de Compostela..." até un retrouso que se vai repetir moito nos vindeiros meses "imos queimar a disco, meterlle ao papán do DJ, porque a música que anda a poñer non di nada sobre a nosa vida, ¿que che dixen? Merda de DJ". O disco é unha delicia, unha hora de música e poesía que engancha e que ás veces fai tremer. A beleza é ás veces terrible (...)

Este disco contén algunha das letras mais fermosas da historia da musica galega. Non teño na cabeza moitos discos contemporáneos, e moito menos en Galicia, baseados case en exclusiva en poemas musicados. ¿Regresan Voces Ceibes pero electrónicos?


A verdade é que a intención era esa, recuperar a tradición que había nos 70s, un fenómeno que, visto con perspectiva, deu á poesía galega un caracter verdadeiramente popular xa que foi quen de popularizar obras que doutro xeito nunca terían saído dos andeis das librarías. Se hoxe en día a xente sabe de memoria versos de Celso Emilio, Curros, Manuel María ou Rosalía é grazas a esta promiscuidade entre música e poesía que se deu nos 70s. Ademáis pensa que na época era xeralizado, non só se cinguía a Voces Ceibes, facíao dende Amamcio Prada até Juan Pardo pasando por Los Tamara. No noso caso a dificuldade sempre reside en percurar poemas mínimamente "modernos", que concorden no ton, no estilo e nas temáticas cos postulados etico-estéticos de Fanny e Alexander. Por certo que a diferenza do noso debut, Lusco e Fusco, neste disco todos os empréstitos son de poetas contemporáneos, dende María do Cebreiro a Daniel Salgado pasando por Elvira Riveiro, Pilar Pallarés ou Lois Pereiro. A única que se sae un pouco desta liña é María Silenzo, baseada nun poema que Carvalho Calero escribiu na súa mocidade, en plena guerra civil. Aínda asi, a súa temática -a sinistralidade laboral- segue tan vixente coma entón asi que non desentona en absoluto.

¿Por que o título: "Finais dos 70, comezos dos 80"?

Aínda que non é un disco conceptual si queriamos porlle un título "xeracional". En certa maneira enlaza co que se ven chamando a xeración Songoku, que é a que nasceu neses anos, os que nos perdimos a movida pero vivimos o Bravú e o Xabarín, os que aforrabamos para mercar un CD cada tres meses, os que non soupemos o que era falar coa nosa primeira moza por un teléfono movil e bebimos nos bares no canto de nos parques. Eses pequenos grandes detalles que marcan as diferenzas entre unha xeración e a posterior. Evidentemente o espazo temporal do título tamén ten moito que ver coa música xa que case todas as influenzas que sobrevoan sobre os temas do disco son desa etapa do século XX.

¿Hai algún poeta co que aínda non traballarades e ao que vos gustaría poñerlle unha bola de discoteca aos seus versos?

Faltounos un pelo para musicar uns versos da amiga Yolanda Castaño, ao final ese tema quedou nun caixón. E menos mal, que co recente affaire Yolanda-Aduaneiros igual se interpretaba coma unha mostra de apoio ou algo. Que conste que nós somos filoaduaneiros de vello.

Defíneme a "postpunkeirada" (titulo dun dos cortes do álbum, realizado a partir dun poema de Lois Pereiro)

O título orixinal era "electropunkdeirada", que case que a definía moito mellor. No primeiro disco metimos un tema, Lene, no que poñíamos as percusión tradicionais ao servizo do pop e a electrónica. Con Postpunkdeirada a idea era levar o concepto máis alá, enriquecendo a fórmula e mesturando gaitas, cunchas, pandeiretas e pandeiros con sintetizadores, caixas de ritmos e guitarras eléctricas. Nese tema a receita sería un terzo de electrónica, un terzo de punk-rock e un terzo de música tradicional galega. No fundo é levar a proposta dos Resentidos ao século XXI.

Traballades sobre textos poéticos alleos, ¿como é o proceso de creación?

No musical é moi natural, sempre e cando o texto sexa inspirador e afin. En xeral o máis complicado é adaptar os poemas ás músicas xa que a maioría dos poetas dos que gostamos soen empregar métricas libres, cun estilo cercano á prosa. Moitas veces non queda máis remedio que deconstruir o poema e voltalo construir de novo.

Xa sei que tedes un millón de influencias, e seguramente das máis delas nin sequera sodes conscientes. ¿Algún grupo que vos impactara nos últimos tempos e que pensades que si influiu no son deste album?

Si, dende logo, todo o que escoitamos na nosa vida está ai. Pero está claro que o último que escoitas sempre está máis presente. No disco hai pegadas de grupos ben diversos que van do electrónico ao pop máis espido, dende Ladytron a Belle & Sebastian. Pero aínda que no disco hai dous experimentos mesturando outros estilos con música tradicional galega, Postpunkdeirada e Cando eu era mozo, eu creo que a todos os temas do disco os cubre a moi abrigosa manta do pop, na percura da melodía e da canción redonda que emociona e é lembrada ao momento.

Grazas por "Pánico", unha cancion necesaria, que podería converterse en todo un himno. ¿Como xurdiu? ¿Foi un intento consciente de facer un "Panic" en galego, como fixera Fangoria en castelán? ¿Ou saiu de casualidade e aí quedou?

Foi a típica cousa que se che ocorre ás 4 da madrugada cando estás nun local e o DJ non para de poñer a peor música do mundo. Pensamos que se houbese un tema equivalente ao dos Smiths estaría ben que a xente o cantase e empregase coma arma contra os DJs papáns, que son lexión, dende os que se cren músicos até os que se cren que por mercar un par de pratos en Ebay xa teñen background musical suficiente e non son máis que cutres Jukeboxes. A versión é, igual que a orixinal, un canto ao bon gosto e ao criterio musical.

Por certo, moi bo o vídeo de Amei-te tanto . ¿Quen é o autor?

Os tres videos que temos até agora fixemolos nós mesmos, igual que o deseño gráfico do disco. Gustanos poder facer todo o que teña que ver con F+A, ter o control creativo total. E en xeral, nisto dos videoclips, cunden moito máis as boas ideas que 3.000 euros. Non hai máis que ver os boísimos videos de Niño y Pistola e 6PM, tamén realizados polos propios grupos.

Faise música en galego en todos os estilos, mesmo música bailable en calquera discoteca, por exemplo a que facedes vós, ou Mourente, Colectivo Oruga, etc., pero nas discotecas de Galicia seguen sen entrar, o mesmo que nas listas de hits tipo 40 Principales, ¿como potenciar a industria musical galega?

Sinceramente creo que o que se está facendo dende as institucións (Rede Galega de Música ao Vivo, Rede Galega de Locais de ensaio...) é o camiño, está sendo moi importante xa que apoia e pon as infraestruturas pero non orienta, algo fundamental. E sobre a industria, pois tendo en conta que a nivel mundial está a esmorecer vexo un futuro feliz e non moi lonxano en que non exista, onde as relacións entre os artistas e os ouvintes sexan directas, sen intermediarios. Non hai máis que ver o caso do novo disco de Radiohead para comprobar que a industria non vale para nada. E quen quera vivir da música que traballe, ou sexa, que dea concertos, coma sempre se fixo antes de existir os malditos royalties. Ademais estamos vendo como a xente non paga 15 euros por un disco pero si 30 por un concerto. O negocio está ai, evidentemente.

Fanny+Alexander, Homens, Mourente, Leo, Apenino, Ataque Escampe, 6pm, Niño y Pistola, novas cousas de TAB e moitos outros discos novos: ¿Significarán estes ultimos meses de 2007 a madurez da música galega?

Si, levamos dende 2006 anunciando o do mellor momento que se recorda da música galega. Agora chegaba o auténtico exame, o da continuidade, o dos segundos discos. Eu creo que o nivel se está a manter e aínda por riba non paran de sair propostas novas. Este final de 2007 promete ser o da confirmación.

¿Vaise poder escoitar a Fanny+Alexander en directo máis veces? Mira que a Mourente xa non hai quen o baixe dos escenarios...

Si, seguro que si. Temos ademáis unha vantaxe importante pola natureza da nosa música, que podemos adaptar o noso formato e as propias cancións á situación, tanto podemos dar un concerto case acústico en plan intimista e con ar experimental e co público sentado como podemos poñer a todos a bailar cun formato 100% festa rachada.

Links relacionados:
http://www.myspace.com/fannyealexander
http://www.aregueifa.net/fannyalexander.htm


www.sono-tone.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2007 00:31
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-11-2007 00:30
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza-Camerún
Finalmente será Camerún a selección que se enfrentará a Galiza o 27 de decembro en Balaídos.

Haberá que apuntar esa data no calendario, un novo partido de ambiente excepcional nas bancadas.

Asímesmo este ano presentaráse a primeira selección feminina galega de futbol, que enfrentaráse tamén aa mesma data e no mesmo campo á selección feminina do Camerún.

Coa creación desta nova selección feminina (que se une ás xa existentes seleccións de balonmán e baloncesto), seguese a avanzar no proxecto de creación e apoio ás seleccións nacionais galegas.


27 de decembro de 2007
Galiza-Camerún
Estadio de Balaídos (Vigo)


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 14:51
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
Os alumnos da Escola de Artes e Oficios convocan unha concentración pola precariedade

A asemblea de alumnos da Escola Municipal de Artes e Oficios decidiu convocar unha concentración pola situación precaria na que se encontra o centro. Será o vindeiro luns ás 19.00 horas no edicifio da escola.
Ao termo da mesma celebrarase unha asemblea na que se decidirán as medidas a adoptar para pór fin á situación irregular.

A asemblea celebrou o luns unha reunión para tratar a problemática que afecta ao colectivo ao non comezar as clases e ante os rumores do futuro incerto dalgúns alumnos. Acordou solicitar unha entrevista coa concelleira de Educación.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Audiovisuais da Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués

Programa da Mostra de Patrimonio Cultural
Inmaterial Galego-Portugués


Na Praza da Ferrería, en Pontevedra
MÉRCORES 7, DÍA DA ORALIDADE

Mañá
obradoiros de 10:00 a 14:00:

Olaría (Tomás López, de Corbelle, Proendos, Sober, Lugo)
Regueifas (O Caruncho e o Pinto d’Herbón)
Forxa (Oliverio Alvarez, Queixoiro, A Fonsagrada, Lugo)
Luthería (Germán Arias, Sarria, Lugo)
Ourivaría (Arlindo, Oficina do Ouro, Sobradelo da Goma)
Redeiría (Beatriz Molanes de Cangas e Josefa Abal de Cambados)
Cantos de cego (Carlos do Viso)
Torneiro (Oli Xiraldez, Cascandelo, Balcaide, Teo)
Obradoiro de xogos tradicionais organizado pola Asociación Brinquedia

Tarde:
Continuación dos obradoiros da mañá, de 16:00 a 19:00, e conferencias:

17:30 Descuberta e partilha dum patrimônio comun. Alvaro Campelo (Universidade de Porto) e Xerardo Pereiro (UTAD).
18:10 Vida e Fala do afiador ambulante. Antonio Fidalgo Santamariña (Universidade de Vigo).
19:00 Acto de inauguración oficial da mostra.
19:30 Proxección do documental Ainda há pastores? de Jorge Pelicano.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:14
# Ligazón permanente a este artigo
Exposicións permanentes da mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Encontros dos axóuxeres para bebés e familia

Coa idea de contribuír a animar os pais e as nais a transmitirenlle a lingua aos fillos desde que nacen, a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a iniciativa Encontros dos Axóuxeres para bebés en familia, que se desenvolve en distintas localidades de toda Galiza durante o mes de novembro.

A diferenza coa Festa dos Axóuxeres, estes encontros musicais de outono terán lugar en recintos pechados e nun ambiente recollido. De feito, o aforo é limitado para 20 bebés e os/as seus/súas acompañantes.

Para asistir é preciso reservar praza chamando ao teléfono 981 555 930.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-11-2007 00:09
# Ligazón permanente a este artigo
Estudo sobre a gaita na Universidade de Wisconsin
O traballo xa figura na web da organización educativa xunto a outros informes relacionados co celtismo

The celtic legacy of the gaita in galician music é o título do traballo que ao longo de catro anos preparou o director da Real Banda-Escola de Ourense, Xosé Lois Foxo, por mor dun encargo da profesora de Antropoloxía da Universidade de Wisconsin, Bettina Arnold. A través da páxina web da universidade americana pódese consultar o traballo científico que, como curiosidade, ofrece a oportunidade de acceder a diversas melodías, a través do formato MP3, simplemente con clicar no lugar correspondente.
Foxo destaca a peculiaridade que supón facer un traballo deste tipo, escrito en inglés, e que ten como principal obxectivo o de demostrar o celtismo da música galega. Non en balde o estudo inclúese no centro de estudos celtas do departamento de antropoloxía, que conta coa publicación electrónica chamada e-keltoi, a través da cal se visiona o traballo de Xosé Lois Foxo e o doutros estudiosos do celtismo en Europa. A través das 52 páxinas coas que conta o estudo, o musicólogo ourensán ofrece ao lector as diferentes variantes por áreas que existen na tradición gaiteiril, o seu entroncamento e as súas similitudes.
Nacemento nos castros
Xosé Lois Foxo reflexiona sobre o nacemento da música celta ao redor dos castros ou sobre os parecidos entre os tipos de música de áreas de países diferentes. Foxo inicia o estudo falando da gaita como o símbolo principal de irmandamento entre as rexións celtas e a partir de aí fai un estudo exhaustivo do instrumento.

www.lavozdegalicia.es

A análise ofrece a posibilidade de escoitar exemplos de melodías

O estudo de Foxo ofrece a posibilidade de escoitar exemplos das melodías. A alborada de Rosalía de Castro, Muiñeiras dá Valiña dá Osa e Veiga de Forcas, Alalá do Courel ou o cantar de seitura de Manzaneda son algúns dos exemplos que se mostran a través do traballo científico que establece como conclusión que a música de Galicia e outras comunidades de España e Portugal presenta claras similitudes con rexións de Escocia, Gran Bretaña e Irlanda. Hai que ter en conta que se trata dun traballo dirixido a un público que descoñecen a tradición celta que existe en Galicia.

Xosé Lois Foxo púxose en contacto hai catro anos con Bettina Arnold por mediación dun profesor sueco. Hai unha semana, o ourensán terminou o traballo, e o autor espera que en breve o estudo sexa traducido ao alemán e ao castelán, e véxase publicado como libro.

www.lavozdegalicia.es

Revista ekeltoi

The celtic legacy of the gaita in galician music
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
O PP critica a decisión de trasladar a Escola de Música Tradicional

A concelleira do grupo municipal do Partido Popular, Marta Iglesias, criticou a decisión do goberno local de emprazar a futura Escola Municipal de Música Tradicional, integrada ata o momento no organismo autónomo da Escola de Artes e Oficios, no solar anexo ao colexio Doutor Fleming, xa que esta localización estaba destinada a albergar unha infraestrutura de carácter social que inclúe un centro sociocomunitario veciñal, así como un centro de rehabilitación psicosocial e laboral.

Marta Iglesias denuncia que esta decisión tomada pola concelleira de Educación, Laura López Atrio, non se comunicou debidamente aos integrantes da Xunta Reitora da Escola Municipal de Artes e Oficios, durante a reunión que mantiveron o pasado xoves. «O único que se trasladou foi a intención de que as clases de música tradicional continuarían impartíndose no mesmo centro, a pesares do cambio de xestión», afirmou a concelleira popular Marta Iglesias .

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Xose Manuel Budiño o 27 de novembro

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chantada reviviu o mito bravú
Centos de personas participan nos actos programados no novo Castañazo Rock. Unha mesa redonda analiza a escena actual

«Un chute nacional de autoestima emocional e de ansia emocional». Iso foi o rock bravú en palabras de Xosé Manuel Pereiro, monfortino, xornalista e cantante de Radio Océano, un dos grupos percursores daquel movemento nacido en 1994 na cantina da aldea chantadina de Viana. A descripción de Pereiro figura na folla promocional de 120 capadores, o disco homenaxe aos Diplomáticos presentado onte en Chantada nun dos actos programados dentro do novo Castañazo Rock.

As cancións do disco, revisións de letras do grupo que liderou Xurxo Souto desde o barrio coruñés de Montealto, abriron a media tarde o festival e deron paso a unha mesa redonda que se celebrou no hotel Mogay. Moderado por Belén Regueira, presentadora do programa Extrarradio da Radio Galega, no coloquio participaron Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto, a xornalista María Yáñez, o crítico literario Xosé Manuel Eiré e o escritor Xavier Valiño. Faltaron o xornalista Santiago Jaureguizar e o escritor Manuel Rivas, que a última hora tivo que marchar a Arxentina por razóns de traballo.

No debate, seguido por unhas duascentas persoas, Xurxo Souto recordou que o manifesto fundacional do bravú foi ideado na cea previa ao segundo Castañazo Rock baixo a dobre premisa da distorsión musical e o idioma galego, «o que nos caracterizaba a todos por riba de disquisicións ideolóxicas ou formais máis espesas». Para Pereiro, o do bravú foi o triunfo do auténtico contra a música «de plástico» dominante ata os primeiros noventa.

Como a maioría dos participantes na mesa redonda, Xavier Valiño evitou lamentar o esmorecemento de todo aquilo. «O bravú durou o que tiña que durar», pero relacionou aqueles anos coa vitalidade da actual escena musical en galego. «A efervescencia de agora pare de aí», dixo. Porén, o chantadino Xosé Manuel Eiré, que repasou a efímera pegada do bravú na literatura, si bota en falta un maior grao de compromiso ideolóxico nos grupos novos. «O bravú case foi unha miragre -retrucoulle María Yáñez-, e hoxe a situación tende á normalidade, con tendencias moi diversas; antes había pouco público e moito fan e hoxe pasa o contrario».

Ao tempo que empezaba a mesa redonda, abrían no mercado gandeiro os postos das discográficas e distrbuidoras que participaron na primeira edición da Feira do Disco Galego, outra das convocatorias do novo castañazo. A presenza de público no recinto do campo da feira foise incrementando a medida que avanzaba o día. Ás nove da noite estaba previsto o arranque do acto central do día, o concerto cos grupos Rastreros -reunidos de novo para a ocasión-, Os tres trebóns. Ruxe Ruxe, Motor Perkins, Zënzar e Os Cuchufellos.

www.lavozdegalicia.es

Rastreros e Os Tres Trebóns foron os triunfadores do Castañazo Rock
O concerto reuniu en Chantada a preto de dúas mil persoas e prolongouse ata as seis da madrugada


Ao redor de dúas mil persoas asistiron ao concerto que se celebrou a noite do pasado sábado en Chantada e que foi o acto central do Castañazo Rock.

O comezo estaba previsto para as 21 horas, pero demorouse ata case as 22.30, en parte para solucionar algúns problemas de son. O grupo Zënzar foi o encargado de abrir o lume nun escenario polo que pasaron Motor Perkins, Os Cuchufellos, Rastreros, Ruxe Ruxe e Os Tres Trebóns.

O público acudiu ao concerto con ganas de gozar e entregouse aos artistas desde o principio. O primeiro grande momento da noite foi a actuación dos Tres Trebóns, actual grupo do ex integrante dos Diplomáticos, Xurxo Souto. Ao marxe da marcha que de seu adoitan ter as súas actuacións, neste caso a emoción foi en aumento cando un a un foron subindo ao escenario ata unha vintena de artistas amigos da banda que corearon algún tema.

Esta actuación era das máis esperadas ao presentarse dentro dos distintos actos do Castañazo Rock apenas unhas horas antes o disco compacto homenaxe aos Diplomáticos, un traballo que contén 20 temas de distintos grupos. Esta produción sairá ao mercado o próximo mes de decembro.

O mellor da noite faltaba aínda por chegar e fíxose esperar ata as 2.30 da madrugada cando saíron ao escenario os catro compoñentes do grupo local Rastreros, formación que levaba unha longa tempada sen pisar os escenarios.
Os músicos saíron ao escenario cunha camiseta co nome do seu ex compañeiro Xullo, falecido hai pouco tempo e ao que dedicaron a súa actuación de onte.

O público non cesou de acirrar todas as cancións da actuación de Rastreros, que foron obrigados a interpretar unha grande parte do seu repertorio e que, ata, víronse obrigados a facer un bis antes a insistencia dos asistentes. Con tanta emoción non é de estrañar que o tempo, milimetrado ao máximo para cada grupo neste tipo de actuacións, excedésese un pouco e o concerto prolongásese ata preto das seis da madrugada.

A noite foi perfecta para a banda chantadina e ata o equipo de son, que lles fixo pasar un calvario aos Cuchufellos, afinouse como por encanto para que Rastreros soasen de marabilla nunha noite máxica para eles e para centos de afeccionados que estaban a desexar verlles de novo en acción.

Ao marxe dos seis grupos, merece un á parte o presentador do acto, o polifacético actor Carlos Blanco , que soubo manter o ritmo durante toda a noite coas súas ocorrencias e orixinal xeito de presentar como nel é habitual

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-11-2007 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cine non sonoro con música en directo

Lugar: Auditorio Municipal do Concello de Vigo.
Praza do Rei sn
Horario: 20,30 horas
Prezo: Entrada: 2.-€


Cine non sonoro con música en directo: Mitos en branco e negro

Luns, 05 de Novembro de 2007 [20:30]
"The Kid"
(EEUU, 1921).
Director: Charles Chaplin.
Música en Directo, Cuarteto Ancestral:
Afonso Franco, Violín
Alfonso Merino, Violín
Lago Mouriño, Piano
Felipe Gonzalez, Clarinetista


Luns, 12 de Novembro de 2007 [20:30]
"Metrópole"
Alemaña, 1926).
Director: Fritz Lang.
Música en Directo, Cuarteto Do Noroeste:
Marcos Seoane, Violín
Isabel Abril, Viola
Gabriel George Tanasescu, Violonchelo
Zita Tanasescu, Piano


Luns, 19 de Novembro de 2007 [20:30]
"Carmen"
(Alemaña, 1918).
Director: Ernst Lubitsch.
Música en directo: Grupo ARSENIO MARTINS ENSEMBLE

Cine non sonoro con música en directo: Paixón e suspense.Alfred Hitchcock:

Luns, 26 de Novembro de 2007 [20:30]
"The Lodger" (O enimigo das rubias)
Gran Bretaña 1927.
Música en directo: Grupo ARSENIO MARTINS ENSEMBLE


Luns, 03 de Decembro de 2007 [20:30]
"Easy Virtue"
Gran Bretaña 1927.
Música en directo: Grupo Arsenio Martins
Ensemble


Luns, 10 de Decembro de 2007 [20:30]
"The Ring"
Gran Bretaña 1927.
Música en directo: Grupo ARSENIO MARTINS ENSEMBLE

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-11-2007 20:18
# Ligazón permanente a este artigo
Non ao Plano Acuicola: Marcha a Corrubedo

INFORMACIÓNS PARA ACHEGARSE AO CABO

* A Vía Rápida do Barbanza está pechada, polo que é importante saír con tempo para chegar ás 12:00 ao Porto de Corrubedo. Aos que se acheguen da Galiza Norte aconsellámoslles ir pola estrada Santiago-Noia e desviarse a Corrubedo un chisco antes de chegar a Ribeira. Os que veñan da Galiza Sur terán que coller a vella estrada Padrón-Ribeira, pasando por Boiro e a Pobra do Caramiñal. Sendo domingo pola mañá o tráfico é pouco, pero cando menos se emprega media hora máis do normal en chegar a Corrubedo.

* Aparcadoiros: a entrada ao cabo de Corrubedo ten unha recta ben longa con arcéns suficientemente anchos para aparcar vehículos (ver mapa). Non se poderá aparcar no porto, polo que haberá que deixar os coches e autobuses nesa estrada ou na estrada do faro. Haberá policía local para regular esta cuestión.

* Corrubedo é un pobo pequeño e os seus servizos son limitados. No entanto existen algúns negocios de hostalería á entrada do pobo e tamén no porto. Ribeira está a só 7 quilómetros.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2007 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de Artes e Oficios de Vigo
Tras un mes impartindo clase sen case a metade dos profesores, a Escola de Artes e Oficios podería volver á normalidade. Na reunión da Xunta Rectora -celebrada o martes pasado- acordouse contratar aos nove docentes que se atopan en situación ilegal debido á súa eventualidade.

Unha decisión que non garante que os máis de 300 alumnos afectados polo atraso no inicio das clases -neste momento hai 1.400 matriculados-poidan comezar a súa preparación de forma inmediata. "No caso dos profesores de artes plásticas, a solución continúa sendo temporal e o proceso levará bastante tempo", explica Elvira Larriba, integrante da Xunta Rectora.

Os nove profesores -5 da sección de música e 4 de artes plásticas- solicitaron unha inspección de traballo o pasado mes de xuño trala que se constatou a ilegalidad na que incurrira o Concello mantendo os contratos eventuais destes 9 docentes. Un feito que levou á presentación dunha demanda xudicial contra o Concello que aínda está pendente de resolución e que podería agravar o problema e atrasar, aínda máis, o inicio das clases.

A solución acordada pola Xunta Rectora da Universidade Popular será a de contratar como interinos -dous por un ano e outros dous de forma indefinida- aos catro profesores de artes plásticas. Proceso para o que aínda hai que convocar e resolver o concurso.

Os cinco profesores da sección de música tradicional tamén serán contratados, pero mediante un convenio entre o Concello e a Fundación SondeSeu. A solución neste caso pasará pola segregación da rama de música da Escola de Artes e Oficios e a creación dunha Escola Municipal de Música Tradicional que pasará a depender da concellaría de Educación. Así e todo, as clases continuarán impartindose no actual edificio mentres non se atope unha ubicación.

www.farodevigo.es

Sempre se quixo manipular a escola´

Á indignación dos máis de 300 alumnos que aínda non puideron iniciar as súas clases, engadese o malestar de parte dos docentes da Escola de Artes e Oficios. "O problema é que sempre os políticos quixeron manipular a escola, e esta queda a disposición do capricho do que vén", critica un dos profesores que prefire manterse no anonimato.

Na actualidade exercen 22 docentes na Universidade Popular, dos cales só seis teñen a praza en propiedade. "Se queren unha solución de verdade, non entendo por que non convocan oposicións para cubrir as prazas", propón este profesor. "Hai interinos que cobran máis que os titulados", engade.

Malia a solución acordada na Xunta Rectora -que aínda non se reuniu logo dun mes funcionando sen case a metade de profesores- non todos están convencidos de que se arranxou o problema, e ata critican a separación da rama musical.
"Estamos aínda sen director -non entendo por que se cesou ao anterior- e aínda non está aprobado o plan de actividades", expón.

A posibilidade de que se incentive a rama de artes e oficios co traslado da escola de música a outro edificio, tamén se descarta por parte dalgúns docentes. "Será a longo prazo, porque agora non hai orzamentos", sentenza.

www.farodevigo.es

Traslado de música popular a outro edificio

O edificio da Escola de Artes e Oficios quedará liberado da rama musical en canto o Concello atope unha ubicación para a Escola Municipal de Música Tradicional que se creará mediante un convenio coa Fundación SondeSeu. "A miña intención era conservar ao profesorado actual debido á gran calidade que demostraron. Por iso, o grupo de música folk da Universidade Popular converterase nunha Escola Municipal", explica a concelleira de Educación, Laura López Atrio.

A Escola estará dirixida por Rodrigo Romaní e a súa ubicación podería ser un edificio de propiedade municipal sito nas proximidades do colexio Fleming, segundo anuncia a concelleira de Educación.

Director
Outra das decisións tomadas na Xunta Rectora foi a de convocar un concurso para a elección do director da Escola de Artes e Oficios. Institución que continuará durante varios meses sen órgano executivo, pois aínda non se fixou unha data para a convocatoria.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-11-2007 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Asturies vs Galiza: Copa Cantábrica de Billarda
4 de novembro en Castrillón (Asturies) ás 12:00

A LNB apresenta en exclusiva mundial o espectacular cartaz da Copa Cantábrica e por medio da recén creada PxA (Plataforma de xestión da Auténtica) pilotada por Fram Folgueira e Xermán Viluba faise pública a lista de convocados para defender á Galiza niste seu primeiro compromiso oficial. O PxA quere informar que será o grande Zidane da Billarda quen dirixirá á Auténtica a pé de pista exercendo de máximo responsábel técnico nas concentracións e no propio desenrolo do partido. Os elexidos son:

Bíteres: Carmiña, Bixi
Billardeiros: Daniel, Difranco Mangiavacchi
Remourelle-Bulls: Suso , Ginés
Sporting: Fram, Ivan, Calvete
Tronos: Rafa
Cornería-Team: Ginés , Juán
Conf.NorOeste: DavidEkipA: Edelmiro , Xermán
Fanecas Bravas: Ángeles, Asunción

Nota: o selecionador asturiano Xosé Pravia xa aniciou que os palanadores e palanadoras asturianos da Superliga de Billarda : Urbano , David , Chema, María e Mónica e o xogador con doble nacionalidade Hugo van formar parte da potentísima selección Astur, polo que se prevé un durísimo combate entre a sidra e o ribeiro por chegar a encher a tan desexada Copa Cantábrica.

A LNB informa que todos aqueles que queiran apoiar á auténtica nista 1º edición da Copa Cantábrica aínda están a tempo dirixíndose a (ovaral@hotmail.com) para reservar praza na Guagua e para un espectacular xantar colectivo no Restaurante Casa Adolfo de San Miguel en Pedras Blancas, a saída do teleclube de Barreiros ás 9 da mañá e o prezo son 12 euros.

www.ovaral.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-11-2007 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto Celta de Balboa (O Bierzo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-11-2007 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
A Festa do Pop Galego
O vindeiro venres, 2 de Novembro, o pop galego ten a súa particular festa co concerto de presentación dos novos discos de The Homens e Fanny + Alexander.

As once xoias power-pop que fan parte de "Tres" sairon á rúa o pasado día 15 mentres que as once alfaias de pop electrónico de "Finais dos 70s, comezos dos 80s" chegaron o día 29 deste mesmo mes, ambolosdous discos editados baixo licenza Copyleft tanto dixital coma físicamente.

A cita será ás 22,00 h. na sala NASA de Compostela.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-11-2007 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer