Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Treixadura en Vigo

Este venres Treixadura presenta no Teatro García Barbón o seu último traballo ‘Inda canto’. Con este CD a agrupación quere reivindicar que continúa enriba dos escenarios despois de 28 anos de carreira e, ao tempo, facer unha homenaxe a todas aquelas persoas que sobreviven a música tradicional galega en seráns e tabernas.

As entradas están esgotadas. Tras 28 anos de traxectoria Treixadura xa non precisa demostrar nada, o seu público é fiel e confía no seu bo facer. “Cando comezamos nos 90 isto era unha utopía e converteuse en realidade”, sinala Antón López, máis coñecido por todos coma Toniño. Pasaron os anos pero a esencia do grupo mantívose “nunca mudamos o camiño que nos marcamos ao inicio e creo que iso foi o que nos deu o éxito”, agrega o músico. O único que variou co tempo foi o número de compoñentes. Comezaron sendo un grupo de gaiteiros e co tempo viron a necesidade de engadir un acordeón e as voces.
Este venres os 15 compoñenentes do grupo subirán ao escenario do García Barbón coa incerteza de saber como responderá o público ante os 12 temas que presentan. “Algúns deles os tocamos durante o verán para ver como ía respondendo a xente. Pero moitos soarán por primeira vez este venres”, adianta Toniño. Escoitaranse temas de foliada, pezas instrumentais herdeiras de grandes mestres gaiteiros e a música que eles consideran de ‘seu’, coa que pretenden facer a súa propia achega á música tradicional. O disco tamén inclúe unha versión do tema ‘O Carro’ baseado nos versos de Manuel María.

Este traballo chega tres anos despois do seu 25 aniversario e o título é toda unha declaración de intencións. “Con ‘Inda canto’ queremos dicir que aínda temos folgos para cantar, tocar e divertir a xente co noso espectáculo”, explica Toniño. Pero ademais este traballo é unha homenaxe a todas aquelas persoas que dende a base fan que a cultura autóctona resista. “Son as persoas que forman as agrupacións folclóricas das asociacións e a xente que canta e toca esta música en seráns e tabernas as que fan que a nosa música estea viva”. Sen dúbida, Treixadura ten contribuído en boa parte a este bo vivir da música tradicional, agardemos que sexa por outros tantos anos máis.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2018 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
A voltas co baile (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2018 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
V Encontro de Cantareiras en Fene
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2018 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da gaita (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-04-2018 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia en Vigo sobre o Traxe tradicional galego
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 18:29
# Ligazón permanente a este artigo
Verbena folk en San Xián (A Guarda)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
MJ Pérez en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 18:15
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar e Cuarta Xusta no Burgo (Culleredo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ultraqáns en Sarria
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:55
# Ligazón permanente a este artigo
Martelo na Illa de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ith en Guitiriz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Sonoro Maxín na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Ses en Vilagarcía de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:48
# Ligazón permanente a este artigo
Guadi Galego en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Reconquista da Vila de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:35
# Ligazón permanente a este artigo
Xabier Díaz na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:26
# Ligazón permanente a este artigo
O Sonoro Maxín en Ourense
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:24
# Ligazón permanente a este artigo
XX Encontro-Degustación Millo Corvo (Meiro-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-04-2018 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada da merenda en Aiazo (Frades)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2018 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2018 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Os Viqueiras en Moaña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-03-2018 17:37
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do novo disco de Rastreros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2018 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
I mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo
I mostra sobre o traxe aldeán de garda das terras de Lugo na a Capela de Santa María dende o 5 abril ata o 1 de xullo.

Ademais desta gran exposición, o Goberno da Deputación ten preparadas outras actividades complementarias como unha xornada sobre a vestimenta e folclore da provincia, un obradoiro de confección de saias e un calendario con visitas guiadas a cargo dos responsables desta exposición.

“É unha colección de 25 traxes, composta de prendas orixinais e reproducións, que se complementan con pezas de ourivería compostelá, así como por pezas singulares. As pezas, foron recollidas polo colectivo Traxandaina, en casas por toda a provincia, coa finalidade de salvagardar o noso patrimonio cultural”.

“Os traxes son feitos e lucidos ao final do s.XIX e principios do s.XX cando a revolución industrial aínda non mudara tódolos tecidos que ata daquela se empregaban na nosa terra. Tamén se poderán ver pezas de pano sedán que por aquel entonces era o máis prezado, ademais de mandís, mantelas, refaixos, camisas de liño ou mantillóns de gala, entre outros”.

“Con esta exposición contribuímos a dar coñecer e poñer en valor unha parte da nosa historia, cultura e tradicións, e neste caso, a través das nosas vestimentas, e tamén difundimos o traballo de recopilación feito por artesáns da provincia. Estas pezas son os traxes que usaban as mulleres do rural para lucir os días de feira, os domingos para ir á misa ou “domingar”, e que, como norma xeral, son as mellores prendas que usarían na súa vida”.

25 traxes

Dentro da colección de 25 traxes que se poderán ver na Capela, provintes entre outros Concellos, de Baleira, A Fonsagrada, Castroverde, O Corgo, Sarria, Portomarín, Guntín ou Muras. Nesta mostra, tamén se exhibirán outras prendas como os mandís de mostra, aos que se lles adica un apartado especial; as mantelas ou lensas que cobren a saia; os refaixos bordardos a man; camisas de liño de corte rectos para aproveitar os anchos do tear, e mantillos de gala, mandís de traballo, panos de peito de cabeza, toucas de pelo de cabra, mantóns de lá feitos no Val de San Lourenzo coas mesmas técnicas que as mantas maragatas.

Xornada sobre a vestimenta e o Folclore

O día 7 de abril, o CENTRAD, acollerá un xornada que analizará o traxe tradicional galego, no que intervirán diversos investigadores e expertos, estes son; Isidoro Rodríguez, profesor de baile tradicional; Javier Feijoo, mestre de canto; Antonio Sanjurjo e Teresa Astorgano do colectivo Tranxandaina; Davide Salvado, artista e a profesora de baile Mónica Fernández. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, ata completar aforo, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

Obradoiro de confección de saias

Ademais haberá un Obradoiro no CENTRAD de confección de saias, que será impartido polos artesáns de Tranxadaina, no que haberá practicas, así como clases que analizarán a evolución e a historia desta vestimenta. Realizarase os días 12, 13 e 19 de maio. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto ata o día 2 de maio, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.

Visitas guiadas

Todos os interesados en percorrer esta exposición poden facelo mediante visitas guiadas que correrán a cargo dos artesáns de Traxandaina. Serán todas ás 18:00 horas, os mércores días 11, 18 e 25 de abril; os xoves días 3, 24 e 31 de maio; os martes 12, 19 e 26 de xuño. E por último os domingos 29 de abril, 27 de maio e 17 xuño ás 12:00 horas. Para inscribirse de xeito totalmente gratuíto, hai que cubrir o formulario que está dispoñible na web da Deputación.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-03-2018 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Sondarúa en Pontevedra e Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2018 19:43
# Ligazón permanente a este artigo
Dakidarría en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2018 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da San Patricio na Guarda
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2018 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
Os Diplomáticos de Montealto en Outeiro de Rei
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2018 19:35
# Ligazón permanente a este artigo
Carapaus en Melide
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-03-2018 19:32
# Ligazón permanente a este artigo
23º Xantar Gaiteiro (A Fonsagrada)
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s ten o pracer de convidarte ao tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta 23ª edición celebrarase no Concello da Fonsagrada o vindeiro 18 de marzo.

Como xa sabes, esta xuntanza ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Ademais, queremos aproveitar a celebración para render unha merecida homenaxe a tocadores da comarca da Fonsagrada.

O programa será o seguinte:

12:30h. Visita guiada ao museo etnográfico da Fonsagrada (entrada adultos 1,5 € - menores de 12 anos de balde)

13:15h.Roteiro polos bares.

14:30h. XXIII Xantar Gaiteiro no restaurante O Piñeiral ( Carretera de A Fonsagrada a Lugo LU-530 - KM 3,9 · A Fonsagrada)

16.30h. Homenaxe a tocadores da comarca da Fonsagrada.

MENÚ : 1º- Sopa de Cocido, 2º Cocido (lacon, cachola, butelo, chorizo, garbanzos, grelos e patacas), postre, viño, e café con gotas.

PREZO : 20 euros por persoa que serán entregados ao entrar.( *nen@s ata 12 anos: 10euros )

Para poder asistir ao xantar será necesario a previa inscrición. Data límite para a reserva: 14 de marzo.

Mais información e reservas nos teléfonos 986 84 70 74 / 982 22 99 66 ou a través do correo electrónico secretaria@gaiteirosgalegos.gal
Non faltes!!!!!Esperámoste!!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2018 18:22
# Ligazón permanente a este artigo
III Feira do Disco e Libro Galegos (Monterroso)
PROGRAMA DA FEIRA

10:45 APERTURA

11:00 CONTACONTOS "QUEN VÉN ESTA NOITE?" con Ana Meilán + RATOBRADOIRO para nen@s

11:00 a 12:30 OBRADOIRO ILUSTRACIÓN con LUÍS DAVILA "O BICHERO". (Para nenos de 6 a 12 anos con reserva)

11:30 PRESENTACIÓN DO LIBRO "DEIXE A SÚA MENSAXE DESPOIS DO SINAL con Arantza Portabales.

12:15 PRESENTACIÓN DISCO LIBRO INFANTIL "CAMIÑOS" con Magín Blanco.

13:15 CATA LITERARIA AO REDOR DA GUÍA "A RIBEIRA SACRA" con Manuel Garrido (Colabora Adegas Moure "Abadía da Cova")

13.45 PALESTRA "OCÉANO PARA TERRÍCOLAS" con Xurxo Souto.
Baseada nos libros "Contos da Coruña" e" Contos do mar de Irlanda"

16:30 PRESENTACIÓN DO DISCOLIBRO "O GAITEIRO DE SANTO XUSTO " O son da Ulloa con Bruno Villamor.

17:00 CONCERTO PRESENTACIÓN DISCOLIBRO "PAKOLAS" con Paco "Pakolas" Cerceira.

17:50 PRESENTACIÓN DO LIBRO "PIONEIRAS" con Anair Rodríguez.

18:30 CONCERTO PRESENTACIÓN DO DISCO "PRÓLOGO"conSamarúas.

19:15 PRESENTACIÓN LIBRO "A CONTRADICIÓN PERMANENTE" con Daniel Salgado e Martiño Noriega.

19:45 CONCERTO PRESENTACIÓN "LIVRES E LOUCAS"
con Habelas Hainas.

20:30 PRESENTACIÓN DISCOLIBRO "MANUAL EGÓLATRA BÁSICO” con Cristian Silva.

20:50 CONCERTO PRESENTACIÓN "AZOUGUE"

Pedro Lamas, Jacobo de Miguel e Xosé Lois Romero.

21.45 PRESENTACIÓN “CAIRÓN nº2” co Instituto de Estudos Ulloáns.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-03-2018 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Moxenas en Valadares (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:24
# Ligazón permanente a este artigo
Terbutalina en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
De Vacas no Porriño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:20
# Ligazón permanente a este artigo
Tiruleque na Coruña
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-03-2018 20:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer