Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Danzas de Reis en Riofrio
Cada 6 de xaneiro, despois da misa das 12:00, ten lugar en Riofrío, Mondariz (Pontevedra) a Danza que baila o Rancho de Reis de Riofrío.

Trátase dun acontecimento cargado de simbolismo que conecta, por un lado, coas danzas denominadas gremiais e, por outro, coas manifestacións folclóricas ó redor da figura dos Reis Magos de Oriente, denominadas cantos de Reis.

Máis información:
www.agaitadofol.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 03:07
# Ligazón permanente a este artigo
Saída polo Casco Vello do V Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis

Este venres 4 de xaneiro a partires das 18:00 polas rúas e prazas do Casco vello e do Centro de Vigo.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:57
# Ligazón permanente a este artigo
IV Certame de Cantares de Reis en Boimorto
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:56
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Malmequer

Nova versión actualizada!!!

Descarga a imaxe en maior calidade.
Comentarios (36) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:45
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no novo Belén Malmequer I
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:44
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no novo Belén Malmequer II
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:44
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no novo Belén Malmequer III
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:43
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no novo Belén Malmequer IV
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:42
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Asubio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:25
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Andarela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:23
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Lilaila
Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:23
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal do Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:22
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Gaideón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:22
# Ligazón permanente a este artigo
Bo Nadal de Rebulir
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-01-2008 02:22
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos e Danzas de Reis en Vigo, Pontevedra e Vilaboa
Un ano máis o grupo Os Chichisos acompañados de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frauta traveseira, guitarra, tamboril, bombo, charrasco, pandeireta e pandeiro, etc., e un grupo de nenos e nenas, xúntanse para levar os “Cantos de Reis”, polos concellos Vilaboa e Pontevedra e parroquias.

Este ano contan coa colaboración da Asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo, que compartirán con eles os Cantos e Danzas de Reis que teñen recollido.

PROGRAMA:

• 3 de xaneiro: polas prazas e rúas de Pontevedra, actuación de Os Chichisos (cantos de reis) e da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (cantos e danzas de reis). Sairán ás 18.00 h da praza da Liberdade. Actuación incluída dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello de Pontevedra.

4 de xaneiro: polas prazas e rúas de Vigo (Casco Vello), ás 18.00 h.

5 de xaneiro: polas parroquias de Bértola, Figueirido e Tomeza, ás 18.00 h na Casa do Pobo de Bértola.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-01-2008 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Alalá en Toutón
Martes 1 de xaneiro ás 21:40

Chega un Aninovo máis e Alalá vaise centrar nesta intensa festa con outro programa especial para estrear o ano, pero en certo sentido cambiando o escenario, xa que o vai recibir nunha aldea chamada Toutón (do concello de Mondariz) onde todo cambia: cambia a iluminación de Nadal, as présas, as compras de última hora e as visitas aos centros comerciais polas tradicións musicais do Nadal, cando se recibía o ano cantando "Manueles", "Xaneiras" e bailando, por suposto. Toutón é un dos lugares onde mellor se conserva este tipo de tradicións. O primeiro Alalá do ano está abarrotado de cantos, bailes e traballos.

Nesta aldea de Toutón, como noutras de Galicia, estas datas tiñan outro significado moi importante: estamos no comezo dun novo ciclo natural; a natureza descansa e hai que ir preparándose porque en pouco tempo haberá que sementar e traballar a terra para que dea os seus froitos, que se recollerán no verán e no outono.

A proposta deste primeiro Alalá do ano é facer un percorrido por ese ciclo natural guiándonos polos traballos e pola música relacionada con eles. Así, vivirase unha esfollada e todos os rituais que a rodeaban: recoller o millo, quitarlle o follato, cantar e facer a matuca coa palla...; ou asistirase tamén a unha daquelas noites inesgotables facendo augardente. En Toutón aprenderase a facer o pan, outra das tradicións que segue en pé e, entre outras cousas, revivirase unha labrada das auténticas con bois tirando do arado, acompañado do baile do ramo que facían logo na leira e o viño do rego.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-01-2008 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Serralhe-aí gravan o seu disco
O grupo Serrallhe-aí reúne en Burela ao mellor da música de taberna para gravar un disco

Chámanse Manolo Maseda, Lola de Ribeira, Pablo Ces, Roberto Grandal e Pablo López. Xuntos forman Serallhe-aí, un grupo de «música tabernaria» dacabalo de Trasancos, A Mariña e Terra Cha que leva dez longos anos percorrendo as distancias curtas nas barras e escenarios de toda Galicia. Agora, por primeira vez, sentiron a chamada do formato dixital (cedé e deuvedé) e preparárono todo coidadosamente para estrearse hoxe, a partir das dez da noite, gravando o seu primeiro directo na praza da Mariña de Burela.

Á cita foron convocadas as mellores gorxas e máis hábiles pulsos da música de taberna do país, incluídos varios membros dalgunhas formacións con maiúsculas como Berrogüetto. Son sesenta músicos entre os que cabe nomear a Ventos Viciosos, Guadi, Iván Costa, Arturo Lamas, Andrés Toxeiro, Os Rosales, Mutido, Beto Niebla, Luís Caruncho, Os Carallos ou Estoupacaldeiros.

Ampla carpa

Xuntos, e probablemente revoltos, interpretarán baixo unha amplísima carpa a súa particular visión actualizada do espírito do teleclub e os salóns de aldea. Dentro desta Haima do Norte, onde ninguén pasará «nin fame nin frío nin sede», garante a organización,

Serralhe-aí espera congregar a un milleiro de amigos na súa particular cita. A invitación, xeralizada a quen queira e poida achegarse esta noite á capital do bonito, é de balde. A gravación, histórica.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-12-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 28 (Venres)
• Pé de boi e Tromentelo Chis Pum na Sala 600 de Melide
• Nao na Sala Mardigras da Coruña
• Som do Galpom na Sala Cristal de Silleda
• Foliada no Salasón de Cangas ás 23:00
• Pai de Cana presentando disco no Teatro Principal de Pontevedra ás 20:30 horas, entrada de balde

Sábado 29
• Gravación do disco en directo de Serra-lhe Aí!! na Praza do Concello de Burela (Lugo)
• Crema de Gaita no Bardo (Vigo)
• Macfeck no Salasón de Cangas ás 23:00
• Som do Galpom no C.S. A Esmorga de Ourense
• Treixadura e Malvela no Palacio da Ópera da Coruña, ás 17:00
• Foliada de Nadal na Praza da Constitución de Vigo ás 22:00

Domingo 30
• Domingo polbeiro en Gondomar
• Sonoro Maxín no Café Auriense de Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 17:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novas festeiras destes días en Vigo
Chega a fin de ano e con el varias tradicións festeiras en Vigo:

Sábado 29 de decembro a partires das 22:00 foliada na Praza da Constitución de Vigo (Casco vello) para despedir o ano.

Impulsada polo amigos do Fiadeiro é un bo xeito de despedir o ano tocando e bailando dun xeito espontaneo e nun entorno perfecto.

31 de decembro a partires da 1:00
Ambiente de Foliada tradicional na noite de despedida de ano no Furancho da Balsa en Matamá, sen cobro de entrada nen aglomeracións, pura festa.


Domingo 6 de xaneiro:
Tradicional día de reis na rúa Principe de Vigo, a partires das 18:00, onde se xuntan todos os músicos e bailadores da bisbarra para comezar o ano tal como se despediu, con música e baile na rúa, e de festa.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 17:22
# Ligazón permanente a este artigo
A despedida dos Cempés
Este sábado 22, o grupo deuno todo para se despedir do seu público. Neste vídeo podemos comprobar a enerxía e o cariño que enchían a Praza de Amboaxe ferrolá.

Cantáronlle a Cedeira cando os percebeiros se sublevaran contra o capital na lonxa, e fixérano como quen canta un romance de cego, con zanfona e ton épico. Rescataron a Sara (Sariña) do esquecemento e fixérona ferrolá. Alimentaron en moitos a curiosidade pola música de noso. Agora marchan dos escenarios.

A noticia sentoulles a moitos como un balde de auga fría, pero xa a viñan anunciando dende hai un ano: os Cempés sepáranse. Quédannos xoias discográficas como Circo Montecuruto, Moe a Moa, Opaii ou Capitán Re. Durante unha ducia de anos, o grupo ferrolán espertou nas novas xeracións máis novas o formigo da música tradicional.

O pasado sábado 22 despedíronse como cómpre: nunha Praza de Amboaxe a rebordar de xente, dando o mellor de si. Serxio Ces, voz, pandeireta e saxo, Óscar Fernández no acordeón e a zanfona, Antón Varela nas gaitas e o clarinete, Óscar Painceiras no baixo eléctrico, Cabe García coa guitarra eléctrica e José Piñeiro, batería. Como diría a copla, "a despedida vou dar-e, a despedida vou dando, ai que despedida alegre, que me despido cantando".

www.anosaterra.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto de Nadal da Universidade de Vigo
Para lembranza dos universitarios que estiveron alá enriba do esceario do García Barbón


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura e Malvela na Coruña

NADAL ENTRE MAIORES
Data: 29 de decembro ás 17:00
Lugar: Palacio da Opera da Coruña

-Compañía de Tetro de maiores "A Casa da Bola" coa obra "Entre dous abismos"
-Malvela
-Treixadura e Orfeón Treixadura


Retirada de invitacións nos centros Cívicos da Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-12-2007 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ruxe-Ruxe e Lamatumbá despois do Galiza-Camerún
A festa nacional do fútbol rematará co concerto de "Ruxe Ruxe" e "Lamatumbá" nas Travesas

O concerto pechará a festa do fútbol nacional, que terá lugar este 27 de decembro en Vigo. Ruxe Ruxe e Lamatumbá serán os grupos protagonistas do concerto que comezará pouco despois da medianoite no pavillón das Travesas.


O concerto forma parte de todo o proxecto "o fútbol galego une", polo que todas aquelas persoas que queiran acudir ao mesmo poderán facelo coa mesma entrada que utilizaron para acceder ao estadio de Balaídos a presenzar os partidos das seleccións nacionais galegas feminina e masculina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 15:56
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de Sonoro Maxín en Ourense
Presentación oficial do proxecto Sonoro Maxín

O Sonoro Maxín xorde quentiño neste ano 2007 en Ourense a partires da xuntanza de vellos amigos e coñecidos da música galega, que forman ou formaban parte de proxectos como Lamatumbá, Cinnamon Gun, Mutenrohi ou The Pigmalions.

O Sonoro Maxín parte da convicción de que a cumbia é a soberana absoluta das verbenas, que converte o torreiro da festa nun baile tropical onde cada un manda na súa forma de bailar, onde cada un inventa o seu propio baile. É na procura deste baile sen fin onde se move O Sonoro Maxín avanzando dende a cumbia á rumba, do reggae ao ska

www.myspace.com/osonoromaxin
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación en directo do disco Ar de Foles
Gravación do CD/DVD na Praza da Mariña en Burela, o 29 de decembro de 2007 ás 22h.

Serra-lhe aí!!! Presenta:

Ar de Foles
Ese é o nome do proxecto sonoro-visual que se vai gravar ao vivo o 29 de decembro de 2007 ás 22:00h.

O serradoiro estará afincado en Burela, na Mariña luguesa, con unha carpa acondicionada para que non pasemos nin frío, nin fame, nin sede e por suposto na que non falten as virutas sonoras.

Entre Lugo e Ferrol naceu este proxecto acordeonístico que dende os seus comezos contou coa participación de moitos músicos, e a pesar deso, ainda amigos.

A idea de Serra-lhe aí!!! neste gran espectáculo é a de sumar serradores/as ao concerto. Facer partícipe ao público para que participe como un gran coro e ao mesmo tempo, convidar a todas e todos os bailaríns do país para facer un gran torreiro.

En definitiva, tentar facer humildemente entre todos, unha nova era tabernaria.

Ar de foles quere ser unha homenaxe aos camiños do vento. A todas e a todos eses artistas que durante séculos levan mantendo viva a esencia da música tabernaria. O fol das gaitas e dos acordeóns terá o mesmo ar, o vento mareiro do norte. Será pois un directo moi especial, onde as novas fornadas de mestres/as gaiteiros/as estarán gatillando toda a noite xunto aos Serra-lhe aí!!!.

A tradición desta terra, unha vez máis, conta con vós para ese día.

Para dar vida colectiva a esta gravación estarán con nós:

CARLOS BLANCO_presentando
VENTOS VICIOSOS_Os Painos, O Vendaval do Rosal e a Cucaracha Sonora
GUADI_Voz, Gaita
IVÁN COSTA_Gaita e Zanfona
EDELMIRO_Gaita)
MIGUEL DE TENORIO_Gaita
RAQUEL DOMÍNGUEZ_Gaita
RODRIGO ZARAMBEQUES_Gaita
ARTURO LAMAS_Gaita
ANDRÉS TOXEIRO_Gaita
FERNANDO DOPICO_Gaita
PABLO BERNÁRDEZ_Gaita e Zanfona
OS ROSALES_Maruxa e Xosé / Bombo e Gaita
MUDITO_Pandeireta
BETO NIEBLA_Percusión
ELISEO ZAERA_Bombo
MANOLO COCIÑA_Acordeón
PANDEIROMUS_Voces
EDUARDO E CARUNCHO_Voces
OS CARALLOS_Percusións, Voces e Licor Café
ESTOUPACALDEIROS_Cumbia e Glucosa
SERRA-LHE AÍ!!!

www.serralheai.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 01:00
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Pai da Cana
O vindeiro dia 28 de Nadal (non e unha inocentada), as 20:30 no Teatro Principal de Pontevedra, Pai da Cana fará o concerto de presentación doseu novo disco, paidacana12.

Estades todos convidados. A entrada e de balde.

PAI DA CANA
GRUPO DE MÚSICA TRADICIONAL


O Grupo de Música Tradicional Pai da Cana recupera un concepto de conxunto autenticamente tradicional case desaparecido no noso país: a charanga, tamén chamada murga, “conjunto típico” ou “regional”, que consiste nunha formación na que a gaita e o acordeón se funden cos instrumentos propios das bandas de música como o clarinete, o saxofón, a caixa e o bombo con pratos.

O repertorio de Pai da Cana está formado por pezas das charangas galegas que existiron no noso país e mais en América dende finais do século XIX, ritmos importados coma o vals, a mazurca, a polca, a ranchera, o tango ou a rumba, que na altura se relacionaban co progreso e a modernidade, e outras pezas tradicionais arranxadas dentro desta estética musical de entreséculos. Pai da Cana coida con todo detalle que o seu vestiario sexa coherente co tipo de formación que representa, polo que emprega a indumentaria da Belle Époque.

A música de Pai da Cana aparece en varios traballos discográficos: Ruta Folc: Terra Galega (Disco Trompo, 1998), I Memorial Manuel Texo (A. C. Ullán, 1999), III Memorial Manuel Texo (A. C. Ullán, 2001) e Os Sons da Ulla (Phonos, 2001).

Pai da Cana recolle no seu novo disco, paidacana12 (Edicións do Cumio, 2007), os 12 anos de traxectoria do conxunto amosando as distintas formacións musicais que foi adoitando, así como unha parte do seu repertorio a través do que se pode percibir a súa evolución musical, en definitiva, o que foron e o que son, sen máis pretensión que achegar un gran de area, unha pequena e humilde contribución á música do noso país.

Este traballo foi posible grazas á colaboración dos Concellos de Poio e Pontevedra.

Pai da Cana son:

María Vidal (gaita), Miguel Dopazo (clarinete), Diego Rodríguez (saxo alto), Iria García (acordeón), Oscar Pazos (caixa) e Carlos Mouriño (bombo con pratos)

Dirección e arranxos: Oscar Ibáñez
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 00:56
# Ligazón permanente a este artigo
Somos unha nación, oficialidade
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-12-2007 00:55
# Ligazón permanente a este artigo
Xa chega o partido da Selección Galega
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
V Obradorio de Cantos e Danzas de Reis
Continúa o Obradoiro de Cantos e Danzas de Reis coa intención de que esta tradición recupere o que en tempos pasados era un acto social e participativo moi frecuente chegadas estas datas festivas do Nadal e Reis.

PROGRAMA DESTA SEMANA

Ensaios: Abertos a calquera persoa interesada en participar.

Obradoiro de Danzas de Reis:
Mércores 26 de decembro
às 19:30 horas no local da Asociación (rúa Oliva 12)
Dirección: María Prego.

Obradoiro de Cantos de Reis:
Xoves 27 de decembro
às 19:00 h no local da Asociación (rúa Cánovas del Castillo 2)
Dirección: Sandra Dieguez e Itziar Solar Iglesias


Que pasedes unhas boas festas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o Concurso de Cartaces Festa da Reconquista

A data de remate do II Concurso de Cartaces da Festa da Reconquista 2008 é este venres 28 de decembro.

Este ano ademáis do alicente de ser o cartaz oficial da Festa da Reconquista da Vila de Vigo 2008 e do incremento dos premios, primeiro premio 600 euros e dous accesits de 200 euros, tamén existe para o gañador o alicente que por primeira vez na súa historia a Festa da Reconquista, con este cartaz, será presentada na Feira Internacional de Turismo de Madrid (FITUR 2008) do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro no Stand que o Concello vai dispor na propia Feira.

Para calquera interesado en participar estes son os datos máis importantes:
Data límite de entrega: 28 de decembro

Lugar de recollida das bases e de entrega dos cartaces: Asociación veciñal e Cultural casco vello na rúa Oliva 12 baixo,
en horario de 18:00 a 20:00 de luns a venres.

As bases tamén poden atoparse na web da Asociación: www.avcascovello.com

Agradecendo a vosa colaboración recibide un cordial saúdo e que pasedes unhas felices festas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do Método de Gaita I e II
Presentación

Método de Gaita Galega
Volumes I e II


Día: Mércores 26 de decembro de 2007

Lugar: Cambados
Auditorio A Xuventude (rúa San Francisco, perto da igrexa Parroquial)

Hora: 20:30 h.

Participarán:
Xaquín Xesteira Losada, autor
Cándido Meixide Figueiras, editor

O autor ofrecerá un pequeno concerto ao remate do acto.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Apalpador: personaxe do nadal galego
Fuxe Santa Claus que aí vén o noso Apalpador!

A asociación A Gentalha do Pichel recupera unha figura autóctona propia do Nadal que representa un vello xigante que lle trae castañas á rapazada.

Moito antes de que o Papá Noel ou Santa Claus viñese importado dende outras latitudes, en Galiza tamén había unha figura mítica propia do Nadal: O Apalpador. Mais nestes tempos de présa e consumo, o persoeiro autóctono ficou no esquecemento.

Este ano dende a asociación A Gentalha do Pichel (Compostela) están a difundir a súa figura.O Apalpador é un vello xigante, de oficio carboeiro, que vive nas devesa das altas montañas. Na noite de Nadal baixaba ás aldeas para achegarse aos nenos e ás nenas que durmían. Caladiñamente, apalpáballes as barrigas para ver se os pícaros estaban ben alimentados. Logo de desexarlle que no ano vindeiro non pasasen máis fame, marchaba deixándolles unha boa presada de castañas quentes.A tradición, recollida por José André Lôpez Goncález nas comarcas do Courel e do Cebreiro, reflicte a conexión desta figura con outras semellantes como o Olentzero, o Pai Inverno ou o propio Papá Noel. Algín cren que se trata dun costume de orixe pre-cristián que no seu momento debeu estar espallado por todo o país e que foi desaparecendo progresivamente.

Dende A Gentalha do Pichel animan a que se reintroduza esta figura para popularizala entre os máis pícaros

Descarga artigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-12-2007 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no Belén de Malmequer I
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no Belén de Malmequer II
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pescuda no Belén de Malmequer III
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-12-2007 20:36
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer