Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pescuda no Belén de Malmequer IV
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá do martes 25
Este martes 25 de nadal ás 21:40

Especial Alalá Cantos e Danzas de reis

Nesta noite especial do 25 de decembro, Alalá fará un percorrido polas distintas manifestacións musicais do ciclo de Nadal, desde Noiteboa a Reis, partindo dun lugar onde se mantiveron moi vivos os cantos e bailes propios destas datas. Desde Tui, coñeceremos as panxoliñas e cantos de Nadal cos que comezan as festas, os manueles e xaneiras de Aninovo, as epifanías e as danzas de Reis.

Así, pediremos o aguinaldo como facían os veciños de Mondariz, Ponteareas, Salvaterra e Tui, formando os bandos e os ranchos, como aquí chamaban ós grupos cos que se ía de parroquia en parroquia e de casa en casa; o mesmo eran grupos de amigos como membros dunha mesma familia que ás veces só pedían que os convidasen a viño e chourizos e outras tiñan nos cartos que recadaban con esta práctica unha importante fonte de ingresos.

Tal é o caso dos da Oura, unha familia con doce fillos, que pasaban todas as festas cantando e bailando para xuntar ata 5.000 pesetas que lles axudaban a vivir todo o ano. Falaremos con eles e con Manuel o Cajabicho e Antonio o Colacao, compañeiros durante 27 anos nun rancho de Reis. Tamén nos acompañarán Nieves e Marisol, de Guláns, un dos lugares onde nunca deixaron de cantar e bailar nestas datas. E os mozos da Escola de Música Tradicional de San Fins de Rebordáns, en Tui, que recuperaron este costume dos seus maiores e que agora pasan un Nadal diferente e tremendamente divertido. Con todos eles percorreremos o ciclo de Nadal da man de Xerardo F. Santomé, un apaixoado e bo coñecedor de todas estas manifestacións culturais tan propias da nosa maneira de celebrar o Nadal.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Rock galego na fin de festa do Galiza-Camerún
Ruxe Ruxe e Lamatumbá serán os protagonistas do concerto que pechará a xornada futbolística do día 27 en Vigo.

A directora xeral para o Deporte, Marta Souto, e o concelleiro de Deportes do Concello de Vigo, Xesús López, presentaron o concerto co que se pechará a festa do fútbol galego, que terá lugar o próximo día 27 de decembro en Vigo. Ruxe Ruxe e Lamatumbá serán os grupos protagonistas do concerto que comezará pouco despois da medianoite no pavillón das Travesas.

O concelleiro de Cultura destacou a unión entre Cultura e Deporte, en dous aspectos fundamentais: “Polo que aportan no campo do lecer e polo que significan para a educación. Po iso o día 27 é un día grande para Vigo, que quedará na memoria de todos os vigueses e viguesas. Por iso quero agradecerlle á Dirección Xeral para o Deporte este agasallo que nos fixeron, celebrando en Vigo a festa do fútbol nacional, polo que abrimos a nosa cidade a todos os galegos e galegas”.

Os grupos tamén estiveron representados no acto celebrado hoxe e en todo momento demostraron un gran sentido do humor, así como a súa ledicia por poder participar neste grande evento. Desta forma, Tuco, de Ruxe Ruxe, destacou: “Hai uns anos ver a selección galega xogar un partido era algo case impensábel, así que estamos encantados de poder participar nesta festa e nos parece moi ben que os acordedes dos grupos galegos e que cantan en galego”. Neste mesmo senso, Serxio (de Lamatumbá) indicou: “Estamos agradecidísimos por esta invitación e por esa unión entre Deporte e Cultura. Nós o que podemos asegurar e que nos nosos concertos facemos moito deporte”, bromeou.

O ano pasado houbo certa polémica porque no concerto celebrado despois do Galiza-Ecuador de Riazor non tocaron grupos de fala galega aínda que si de grande nivel como Backyard Babes, Meu e Siniestro Total.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:58
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de Rebulir neste Nadal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista á Sra. Carmen
Hai dez anos, a Carmen Pérez (Sanguiñeda - Mos, 1925) convencérona para que formara parte do grupo de cantareiras Malvela. Agora, con 82 anos, deixouse convencer tamén para sacar o seu primeiro disco en solitario, Na flor dos meus anos, no que conta con colaboradores como Uxía Senlle, Rodrigo Romaní, Xosé Manuel Budiño ou Dulce Pontes.

P:¿A vostede sempre lle gustou cantar?

R: Sempre. Cantaba en calquera lado: na casa, coidando os nenos, na leira, cando ía lavar... O que nunca pensei foi que ía terminar dedicándome a isto.

P: ¿E logo como acabou en Malvela?

R: A asociación de mulleres que montou o grupo díxome que me anotara, pero eu daquela xa tiña máis de 70 anos e díxenlles que non, que xa era moi vella para unha cousa así. Pero non me fixeron caso e apuntáronme igual, porque saben que eu non sei dicir que non a nada.

P:¿Pero non se arrepentiu?

R: Claro que non, foi o mellor que puiden facer. Ir cantar dáme a vida. Se non fora por isto, agora estaría na casa metida todo o día. Isto mantenme activa, axúdame a conservar o sentido e a usar a memoria. Igual a estas alturas xa estaba medio chocha [risas].

P: ¿Non lle é moi cansado andar por aí de viaxe?

R: Non o levo mal de todo, porque como son a máis vella do grupo, as demais téñenme como se fora unha nena. Andan comigo coma unha boneca e non me deixan coller ningún peso nin nada.

P: ¿E o do disco en solitario?

R: Iso empezou un pouco de broma cando cumprín os 80 anos. Daquela acordei que xa era momento de deixar o grupo, pero o resto dixéronme que antes tiña que facer un disco eu soa se quería marchar. Pasou máis dun ano polo medio e ao final a cousa resulta que ía en serio. Outra vez pasou o mesmo: que non sei dicir que non a nada [risas].

P: ¿As cancións do disco son as que cantou vostede toda a vida?

R: Moitas non, son da xente que colabora no disco, e ata hai unha de Rosalía de Castro. Pero outras si. Un día, vindo de Madrid en avión, fixemos repaso de todas as pezas que coñecía: eu ía cantando e o resto ían apuntando a letra para logo escoller as que mellor cadraban no disco. Os que viñan ao lado no avión deberon de acabar fartos de nós [risas].

P: ¿É distinto cantar en solitario que co arroupo dun grupo?

R: Para min non, porque eu en Malvela xa fago de solista, así que vén sendo máis ou menos igual. Iso si, nos primeiros tempos dábame un pouco de vergoña, porque pensaba que a xente diría “que fai aí esa señora tan maior cantando?”. Pero agora xa non penso iso, ao contrario, penso que é un orgullo.

P: E agora que xa cumpriu coa súa parte, ¿segue pensando en deixar Malvela?

R: Non, non. Á miña idade é unha parvada pensar en retirarse, porque xa a vida te retirará cando lle cadre. Teño moita amizade coa xente do grupo e pásoo ben cando actuamos, así que de momento seguiremos.

“As veciñas crían que agora xa non lles ía falar"
P: ¿Como leva o de ser famosa?


R: A min non me afecta nin para ben nin para mal, sigo sendo a mesma de sempre, nin máis nin menos. E iso que as veciñas xa me preguntaban se agora non ía saudar e cousas así.

P: ¿E vostede que lles responde?

R: Que a min facer un disco non me tapara a boca, así que ía seguir falando con elas como falara sempre [risas].

P: Pero agora que sae na tele algo cambiaría.

R: A tranquilidade: estes días viñeron as teles todas por aquí, aínda que a min non me gusta moito que veñan, porque a casa está vella e dáme reparo ensinala. Ademais, algunhas son
cadeas de fóra e hai que falarlles en castelán, e eu sen ser en galego non me defendo moito.

P: E os dos periódicos tamén lle estamos a dar a lata...

R: Chámanme de todas partes e ás veces xa non sei nin con quen falo, pero eu atendo a todos. Por certo, ¿vostede de onde é, do Faro? [risas].

P: ¿Segue facendo os labores na casa?

R: Cada vez menos, porque xa son 82 anos e unha vaise gastando. Antes traballaba na horta e levaba todo o da casa, e agora xa só fago a comida e coido dos bisnetos.

P: ¿Xa ten bisnetos? Digo eu que algunha cousiña lles cantará...

R: ¿Bisnetos? ¡Teño dez! E claro que lles canto.

P: ¿Que é o que lle gusta escoitar a vostede?

R: De todo tipo, mentres sexa música alegre e movida, que me dea ánimo. E estes días tamén escoito moito o meu disco, para aprender ben as cancións.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:49
# Ligazón permanente a este artigo
O disco da Señora Carmen
Unha das Malvela comeza agora a súa carreira en solitario. A voz da Señora Carmen, que atravesou 82 anos da nosa historia, queda agora recollida nun disco editado por PAI Música e foi presentado este venres en Compostela.

Na segunda planta do CGAC, coa recentemente inaugurada exposición de Lodeiro como pano de fondo, a Señora Carmen compartiu cos presentes unhas cantigas e o seu enorme entusiasmo. Debuta no mundo discográfico con 82 anos, como o título do disco editado por PAI indica, Na flor dos meus anos, pero esta muller leva cantando dende sempre, e como sempre se cantou, "para acompañar a seitura, a sementeira, a feira do gando", como indicou Fran Alonso, "biógrafo oficial" da artista.

"Esta voz impactante leva impregnada a humildade da terra. Os escenarios foron o campo de millo, o muíño, o pozo, o lavadoiro, todos conectados coa terra e coa vida cotiá. Esta voz curtiuse dende que nena, a golpe de fouce, de gadaña". Alonso é autor do libro que acompaña ao cd cunha ducia de cantigas e ao dvd, unha biografía construída a base de sesións “maratonianas” que a Señora Carmen levou con “paciencia infinita”.

Alonso comparou a voz da Señora Carmen “á dor de Edith Piaf, que nos conmove, que nos desacouga”. A vida non era doada daquela: a señora Carmen naceu no 25, viviu a posguerra, e padeceu tamén “a tiranía dunha sociedade patriarcal, que relegou a súa voz á rutina doméstica”.

Xunto co escritor estiveron Uxía, que xunto con Ana Senlle botou a andar o proxecto Malvela, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural, que lembrou o momento en que coñeceu a Malvela, nun concerto en Pontevedra: “transmitía ecos, resonancias, de séculos da nosa cultura. Voces acumuladas de mulleres, nais, avoas, de todos os tempos”.

A Señora Carmen, pola súa banda, bromeou: “á miña idade non é cousa de sacar un disco. Pero a miña vida sempre foi de traballos, e agora que vou un pouquiño máis descansada...” Toda esa enerxía transmítese a través de doce temas da música tradicional, recollidos pola autora, en busca dos temas máis relacionados coa súa propia vida, coa súa historia. Na flor dos seus anos.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Danzas brancas e patrimonio
Outra cousa non, pero ebulición sobra (é un dicir) no Concello de Redondela. O último que se lles ocorreu é crear unha asociación de municipios con danzas brancas. Con tal motivo están preparando un encontro, previsto en principio para o 25 de xaneiro próximo. O obxectivo é pór en valor un patrimonio etnográfico que consideran que non está ben tratado e, polo tanto, protexido.

En Redondela, no Val Miñor, no Morrazo e en tantos outros puntos da xeografía galega manteñen, con penlas e espadas, unha tradición que se remonta á Idade Media e que cada un coida como Dios dálle a entender. Agora, se a proposta sae adiante, empuxarán no mesmo sentido. Se todo sae segundo o previsto, o programa da próxima Festa da Coca incluirá un percorrido polas danzas brancas que en Galicia son.

Será o principio dun encontro itinerante.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
Novo premio para Alalá
A Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta deu a coñecer o nome dos gañadores dos Premios Galicia Comunicación 2007, que se entregarán en xaneiro.

O programa Alalá da Televisión de Galicia leva o premio ao mellor labor de comunicación en televisión, ao contribuír á difusión da música tradicional cun formato innovador, segundo declarou o xurado.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-12-2007 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 21 (Venres)
• Guezos no Ogmios de Cariño
• Nao na Sala Remache (Vigo)
• Motor Perkins na Sala Badulake de Ordes
• Som do Galpom na Sala Marrucho de Baiona
• Zenzar en Naraío (San Sadurniño)
• Foliada no Soela (Cela-Bueu)
• Presentación do novo disco da Caricia da Serpe na Fnac da Coruña

Sábado 22
• Festa Concerto despedida de Os Cempés en Ferrol
• Som do Galpom na Fundación Artabria de Ferrol
• Tiruleque na Sala The Star de Carral (A Coruña)
• Ataque Escampe no Madia leva!! de Lugo
• Nao na sala Zona zero de Caldas de Reis
• Encontros dos Axóuxeres no Milladoiro (Ames), con Guadi Galego
• Festival de Baile e Música Tradicional de Nadal no Multiusos de O Picouto (Ramirás) ás 19:00
• 90 Aniversario de Cántigas da Terra no Pazo da Ópera da Coruña ás 20:30.
• Serán de Covas en Tenorio (Cotobade)

Domingo 23
• Serán urbano nos Domingos de Lecer de Ourense ás 17:00
• Encontros dos Axóuxeres na Illa de Arousa, con Mercedes Peón.
• Concerto de Nadal coas pandeireteiras "Fentos e Froumas" e de "Felipe", o gaiteiro de Estribela, ás 18:00 na Casa da Cultura de Seixo (Marín).
• Renato Spenser (trio) na taberna "Vai de Vi" de Vigo
• Foliada en Cangas, na alameda a carón do concello, con carpa ás 20:00 h.
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 01:01
# Ligazón permanente a este artigo
IV Certame de Reis en Boimorto
Dándose conta de que a tradición dos Cantares de Reis permanece ainda viva en moitos lugares de Galicia, e coa intención de conservala e darlle pulo e relevancia, o Concello de Boimorto convoca para o día 6 de Xaneiro de 2008 o IV Certame de Reis baixo as seguintes bases:

1. Poderán participar cuadrillas de mozos/as, vellos/as, ou nenos/as que se inscriban no Concello de Boimorto antes do día 22 de Decembro de 2007 (ata un máximo de 20 participantes). Enderezo:

Concello de Boimorto
Rúa Vilanova, 1
Boimorto 15817
A Coruña
Teléfono: 981 51 60 20
Fax: 981 51 60 45

2. Interpretarán un cantar de reices cunha duración que non sobrepase os 5 minutos

3. Establécense 3 premios: primeiro de 1000 Euros, segundo de 800 Euros e terceiro de 600 Euros. Haberá outros dous premios mais de 300 Euros para o mellor grupo de persoas maiores que participe, e outros 300 Euros para o mellor grupo de nenos.

4. O Xurado estará formado por un representante da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, dous musicólogos, dous membros de asociacións culturais que entendan do tema e un representante do concello que actuará como secretario.

5. Ás 16:30 h. Celebraráse o certame seguido do fallo do xurado e entrega de premios. Pregamos a chegada das cuadrillas con antelación.

6. Valoraráse: que sexa un Canto de Reis tradicional, afinación e a posta en escea.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro concerto dos Cempés

Cumplindo a nosa palabra, un ano de despedida e por fin...

ben, a verdade é que non hai palabras. Grazas a todos e todas.

Dia 22 de Decembro
Praza de Amboaxe, Ferrol
Despedida oficial de Os Cempés
Haberá degustación de cachelos con sabores variados.

Concerto baixo carpa:
22:00hs. Os Cempés + invitados
24:00hs. Los Zares


GRAZAS POR TODOS ESTES ANOS DE BOA MÚSICA, FESTAS, FOLIADAS, AMEAZAS DE BOMBO E CARALLADAS.

POR SEMPRE CEMPÉS!!!!
OPAI! !!!
!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:58
# Ligazón permanente a este artigo
Gala 90 aniversario de Cantigas da Terra
Cántigas da Terra celebra o seu 90 ANIVERSARIO, no Pazo da Ópera da Coruña o 22 de Decembro, ás 20:30 h.

Como convidados especiais teremos a:

Susana Seivane
Xosé Ferreirós e Nando Casal (Milladoiro)
Alberto Conde (Pianista)

VENTA ANTICIPADA: www.caixanova.es, no tel.302 504 443, e no Kiosko da Pza. de Ourense.
Entrada: 2 euros.

Os socios poderán achegarse polo local de Cántigas da rua San Juan 9 baixo, e retirala sua entrada gratuita.

ESPERAMOSVOS ¡¡¡

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de baile no Verbum de Vigo

O vindeiro sábado 22 de decembro, dentro da programación especial de Nadal no Verbum, celebrarase no museo un obradoiro para nenos/as e familias ó redor do baile e a música tradicionais de Galicia.
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Protesta dos alumnos da Escola de Artes e Oficios
Os alumnos da Escola de Artes e Oficios cantan diante do Concello de Vigo panxoliñas reivindicativas

Os alumnos da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo manifestáronse ao mediodía ás portas do Concello de Vigo para demandar que empecen xa as clases nas escola. Para que se escoitase a súa protesta esta vez utilizaron as cancións típicas de Nadal e adaptaron as súas letras ás súas reivindicacións.

Literalmente os alumnos cantáronlle as corenta ao Concello. Coa súa protesta os alumnos afectados queren que se inicien os cursos dunha serie de materias da escola que deberían empezar no mes de outubro e por falta de profesores aínda non recibiron nin unha sóla lección.
Trátase as clases de pintura, encadernación, palillos, música moderna e son, así como as distintas aulas de instrumentos tradicionais, desde agora segregadas da escola.

Esta non é a primeira protesta que protagonizan os alumnos que xa que a semana pasado algúns dos afectados ocuparon o edificio do antigo reitorado na rúa Areal.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-12-2007 00:49
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia hoxe de Mini e Mero en Vigo
Conferencia:
Xoves 20 de decembro

A tradición dos Cantos e Danzas de Reis

por Mini e Mero (Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias)
às 20:00 no Centro Cívico do Casco Vello rúa Oliva nº 12

Organiza: Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, coñecidos artisticamente como Mini e Mero, antigos compoñentes e fundadores de Fuxan os Ventos e hoxe membros do grupo A Quenlla.

MÚSICOS E RECOLLEDORES

A súa maneira de recoller a memoria do país é mergullándose entre a xente, facendo de cada informante un amigo máis, aínda que iso ten un problema: «Como é xente maior, van morrendo e pásalo mal; se vivisen agora teriamos informantes de 110 anos, ou por aí».

O certo é que nunca se afastaron da xente do común e por iso agora máis que recolledores da tradición do país xa empezan a ser eles mesmos informantes ou, como dicían nalgúns dos seus traballos publicados, memoria viva.

Xosé Luís Rivas Cruz e Baldomero Iglesias Dobarro, máis coñecidos por Mini e Mero, levan «cerca de 40 anos» recollendo a memoria popular de Galicia e compartindo vivencias cos informantes. Así, cerca da casa de Mero, en Xanceda, no concello coruñés de Mesía, está o lugar de Olas, onde el empezou a recoller coplas e refráns; «Ía con papá -explica Jesusa Suárez, que aparece tocando a pandeireta na portada deste suplemento- e xuntábanse pola noite nunha casa para recoller as coplas das que se acordaban, boas ou malas». Mero lembra con moito agradecemento aqueles tempos, o mesmo que Jesusa que toca unha pandeireta que ten case trinta anos e amosa, con fachenda, que está dedicada a ela e a súa xente.

Mero conta algúns dos sucedidos daqueles tempos:

-Rafael, o pai de Jesusa, chegou a dicirme nunha noite 173 refráns seguidos, un detrás doutro. Axudoume moito e servía de filtro para chegar á xente, porque el coñecía a todos os veciños. A moitos informantes molestoulles que os viñesen estudar como se fosen unha tribo. A muller de Rafael, Elvira, cantaba moi ben. Unha vez quixen gravarlle unha peza que estaba cantando mentres estaba traballando, pero na casa non lle saía a letra e tiven que recollela na horta.

-¿Que cantidade de material teñen recollido?

-Pois aí están en caixas de polispán entre 600 e 700 cintas con contos, lendas, romances de cego... É moito o traballo que aí hai.

-¿Chegaron a coñecer algún deses cegos dos camiños?

-Si, fixemos recolleitas do señor Eladio, o cego de Aldixe, que tocaba o violín, e Florencio da Fontaneira, que está entre A Fonsagrada e O Cádavo. Tamén había cegas, como a de Miranda, que improvisaba no aire: preguntaba con quén estaba Fulano, que facía Mengana e con dous ou tres datos compoñía a historia do que tiña diante e empezaba a cantar.

-Parte dese material xa o teñen publicado, ¿non?

-Si, temos catro libros con cantos, coplas e romances; tamén teñen a gravación, que foi algo que moita xente nos agradeceu. Pero non son nin unha mínima parte do que levamos recollido. Pensamos que temos un compromiso coa xente que nos informa de que as coplas que nos regalan son para que o patrimonio non se perda e por iso temos que publicalas».

-¿Forma parte dese compromiso o feito de que non recollen onde xa o fixeron outros?

-Si, ás veces dinche: «Tes que vir comigo recoller una copla que me deron...» ¡Pero se xa a tes recollida ti! Xa non se perde. ¿Para que vou ir eu?

-¿Que habería que facer con todo o material que teñen?

-Habería que dixitalizar todo para que non se perda e que unha copia poida estar a disposición dos investigadores. Iso non quere dicir darllo a alguén e veña, para adiante, porque se volvería tolo con todo o que hai. As claves da interpretación de todo iso témolas nós. Ademais, moito deste material está en cintas de ferro que co paso do tempo estanse deteriorando.

-¿Algún deste material está en soporte seguro?

-Eu [Mero] teño pasadas a ordenador 10.600 coplas, pero cansei, e faltan por pasar todas as que están gravadas e non teño tempo.

-¿Cantas poden ter recollidas?

-Pois non sei, pero escritas a man pode haber unhas 30.000. E agora xa temos rapaces que foron alumnos nosos e están facendo recolleita fóra da súa profesión.

-¿Cales serían os pasos para conservar ben ese material?

-Nós estamos dispostos a poñer o noso material a disposición do noso país, pero conservando un sinal de identidade de quen fixo a recolleita. O mellor sería que por parte do organismo que estivera interesado se poña unha xente a nosa disposición para sistematizar a recollida e dixitalizar todo o material.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2007 02:32
# Ligazón permanente a este artigo
X Aniversario do Batallón (Vigo)

Este xoves 20 de decembro celebráse o 10º aniversario do bar folc "O Batallón" (Martin Codax 17, Vigo), coa actuacion da Orquestra da República do Batallón (orquestra de musica folc do país formada no concerto expansivo feito co gallo do desastre do Prestige, formada por musicos do pais de agrupacións coma: Berrogüetto, Alfolies, Crema de gaita, Aran, etc...)

Asi coma a presentacion dunha camisola e a posibilidade dunha serie de actos durante o ano 2008, sempre coa intención de dar un pulo á cultura e lingua do país atacada por tódalas frontes.

Saude e república (galega)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2007 02:32
# Ligazón permanente a este artigo
Pai da Cana reivindica a charanga no seu último disco
O grupo de Poio recolle en «Paidacana12» os doce anos de traxectoria do conxunto

Paidacana12 é o título do último traballo do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana que se presentou onte en Poio. Un disco cun dobre obxectivo: reivindicar a charanga e percorrer os doce anos de traxectoria musical -de aí o título da obra- do conxunto.

Lola Dopico, concelleira de Cultura de Pontevedra, concello que do mesmo xeito que o de Poio colaborou para que o compacto vise a luz, resaltou que se trata dun traballo «que vai sorprender» por «o seu carácter lúdico e festivo» e que «recolle ese sabor tradicional pero moi específico das charangas».

Pola súa banda, a delegada provincial de Cultura, María Xesús López Escudeiro, precisou que Pai dá Cana recupera «unha música que se pode perder e impedir que a xuventude, a xente nova, a poda coñecer», ademais de destacar o labor formativo que realiza Pai da Cana para que os sons tradicionais non queden en meras gravacións e que, pola contra, os mozos póidanos interpretar e reproducir: «Necesitamos esa ponte de contato co que é a xuventude porque senon todo isto quedaría só na edición dun disco».

Luciano Sobral, pola súa banda, rememorou a música que se interpretaba antes nas festas do rural e nas verbenas, que «agora xa non son igual. Agora todas son grandes escenarios, grandes pantallas e moita tralla. E, en ocasións, pouca música en directo», reflexionou o alcalde de Poio.

Neste sentido, o gaiteiro Óscar Ibáñez, alma mater de Pai dá Cana, aludiu a que nos doce anos de existencia do conxunto de Poio pozaron de distintas formacións e etapas. Con todo, case desde un principio, comprenderon que debían ter un selo propio, «apostar en ser un grupo diferente», algo que se nota en todos os temas que compoñen paidacana12.

Ibáñez recoñeceu que, desde o 2003, a súa aposta é a reivindicación «dun conxunto tradicional, absolutamente esquecido, que é a charanga». E a implicación da agrupación musical vai máis aló da recuperación de temas, ou a formación de futuros intérpretes, xa que coidan con todo detalle a súa posta estética en escena para que, deste xeito, non sexa un anacronismo cos temas que tocan.

Na presentación do novo disco, Óscar Ibáñez precisou que a charanga «tivo unha importancia moi forte no que é a relación dá música co progreso e a modernidade. É a época dos inventos, a época da polka, do vals, da mazurca, das rumbas que viñan dá emigración, dos pasodobres... Pasouse do baile solto, da muiñeira, ao baile agarrado».

Ao mesmo tempo que se reivindica, recupérase e actualízase a charanga «de entre séculos, XIX e XX», paidacana12 significa a presentación dunha nova formación e «recollense grabacións que estaban espalladas noutros discos ou ailladamente», así como temas inéditos que ata agora só se interpretáron en ocasións en directo.

www.lavozdegalicia.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2007 02:31
# Ligazón permanente a este artigo
Os mellores discos galegos do 2007
Xa remata o ano e igual que hai doce meses a revista SONO-TONE convida aos seus leitores e leitoras a votar polos seus discos favoritos galegos deste 2007. Para evitar as malas artes sufraxísticas que permiten as novas tecnoloxías cambiamos o sistema de votación e xa non será o típico inquérito online.

Desta volta o mecanismo será a votación ponderada por email polo que para participar só tedes que mandarnos un correo a info@sono-tone.net

Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver cos vosos tres discos galegos favoritos, outorgando tres pontos ao primeiro, dous ao segundo e un ao terceiro, co obxecto de evitar empates. Ademáis deberedes indicar o voso nome, enderezo e DNI co fin de garantir que haxa un só voto por persoa.

Entre todos os votos recebidos sortearemos -por cortesía de Falcatruada- cinco packs cos cinco últimos discos editados polo selo (Manifesto Dobarrista, Silvia Penide, The Homens, Xosé Manuel Budiño e NARF).

O prazo para enviar os vosos votos remata o día 13 de Xaneiro. Esa mesma semana faremos pública a lista de mellores discos galegos de 2007 e, igual que o ano pasado, faremos un especial arredor dos dez primeiros.

Os resultados están sendo contabilizados nunha folla de cálculo de Google Documents de acceso público. Pódedes ir vendo como van as votacións premendo aqui.

www.sono-tone.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2007 02:30
# Ligazón permanente a este artigo
Propón un nome para a Selección Galega
Propón un nome

Brasil ten a súa temida 'canarinha'; Holanda 'a laranxa mecánica'; Arxentina é coñecida como 'A Albiceleste'; Italia como 'L' Squadra Azzurra'; e os galeses chámanlles aos seus 'Os dragóns'.

E como son os nosos e as nosas?

Xa vai sendo hora de bautizalos futbolisticamente. Para iso, dende Vieiros, a Radio e a Televisión de Galicia, decidimos contar coa opinión de todas as siareiras e siareiros. Todas as propostas que nos cheguen serán valoradas por un conxunto de xornalistas de varios medios. No final deste proceso escollerase o nome que será utilizado polos profesionais da comunicación deportiva e por todos os afeccionados.

Participa e gaña

Por participares entrarás nun sorteo no que podes gañar un destes seis premios:

2 Macbooks 4 iPod Touch

O concurso remata ás 12:00 horas do mércores 26.

O sorteo dos dous Macbook e dos catro iPod celebrarase o día 26 de decembro ás 14 horas.

Nese momento publicaranse os gañadores/as na portada de Vieiros e os mesmos recibirán esa mesma xornada un correo co resultado. É imprescindible que respostedes esa mesma tarde. Os premiados recibirán os agasallos no estadio de Balaídos instantes antes do partido Galiza-Camerún.

Participa

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-12-2007 02:30
# Ligazón permanente a este artigo
FESTA 1 Ano de Seráns en Vigo

FESTA 1 ANO DE SERANS CON:

Duo de zanfonas SOBRE RODAS + ZURRUMALLA
Mércores, 19 de decembro
22:30 H.
Entrada Única 4€

Sala Fábrica de Chocolate (rúa Rogelio Abalde), Vigo

Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2007 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Tino Baz

O CANTAUTOR GUARDÉS TINO BAZ, PRESENTA CINSA NAMORADA

O acto será hoxe mércores día 19, as 20:00 h. no Centro Cultural de A Guarda

Cantautor, gaiteiro, guitarrista, poeta, narrador,..., todo iso, e máis, moito máis, son tan soio algunhas das facetas artísticas dun mozo guardés, de raigames populares, que é toda unha referencia cultural dentro e fora de A Guarda, dentro e fora de Galicia,... Él é, Constantino Baz Baz - Tino Baz, para todos os seus amigos e ademiradores, que son toda unha nación-, e logo de unha morea de anos o servizo da Cultura - con C maiúscula - do noso país, a traverso da música, presentaranos Cinsa Namorada, seu primeiro traballo discográfico própio.

Será o vindeiro día 19 de decembro, as 20:00 h. no Centro Cultural e Social de A Guarda. Ese día, será unha data felizmente inesquencible para Tino Baz e para todos os que nos sentimos plenamente identificados coa súa andaina artística e co seu xeito de porlle proa o seu própio día a día.

O acto de presentación de Cinsa Namorada, segundo Tino Baz adiantou a Redacción de INFOGAUDA será, en síntese así: "Tratamos de fuxir do formato habitual de presentacións posto que se trata da presentación dun traballo discógráfico. Nese protocolo, haberá un concerto alternado con parlamentos de Tino Baz e dalgún compañeiro colaborador e serán interpretadas algunhas das pezas do disco. Estarán presentes algúns dos participantes no proceso de gravación, así como o productor musical Moisés Quintas. Asimesmo, proxectaranse un par de vídeos para preludiar o concerto (...)" .

Ademáis de ser o o primeiro traballo discográfico do prestixioso cantautor galego Tino Baz, “Cinsa Namorada”, leva por título xenérico o poema da escritora luguesa Marica Campo, que xunto a outros textos do música guardés integran este traballo de música de autor.

Tino Baz e Cinsa Namorada
Como salientamos, Cinsa Namorada, é o título do traballo discográfico que Tino Baz gravou entre setembro e outubro deste ano, e editado pola discográfica Pai Música que ten como finalidade crear un soporte sonoro da súa obra de autor, como músico e cantor.

É o resultado dun proceso de madurez creativa a través dunha longa carreira como profesional da música, sustentada en diferentes colaboracións con grupos da música galega actual de recoñecido prestixio e, individualmente, como músico que ten percorrido e espallado o seu traballo por todo o país e tamén fora del, tendo actuado en Géneve, Cuba, Brasil, Portugal e diferentes lugares do estado español como Catalunya, Euskadi, Madrid, Málaga, Cádiz... Complementa a súa tarefa artística musical, como profesional nas aulas dando concertos pedagóxicos, montando obradoiros de instrumentos populares galegos e dando charlas, sobre a música como elemento formativo educacional desde o valor da tradición oral.

Como músico miñoto, móvese nunha estética connotativa de raíces populares adaptándose ás acústicas innovadoras da inxeñeiría do son do momento actual. O estudio donde se levou a cabo o proceso de audio, foi na Casa de Tolos de Mañufe (Gondomar) baixo a responsabilidade de Segundo Grandío, director da producción discográfica.

As pezas que compoñen este proxecto, son músicas e textos de Tino Baz xunto a un poema da escritora luguesa Marica Campo, que ven a ser quen avala literariamente este traballo. Poemas de diversa temática que, conceptualmente, móvense de xeito gravitatorio arredor do poema Cinsa Namorada da autora luguesa antes mencionada e referencia indiscutible da literatura galega actual.

Musicalmente, ven a ser o veterano músico Moisés Quintas quen asume a dirección artística e quen coordina a participación dos distintos instrumentistas que interveñen no proxecto, todos eles de sólida formación, de amplo curriculo e algúns deles, dunha longa e histórica traxectoria. Defínense as pretensións desta publicación, no desexo de facer un aporte fresco ao panorama da música galega actual, na parcela concreta da canción de autor. Por outra parte trátase de dinamizar as creacións musicais do noso país desde a convicción confesa do autor, de normalizar a lingua e a cultura galega, na súa proximidade con Portugal dada a condición de miñoto de Tino Baz.

www.infogauda.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2007 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo Retranca xa nos quioscos
O nº 2 de RETRANCA xa está nos quioscos galegos!!!

Iso sí o novo nº 2 chega con novidades, 8 páxinas máis do xornal que mellor limpa o chan: A NOSA PEDRA, unha nova sección do debuxante chileno Alberto Montt, un seguimento a fondo da Comisión de Investigación da Cidade da Cultura e todalas túas series preferidas, TODO POLO MESMO PREZO!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2007 00:24
# Ligazón permanente a este artigo
25 anos de Santaia

A intensa actividade cultural e musical do Concello de Oleiros conta entre os seus referentes co gran traballo desenvolvido desde hai 25 anos polo Grupo de Baile e Gaitas Santaia, da vila de Santa Cruz

O esforzo e a dedicación de todos eses anos quedan plasmados no seu disco, Repichocas. Ese traballo discográfico está incluído dentro da colección Outra + Outra, unha iniciativa posta en marcha pola Deputación da Coruña, a Fundación Paideia e o Estudo de Gravación Mans.

No escaso tempo co que contaron para a gravación, os compoñentes de Santaia conseguiron demostrar o seu alto nivel interpretativo e un gusto exquisito na escolla das 19 pezas incluídas no disco.

O voso grupo festexa, neste 2007, as súas vodas de trata; pero os seus comezos ¿como foron?

O grupo naceu no seo da A. VV. do mesmo nome, que acababa de nacer co ánimo de frear o urbanismo salvaxe, que ameazaba o litoral do Concello de Oleiros, e de reclamar dereitos tan elementais como traída de auga ou un goberno democrático. Nesa boráxine xurdiu tamén a idea de pór en valor o noso patrimonio inmaterial.

Faládenos da vosa escola de música e baile.

Ofertamos todas as modalidades do folclore. Os venres pola tarde, entre as seis e media e as nove e media da tarde, teñen lugar as clases de gaita e percusión tradicional (tambor e bombo), conxugando o ensino individual co ensaio conxunto da banda e a montaxe das actuacións. Tamén o venres, simultáneamente, son as clases de baile para pequenos e maiores (pais e nais). O sábado pola mañá, é o ensaio do grupo de baile e cantareir@s (voz e pandeireta).

¿Canta xente participa nas distintas actividades que organiza Santaia?

Santaia, como grupo folclórico ten preto de setenta alumnos, entre tres e setenta anos, sen que se poña límite a ninguén. Tampouco hai pega nos coñecementos previos que teña o alumno que se queira apuntar. Temos xente que non ten ningún tipo de formación musical e outros que xa dominan solfexo e
estudan en escolas de música como a de Oleiros.

Explicádenos iso de que sodes "afillados" do coro Cántigas da Terra.

Como partimos de cero, precisabamos alguén con coñecementos para ensinarnos o camiño. Isto atopámolo en Cántigas da Terra que nos apadriñou, no amplo sentido da palabra, e Maricarme Pampín e Xavier Fonte foron os nosos primeiros mestres.

Ao longo deste 25 anos de traxectoria artística, ademais de tocar en Galiza leváchedes a nosa música tradicional polo mundo adiante ¿non?

Pois si, comezamos polo norte de Portugal, e fomos entrando máis e máis no país irmán a base de intercambios culturais enriquecedores. Foi no ano 2000 cando viaxamos cara ao norte, á Bretaña, alí estivemos unha semana actuando en distintas vilas e cidades. No 2001 estivemos no festival Céltica que se celebra anualmente no Val de Aosta, nos Alpes italianos. Foi outra semana para non esquecer, porque fomos tratados coma verdadeiros artistas; é dicir, como tratamos nós a eses que dan berros enormes ao son da música amplificada.

Algo que subliñades no voso disco é a instrumentación totalmente tradicional que empregades, sobre todo a nivel de percusión ¿non?

Mantémonos fieis á tradición en todos os campos, pero consideramos imprescindible o son dos parches de coiro. Non entendemos a nosa música con outro acompañamento.

Faládenos do repertorio co que traballa o grupo.

Tratamos de ofertar un repertorio de sustrato tradicional, pero mesturándoo con pezas de autor. Nutrímonos fundamentalmente do arquivo de Ricardo Santos, gaiteiro da Coruña que nos subministra moito material. Para o grupo de baile e cantareir@s, incorporamos un importante traballo de recollida polos concellos de Galicia.

No voso disco aparecen recollidas 19 pezas dese repertorio. O criterio para selecionalas ¿cal foi?

Facer un compendio representativo do que falabamos, lograr en sesenta minutos unha mostra significativa do noso traballo. No disco hai pezas tradicionais, de autor e cantos recollidos. Buscouse tamén a variedade, a diversidade e o equilibrio en estilos e ritmos (muiñeira, alborada, pasodobre, xota, foliada, rumba…), para lograr un conxunto ameno, agradable de escoitar.

O título do disco é ‘Repichocas’, un termo que a maioría dos galegos identifica claramente, pero no voso caso ten outro sentido engadido ¿non?

Non é exactamente outro sentido senón máis ben unha coincidencia, xa que en Santa Cruz existe a rúa do Repicho, histórica e emblemática da nosa vila.

Os responsables das direcións artísticas do grupo ¿quen son?

No apartado musical: Carlos Barberito Bello e Pablo Lorenzo Varela. Das danzas e cantareiras: Lorena González Corral e José Luís Vázquez Rosales.

A nivel do propio proceso de gravación ¿que tal foron as cousas? ¿tivestes os medios e o tempo suficientes?

Saíu ben, os medios eran adecuados e nós seica levabamos preparado o traballo, así foi que aproveitamos as oito horas de que dispoñíamos.

Faládenos tamén do vestiario tradicional que empregades.

Utilizamos traxes de gala típicos das Mariñas e tamén outros de a cotío ou da montaña.

De axudas e subvencións públicas, ou privadas, ¿como andamos?

As axudas que recibimos veñen da Deputación da Coruña e do noso Concello. A elas hai que sumarlles a cota mensual que pagamos cada un dos compoñentes. Os cartos sempre son imprescindibles para poder funcionar, pero manter un ambiente de familia ten moita importancia. E cando dicimos familia, queremos dicir "ben levada".

Santaia tamén ten presenza en internet ¿non?

Si, contamos cunha páxina de información sobre o grupo, con material audiovisual e un foro de opinión para os nosos membros; pero tamén para outros convidados que desexen compartir connosco a paixón pola música e a danza tradicional.

A vida cultural e musical do Concello de Oleiros ¿como anda de saúde?

O Concello de Oleiros sempre se caracterizou polo seu bo facer, de aí que a saúde sexa boa. Pero con saúde, pódese aspirar a máis.

Os próximos 25 anos de Santaia ¿como soñades que sexan?


Pletóricos, que coñezamos máis mundo, que acheguemos máis culturas e que sigamos gozando co que facemos e transmitirlle esa ledicia aos demais.

Máis información en: www.santaia.org

www.Galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-12-2007 00:23
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá de hoxe martes
Hoxe, martes, día 18/12/2007

Hai uns anos, na parroquia de Lestedo, en Boqueixón, naceu unha agrupación chamada "A requinta de Xián" coa intención firme de rescatar todo o material sobre un instrumento, a requinta, e os seus marabillosos intérpretes, os requinteiros.

Desde o ano 1.900 e ata o comezo da Guerra Civil, nas festas e romarías populares eran habituais grupos de renome como "Os Airiños da Ulla", "A Requinta de Carcacía", "Os Cristobos de Arnois", unhas agrupacións en que convivían a gaita ou gaitas coas requintas e percusión, aínda que o prestixio o levaba o requinteiro que se converteu na gran figura do espectáculo. ..

Así, hoxe o programa Alalá achegarase con Pablo Carpintero (compoñente do grupo) ata o taller de Xaquín de Riobó, na Estrada, un pequeno museo que conserva a esencia e o bo facer dos primeiros artesáns de requintas. Este pequeno espazo chegou a ser unha academia de músicos, xa que por aquí pasou moitísimo talento.

Falarase con mestres, coma o Sr. Orosa, o gaiteiro do mítico grupo "Airiños da Ulla", ou coa neta de Romeriño, un dos requinteiros da "Requinta de Carcacía", e coñeceremos tamén os membros deste grupo, "A Requinta de Xián", que comparten as horas de música con outras afeccións ou traballos.

Grazas a grupos como "A requinta de Xián" as Terras da Ulla, cheas de tradicións e actividade cultural, recuperan un dos sons máis característicos do lugar, o da requinta.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2007 01:17
# Ligazón permanente a este artigo
Roubo na Coruña de Gaita, Tamboril, Pito galego e kit para Contrabaixo
Benquerid@s amig@s:
Este e-mail é para que teñades coñecemento do roubo esta mesma madrugada en A Coruña da gaita, pito galego, tamboril, baquetas, whistles varios, pedal afinador, previo, transformador e cables para o Contrabaixo do contrabaixista e gaiteiro de Tiruleque, ANTÓN BUENO.

A descripción detallada do roubado é a seguinte:

- Gaita completa de granadillo en DO de Seivane con fol de estopa e con farrapos a xogo.
- Pito galego en RE de Antón Corral de granadillo.
- Tamboril de Piñeiro de JR con baquetas.
- Whistles varios (frautas irlandesas).
- Pedal afinador para Contrabaixo.
- Previo para Contrabaixo.
- Cables varios.

Para calquera información relacionada con este asunto, podedes chamar o teléfono 651 192 792 ou enviar un e-mail a ghaiteiroanton@yahoo.es

PREGAMOS A MÁXIMA DIFUSIÓN DESTE E-MAIL ENTRE TODOS OS VOSOS CONTACTOS, FAMILIARES, AMIG@S E COÑECID@S.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2007 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Nadal da Universidade de Vigo

Invitacións para o público á partires do día 13 de decembro na Vicerreitoría de Extensión Cultural do Edificio Miralles no Campus de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2007 01:07
# Ligazón permanente a este artigo
A Real Banda invade A Coruña
O Colectivo en Defensa da Gaita (CDG) quere manifestar o seu profundo malestar e a súa indignación ante a celebración o día 22 deste mes de Decembro en A Coruña dun concerto da Real Banda de Gaitas da Deputación Provincial de Ourense, agrupación musical subvencionada con cartos públicos que non representa nin a Galicia nin a súa música.
Este acto está patrocinado pola Fundación Caixa Galicia coa colaboración da Deputación de A Coruña, entidades moi vinculadas á cidade nas súas actividades supostamentes culturais.

Se a Cultura é o conxunto de manifestacións nas que se expresa a vida tradicional dun pobo, o CDG non pode considerar este concerto como unha actividade cultural galega porque esta agrupación representa máis a Escocia que a Galicia, copiando intencionadamente instrumentos, estéticas e formas musicais doutras culturas alleas á nosa.

É moi curioso como o resto de actuacións incluidas neste programa mensual son cobrando
unha entrada que nesta ocasión é gratuíta, para non poñer en evidencia que o interés por este espectáculo na cidade sería mínimo.

O CDG considera que esta invasión musical allea é totalmente inxustificada, querendo chama-la atención á cidadanía en xeral da difusión nos distintos medios de comunicación de espectáculos enganosos como este, sen que ninguén diga nen opine nada ó respecto. E o máis vergonzoso é que todo isto siga acontecendo, degradando a nosa cultura ás agachadas, sen oportunidade para que a sociedade opine ao respecto e sendo conscientes da existencia de bandas de por aquí que representan de verdade á nosa cultura e con infinitamente máis dignidade. Lamentable.

Colectivo en Defensa da Gaita. A Coruña
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2007 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Vendas dos grupos folc galegos
Os artistas galegos de folk resisten con cifras notables á caída de vendas

Berrogüetto vendeu sete mil copias de `10.0´, Nordestin@s e Rosa Cedrón superaron os cinco mil exemplares, e Marful e Fía na Roca xa foron quen de facturar catro mil discos.

A industria musical atravesa por un momento de crise de vendas a nivel mundial e dentro desa dinámica semellaba que as cifras dos artistas da música de raíz galega ían quedar en cantidades baixas, mais o que sucedeu no último ano e medio desbota completamente esa idea inicial. Cando liquidar dous mil exemplares deixaría satisfeitos a bastantes artistas, e son as cifras nas que se moven Quempallou ou Xabier Díaz, vemos como varias propostas son que de dobrar e incluso aumentar eses números.

Berrogüetto mantense como un valor sólido e reafírmase como unha opción preferente dos amantes do folk, que sempre viron neles un grupo de referenza. Da súa última obra, 10.0, xa acadaron sete mil copias. Xulio Cordeiro, manager do grupo, manifesta estar satisfeito co vendido. "Fabricamos oito mil exemplares e sobre esa cifra valoramos o nivel de investimento e negocio coa banda. Tal como vai a industria, obter esa venda de sete mil álbumes é satisfactorio". Guillermo Fernández é un dos compoñentes do grupo e ten un dúo con Guadi Galego que editou o ano pasado o álbum Espido, do que xa liquidaron tres mil unidades. "Neste momento de auxe de descargas por internet chegar a estes números é importante e moi positivo. Cando os músicos comezamos a autoproducirnos pensabamos se habería mercado nun país pequeno como Galicia, mais vemos que existe ese público. Pagou a pena o esforzo por ver esa resposta. En canto a Berrogüetto, malia que facturamos menos copias, se miramos como baixou o panorama en proporción estamos vendendo máis que antes", sinala Fernández.

Nordestin@s é un dos fenómenos comerciais máis satisfactorios, ao ser quen de superar a barreira dos cinco mil discos. Guadi Galego, compoñente do trío canda Ugia Pedreira e Abe Rábade, cre que agora "a xente está preparada para outras propostas e apareceron músicos que se botaron cara adiante a realizar cousas diferentes. Tamén apareceu algunha discográfica valerosa, como no caso de Falcatruada, que editou a Nordestin@s. Danos a sensación que o público esperaba que saíse algo distinto e iso vai axudar aos artistas que realizan autoproducións porque se chegan a un número determinado de vendas poderán meter máis cartos nos seus vindeiros traballos". Sergio Lago, responsable do selo Falcatruada, manifesta que resulta "moi complicado chegar a estas facturacións no eido da música de raíz. Falamos con outros compañeiros de discográficas e ves que as cifras son bastante baixas. Asinábamos que todos os nosos lanzamentos vendesen como Nordestin@s. Agora estámonos porsicionando no mundo dixital e tentando dar facilidades para a comercialización dos nosos produtos". Ugia Pedreira tamén é a voz de Marful, que coa súa ópera prima amosou que existe un público para escoitar esas melodías urbanas antigas que conforman o espírito do seu repertorio. Ela síntese leda coas vendas "porque son boas para un mercado pequeno e unha música minoritaria que non ten grandes apoios para darse a coñecer. Falcatruada está a realizar un traballo moi bo e o disco de Marful editouse nunha discográfica humilde e moi pequena, xestionada polo músico Germán Díaz. Pasou xa un ano e continúan vendéndose álbumes. Xa é un disco un pouco de culto". Esgotaron xa catro mil copias da súa obra e fabricaron mil discos máis. "Creo que nos dous casos, o traballo ben feito por músicos que levamos bastantes anos de andaina serviu para conectar coa xente".

Logo de pasar bastantes anos sendo a voz de Luar na Lubre, a monfortina Rosa Cedrón decidiu encetar este ano a súa carreira en solitario. A cantante fichou pola multinacional Warner, que tamén edita á súa antiga banda, e superou as cinco mil copias facturadas. O seu mánager, José Puga, di estar "contentísmo coas vendas e o recibimento tido pola artista por parte do público".

Os Fía na Roca editáronse eles mesmos Vente vindo e xa levan catro mil exemplares colocados. Xosé Ramón Vázquez, fundador do conxunto, indica que esa cifra "é estupenda para un grupo que ten que realizar autoprodución e ao que os medios de comunicación, agás excepcións, non lle dan moita cancha. Estamos optando moito pola venda directa despois dos concertos e realizamos varias actuacións nas que logo despachamos máis de cen álbumes. Tamén constatamos o gran interese do público francés. Isto tamén nos permite ofrecer un mellor prezo para o consumidor. O grupo xa comezou a gañar diñeiro coas vendas e aínda que non é un gran aporte económico si resulta xa unha vía interesante de financiamento alternativo".

Cómpre subliñar tamén os 3.500 exemplares facturados de Misturados, a obra conxunta de Cristina Pato e Mutenrohi, e que non temos datos concretos de artistas que venden moito, como Milladoiro e Mercedes Peón.

Como estamos en plena época de agasallos, non esqueza poñer un disco galego na súa lista de mercas imprescindibles.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2007 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novas de Fía na Roca
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-12-2007 01:04
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis en Vigo
Esta semana:

Obradoiro de Cantos de Reis:
Martes 18 de decembro
às 19:30 h no local da Asociación (rúa Oliva 12)
Dirección: Sandra Dieguez e Itziar Solar Iglesias

Obradoiro de Danzas de Reis:
Mércores 19 de decembro
às 19:00 horas no local da Asociación (rúa Oliva 12)
Dirección: María Prego.

Conferencia: A tradición dos Cantos e Danzas de Reis

Por Mini e Mero (Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias)
Xoves 20 de decembro às 20:00 h.
No Centro Cívico do Casco Vello rúa Oliva nº 12

E van xa cinco anos ...

A Asociación Cultural e Veciñal Casco Vello de Vigo tentamos recuperar esta tradición organizando uns obradoiros abertos à participación de todas as persoas interesadas de calquera idade.

Neles aprenderemos e repasaremos a historia dos Cantos e Danzas de Reis de xeito lúdico, como facían os nosos devanceiros.

E acabaremos pedindo o aghinaldo...

PROGRAMA

Conferencia: A tradición dos Cantos e Danzas de Reis

Por Mini e Mero (Xosé Luis Rivas e Baldomero Iglesias)
Xoves 20 de decembro às 20:00 h.
No Centro Cívico do Casco Vello rúa Oliva nº 12


Ensaios:
Abertos a calquera persoa interesada en participar.

Danzas de Reis:
Mércores 12, 19 e 26 de decembro
às 19:00 horas no local da Asociación (rúa Oliva 12)
Dirección: María Prego.

Cantos de Reis:
Xoves 13 e 27 de decembro
às 19:00 horas no local da rúa Cánovas del Castillo nº 2
e martes 18 de decembro
às 19:30 h no local da Asociación (rúa Oliva 12)
Dirección: Sandra Dieguez e Itziar Solar Iglesias


Saídas:

Por Pontevedra e Vilaboa
Xoves 3 de xaneiro
ás 18:00 h.

Polo Casco Vello e centro de Vigo
Venres 4 de xaneiro
ás 18:00 h. acompañados polo grupo Os Chichisos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2007 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Aniversario do BNG, hoxe en Vigo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2007 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Fin de Ano con música tradicional en Vigo
Apuntade para o fin de ano.

Estase a organizar unha Festa-Foliada Fin de ano no Furancho da Balsa en Matamá-Vigo.

A idea é que o local vai abrir a partir da unha para toda a xente que queira achegarse até alí, poderase tocar e bailar e serviráse as bebidas como un día normal con chocolate con churros a altas horas.

Non haberá prezo de acceso.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2007 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Especial adicado a Edu
Xa hai tempo que non subíamos fotos, así que agardando a algúns temas que temos por aí para subir pois facemos un novo especial, esta vez adicado a Edu.

Unha aperta moi especial para el.

Especial Edu
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2007 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Actas do I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
Xa están publicadas as actas do I Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega que a Asociación de Gaiteiros Galegos organizou o 18 e 19 de novembro do pasado ano 2006 en Santiago de Compostela.
Nelas recóllense todos os relatorios, mesas redondas e comunicacións que se presentaron neste importante evento.

Nesta publicación pódese atopar información sobre temas tan interesantes como o ensino do canto tradicional, as perspectivas de futuro do ensino da música tradicional, metodoloxías e espazos para a aprendizaxe do baile tradicional galego, etc.

Todos os participantes no I Congreso recibirán, en breve, unha copia gratuita por correo postal. Os socios da AGG tamén poden solicitar o seu exemplar gratuito no teléfono 986 847 074 e recibilas por correo postal, asumindo os custes de envío, ou ben recollelas no local da nosa oficina situada no seguinte enderezo:

Rúa Alfonso XIII, nº 7 - Oficina 8 (2º andar) - Pontevedra

O horario de atención ó público é de 9 a 14 h. e de 16 a 19h.

Os demais interesados poden adquirilas a un prezo de 10 Euros. Para máis información, poden chamar por teléfono ou mandar un correo electrónico a secretaria@gaiteirosgalegos.com


www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-12-2007 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
II Concurso de cartaces da Festa da Reconquista da Vila de Vigo
II Concurso de cartaces da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2008

Premios:
Primeiro premio 600 euros
Dous accesits de 200 euros

O cartaz gañador ademais de ser o cartaz oficial da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2008 presentaráse por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR 2008) do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro no Stand que o Concello de Vigo vai dispor na propia Feira.

Para calquera interesado en participar estes son os datos máis importantes:

Data límite de entrega: 28 de decembro

Lugar de recollida das bases e de entrega dos cartaces: Asociación veciñal e Cultural
casco vello na rúa Oliva 12 baixo, en horario de 18:00 a 20:00 de luns a venres.

As bases tamén poden atoparse na web da Asociación: www.avcascovello.com

Bases

Máis información: cascovellovigo@yahoo.es

Sorte aos artistas.


Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-12-2007 14:15
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer