Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
• Loretta Martin no Ogmios de Cariño
• Festival Treme a Terra en Pontedeume: Bonovo, Motor Perkins, Som do galpóm,…

Sábado 19
• Presentación do disco 120 Capadores en Elviña (A Coruña): O Leoiarremecaghoná, Lamatumbá, Ruxe Ruxe, Ulträqäns, DJ Ivan Dezine,... ás 20:30
• Moving Hearts (con Donal Lunny, Davy Spillane,…) no Auditorio de Galiza en Compostela ás 21:00

Domingo 20
• Danza de Aldán ás 12:30 e ás 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Moving Hearts en Compostela
Sábado 19 de xaneiro ás 21:00 no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela

Para comezar o ciclo Sons da Diversidade 2008 chega ao Auditorio de Galicia a banda irlandesa Moving Hearts, que revolucionara o folk nos anos 80, reunida de novo en Dublín a principios de 2007 para catro concertos consecutivos. Desta experiencia naceu Live in Dublín, un CD acompañado dun DVD de imaxes gravadas durante as actuacións.

Moving Hearts é un mítico grupo irlandés formado por Donal Lunny, Davy Spillane, Eoghan O'Neill, Keith Donald, Matt Kellaghan, Noel Eccles, Anto Drennan, Kevin Glackin e Graham Henderson.

Moving Hearts planea reunirse algunhas veces ao ano para interpretar o seu son único ao novo público e aos vellos seguidores. Compostela contará co privilexio de escoitar en directo Live in Dublín e gozar da música desta prestixiosa formación.

O prezo das entradas é de 15 euros, con descontos do 50% para estudantes e xubilados.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Danza de Aldán o 20 de xaneiro

A Danza de San Sebastián de Aldán caracterízase pola gran afluencia de persoas que veñen a admirala a pesar de ser no mes de Xaneiro.
A celebración ten lugar no Adro da Igrexa de San Cibrán de Aldán, aínda que as veces repítese no mesmo día noutro punto desta parroquia.
Ata o ano 1995, o baile celebrábase polas tardes no patio do Pazo dos Condes de Aldán.

Actualmente báilase pola mañá ó remate da misa solemne das 12:00 h. e pola tarde vólvese bailar aínda que sen conexión relixiosa en dúas ocasións: ás cinco no “Torreiro”. No caso de chuvia celébrase sempre no colexio das monxas de Aldán.

Este baile ten a consideración de danza ancestral xa que existe documentación que proba que se bailaba xa en 1.678, (o que significa que no ano 2008 cumpre 330 anos ininterrompidos de vida) data na que se constituíu a confraría do Santo e quedou constancia de que o mordomo foi Joseph Francisco de Gayoso e Aldao, antepasado dos condes de Canalejas.
A pesar de que non se coñece nin a orixe, nin o significado, sábese que durante séculos a danza estivo relacionada tanto cun carácter votivo (enfermidade) como coa nobreza local.

Os danzantes son veciños ofrecidos ó santo sexa pola súa conta ou pola dos seus familiares, en cumprimento dunha promesa, aínda que isto foi cambiando xa que empezaron a bailar simplemente porque lles gustaba.
A organización desta danza corre a cargo da Asociación Cultural San Sebastián e dun mordomo, que recada pola parroquia o diñeiro necesario para cubrir gastos, entre os que se inclúe a tradicional cena do 19 de xaneiro.

A DANZA

A danza componse de dez galáns, cinco damas e un guía. Ata hai 40 anos era interpretada unicamente por homes.

O baile ten especial brillantez pola mañá, cando se baila ante o santo, durante a procesión que se celebra diante da igrexa parroquial cunha duración aproximada de corenta minutos.

Comeza coas venias a San Sebastián e á Cruz. Os danzantes inclínanse seis veces ante cada imaxe: tres veces cando se achegan e outras tres ó volver á posición inicial.
A Virxe do Carme acompaña ó Santo, arroupado por unha gran póla de limoeiro, e á Cruz.

O guía dirixe en todo momento os movementos do grupo, que baila seguindo ó son da gaita e o tamboril e acompañados do ritmo que fan soar as castañolas dos galáns no inicio de cada compás.
Esta clásica danza finaliza cunha muiñeira a modo de contradanza.

A VESTIMENTA DA DANZA DE ALDÁN

A actual vestimenta dos Galáns de Aldán, en cor e en estilo negro, presenta un traxe de vestir con camisa branca, gravata gris, zapatos de sola, sombreiro e unha banda que cruza polo peito. Os Galáns da Danza de Aldán levan como complemento unhas castañolas que tocan durante o baile.
Esta banda é de cor púrpura, unha tonalidade que coincide coa do manto do Santo, aínda que durante moitos anos foi substituída pola cor da bandeira española. Ademais, a do guía distínguese da do resto dos galáns por ser de cor malva.

A vestimenta das Damas de Aldán é semellante á empregada na Danza e Contradanza de Darbo. O traxe das mulleres consta dunhas enaguas brancas con puntillas bastante anchas por riba das cales visten un mandil negro con pedrería de acibeche.
A camisa ten a mesma cor que as enaguas con moitos bordados e colo subido. Compleméntase cun vistoso mantón de Manila que se pon polos ombreiros prendido con broches de fantasía deixando ó descuberto a pecheira da camisa sobre a que caen numerosos colares de pedrería de varios tamaños.

Na cabeza, sombreiro de palla, adornado cunha rechamante composición floral artificial de diversas cores da que penden pola súa parte traseira numerosas e longas cintas de cores que chegan cos seus flocos case ata o chan.
Pendentes e sortellas complementan este vistoso e pesado traxe que fai que os movementos das Damas sexan repousados e lentos.


www.danzaldan.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Acción de Apoio a Díaz Pardo
O vindeiro sábado 19 de xaneiro a Rede de Acción Sociocultural Arredemo presenta o seu novo portal de comunicación no Instituto Galego de Información (IGI) a días escasos do afastamento definitivo de Isaac Díaz Pardo da dirección do Grupo Sargadelos e da máis que posible liquidación do proxecto cultural a el asociado.

No contexto desta agresión e aloxado no portal, reábrese o Foro Negro (ver anterior edición) como punto de encontro, reflexión, debate e denuncia das outras tantas agresións que estamos a padecer no social, no ambiental, no político e no cultural. Participa na construción da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo contribuíndo a tecer a rede de todas e todas. Confirma a túa asistencia individual ou do teu colectivo aquí: foronegro@arredemo.info. Consulta de seguida o calendario e o texto programático

Calendario

Día 19 Xaneiro.

Mañá: Presentación oficial do xornal Galicia e do portal de comunicación Arredemo.

Tarde: Apertura do Foro Negro

Debate: “A necesidade de gobernar o descontento”
Organización da rede de distribución do xornal Galicia

Día 23 Xaneiro.

Mañá: Presentación aos medios do xornal Galicia
Tarde: Recepción solidaria de Isaac Díaz Pardo antes da xunta de accionistas do IGI.


O Xornal Galicia, acción en rede contra o silencio.

O Instituto Galego da Información naceu no ano 1977 co propósito de dar fundamento e sostén, dentro do novo espazo democrático aberto tras o franquismo, ao xornal Galicia, un proxecto editorial ao servizo do país, feito en galego e comprometido de seu coa nosa sociedade. Unha utopía que por diversas circunstancias nunca chegou a bo porto. Diante da liquidación case segura do IGI na xunta de accionistas do 23 de Xaneiro do 2008 que afastará definitivamente a Isaac Díaz Pardo da dirección do grupo Sargadelos, desde a Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e o colectivo Burla Negra, en colaboración con Novas da Galiza e outros colectivos sociais e culturais do país e moitas persoas absolutamente inconformes con este sacrificio ruín, decidimos dar testemuño deste acto de violencia contra a nosa cultura realizando por primeira e última vez aquela utopía tan vella como aínda necesaria, editando polos nosos propios medios o número cero do xornal Galicia. Un exemplar que alén do seu valor testemuñal, quere tamén deixar constancia de que hai unha cultura viva, libre e irredutible que continúa a traballar e crear no día a día esa Galiza Imaxinaria que soñaron os devanceiros e que homes e mulleres como Isaac Díaz Pardo salvagardaron da barbarie fascista para nós e para os que veñan e as que veñan despois de nós.

Trátase dunha iniciativa que por unha banda pretende expresar de xeito activo a solidariedade de amplos sectores sociais e culturais do país coa figura de Isaac Díaz Pardo. Os pormenores de todo este proceso inzado de infamia e indignidade, son de sobras coñecidos, sendo un dos principais propósitos da edición do xornal non tanto relatar as maquinacións da actual directiva do grupo Sargadelos para afastar da dirección do grupo ao seu fundador como deixar memoria do momento histórico no que se liquida un proxecto cultural de máxima transcendencia na historia contemporánea de Galiza.


Por esta razón, a edición do xornal quere atender por outra banda, e de xeito moi especial, ao momento social e cultural que atravesa o país desde diferentes contextos e puntos de vista. O territorio, a lingua, a cultura, a economía, a política, a ecoloxía, a comunicación, a educación... son a penas algúns dos temas a abordar coa intención de propor unha reflexión colectiva en formato xornalístico que contextualice a liquidación do proxecto Sargadelos cos ollos postos no presente e no futuro da nosa sociedade.

A idea do xornal Galicia xurde tamén asociada á presentación do novo portal de comunicación da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, prevista hai tempo para este mes de Xaneiro. Dadas as circunstancias, pareceunos boa idea solicitar de Isaac Díaz Pardo e dos traballadores do IGI, o propio espazo do Instituto para realizar esta presentación, se cadra un dos últimos acontecementos culturais que terán lugar no seu interior e solidarizarnos deste xeito coa súa loita nun momento decisivo.

O IGI ten un significado especial na xestación do propio proxecto Arredemo, pois foi neste espazo onde o colectivo Burla Negra, na secuencia da catástrofe do Prestige, convocou o Foro Negro en Decembro de 2003 do que saíron as bases para a organización dunha rede de acción socio-cultural que abrise un novo espazo de comunicación ao servizo dos movementos sociais galegos.


En recoñecemento da cerna espiritual do proxecto histórico impulsado polo Laboratorio de Formas, comprometido tanto coa recuperación da memoria histórica como coa proxección da nosa cultura no mundo, e debedores como galegos e galegas do esforzo e a intelixencia depositada polos seus fundadores na transmisión da nosa identidade cultural, queremos recuperar o Foro Negro, nesta nova andaina da Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo, como un foro de reflexión social e cultural aloxado na rede, que será presentado o día 19 no IGI conxuntamente co portal de comunicación e o xornal Galicia. E neste sentido gustaríanos convidarvos a todos e todas a asistir, tanto ao Foro, onde será presentado o xornal e o portal, como ao acto de solidariedade con Isaac Díaz Pardo e os traballadores do IGI o día 23 de Xaneiro no mesmo instituto.

www.arredemo.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Galician Night no Celtic Connections 2008 de Glasgow (Escocia)

" GALICIAN NIGTH IN CELTIC CONNECTIONS 2008 "

Galician Night featuring Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón & the Anxo Lorenzo Band
Saturday 19th January 2008, 9.30pm
Old Fruitmarket


Galicia is famous for its summer festivals, and tonight we bring a taste of that Spanish Celtic experience to wintry Glasgow, complete with three of the region's top contemporary artists.

A supremely gifted, audaciously inventive exponent of the gaita, or Galician bagpipes, Xosé Manuel Budiño first honed his craft at the celebrated Pipe School of Moaña, going on to fuse this traditional grounding with rock, funk, world and dance-music elements.

Featured on Budiño's new CD is the extraordinary, incandescent voice of Mercedes Peón, another of tonight's performers, accompanied by her own high-octane band. Also a noted gaita player, she too cross-fertilises traditional styles and material with a welter of modern influences, and is a hugely charismatic live performer.

Completing the line-up will be the Anxo Lorenzo Band, made up of an exciting new breed of musicians who see no barriers when experimenting with traditional and contemporary music.


www.celticconnections.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da Escola de artes e Oficios de Vigo
Medio milleiro de alumnos da Escola de Artes e Oficios aínda non comezaron as clases

Medio milleiro de alumnos da Escola de Artes e Oficios atópanse á espera do comezo das clases por problemas coa contratación de profesores.
O Partido Popular denunciou onte que desde o dous de outubro estéase dando escusas aos alumnos con sucesivas datas para o inicio do curso, algo que aínda non se produciu.
A oposición esixe ao alcalde que comunique unha data definitiva para acabar coa confusión creada na actualidade e recorda que se están incumprindo as promesas, incluído un acordo plenario a instancias do grupo popular.

Vacante
Outra das demandas pasa polo nomeamento dun director, do que na actualidade carece o centro, unha vez cesado o anterior. Desde entón a dirección está vacante e a responsabilidade depende dun supervisor, a pesar de que Abel Caballero comprometeuse a nomear en breve un director.
A estas alturas os alumnos xa non se cren nada, despois de que se pospuxo o inicio das clases polo menos en catro ocasións. De momento xa perderon o primeiro trimestre e sospeitan que polo ritmo das xestións van camiño de perder o segundo.
A concelleira Lucía Molares cualificou onte os feitos de moi graves e achacounos á incapacidade de xestionar do actual goberno municipal.
O primeiro atraso comunicouse o 2 de outubro e pospuña o inicio do curso para o 17.
Efectivamente nesa data comezaron as clases, pero só unha parte, mentres que o resto deixábase para novembro. Nese mes volveuse a informar de que as materias que aínda non empezaron faríano en decembro, antes de nadal, mentres que na actualidade os alumnos reciben por resposta cando chaman para interesarse que pregunten en febreiro a ver se cun pouco de sorte.

A situación afecta a materias como encadernación, pintura, palillos, música moderna, gaita, zanfona, violín folk e canto popular.
O problema radica na necesidade de cambiar o modelo de contratación do profesorado.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-01-2008 12:48
# Ligazón permanente a este artigo
Rock galego: Participar e debater en Komunikando
PARTICIPAR E DEBATER por Bocixa

Penso que ante o comentario de Esquios sobre a SGAE é interesante falar e debater sobre diversos temas. Aí vai a miña idea:

Desde a páxina convido a cada grupo que se apuntou a Komunikando para que fale e diga se está disposto a entrar nun debate de cara a elaborar un texto conxunto e consensuado se é posible sobre os temas que nos preocupen, temas de interés xeral e non caendo en particularismos. Deberiamos empezar a propoñer puntos que cada banda considera importantes e pasadas unhas semanas veremos o número de grupos interesados en participar.
Unha vez sabido esto, entre eses grupos, nomear unha comisión que convocaría unha posterior reunión de cara a debater, cara a cara, eses temas, logo de cadaquen presentar as propostas por escrito.
Temos que ser operativos xa que o tempo para as reunións, é ouro, en non entrar en batiburrios que non levan a ningures. Por iso penso que cada banda debe nomear un representante con voz e voto.

Desde o meu punto de vista a SGAE é un punto importante a tratar:

-Posicionamento ante o seu funcionamento, campaña en contra, etc.
-Listado de problemas xerais para as bandas de rock galegas e trasladar eses puntos reivindicativos a quen proceda.

Eu particularmente apunto a administración pública, dígase Consellería de Cultura, industria, etc. pois penso que aparte de promover os circuitos do IGAEM apenas hai outras campañas e inversións de cara a axudarnos. Si existen con outros grupo de "novas músicas", que se están a converter nos abandeirados da cultura galega e que parece son os novos herois da canción neste país de cara ao extranxeiro.

Quen decide os artistas que viaxan a feiras internacionais?
Son os artistas das productoras "oficiais" deste país os novos Juan Pardo, Ana Kiro ou Amistades Peligrosas?

Con todo o respeto para eles claro, debemos facer valer o trato igualitario e que se nos teña en conta. As productoras como empresas privadas poden levar adiante os seus programas, pero se de cartos de todos se trata, o conto cambia. Non deben de ter o monopolio dous notas que programan ao seu antoxo manexando carto público como en toda a era PP para converter a industria musical galega nun monopolio de 4 empresas que elixen aos seus propios artistas para os grandes eventos.
En resumo... quero saber que cartos se destinan a promoción da música, a onde van parar, quen se beneficia e baixo que criterios, resultados, etc.

Outras preguntas:
Cales son os plans de Cultura de cara ao XACOBEO do 2010?
Anunciaron hoxe que teremos en Galiza grandes artistas internacionais. Van contar con nós? ou haberá que facer coma en épocas pasadas para que o rock, ska, punk, etc. galego teña presenza neses escenarios sen que sexa de forma marxinal.

A TVG vai contar con nós para un programa de música en directo? ou seguiremos co Luar eternamente sen máis espazos nesta canle de TV?

Queremos opinar, contar, saber!!!!!!!!!!! eu polo menos.
Así un longo etc. que penso debemos plantexar aos nosos gobernantes con toda claridade.
Pese a elo insisto... debemos ser solidarios e pensar no ben común e non no particular, consensuar, reclamar e ser comprensivos entre nós e cos nosos interlocutores.
Primeiro aclararnos e logo transmitilo.
Quen se anima? na nosa man está... eu vou de cabeza.

Unha aperta a tod@s de Bocixa (Zënzar)

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Debut de Xabier Díaz con Berrogüetto
Xabier Díaz debutará como cantante de Berrogüetto no teatro Rosalía.

O compositor e cantante Xabier Díaz debutará como vocalista de Berrogüetto no concerto que a agrupación ofrecerá o vindeiro domingo, 30 de marzo no teatro Rosalía de Castro.

A vocalista Guadi Galego deixou definitivamente Berrogüetto o pasado venres para dedicarse por completo aos seus proxectos persoais e, segundo afirmou a LA OPINIÓN, xa non participará nos concertos que o grupo teña no futuro.

"Agora xa é cousa de Xabier", afirmou a cantante e gaiteira, en referencia aos compromisos que a formación ten xa pechados.

O coruñés Xabier Díaz asume, deste xeito, as actuacións de promoción do último disco da formación, 10.0, no que a vocalista é Guadi Galego.

As entradas para asistir ao debut de Xabier Díaz á fronte de Berrogüetto están xa á venda na páxina web www.caixanova.es; no número de teléfono 902 504 500 e na taquilla da praza de Ourense, aos prezos de seis, sete, nove e trece euros.

Este concerto está enmarcado dentro do ciclo Música con raíces, no que participarán Emir Kusturica and The No Smoking Band, Elíades Ochoa e os xaponeses Tao, entre outros moitos.

A relación de Xabier Díaz co grupo Berrogüetto vén xa de lonxe e, entre as colaboracións que fixo con eles destaca o Canto de Monzos que cantaba, xunto a Guadi Galego, no terceiro disco da formación: Hepta.

Xunto a Guillermo Fernández, o guitarrista de Berrogüetto, Díaz traballa no proxecto Nova Galega de Danza, como cantante, e xuntos crearon tamén o selo discográfico Salitre, do que naceron os dous traballos que Xabier Díaz gravou en solitario, Salitre e Coplas para Icía.

www.laopinioncoruna.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xabier Díaz
Xabier Díaz debutará como cantante de Berrogüetto no teatro Rosalía. "Non teño pensado deixar a Xabier Díaz nun estante apartado. Terei que reaxustar as velocidades".

Xabier Díaz colle o relevo que Guadi Galego deixou o pasado venres á fronte de Berrogüetto aínda que iso non signifique que deixe todos os seus proxectos particulares a un lado.

-Como será este primeiro concerto?
-A información que eu teño é que imos presentar os temas de 10.0. Así que o que vou facer será cantar ese repertorio.

-Introducirán algún tema de Salitre ou de Coplas para Icía?
-Non, será estrictamente Berrogüetto o que soe no concerto.

-Ilusionado?
-É unha nova experiencia moi excitante porque son uns músicos excepcionais; é un grupo de calado e de longa traxectoria tanto dentro como fóra do país e claro que estou emocionado por traballar con eles.

-Vese a longo prazo en Berrogüetto?
-Iso non se sabe nunca, é coma en calquera outro tipo de relación. Oxalá sexa para un percorrido moi longo, a min gustaríame que fose así, porque iso significaría que estamos gozando co que facemos e con esa intención empezamos.

-En que plano quedará a súa carreira en solitario?
-Seguirá paralela á de Berrogüetto, por un lado, e á de Nova Galega de Danza, polo outro, porque tampouco vou deixar esa actividade, aínda que terei que reaxustar as velocidades.

-Compón xa o seu terceiro disco?
-Si, estamos traballando Guillermo [Fernández] e mais eu e xa vai bastante adiantado. Non sei se para o 2008 ou principios de 2009. Non teño pensando deixar a Xabier Díaz nun estante apartado.

-Que lle gustaría achegar a Berrogüetto?
-Ilusión. Tanto a deles por atoparse cun músico novo, como a miña por entrar nunha formación que ten unha dinámica determinada de facer as cousas. Procurarei achegar o meu espírito e a miña maneira de ver a música popular e a de autor.

-Tocará ademais de cantar?
-Creo que gaita e percusión.

-Dende cando sabía que sería a voz de Berrogüetto?
-Dende hai dous meses, máis ou menos.

-Debuta na súa cidade...
-Vai ser moi especial, porque o Rosalía é o meu teatro fetiche sen lugar a dúbidas, e creo que iso me fará sentir máis a gusto.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:45
# Ligazón permanente a este artigo
Avalancha de novidades en Galicia
A crise discográfica non impide unha avalancha de novidades en Galicia
O rexurdir dos grupos folk e o asentamento dunha das mellores xeracións do pop marcarán o ano onde o abaratamento das gravacións de discos converterá o 2008 nun ano de alta edición musical


A industria discográfica está cambiando as súas prioridades. O disco empeza a deixar de ser o centro económico das empresas, que están traspasando os seus esforzos a conseguir cos artistas acordos globais que inclúan a explotación dos seus concertos en directo e a venda dos seus temas a través de soportes de gran crecemento comercial, como son os teléfonos móbiles. Con todo, en escenas como a galega a edición de álbums parece aumentar en lugar de baixar.

Razóns emocionais -o orgullo que a un artista prodúcelle un disco non cambiou- e o abaratamento dos sistemas de gravación e edición -calquera pode entrar nun estudo e imprimir uns centos de copias do que grave por uns 2.000 euros- son os alicerces nos que se asenta a boa saúde editora dos músicos galegos.
A pesar de que no 2007 unha nova xeración de poperos do país ofreceu unha colleita histórica -aí quedaron os estupendos traballos de bandas como Triángulo de Amor Bizarro, Fanny & Alexander, Meu, The Homens ou Nadadora-, durante o 2008 o folk recuperará o seu lugar de privilexio na música do país.

Cos discos de Budiño e Xúa! aínda quentes, nos próximos doce meses visitarán os escaparates os novos traballos de históricos como Brath, tras as súas celebracións dos 25 anos como grupo; Uxía, que facía oito anos que non editaba álbum; Bonovo, un debut no que están depositadas parte das esperanzas de progreso do folk galego; e Mutenrohi, que contará na súa nova gravación coas colaboracións de invitados como Duncan Chisholm (Wolfstone) ou Cristina Pato. Bandas como Xarín, Serra-lhe Aí, as cantareiras de Tanxedoras ou os dous recompilatorios de música tradicional que Sons Galiza editará serán outras das novidades. Unha das guindas ao pastel de raíz tradicional porao o grupo de galegas-caboverdianas Batuko Tabanka, que tras anos de actuacións lanzarán tamén un disco. Marful, unha das grandes sorpresas da actual escena do país, tamén editará cedé.

Os escritores terán o seu lugar na música do 2008. Así, Eloi Caldeiro musicará a Álvarez Blázquez, protagonista do Día dás Letras Galegas, mentres que Ouvirmos lanzará unha fotobiografía sonora de Celso Emilio Ferreiro, que inclúe versións cantadas dos seus poemas. O mesmo selo continuará a súa serie de itinerarios musicais, que recollerán o patrimonio sonoro e artístico de Vigo, Ourense, Lugo, Monforte e Santiago.
Tamén recuperarán gravacións de principios de século de Cantigas dá Terra.

No pop e no rock, Elodio e os seres queridos xa teñen novo álbum na rúa, mentres que se esperan os traballos de The Blows (unha das grandes promesas do pop galaico), Safari Orquestra, Lamatumbá, unha nova banda formada por Magín Blanco e os mestres ourensáns da melodía Burgas Beat; e o veterano MCarballo. O rap do novo combo Licor Café será outra das novidades.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Os mellores discos galegos do ano 2007

VOTACIÓN EN SONO-TONE.NET

Ataque Escampe, Nadadora, Narf, Apenino, Noise Project, Galegoz e Nouvelle Cuisine completan os dez mellores discos de 2007 para os lectores da revista.


A música galega está a vivir un momento emerxente. Xa o pasado ano, cando a revista dixital Sono-tone realizou a súa primeira votación dos mellores discos galegos do ano, a calidade dos álbumes máis votados, na súa meirande parte discos de debut, amosaba a boa saúde da escena galega. Un ano despois, a segunda votación popular volve ofrecer un panorama do que nos podemos sentir orgullosos.

O álbum de debut de Triángulo de amor Bizarro foi, para os lectores da revista, o mellor disco galego do ano (217 votos), seguido do Tres, de The Homens (195) e Finais dos 70, comezos dos 80, de Fanny & Alexander (178). Ás portas do podio ficaron os Ataque Escampe (171), co seu ep Ed Wood e a invasións dos paraugas asasinos, Nadadora con Hablaremos del miedo (169), e Narf con Totem (167). Completan os dez primeiros Apenino (Un rayo de sol), Noise Project (Teleclube), Galegoz (Revolution Dance) e Nouvelle Cuisine (Autodictado). Seis dos dez discos, en galego.

Na votación do 2006 os gañadores foran 6PM (Far from perfect, Junk Records), por diante de Niño y Pistola (Como un maldito guisante, Mulberry) e Projecto Mourente (Baixo os eucaliptos, A Regueifa Plataforma). Entre os dez primeiros aparecían tamén Dios ke te Crew, The Homens, Samesugas, Marful, Sevigny, Catpeople e Pé de Boi.

Todos os estilos
Como escribía a propia Sono-tone o pasado ano "Hai 30, 20, 10 ou mesmo 5 anos a calquera grupo galego non lle teria sido nada dificil ver o seu disco entre os dez mellores -deixémolo en favoritos- discos galegos do ano. Unha lista de seguro dominada por un par de estilos coma moito". A competencia é moita, e por iso quedan fóra dos dez primeiros álbumes coma 120 Capadores, Manifesto Dobarrista, ou os últimos traballos de Nao, Colectivo Oruga, Meu ou Franc3s. En total, entraron na votación 52 álbumes, de practicamente todos os estilos: por suposto rock e pop en case todas as súas derivacións, electrónica, folk, canción de autor, hip hop ou blues.

www.vieiros.com

Votacións

217 TRIANGULO DE AMOR BIZARRO - Triángulo de Amor Bizarro
195 THE HOMENS - Tres
178 FANNY + ALEXANDER - Finais dos 70s, comezos dos 80s
171 ATAQUE ESCAMPE - Ed Wood e a invasións dos paraugas asasinos
169 NADADORA - Hablaremos del miedo
167 NARF - Totem
165 APENINO - Un rayo de sol
161 NOISE PROJECT - Teleclube
158 GALEGOZ - Revolution Dance
146 NOUVELLE CUISINE - Autodictado
142 VV. AA. - 120 Capadores
140 NAO - As palabras espidas
128 VV. AA. - Manifesto Dobarrista
119 MEU - Did you hear?
116 COLECTIVO ORUGA - Ricos modernos
114 FRANC3S - Ascensión a las cloacas
113 ARREDEMO - Nin sequera a choiva
111 ELODIO Y LOS SERES QUERIDOS - Esto que tienes delante
109 MOONDOGS BLUES PARTY - O cadelo lunático
91 MERCEDES PEON - Sihá
90 ESQUIOS - Un tipo normal
86 MANOS DE TOPO - Ortopedias bonitas
83 TELEMACO - Terra
78 XOSE MANUEL BUDIÑO - Home
77 XABIER DIAZ - Coplas para Icía
66 VALE TUDO - Vale Tudo
65 QUANT - In It for the Fun
64 SONHOS - Sonhos
63 MEQUETREFE - Mequetrefe EP
62 CORNELIUS - Greatest Hits
59 OS TRASNOS DE MOSCOSO - Rap do País
57 JABON BLUE - La música va por dentro
53 NOVA GALEGA DE DANZA - Alento
49 KATHAARSYS - Verses in Vain
44 MALANDROMEDA - Os estraños sempre traen malas novas
42 JIMENEZ DEL OSO + COPROLITOS - EP split
41 CAPITAN FURILO - Capitán Furilo
40 THE TELEPHONE ROUGES - Marxe I
39 TWENTY FIGHTERS - From this Day
39 SILVIA PENIDE - Desafinante crónica
38 GRAN PURISMO - Spifire
37 CANTADEIRAS DO BERBES - Todos a bordo
34 CREMA DE GAITA - TanGalego
32 A TABERNA DE MOU - Vol. 1
29 BONOVO - Demo
29 LORETTA MARTIN - Paraiso distante
26 ALMAX
21 BLIXDEINA
15 ABRAHAM BOBA - Abraham Boba
11 Carmen Rey - Meu
9 SEÑORA CARMEN - Na flor dos meus anos
2 XE - aliaXe

www.sono-tone.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Dance galego
Normalizar a lingua en todos os ámbitos

DJSON1C, disc jockey
Prepara un novo single para marzo, de novo en galego.

A festa non vai parar/ Contigo quero xogar/ Esta noite voarei/ co son dance do meu DJ. É a canción de moda esta semana, que podería espallarse polas discotecas de todo o país. Iso sería un país normalizado, un país normal. Polo de agora pódese escoitar na rede (en descarga gratuíta no portal moguda.com) e na Discoteca Tattoo da Estrada. Alí é DJ residente DJSON1C, o autor do primeiro éxito dance en galego, que puxo na voz da catalana Isis. En febreiro escoitaremos a versión en inglés de A festa non vai parar, e en marzo un novo single, de novo en galego.

Comezaches a facer sesións de dance moi novo, con 16 anos. Como che deu por aí?
Sempre me gustou o dance, sobre todo despois de escoitar a artistas como Gigi D'Agostino ou Gabry Ponte. Daquela comecei a gravar cousas na casa e a envialas a radios. E xa con 18 anos empecei a pinchar en salas: na Apolo de Santiago, na Albatros da Coruña, na Alta Tensión de Ordes, ou na Bambina da Coruña.

E agora na Estrada...
Si, en Tattoo todos os sábados. E na radio, en Cuac FM os xoves e Loca FM os venres.

É doado publicar dance no Estado Español?
Non, está moi mal a cousa dende hai uns anos. Por exemplo eu tiven que sacar o meu primeiro single, Fall in Love, en Italia. E en Italia xa entrou en catro recompilatorios, pero non en España. E o segundo single colgámolo na rede para descarga gratuíta.

A festa non vai parar está sendo un éxito. Por que te decidiches a facer unha canción en galego?
Foi cousa sobre todo dos meus produtores, Mak&Sak. Eles levan a miña discográfica, Moguda.com, un portal catalán de música. Fan todo en catalán e están arrasando alí, e preguntáronme por que non facía unha canción en galego, que seguro que ía gustar. E tiñan razón.

Na Estrada gústalle á xente?
Si, está gustando moito. A xente vólvese tola cando a poño.

Vas seguir gravando en galego?
En marzo sacarei un novo single, tamén en galego. Antes farei a versión en inglés de A festa non vai parar, para distribuíla en todo o mundo.

E quen é Isis? É galega?
É a miña cantante e vaino ser en todas as cancións. Non é galega, é catalana e contactei con ela a través da discográfica.

Cales son para ti as tres mellores discotecas de Galiza?
A mellor é Queen, en Porriño, pola música. A segunda, tería que dicir a LP45 (Ordes) ou a Hermo de Muimenta; LP45 leva uns anos de capa caída, pero segue tendo máis variedade de música e de estilos. E terceira, teño que quedarme coa Tattoo da Estrada. E non porque pinche eu alí, senón porque a música en xeral é boa, á xente gústalle o dance e pódense poñer dúas ou tres horas de dance cada noite.



www.vieiros.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Jazz galego
A escena do jazz galego afianza a súa presenza

No 2006 e o 2007 recolléronse excelentes colleitas no jazz galego, con máis dunha trintena de gravacións en total. Este recentemente estreado 2008 comeza con forza e xa hai un bo puñado de proxectos esperando presentación.

Para estes primeiros días do ano ultímase a publicación da nova entrega do pianista santiagués Abe Rábade. Trátase do esperado GHU! Project vol.2., que levará por título Open Door s, gravado a finais do pasado verán no Porto en formación de septeto . O intérprete compostelán abrirá tamén outra fronte no seu achegamento á música tradicional, como xa sucedeu con Nordestin@s, cun novo traballo no que pon música aos poemas de Rosalía e nesta ocasión usará as voces de Guadi Galego e Anxo Angueira .

Outra presentación esperada é o terceiro proxecto do trío compostelán Sumrrá, unha gravación en directo rexistrada o pasado mes de xullo en varias sesións en sálgaa Nasa. Pola súa banda, Xacobe Martínez, contrabajista de Sumrrá, tamén está implicado no proxecto en cuarteto Pin. Cirera. Legido. Martíne z. Das novidades discográficas do jazz galego para este mes de xaneiro destaca tamén o segundo traballo da cantante Terela Gradín, Pascala, que nesta ocasión asina co excelente pianista e habitual colaborador Manolo Gutiérrez, nun álbum que inclúe composicións orixinais e recreacións de temas de Radiohead e Wayne Shorter. O guitarrista Pepe Evanxelista publica Teima, o seu primeiro proxecto discográfic ou, xunto ao contrabajista Kin García, o batería Miguel Cabana, e o saxo Roberto Somoza, intérprete que xa está metido no estudo para gravar o seu terceiro disco como líder.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-01-2008 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Colección "Pel e madeira"
O IGAEM e a casa editora Dos Acordes veñen de poñer en marcha unha nova colección de partituras que, baixo o título “Pel e madeira”, recollerá o repertorio básico para gaita e percusión galegas.

Baixo a dirección artistica do gaiteiro Suso Vaamonde e do percusionista Xosé Lois Romero, que levan traballando dende hai anos nesta iniciativa; e a dirección editorial de Javier Jurado, o proxecto está concibido inicialmente como a publicación periódica de cadernos de partituras de música tradicional e popular galega, arranxada para formato de cuarteto tradicional (dúas gaitas, tambor e bombo) e cunha clara finalidade didáctica.

Preténdese, deste xeito, crear un fondo documental que compile o repertorio máis común entre os gaiteiros, e, sobre todo, producir material gráfico que incentive o desenvolvemento técnico e estético da percusión tradicional galega. Con este obxectivo, a selección de partituras abrangue todos os niveis de dificultade, dende o de iniciación ata o de perfeccionamento.

Pero o novo desta proposta está no dobre CD que acompaña a edición das partituras. Neles, o oínte poderá substituír calquera dos catro instrumentos que soan na gravación (executados polos propios autores) pola súa propia interpretación en vivo, usando para iso o selector de balance L-R que posúe calquera equipo de audio. Isto permitiralle practicar individualmente o seu propio instrumento formando parte dun “cuarteto virtual” (na xerga anglosaxona, play-a-long). As principais vantaxes deste sistema son o desenvolvemento da percepción auditiva e da capacidade de imitación do oínte, alicerces fundamentais da cultura tradicional, e a súa correspondente representación na escrita.

A produción da colección, que sairá á luz en primavera de 2008, conta coa colaboración da Radio Galega, xa que nos seus estudos gravaranse os masters que a compoñen. A periodicidade prevista é dun volume anual, cunha tiraxe de 400 exemplares. Cada copia irá presentada nunha carpeta que incluirá o libreto xeral de música impresa máis catro caderniños coas partes (gaita primeira, gaita segunda, tambor e bombo), así como os dous CD de audio (gaitas e percusión).

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 16-01-2008 00:59
# Ligazón permanente a este artigo
Malmequer destacado en Blogoteca.com
A BLOGOTECA SUPERA OS 1000 BLOGS
Feitos por galegos e en galego.


Despois de ano e medio de traballo, o sistema galego e en galego de creación de blogs, BLOGOTECA.COM, xa son máis de 1000 os blogs subscritos, e máis de 10.000 as fotografías subidas a disposición dos visitantes.

Unha media de 65 blogs se crean ao mes dentro deste sistema, e un 95% deles son feitos por galegos e en galego.

A Blogoteca foi o primeiro sistema de xestión de blogs de Galicia, e nestes momentos xa é toda unha referencia grazas a todos e todas as usuarias que están usando e confiando no noso sistema, isto leva a que a día de hoxe xa sexan 10.000 as visitas e 47.000 as páxinas visitadas cada día, o que fixo que no último mes sexan 396.345 as visitas reais á web e 1.162.455 as páxinas vistas.

Os blogs son de todo tipo, desde quen os aproveita para emitir os seus pensamentos máis íntimos ata o que colga as fotos dos seus viaxes, ou dos pinchos que vai tomando polos diferentes bares, ata asociacións culturais e políticas que aproveitan estes blogs para darse a coñecer de xeito gratuíto, ou personaxes como Sechu Sende, Vicente Montoto, Benedicto de Voces Ceives, etc.

Temos que destacar sobre todos estes blogs, www.blogoteca.com/malmequer, que con 746 artigos é o máis activo da nosa rede.

www.blogoteca.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 16-01-2008 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de afinación de gaita en Callobre
Os dias 19 e 20 de Xaneiro (Sábado e Domingo) imos realizar un curso de afinación de gaita tradicional galega no Centro Cultural de Callobre (A Estrada).

O Programa é o seguinte:
-Afiado e preparación da navalla
-Elección da palleta
-Empalletado e afinación da palleta no punteiro
-O pallón (fabricación e afinación)

O ponente será D. Juan Casalderrey Rodríguez, gaiteiro, palleteiro e mestre de fabricación de palletas.

O prezo por alumno será de 45 Euros, e inclúe: Unha navalla, un xogo de lixas, uns apuntes e a comida do sábado, dado que o curso ese dia (sábado) será de mañan e de tarde.

Para mais información e inscripción pódese chamar aos tels. 630 875 924
e 616 992 904
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-01-2008 00:53
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Cantatí
O Cantatí chámase así porque comezaron denominándose Canta ti que a min me dá a risa.

Antón Méndez, un dos seus integrantes dende que fundaron o colectivo no 2004, comenta que se puxeron ese nome “porque somos moi dados a bromear nos ensaios cambiando as letras”. Esas chanzas acontecen nada máis que nos ensaios porque Cantatí caracterízase por ser radicalmente fieis á música tradicional. Unha mostra é o seu disco Cantigas de antonte, que se entregou El Progreso, dentro da campaña Nadal para todos, que promoven este diario en colaboración con Cáritas Diocesana.

—¿Que se pode atopar no disco Cantigas de antonte?
—Pois incluímos panxoliñas tradicionais, O nacemento e Reis en Nullán. Son cancións da Nadal recollidos nos Ancares leoneses, no caso de O nacemento; e en Nullán, nas Nogais, no caso de Rei en Nullán. Ambos os temas abren e pechan o disco. A maiores, aparecen catro temas do noso repertorio, que son Antroido, Linho Mourisco, Nodaiga, Vals Voda, De Courel a Nogais e Cuba.

—A instrumentación que se escoita en Cantigas de antonte é moi sobria, ¿vaise manter ese espírito nas súas actuacións en directo?
—O espírito vaise manter porque queremos ser fieis á música tradicional, sen instrumentos que lle son alleos, como poden ser as baterías ou as guitarras eléctricas. Entendemos que é unha evolución, pero non nos gusta porque lle dá un carácter artificial aos temas. Nós preferimos cinguirmonos ao tradicional mantendo as melodías e o xeito de cantar, e engadimos arranxos instrumentais e polifonía, algo que non era moi frecuente.

—¿Os seus informantes nas recollidas que fixeron para os temas do disco usaron instrumentos ou cantan a capela?
—A maioría non usa nada, aínda que hai quen se acompaña cunha pandeira ou un pandeiro. Nós tratamos de facer a música tradicional tal e como sería se estivese viva. Aquí non acontece como en Andalucía, onde a música popular acabou convertida en música oficial, sobreviviu e evoluiu.

—¿Cales son as razóns para que morrese a música tradicional galega?
—Nas vilas e aldeas foi desaparecendo porque os mozos foron marchando e os rapaces son os que tiñan gañas de diversión e mantiñan esas pezas. Logo están a chegada da radio e as bandas modernas.

—No seu repertorio recollen pezas de recoller o liño ou de seitura, actividades que non facían soamente os novos.
—Si, eran cantos que acompañaban o traballo e o facía máis levadeiro. O liño desapareceu e a maquinaria acabou cos cantos noutras tarefas. As muiñeiras e as jotas se perden porque xa non hai polavilas nin fiadeiros. Tratamos de rescatalos da memoria e darlles vida outra vez.

—¿Fan a recollida individualmente ou van como Cantatí, en grupo? ¿É sistemática?
—A recollida faina cada quen co colectivo ao que pertence. A recollida é profesional e sistemática. Hai que ir pola zona, localizar os informantes, gañar a súa confianza para que che canten as pezas. O que fixemos nós é recoller moito e logo ir eliminando o que non é interesante.

—¿Cal foi o criterio de escolla?
—Escollemos o que é tradicional. ¡Hai sitios aos que chegas e che cantan Soy minero!

—¿Houbo algún xénero que se lles resistise?
—As cancións de xogos infantís. Aínda se conserva algo, pero é difícil atopar algo. Na Montaña aínda se recollía algo nos anos 80.

—A recollida faise entre as persoas de maior idade. ¿Esta será a derradeira xeración para facer recollida?
—Cada vez se fai menos recollida, do que se trata agora é de traballar no que se recolleu. O Museo do Pobo Galego ten un proxecto polo que promove que se cedan cintas para traballar nelas.

—¿Nese labor de campo, percibiu pecualiaridades da provincia de Lugo?
—Hai peculiaridades por zonas, aínda que si é certo é que Lugo é moi de gaita e moi pouco de pandeireta. Na Montaña, por exemplo, collen a pandeira coa esquerda e petan nela coa dereita; no resto do país, collena coa dereita e petan na esquerda. Esa zona é tamén onde se recollen os cantos máis ancestrais, onde hai máis alalás. Son máis primitivos nas estruturas e se canta máis de vagar. No resto de Galicia hai máis muiñeiras e xotas.

—¿En que campos se moven os que fan agora recollida?
—Eu traballo coa vestimenta. Ando investigando na Limia, en Ourense, e algo na Pastoriza. O meu é un traballo de investigación sobre a iconografía do traxe en Ourense e tamén ando con Cántigas e Flores. A roupa que se atopa agora xa ten influencia burguesa da moda da época, polo que perde esas características da vestimenta que nos diferenzaba os galegos do resto.

—¿Hai algunha particularidade apreciable nas vestimentas da provincia de Lugo?
—A roupa é semellante, o que cambia basicamente é a nomenclatura. Na provincia de Lugo hai, por exemplo, mandís de mostra, que se poñían na cabeza para ir á misa. Levan unha banda vermella no fondo do mandil que é moi difícil de facer.

—Cantatí anda presentando estes días o seu álbum de debut, Mira como veño, ¿Como van ser esas actuacións en directo?

—Interpretaremos os temas do álbum acompañados por dous lucenses que nos axudaron moito e que son Bruno Villamor e Cristina Vila. Pepe Bahamonde tamén colaborou connosco, pero non vai poder estar. Bahamonde toca a gaita nunha peza e a gaita noutro.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-01-2008 00:51
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá en Vigo
Hoxe, martes, día 15/01/2008

Esta semana o programa Alalá, que acaba de recibir un Premio Galicia de Comunicación, vai tomar unhas cuncas e escoitar unhas pezas nunha taberna tradicional de Vigo. Un lugar máxico onde os espectadores coñecerán varios prismas da época do crecemento desta cidade nos anos 50. O Vigo industrial. O Vigo musical. O Vigo tradicional e o Vigo suburbano. Todo nunha taberna que ten tenda, viño de barril e música, a Taberna do Lorenzo.

A Taberna do Lorenzo é unha tasca tradicional onde aínda se conserva parte daquel pasado cantarín e musical que tiñan as grandes cidades de Galicia. Onde cando remataban as xornadas nos estaleiros, nas conserveiras, ou nas fábricas, se un quería oír unha peciña ía ás tabernas: algunhas tan míticas coma o Pozo Negro, onde se xuntaban músicos e gaiteiros como Moxenas ou Ricardo Portela e nas que un cantaba ata que se decataba que ao día seguinte había que traballar. Así pois, o Alalá desta noite coñecerá o ambiente máis popular e tradicional de Vigo, a tan só 5 minutos do centro, na Taberna do Lorenzo. Ademais o programa compartirá mesa cos integrantes do grupo Os Infortunados, que cantarán pezas tradicionais da zona de Vigo. A gran maioría dos compoñentes do grupo son xubilados ou prexubilados do sector naval, o que é unha proba da pegada que tivo e ten a industria naval en Vigo e arredores.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2008 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Domingo fareleiro
Choiva e fariña no 'domingo fareleiro' de Xinzo, pistoletazo de saída do Entroido

A choiva sumouse á fariña na celebración do domingo fareleiro de Xinzo de Limia, pistoletazo de saída do Entroido. A festa, unha batalla campal cunha mestura de fariña e salvados (farelos) tomou como cada ano a praza maior e as rúas da vila.

Veciños e visitantes de todas as idades reuníronse na praza maior ás 16:00 horas para recoller unha tonelada de farelos en bolsas, aínda que o seu lanzamento atrasouse case dúas horas debido á choiva. A pesar de que o tempo non axudaba, unha ducia de mozos paseáronse pola praza con carros de supermercado cargados de sacos de farelos, que lanzaron ao aire contra outros participantes, refuxiados baixo soportais e balcóns, esperando que se disipasen as nubes.

Ao redor das 17:30 deixou de chover e a praza maior foise enchendo de nenos e maiores armados de impermeables e lentes de mergullo para evitar os farelos. O lanzamento estivo acompañado por unha charanga e unha carroza de bonecos inchados de aire.

Cambios co paso do tempo
O presidente do colectivo cultural Homo ludens, impulsor do Centro de Estudos do Entroido de Galicia, Xesús Losada Laxe, explicou que o Entroido de Xinzo, do mesmo xeito que outros tradicionais que aínda se manteñen na provincia, está a sufrir unha transformación no seu sentido e nos seus elementos fundamentais.

"Este cambio non é malo pero hai que telo presente para polo menos conservar a memoria de como era antes", indicou Losada Laxe. Nese sentido, sinalou que o domingo fareleiro é agora unha batalla campal pero antes supuña un encontro 'lúdico' entre homes e mulleres xa que os mozos aproveitaban non un día, senón unha semana, para "dar farelos" á muller que lles gustaba.

"O tempo de Entroido empeza realmente o 1 de xaneiro -engadiu- o que significa que desde ese momento calquera acto irreverente e contrario á rutina está autorizado, e constitúe ademais dunha escusa para criticar a orde establecida, un achegamento entre homes e mulleres de xeito algo máis impúdico do habitual".

O domingo fareleiro, segundo Losada, pasou de ser un rito e un xogo sexual a unha batalla campal, e o mesmo ocorre cos demais eventos do Entroido de Xinzo de Limia, o máis longo de Galicia, que se prolongará ata o 10 de febreiro, co domingo de Piñata.

Perda de espontaneidade
O tradicional personaxe e traxe da Pantalla de Xinzo tamén sufriu cambios co paso do tempo, como a desaparición dalgúns elementos como o vergallo. Este elemento, do que algúns veciños conservan exemplos, era un pau de salgueiro retorto ou o pene dun boi disecado que se utilizaba para tocar a saia das mulleres.

"Na festa pasouse de actos individuais contra a orde establecida, iniciados con espontaneidade en calquera momento do día, a eventos programados e masivos, pero é importante non perder a memoria de como era e aínda é posible conservala porque o cambio produciuse nos últimos 30 anos", dixo.

A festa en Xinzo seguirá o 20 de xaneiro co domingo oleiro, que constituía un xogo entre veciños que se lanzaban as olas de barro vellas gardadas nas súas casas para esta ocasión e agora é un espectáculo, segundo Losada. Posteriormente, celebrarase o domingo corredoiro, o domingo de Entroido -3 de febreiro- seguido do martes de Entroido, mércores de Cinza e domingo de Piñata, o próximo 10 de febreiro.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2008 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Número 3 de Retranca
O número 3 de Retranca chegará a semana que ven aos quioscos.

Un número adicado á Ministra dos buracos de Barcelona Dora, a tuneladora... que nos fixo unha visita aos galegos esta semana pasada para deixarnos moi claro que a Lei de Memoria Histórica non serve para nada... xa que seguimos sen verlle nin unha pluma ao AVE!!... UN NÚMERO VELOZ PARA LER AMODIÑO, E SEN INFLACIÓN NO SEU PREZO!!!

CORREDE AO VOSO QUIOSCO MÁIS CERCANO A ENCARGAR A RETRANCA!!!

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2008 08:49
# Ligazón permanente a este artigo
De xira con Loretta Martin
Loretta Martin comeza a súa xira galega.

Os tres integrantes de Loretta Martin montan na furgoneta para lograr un fito único en Galicia: Dende xaneiro até maio tocarán todas as semanas, sen faltar nen unha soa, por diferentes lugares da nosa xeografía no seu "Paraiso Tour", no que debullarán os temas que incluirán no seu segundo album.

www.lorettamartin.net



Xaneiro
11 xaneiro Clavicembalo Lugo,
18 xaneiro Sala Ogmios Cariño, Coruña
26 xaneiro Salón Parroquial Ponteareas

Febreiro
2 febreiro La Iguana Vigo,
8 febreiro Bar Liceum do Porriño
15 febreiro Pub Leblón Ponte Caldelas, Pontevedra
23 febreiro Ardora Porto do Son, Coruña
28 febreiro Casa das Crechas Santiago de Compostela,

Marzo
7 marzo Pub Gatos Melide, Coruña
14 marzo Café Cultural Auriense Ourense,
23 marzo La Reserva Carballo, Coruña
29 marzo Run Rum Ferrol,

Abril
5 abril Breogán Vigo,
11 abril Sala Baranda O Barco de Valdeorras, Ourense
18 abril Badulake Ordes, Coruña
26 abril Mardi Gras Coruña,

Maio
2 maio Zona Zero Caldas de Reis, Pontevedra
9 maio Maia (Portugal)
10 maio Penafiel (Portugal)
16-17 maio Concertos Sorpresa
23 maio Fardela Vilalba, Lugo
31 maio A.C. DeZine San Sadurniño, Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
De xira con The Homens
Inmersos en plena xira de presentación do seu disco (Tres, en Falcatruada), The Homens conversaron con A Nosa Terra Tv de proxectos, inquedanzas, inspiracións e, sobre todo, música.



Datas da xira

Martiño, Roi e Xocas actuaron este venres pola noite no pub Gatos de Melide, nunha xira que acumula citas até o 25 de abril e que os levará en vindeiras datas por unha minixira portuguesa (Maia e a FNAC de Porto, nos días 25, 26 e 27 de xaneiro) e por Ourense. O 1 de febreiro actúan no Barco de Valdeorras e o 16 no pub Auriense da propia cidade ourensana.

Defensores dun eclecticismo sonoro con posos até de hardcore melódico, The Homens enarbolan a bandeira do rock en galego. "O que importa son as cancións e non chorar", definen.

www.anosaterra.org


XANEIRO 08
Día 4, A Coruña. Sala Mardi Gras
Día 11, Melide. Pub Gatos
Día 25. Maia (Porto). Tertúlia Castelense + Sizo (PT)
Día 26. Penafiel (PT). Bar do Lago
Día 26 ou 27. Porto. FNAC

FEBREIRO 08
Día 1, O Barco. Sala Baranda
Día 2, Gentalha do Pichel, Compostela
Día 16, Ourense. Café Cultural Auriense
Día 23, Lugo. Sala Clavicembalo

MARZO 08
Día 15, Ponteareas. Pub Salón Parroquial
Día 29, Pontecaldelas. PubLeblon

ABRIL 08
Día 5, Vigo. Breogaín + Loretta Martin
Día 25, Porriño. Bar Liceum
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-01-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xabier Díaz
Xabier Díaz será a nova voz de Berrogüetto no quinto álbum do grupo, un proxecto audiovisual que se publicará dentro duns meses.

Nestes momentos Berrogüetto atópase inmerso na preparación do seu novo álbum, o quinto na traxectoria da formación, "un proxecto moi complicado, no referido á produción", que incorporará gravacións con orquestras, e contidos audiovisuais, cos que se creará, ademais, un DVD. O álbum podería estar listo antes do verán, pero o máis probábel é que se publique en outono. O proxecto, que segundo Berrogüetto "sae do camiño habitual do grupo", levará a voz de Xabier Díaz, pois aínda que están gravadas boa parte das pistas instrumentais, aínda non se rexistrou a voz. Por certo, que Guadi Galego será aínda parte integrante do grupo neste álbum, aínda que só sexa a través da súa gaita.

Dende Berrogüetto comentan que durante algún tempo baralláranse varias posibilidades para este disco: que cantase Guadi, que cantase Xabier ou mesmo que o fixesen os dous, "pero Guadi estaba cansa e non podíamos obrigala a subir a un proxecto que vai ser aínda moi laborioso".

Para Berrogüetto, Xabier Díaz "é o mellor ao que o grupo podía aspirar despois de Guadi", e consideran que o cambio non só será bo, senón que pode ser un revulsivo para a banda, unha especie de reto, adaptarse uns aos outros de novo e explorar novos camiños. A eleccións de Xabier Díaz, alén da súa calidade e talento, non foi casual. Xabier xa colaborara na gravación de Hepta e en varios concertos do grupo, que de feito xa o consideraban "parte da familia"

A noticia foi unha gran sorpresa, pero supoño que é un proceso que vén de algún tempo atrás, non si?
Si, non lembro a data exacta en que me comentaron a posibilidade, creo que foi hai un mes e medio. Chamoume Guillermo, co que xa tiña máis relación, e comentoume a situación. Marchei a Arxentina a facer algúns bolos, tomei uns días para pensalo, e á volta renímonos todos para comentar como poderiamos crear o proxecto.

Falaches con Guadi, supoño
Si, claro, sobre todo por unha cuestión persoal, porque temos unha amizade de moitos anos. E ela alegrouse moitísimo de que fose ser eu o seu substituto. Ela ten que seguir na música, porque sería unha enorme perda para a música do país que o deixase. Está moi preparada e triunfa en todo o que fai e sei que vai ter moita sorte en calquera dos seus proxectos.

E ti, continuarás cos teus proxectos?
Terei que axeitar a velocidade dos proxectos e reorientar algún. Agora mesmo estou traballando na gravación do terceiro álbum con Guillermo, que temos moi avanzado e esperamos publicalo antes do verán. Outra cousa é o novo espectáculo de Nova Galega de Danza para este ano. Xa falei coa dirección da compañía e plantexeilles a posibilidade de compartir a titularidade con outra persoa.

Parece que a relación entre grupos e artistas galegos é moi estreita: discos conxuntos, espectáculos como Cantos na Maré, mobilidade dos músicos... Está vivindo a música galega un bo momento?
Creo que está vivindo un momento fantástico. Hai uns anos pareceu que había un repunte, unha meirande popularización, pero penso que xusto agora os grupos teñen máis solvencia, máis calidade, máis percorrido. Ademais, o repuntes de hai uns anos só se deu no folk. O bo é que agora o auxe da música galega dáse tamén no hiphop, no rock, no power pop... A música galega non é só o folk, sería como dicir que a literatura galega só é a poesía.

Sempre dá a impresión de que un cambio de voz nun grupo, sobre todo cando se muda unha voz feminina nunha voz masculina. O cambio drástico é tal?
Ten que haber un cambio, iso é evidente. e aí está o excitante desta historia. Guadi e eu, e calquera artista non sño temos voces diferentes, senón que temos formas distintas de entender a música. O grupo cambiará, obviamente, pero os cambios son emocionantes por iso mesmo.

Berrogüetto toma unha voz masculina cando no folk galego predominan as voces femininas. A contracorrente?
Ben, Berrogüetto foi pioneiro en romper moitas inercias e agora volve facelo. Polo que me comentan, a eles tamén lles apetecía cambiar ese rexistro nalgún momento, e agora xurdiu a oportunidade. Ademais, comezan a saír boas voces masculinas en Galiza, xa non é tan raro.

www.vieiros.com

Berrogüetto e Xabier Díaz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2008 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Cambio de dirección en Nordesía

A empresa adicada á promoción musical e cultural Nordesía renova a súa dirección baixo as ordes de Quique Costas, que os últimos doce anos foi representante do coñecido grupo galego Milladoiro. Remuda así na súa dirección a Xavier Alon­so que desempeñou as funcións de dirección da empresa nos últimos anos.

Segundo informa Nordesía nun comunicado de prensa, a chegada de Quique Costas "abre unha nova etapa para seguir crecendo cara a novos mercados". Para iso, contan "cun profesional do sector con máis de vinte anos de traxectoria no mundo da cultura" que, continúa o comunicado, "trae con el toda a súa experiencia".

Dende 1989 ao 1992 , Quique Costas dirixiu Interpublic, unha empresa que tivo un importante papel na comunicación do Goberno da Xunta durante esa etapa. Dende o ano 93 sempre estivo vinculado ao mundo da cultura a través de diversas empresas culturais, ademais os últimos 12 anos foi o representante do grupo Milladoiro e o responsable da xestión de Producións e dos Estudios Cormorán.

Costas "afronta a dirección de Nordesía cargado de ilusión, a súa experiencia e traxectoria no mundo da industria musical son un aval para acadar os obxectivos que se propón para a empresa", sinalan no comunicado.

"Consolidar o liderado da empresa no sector"

Coa súa incorporación, a empresa aspira a "consolidar a situación de liderado de Nordesía no sector, ao tempo que unha adaptación da compañía á súa actual dimensión e preparala para os novos retos do futuro", engaden.

A empresa "seguirá apostando pola representación e a creación en Galicia, por seguir deseñando novos espectáculos e ofrecer ao público as propostas máis interesantes chegadas doutros territorios distantes na xeografía mundial".

Doce anos creando éxitos

Nordesía Produccións foi fundada no ano 1996 e acadou durante estes doce anos un lugar destacado na industria da música en Galicia e no resto do Estado.

Representa dende hai anos a grupos de éxito como Berrogüetto ou Fía na Roca e artistas como Xosé Manuel Budiño, Uxía ou Narf. Ademais nos últimos tempos, Nordesía vén organizando un encontro coa lusofonía, "Cantos na Maré", no que reúne a destacados artistas de Galicia, Portugal, Cabo Verde, Mozambique ou Brasil. Un espectáculo que se celebra anualmente en Pontevedra e que Nordesía saca á rúa nun disco con todos os artistas.

www.elcorreogallego.es

www.nordesia.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-01-2008 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Loito no Casco Vello

Hoxe é un día triste para todos os que temos relación coa Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo. Nun accidente causado por dous .... que ían picados facendo unha carreira entre un BMW e un Audi e cando nunha maniobra tiveron que sairse do carril un deles chocou contra un AX que viña de fronte e onde viñan os nosos Manolo e Loli de Candeán que morreron no acto.

Moitos os coñecederes das festas, dos bailes, dos Seráns, das Foliadas,...eran membros dos Grupos de Baile do Casco Vello e de Candeán e fieis membros da Comparsa Os Tarteiras.

Hoxe o Casco Vello, Candeán e Prado da Canda están de loito.

E con eles todos os seus amigos e compañeiros do mundo tradicional.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 12-01-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
• Som de Galpóm no Esmorga de Boiro
• The Homens no Pub Gatos de Melide.
• Anxo Lorenzo Band no Pub Candem (Alfonxo XIII) de Vigo
• Apertura do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

Sábado 12
• Sonoro Maxín na Sala 600 de Melide
• Som de Galpóm no C.S. O Fresco de Ponteareas
• Nao na Sala Tiradoura de Cangas
• Loretta Martin no Clavicémbalo de Lugo
• Humor Neghro: Ensaio xeral con público no local da Asoc. Rosalía de Castro de Teo (A Coruña) ás 21:00
• Apertura do Furancho Matamáfolc (Matamá-Vigo)
• Serán (ás 21:30) e Cerco (ás 16:00) en Prado da Canda (Covelo)

Domingo 13
• Certame de Ranchos de Reis en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas) ás 16:30


Podedes ver máis na sección de Axenda Completa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2008 14:35
# Ligazón permanente a este artigo
Humor Neghro

Preparando o espectáculo Humor Neghro

O local social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) acollerá este sábado, ás 21.00 horas, un ensaio con público do espectáculo de música e humor de Carlos Blanco, veciño do concello de Teo, e Manecas Costa.

Humor Neghro, que así se chama o show, estrearase o próximo 25 de xaneiro en Pontevedra.

A asistencia a este acto é totalmente gratuíta. A obra é unha función da compañía Abada Teatro, mediante a que se pretende reflexionar sobre unha realidade tan próxima, tan galega e tan africana como é a emigración/inmigración", apuntan desde a propia agrupación teatral. Nesta función únense a música e o humor con textos propios de Blanco e Costas, así como de autores como Antón Reixa, Xosé Cid Cabido ou Zé Rui.

HUMOR NEGHRO lévanos ata a música africana a idea central da morte como referente e leit-motiv. Cun esquema pensado para ser entendido por galegos/as, pero tamén coa ambición de chegar a ser visto e entendido na Península Ibérica e mesmo en toda a Lusofonía.

HUMOR NEGHRO parte dun diálogo relaxado entre dous creadores recoñecidos cada un no seu campo, e terminará cunha festa para o público. A forza escénica e o magnetismo de Manecas Costa e Carlos Blanco garanten que así será aínda ademais dunha posta en escena de luxo en canto a luz, son e imaxe.

Ensaio xeral con público

12 de xaneiro
local da Asociación Rosalía de Castro
Teo (A Coruña) ás 21h

Actuacións

Xaneiro
25 de xaneiro Auditorio Pazo da Cultura de Pontevedra
26 de xaneiro Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo (Pontevedra)

Febreiro
17 de febreiro Centro Socio-cultural de San Sadurniño (A Coruña)
23 e 24 de febreiro Teatro Principal de Ourense

Marzo
28 de marzo Casa da Cultura de Burela (Lugo)

Abril
5 de abril Caixanova de Cangas do Morrazo (Pontevedra)
18 de abril Auditorio de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Maio
8 de maio Caixanova de Ferrol (A Coruña)
9 de maio Caixanova Lugo
10 e 11 de maio Caixanova Vigo (Pontevedra)
17 de maio Auditorio Municipal de Narón (A Coruña)

Xuño
6 e 7 de xuño Teatro Principal de Santiago de Compostela (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2008 14:33
# Ligazón permanente a este artigo
Matamá ferve (subidas as fotos da Noite de Reis)

Matamá comeza a ferver esta fin de semana, achégase a Romaría de San Amaro do martes 15 de xaneiro e nos vindeiros domingos haberá bo ambiente festeiro na parroquia viguesa.

Un ano máis coma ven sendo tradicional por estas datas, durante o período de celebración da festa de San Amaro e para que haxa bos recunchos para disfrutar deste ambiente abren xa os furanchos da zona:

A asociación xuvenil de Matamá abrirá o sábado 12 de xaneiro o Furancho Matamafolc no que toda a xente a que lle gusta a música tradicional en directo e o ambiente enxebre pasarán un bo rato. Ao lado da praza de San Amaro en Matamá, Vigo.

En pouco máis arriba pero a partir de hoxe venres 11 de xaneiro abrira tamén o noso ben coñecido Furancho da Balsa onde o bo ambiente festeiro tamén está asegurado.

E aproveitando esta nova sobre Matamá subimos as fotos da noite de Reis no Furancho da Balsa

Fotos da Noite de Reis en Matamá
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2008 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Guadi Galego
A nova do día

A voz do grupo folk anuncia a súa marcha por «cansazo» e para dedicarse a proxectos como Nordestinas

Guadi Galego deixa Berrogüetto por cansazo, pero non se arrepinte dunha «escola de madurar de dez anos». A cantante e gaiteira asegura que, se volvese «empezar, volvería facelo con Berrogüetto».

-¿Cal é o motivo para deixar o grupo?

-É unha decisión meditada e que tomei hai un ano, pero que non podía poñer en práctica porque tiña que esperar a que rematasen os compromisos. Deixo o grupo por cansazo, porque quero facer algunhas outras cousas e Berrogüetto é un proxecto esixente que require moita enerxía.

-¿Ten que ver coa cantidade de proxectos nos que participa, Nordestinas ou Espido?

-Creo que teño bastante capacidade para cambiar o chip, participar en varios proxectos e disfrutar en todos de maneira distinta. Pero, en conxunto, uns proxectos con outros fanse difíciles de levar. Creo que Nordestinas é un proxecto que me gustaría que se tocase e agora non podía dedicarlle máis tempo.

-¿Con ou sen descanso, cales son os proxectos?

-Non penso no futuro porque me chega co que hai. Cada mañá sento diante do piano e vou seguir compoñendo. Música vou facer toda a miña vida, na casa cos irmáns, nos bares cos colegas, ou na rúa.

-¿Como valora o seu paso pola banda?

-Nacín profesionalmente con Berrogüetto e foi o proxecto máis importante da miña vida. É unha banda que me deu moitas cousas que fan medrar como artista. Con momentos marabillosos e momentos malos, pero se volvese empezar volvería facelo con Berrogüetto.

-¿Cal foi o mellor momento do grupo?

-Este último ano con este último disco. Estiven moi respaldada e tiven moita cancha. Eu creo que foi o ano que mellor tocamos e que, aínda estando dez anos xuntos, había moita ilusión.

-¿Por que deixalo cando as cousas van ben?

-Estou cansa e creo que, se non se está nunha cousa a tope, é mellor non estar. Quizais podería estar ao 25% pero non quero facer iso.

-¿Haberá carreira en solitario?

-Música vou seguir facendo, pero para traballar en solitario hai que ter moito que dicir, así que hai que ir facendo.


www.lavozdegalicia.es
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2008 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro Galego-Portugués de Cantos e Danzas de Reis

ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE CANTOS E DANZAS DE REIS

O Concello de Salceda de Caselas celebrará o próximo 13 de xaneiro un encontro de manifestacións do ciclo festivo do nadal galego-portugués. O Concello quer sumarse así ás entidades que están a apoiar a Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués promovida pola Asociación Ponte...nas ondas!

O Ciclo do Nadal é dentro do patrimonio inmaterial unhas das manifestacións cíclicas do calendario festivo anual. Dentro deste calendario festivo enmárcanse tradicións que aínda están vivas en Galiza e no Norte de Portugal como o de botar no lume unha cañota gorda que aínda é denominado o “Tizón do Nadal” ou a gastronomía que ten a súa excelencia en pratos como o bacallao con verzas ou couveflor.

Desde a noiteboa até o día de reis sucédense as expresións deste patrimonio por toda a xeografía da Eurorrexión. Na noite do 24 de decembro e no propio 25 son os cantos ao neno Xesús, os cantos do nacemento e do portal de Belén. No fin de ano, os manueles e os cantos de xaneiras ou xaneiradas están tamén presentes en moitos lugares xunto con costumes como o de apedrar as árbores ou os cantos dos reis da fin do mundo.
No véspera de reis, o costume de ir pedir os reis ou cantar os reis polas casas é unha tradición que aínda se mantén en moitos lugares de diversas formas.

OS CANTOS E AS DANZAS DE REIS

No Concello de Salceda de Caselas aínda se manteñen boa parte das manifestacións desde ciclo do nadal, especialmente as da época dos reis. Os cantos dos reis son un tipo de melodía nas que se relata a adoración dos Magos, a súa fuxida a Exipto e a viaxe a Nazaret e a Belén. A través dunha sucesión de estrofas cantadas vaise relatando esta viaxe que fan os Magos guiados pola estrela para ver ao neno que naceu en Belén.

Durante moitos anos mantívose un singular canto de reis en Salceda de Caselas xunto con varios ranchos que complementaban con as súas danzas a cerimonia de ir cantar os reis polas casas. Esta tradición mantense tamén en lugares próximos como Riofrío en Mondariz, Guláns en Ponteareas e tamén no Norte de Portugal.

Para poñer en valor estas manifestacións, o Concello de Salceda de Caselas emprenderá un plan de recuperación dos cantos e dos ranchos de reis mediante a transmisión ás novas xeracións deste patrimonio que aínda está vivo no Concello.

Para darlle visibilidade e ao mesmo tempo para mostrar a riqueza destas expresións que constitúen unha valiosa espresión cultural da Eurorrexión, o domingo 13 de xaneiro terá lugar no recinto da Igrexa de Santa María ás 16:30 o ENCONTRO DE CANTOS E DANZAS DE REIS GALEGO-PORTUGUÉS coa actuacións dos seguintes grupos de portadores:

- Rancho de Reis de Riofrío de Mondariz
- Rancho de Reis de Santa María de Salceda de Caselas
- Rancho de Reis de Guláns de Ponteareas
- Grupo Folclórico de Barrozelas do Val do Neiva de Viana do Castelo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2008 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Xirapeixes 2008
Xabier Díaz, Ugia Pedreira e Guillermo Fernández comezan a " Xirapeixe 2008" que os levará por diferentes salas de Galiza, onde farán temas do repertorio " Ao Vivo " que fan na Radio Galega Música, así mesmo levarán a radio en directo a varios destes espazos .

Xirapeixes 2008

26 de Xaneiro
Vilalba (Auditorio)

01 de Febreiro
Pontevedra (Pub A Cabaña)

02 de Febreiro
Pontevedra (Pazo da Cultura)

07 de Febreiro
A Coruña (Pub Garufa)

29 de Febreiro
Ourense (Café Auriense)

06 de Marzo
Compostela (Igrexa da Universidade)

07 de Marzo
Ferrol (Auditorio Torrente Ballester)

08 de Marzo
Carral (Sala The Star)

14 de Marzo
Laracha (Pub D´Antón)

15 de Marzo
Illa de Arousa (Cón do Moucho)

20 de Marzo
Camariñas

22 de Marzo
Espasante (Bar de Fredi)

28 de Marzo
Vigo (La Fábrica de Chocolate)


www.myspace.com/trespeixesvoando

www.trespeixesvoando.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-01-2008 01:24
# Ligazón permanente a este artigo
Troco en Berroguetto

Hoxe acaba de coñecerse a nova do troco de vocalista en Berroguetto:

Xabier Díaz será a voz principal de Berroguetto e Guadi Galego deixa a formación.
Supoño que nos vindeiros días teremos máis información dos motivos deste troco.

Berroguetto e Xabier Díaz ao vivo


Nun comunicado aos medios o emblemático grupo folk Berrogüetto ven de anunciar dous importantes cambios na súa formación. Deixa o grupo a cedeirense Guadi Galego, cantante e gaiteira de Berrogüetto durante 10 anos, e entra nel, ocupando as mesmas labores, Xabier Díaz, vocalista, gaiteiro e percusionista. Despois da xira de presentación do seu traballo de aniversario “10.0”, o grupo afronta así un ano cargado de proxectos e comeza a pensar no seu quinto traballo discográfico. No comunicado a banda agradece a Guadi “os anos dedicados ó grupo, a súa voz, as súas composicións, a súa compañía e amizade.”

Berrogüetto gravou con Guadi Galego os seus tres últimos álbumes: Viaxe por Urticaria (1999), Hepta (2001) e 10.0 (2006) e agora inicia unha nova etapa con voz masculina.

Xabier Díaz foi membro fundador do grupo Rumbadeira, co que editou tres traballos. Ademais, colaborou en discos de Carmen Rey (Fuera), Route (Nin canto nin tan pouco) e Berrogüetto (Hepta).
Así mesmo publicou "Músicas do salitre" na compaña de Guillermo Fernández e acaba de publicar "Coplas para Icia".
Tamén é o cantante do grupo de acompañamento de Nova Galega de Danza.
E participa no programa da Radio Galega "Tres peixes voando" xunto a Ugia Pedreira e Guillermo Fernández cos que comezará neste mes a "Xirapeixe 2008" que os levará por diferentes salas de Galiza.

Pola súa banda, Guadi Galego mantén neste momento dous proxectos: "Nordestin@s" con Ugia Pedreira e Abe Rábade e "Espido" xunto a Guillermo Fernández.

Entrevista a Guadi Galego
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 10-01-2008 17:43
# Ligazón permanente a este artigo
Programación de xaneiro-febreiro no Liceum do Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-01-2008 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
O Alalá de hoxe
Hoxe, martes, día 08/01/2008

José Marentes é un dos mellores gaiteiros de Galicia e o derradeiro dunha antiga xeración de gaiteiros de son máxico da Fonsagrada. O último portador do saber dunha antiga estirpe musical tecnicamente prodixiosa: a gaita é un instrumento de son continuo, pero eles eran capaces de silenciala nota a nota, de facer picados antigos incribles que os gaiteiros de hoxe apenas conseguen e de improvisar as pezas ao mesmo tempo que tocaban. Poder escoitar esta noite a Marentes, no espazo de Alalá, é unha auténtica xoia musical e tradicional.

José Marentes é un home feito a si mesmo. Comezou tocando no monte con pipas de alcacén ou castiñeiro e hoxe é un dos mellores gaiteiros de Galicia. Traballou a terra con esforzo e coa honra como principio e na vida lle faltou de nada. Humilde por natureza non lle gusta botarse nin que lle boten flores, pero este labrego de 71 anos con alma de gaiteiro é o último portador do saber dos antigos gaiteiros da Fonsagrada, algo que o converteu nun tesouro vivo da nosa música tradicional.

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 08-01-2008 01:25
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso de Luar na Lubre
Concurso de vídeos con música de Luar na Lubre
Vendo como van aparecendo no youtube máis e máis videos coa música de Luar Na Lubre, decidimos montar un concurso para que nos mandedes as vosas montaxes.

Vós elexides as imaxes e a canción que mais vos guste do grupo... nós poñemos os agasallos, pois sortearemos CDs asinados e camisetas do grupo.

www.youtube.com/group/luarnalubre

www.luarnalubre.com

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-01-2008 12:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer