Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Comezan as Foliadas nas Pontes

FOLIADAS 2007-2008

Un ano mais poñemos en marcha esta iniciativa que empezamos coa idea de ofrecerlle os aficionados á música tradicional de As Pontes a posibilidade de formar grupos, é tamén para os que xa os tiñan formados, a opción de poder tocar de maneira organizada. Para elo só foi necesario conseguir un local, poñerlle data, e o resto xa foi unha garantía grazas o interés que todos os grupos, tanto locais como de fora (está aberto a todos os interesados) amosaron, xunto con toda a xente que nos acompaña en cada Foliada.

Por todo elo volvemos a dar guerra outra vez todos os últimos venres de cada mes a partir do vindeiro venres 26 de Outono as 22:30 horas nas instalacions do Lar.

Para este venres, como non podía ser de outra maneira, empezamos co gaitero mais querido e estimado por todos os afecionados de as Pontes, D. Manuel, (O gaitero do Freixo) a piques de cumplir os 89 anos segue a superarse como se de un rapaz se tratase. Quedan poucos o longo de todo o pais, motivo suficiente para achegarse e comprobar que nos quedamos ben curtos cando falamos de el.

Tamén nos visitarán Os Trevillas, grupo consagrado xa, como o demostra a recente grabación do seu disco "Dalle, Dalle". A día de hoxe, se non lembro mal, é o grupo mais veterano do concello.

E como é costume, rematará a Foliada con unha repichoca a esgallo, donde se troulará ata ben metidiños na noite.

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-10-2007 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Vai aumentando a listaxe dos vindeiros Seráns

Vindeiros Seráns e Foliadas

Sábado 20 outubro:
-3ª Ruada en Arteixo (A Coruña) ás 23:00 no Paseo Fluvial
-Serán Urbán en Pontevedra ás 22:00 na Praza da Verdura.

Venres 26 outubro:
-Foliada no SalaSón (Cangas)

Venres 2 novembro:
-Serán no C.C. Parderrubias (Salceda de Caselas)

Sábado 3 novembro:
- Serán no torreiro de Matamá (Vigo)

Mércores 7 novembro:
- Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Sábado 10 novembro:
-Foliada no Parque de Eiris (A Coruña) organizada polo grupo IAR.
-Magosto en Teixois (Taramundi)

Mércores 14 novembro:
- Foliada-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Mércores 12 decembro:
- Foliada-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 12 xaneiro:
-Serán en Prado da Canda (Covelo)

Listaxe completa

Mapa dos Seráns

Seráns da tempada pasada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-10-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
3ª Ruada en Arteixo

O vindeiro 20 de outubro Xiradela organiza a 3ª Ruada en Arteixo.
Será a partir das 23:00 h. no Paseo Fluvial de Arteixo (a carón do Centro Cívico).

Dende aquí queremos convidarvos a todos os que teñades gañas de festa a que veñades e participedes dunha noite de xolda ó son das pandeiretas e das gaitas.


¡¡¡¡¡Non faltedes!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-10-2007 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán da Tempada na Sala Nasa (Compostela)
O mércores 10 ás 21,30 (2?) unha nova cita cos Seráns da NASA, coa participación das agrupacións A Gracia, Tataratá Trío, Xa Son Faif e Alvariza.

Coma sempre, un espazo para bailar e gozar da música tradicional nun contorno urbano e contemporáneo.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-10-2007 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Nova tempada de Seráns na Fábrica de Chocolate
Este mércores 3 de outubro comeza a nova tempada de Seráns na sala Fábrica de Chocolate de Vigo.

Nesta nova xeira corresponderán os seráns aos primeiros mércores de cada mes para que non haxa problemas de lembranza.

Agardamos a todos os festeiros que se animen a baixar até a rúa Rogelio Abalde e purrar por unha festa mensual onde poidamos tocar e bailar a gusto.

Serán na Fabrica de Chocolate
Cada primeiro mércores de mes
A partires das 22:30


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-10-2007 19:48
# Ligazón permanente a este artigo
Actualización do Blog e fotos do Serán das Tarambainas

Quedaba pendente a actualización do blog para esta nova tempada que escomeza. Así que, con novo logo e nova cabeceira (graciñas Edu) só quedaba por organizar os arquivos de fotos da tempada pasada.

A totalidade delas quedan incluidas no arquivo chamado:

Estoxo da tempada 2006-2007 (todas)

A selección das mellores da tempada pasada quedan no arquivo:

As mellores da Tempada 2006-2007

Teremos Especiais, e o primeiro está adicado ao noso compañeiro Tamboy, pero haberá máis...

Especial Tamboy

E xa comezando coa nova tempada de Seráns imos subindo as fotos do Serán das Tarambainas de Lavadores (Vigo), onde para ser a segunda vez que realizaban o Serán foi todo un éxito de público e participantes.

Parabéns a todas as Tarambainas, comezando por Tamara e tamén aos Tarambainos, que sabemos que houbo tamén outra xente traballando para que este Serán fose exitoso.

Serán das Tarambainas (Lavadores)




Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2007 08:21
# Ligazón permanente a este artigo
Seran en Vigo
Serán popular na Festa Veciñal 2007 - Estación Marítima de Vigo

O sábado 29 de setembro ás 21 horas terá lugar o Serán Popular dentro do programa de eventos e actividades da Festa do Movemento Veciñal de Vigo.

Compre sinalar que, a diferencia do anunciado non será no Parque de Castrelos como todos os anos, senón na Estación Marítima (xunto ao peirao de trasatlánticos) no recinto do Porto de Vigo. Este cambio de última hora é debido ás firmes previsións de chuvia na fin de semana.

Dependendo de se logo chove ou non, o serán celebrarase dentro do recinto da Estación Marítima ou fora. O equipo está a traballar para que sexa posible manter a chocolatada e os chourizos ao viño con pan a 1?, aínda que por causa da nova localización aínda non é firme que isto podar ser así...

Lembramos que para ir quentando motores e especialmente dirixido a que aqueles que aínda non saiban bailar, ás 19.30 haberá un obradoiro de iniciación ao baile galego no mesmo recinto da festa.

Sentimos as molestias do cambio de lugar e non se poda facer todo segundo o previsto. De todos modos está claro que se vindes da igual onde sexa, porque de seguro o imos pasar en grande... agardámosvos!!


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-09-2007 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Serán das Tarambainas
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-09-2007 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de O Fiadeiro
Actualizando!!!!

Seguimos a completar as foliadas e seráns pendentes.

Hoxe tócalle ao Serán de O Fiadeiro onde puidemos coincidir con xente de diversos grupos galegos que se achegaron a este Serán.

Unha aperta a Vicente e ao resto da Tropa Fiadeira.

Serán de O Fiadeiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-07-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da Festa do muiño do Verdugo
Suguimos a actualizar!!!!

O bonito e festivo día que pasamos na Festa do muiño do Verdugo deste ano.



Festa do muiño do Verdugo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-07-2007 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos dos Encontros de Carboeiro 2007

Actualizando!!!!

Un dos clásicos de festa e esmorga tradicional, os Encontros do Mosteiro de Carboeiro deste ano.

Viva Santa Ferreña!!

Encontros de música trdicional de Carboeiro
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 10-07-2007 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Carballal
Seguimos a subir fotos!!!!

Desta vez o pasado Serán do Carballal.
Xa queda menos para pornos ao día...

Serán do Carballal


Video...quen quere sacar esta peza?



Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-07-2007 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns 2006-2007
Resume Seráns tempada 2006-2007


2006


Sábado 16 setembro:
Serán das Tarambainas (Lavadores- Vigo)

Sábado 24 setembro:
II Serán urbano de Pontevedra

Sábado 31 outubro:
Serán do Samaín (Ponteareas)

Sábado 25 novembro:
Serán de Saxamonde
Serán-Magosto de A Forna de Budiño (O Porriño)

Sábado 9 decembro:
Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2007


Sábado 13 xaneiro:
Serán de Prado (Covelo)

Sábado 20 xaneiro:
Serán de Paraños (Covelo)

Sábado 27 xaneiro:
Serán de Arbo

Sábado 10 febreiro:
Serán dos Namorados (Toutón-Mondaríz)

Sábado 17 febreiro:
Serán de Gargamala-Mourelle (Mondaríz)

Sábado 24 febreiro:
Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos)

Venres 2 marzo:
Serán da Hermida (Pazos de Borbén))

Sábado 3 marzo:
Serán de Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Sábado 17 marzo:
Serán de Borreiros (Gondomar)

Sábado 7 abril:
Serán de Fozara (Ponteareas)

Sábado 14 abril:
Serán de Angudes (Crecente)
Serán de Donas (Gondomar)
Serán de Vilasobroso (Mondaríz)

Sábado 21 abril:
Serán de Moreira (Soutomaior)

Sábado 21 abril:
Serán de Lourido (Soutomaior)

Sábado 28 abril:
Serán no Porriño

Sábado 5 maio:
Serán en Valadares (Vigo)

Sábado 12 maio:
Serán en Pontevedra
Serán en Rianxo
Serán no Porriño (Capela San Benito)
Serán de Morgadáns (Gondomar)

Xoves 17 maio:
Serán en Padornes (preto de Viladesuso)

Venres 18 maio:
Serán en Laxoso (Pontecaldelas)

Sábado 19 maio:
Serán en Redondela (na Alameda)
Serán en Padróns (Ponteareas)
Serán das letras en Sobrada (Tomiño)
Serán no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas)
Serán no Frendoal (Liméns-Cangas)

Sábado 26 maio:
Serán no Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 2 xuño:
Foliada en Bertamiráns (Ames)
VIII Encontros de Carboeiro (Silleda)

Sábado 9 xuño:
Serán en Pontesampaio (Pontevedra)

Sábado 16 xuño:
Serán na zona vella de Ourense (Praza Coronel Ceano) ás 20:00

Sábado 30 xuño:
Fin de curso e Serán de O Fiadeiro na A.V.V. Cabral-Santa Mariña (Vigo) ás 20:00

Sábado 7 xullo:
Serán en Amorín (Tomiño)
Serán en Santo Estevo de Budiño (Salceda de Caselas)

Domingo 8 xullo:
Rúada Rapa na Carballeira de Sabucedo (A Estrada).

Xoves 2 de Agosto
Foliada na "Sala The Estar" (Carral)


Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-07-2007 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Derradeiro "Venrespirar" da tempada en Ourense
Este Venres día 6, a partir das 22 h., despedimos os Venrespirar desta tempada, na praza das Mercedes de Ourense, coa colaboración do Pub "Olloledo".

Como fin de festa contaremos coa actuación do grupo "Os Terribles de Donas"

Os Terribles de Donas foron unha das murgas galegas de máis éxito e prestixio que funcionou ininterrompidamente ao longo de trinta anos, dende o remate dos trinta ata finais dos sesenta. Cun repertorio diferenciado entre o que foi a primeira época do grupo (na que primaban as muiñeiras, xotas e pasodobres) e as seguintes (coa incorporación das músicas traídas polos emigrantes e as que eran difundidas por medio da radio), o nome dos Terribles de Donas foise convertendo en sinónimo de festa rachada. Na actualidade, unha nova formación intenta recuperar o repertorio orixinal daqueles "Terribles" mantendo a filosofía do grupo. Podedes escoitar e ver un video deles no seguinte enderezo http://www.uvigo.tv/VODpublic/pontenasondas.html

E coma sempre, tamén tocará o Aula de Música Tradicional Gomes Mouro e todos aqueles que se/vos animedes.

Como vedes semella unha grande noite para tod@s @s que gostamos de bailar. ¡Esperámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-07-2007 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada na Rapa das Bestas de Sabucedo

Contarase coas Pandeireteiras de Barro, Os Abrentes de Cerdedo, o Ghaiteiro do Piñeiro (Aldán)...; e por suposto tod@s @s que queirades facer Rúa.

Micros abertos!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-07-2007 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da campaña

Voltamos subir fotos!!!!

Hai tempo que non subía nada e índa temos algunhas datas pendentes...
Hoxe aproveito para subir fotos festeiras da campaña electoral.

Unha noite no Furancho da Balsa

Peche de campaña cos Festicultores no Casco vello

P.D.: Tentarei por ao día a galería de fotografías
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-06-2007 01:32
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes

O vindeiro venres día 29 de Xuño a partir das 22:30 horas, na Cafetería LAR, organizamos a derradeira Foliada desta temporada. Para a ocasión contamos cun cartel de luxo dentro do ámbito tradicional.

Para empezar visítannos ?AS DUAS?. Elas son: Sabela Caamaño e Tamara Santamariña, dúas xóvenes rapazas ferrolás que fan maravillas cos seus acordeóns. Demostrando en cada actuación que o delas é o virtuosismo, semellando facil é sinxelo todo o que fan, demostrando un control impecable e un dominio absoluto sobre o instrumento.
Teñen unha maqueta gravada no 2006, titulada ?COMEZOS?, con doce pezas, todas tradicionales, mesmo teñen gañado algún concurso internacional.

Despois poderemos contar coa presenza de Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, un dos mellores gaiteiros de Galicia: Coñecido en toda a comarca de Ordes dende que, con 11 anos, comezara a percorre-las romarías levando a maxia e a alegría da súa música. Manuel tén agora 77 anos e segue cheo de forza e de proxectos: acaba de gravar un disco e tamén de aparecer no mes de Febreiro como protagonista do programa da TVG, ALALA.

Manuel é único porque tén un xeito de tocar, o que se coñece como ?tocar pechado?, que antes era moi frecuente pero que agora pouca xente domina. Ademais conserva moi ben o repertorio propio da súa zona e que fai uns picados e uns trinos que distinguen a súa música da de calquera outro gaiteiro, poderemos comprobar a gran espectacularidade, coa sua forza de interpretación ante o público.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-06-2007 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
Despois de Xacarandaina tócalle a O Fiadeiro
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-06-2007 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Actualización da Romaría do Lecer
VII romaría do lecer

Desta vez terá lugar no Paseo das Pontes da Coruña (non no Parque de Santa Margarida coma sempre, debido ás obras) a vindeira fin de semana, 16 e 17 de Xuño.

O sábado á noite, faremos a foliada, abrirá o acto o Grupo de Música Tradicional Xacarandaina, e despois tocarán no palco grupos de toda Galicia coma Nemeth (Carballo), O Fiadeiro (Vigo), Donaire (A Coruña), Cantigas e Agarimos (Santiago)... Despois disto, poderá tocar todo aquel que queira, para seguir coa festa.
Haberá tamén un bochinche para ir mollando a gorxa.

O domingo 17, durante todo o día, levaremos a cabo a clausura de actividades dos alumnos da Asociación; haberá tamén actuación de paiasos e xogos para os máis pequenos, mostra de obradoiros artesáns, o I campionato de tute, e seguirá alí o bochinche pra recargar forzas.

Agardamos vervos por alí.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-06-2007 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da cea Amalghama-Malmequer
Comezamos a subir as fotos da cea no furancho Xungiño cos amigos de Amalghama.

Moi divertido, hai que repetilo...Pra cando outra volta ao desafío?

Bikos e apertas a tod@s

Cea Amalghama-Malmequer
Comentarios (5) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-06-2007 01:11
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Redondela
Graciñas a Xosé Covelo por pasarnos fotos do Serán de Redondela xa que, índa que estivemos por alí, os reporteiros máis dicharacheiros de Malmequer non puideron achegarse e quedamos sen fotos "oficiais".

Préstalle a ún comprobar que podes contar con outros festeiros coas mesmas inquedanzas para colaborar con este blog.

O dito Xosé, graciñas e un saúdo

P.D.: Para cando ese marabilloso Festival da Lúa Meiga no Viso?

Serán de Redondela

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-05-2007 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Pontevedra
Subidas as fotos do Serán de Pontevedra

un saúdo a tod@s

Serán de Pontevedra

Como rematou a noite de Serán?

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-05-2007 16:58
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Carballal
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-05-2007 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Cea Malmequer-Amalghama

O lugar acordado, o momento fixado, as armas elexidas e os corpos e mentes preparados?vaise facer Historia

Lugar: Furancho Xunguiño, estrada Redondela-Porriño, Km 151 (ver mapa no blog Malmequer) (é máis preto ir por Puxeiros agás os que veñan de Redondela)

Momento: Mércores 16 ás 22:00

Armas: Instrumentos varios e gorxas afinadas?

Até que o corpo aghuante...

Comentarios (10) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-05-2007 11:05
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos do Serán de Valadares
Subidas novas fotos do Serán de Valadares

un saúdo a tod@s

Serán de Valadares
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cea Malmequer-Amalghama...como chegar ao Furancho
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Faisca o 19 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Redondela o 19 de maio
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-05-2007 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Valadares
Subidas as fotos do Serán de Valadares

Serán de Valadares
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-05-2007 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de semana de Seráns...cinco

Sábado 12 maio:

Serán en Pontevedra (Praza da verdura)
Serán do Mar de Rianxo
Serán na Capela de San Benito (O Porriño)
Serán en Morgadáns (Gondomar)
Serán do Muiño de Coiro (Cangas do Morrazo)
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-05-2007 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Amalghama lanza unha luva a Malmequer

Ano do Noso Señor de dous mil sete. Os tempos son chegados. A luva cruzou o espazo entre a sen razón e o desacougo... e alguén ten que recollela.

As mulleres, os homes de Malmequer. Amalghama, as súas mulleres, os seus homes. Armados de pandeiretas, cunchas, culleres, piñas, gaitas, pandeiros, requintas. Tocadores sempre listos.

Detrás a honra e o valor que se supón. Paso ao fronte cara á mesa de batalla. Se hai que morrer que sexa dunha enchenta. Se hai que discutir que sexa regueifando.

O dezaseis de maio cambia a Lúa. Noite escura. O cuco xa se escoita dende hai días, anuncio de primavera, máis ha deixar paso ao galo da casa, ás patacas novas, ao viño de Leirado, ao licor café nacido da forza. E que a forza nos acompañe.

A mesa de batalla establécese no furancho Xunguiño. A hora da honra ás 22:00. O día dos valentes o 16 de maio. Os vitoriosos termarán dos vencidos. Serán Malmeghama.

Por aquilo de non desperdiciar animal con pluma convén confirmar asistencia de mártires e achegados. Tocadores e bailadores.


Alá arriba, non sei onde,
atopeime non sei con quen,
díxome non sei que cousa,
non lla digas a ninguén.

Amalghama

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-05-2007 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Lourido

Xa estamos ao dia, nonsí?
Subidas as fotos do Serán de Lourido

Serán de Lourido
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-05-2007 02:15
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos dunha noite cos Chichisos

Fotos da Foliada organizada polos amigos dos Chichisos na Casa do Coto de Tomeza.

Graciñas a este grupo de festeiros de furancho pola festa montada e por facernos pasar unha noite tan divertida.

Unha noite cos Chichisos
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-05-2007 01:14
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Moreira

Quedaba rezagado o Serán de Moreira.
Imos comezando a subilas.

Serán de Moreira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-04-2007 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en Cerqueda (A Coruña)
Este sábado 28 de abril, organizado polo grupo de Música e Danza Raigañas, haberá un serán ou mellor dito unha Foliada, nome co que son coñecidas este tipo de festas na Comarca de Bergantiños.

A Foliada será na parroquia de Cerqueda, preto de Malpica de Bergantiños, Costa da Morte, zona rica en pandereteiras e bailadoras.

Dende Cerqueda estades todos convidad@s.
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-04-2007 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0