Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Esta fin de semana toca elexir Serán

A elexir de tres, así que para atopar cada un sen problemas...

Vilasobroso xa aparece no mapa de seráns do blog
Mapa dos Seráns

Así que imos colocar a Donas e Angudes no seu lugar
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-04-2007 01:10
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Faisca
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-04-2007 01:03
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada de Melide
DOMINGO 29 de abril no Pazo de Congresos e Exposicións de Melide
ORGANIZA: Agrupación Folclórica "Castelo"

PROGRAMACIÓN
MOSTRA DE ARTESANÍA

EXPOSICIÓNS
Mostra sobre o traballo desenrolado pola Asociación de Gaiteiros Galegos
(Organiza: Esc. de gaita e percusión galegas Axoúxere
Colabora: Asociación de Gaiteiros Galegos)
15 Anos de música e baile
(Agrupación Folclórica Castelo)
Instrumentos Antigos
(Pepe Temprano)

CONFERENCIA
II Seminario de palletas e pallóns para gaita galega no Edif. Multiusos
(Organiza: Asociación de Gaiteiros Galegos
Participan: X.M Gil, Antón Corral, J.L. Carballo Enríquez, Juan Brea)

OBRADOIROS
A fía
Os xogos populares (AGXPT Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional)
Os maios. Obradoiro infantil (Agrupación Folclórica Castelo)

TÍTERES TRES GLOBOS "Pedro e o lobo"

XANTAR POPULAR

MOSTRA DE BAILE TRADICIONAL
A. C. Brisas do Quenllo de Numide (Tordoia)
Grupo de baile tradicional Xirandola(Bandeira)

ACTUACIÓNS
Miro Casabella
Benigno Penas (Harmónica)
Xosé Sánchez (Cantor tradicional)

MARCHA GAITEIRA
Agrupación Folclórica CASTELO (Melide)
Esc. de gaita e percusións galegas AXOÚXERE (Melide)
Gaiteiros FROITO NOVO (Melide)
OS MELIDAOS Gaiteiros (Melide)
Grupo de gaitas A MARISTELA (Sobrado)
Grupo de gaitas BICO DA BALOUTA (Agolada)
Grupo de gaitas CHARAMELA (Antas de Ulla)
Grupo de gaitas PAO DE BUXO de Saídres (Silleda)
Grupo de gaitas LUME NA LAREIRA (A Estrada)

SERÁN
A media noite QUEIMADA de balde para tódol@s asistentes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-04-2007 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da Reconquista

Comezamos a subir as fotos da Reconquista

Festa da Reconquista 2007
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-04-2007 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos da Foliada do Faísca e do Millo Corvo 2007
Subidas fotos pendentes da Foliada feita no Faísca e da festa do Millo Corvo en Meiro (Bueu).

Foliada no Faísca

Festa do Millo Corvo

P.D.: Un saudo para a xentiña que estivo onte no furancho de Matamá, pasámolo moi ben e comprometémonos que para a vindeira vez levaremos cámara fotográfica para que tamén quede proba no blog da foliada alí montada.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-03-2007 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada-Serán en Vigo este mércores 21

Como cada mes, unha nova Foliada-Serán na Sala Fábrica de Chocolate de Vigo (rúa Rogelio Abalde).

Mércores 21 de marzo.
A partires das 22:30

Estades avisados!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-03-2007 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Borreiros
Subidas as fotos do Serán de Borreiros (Gondomar).

Un saúdo a toda a xentiña que estivo por alí, a que veu do Serán do Faísca e a que quedou pola pancetada de Couso, que boa festa tiñan montada tamén...faltounos esa reportaxe fotográfica festeira-gastronómica, pero voltaremos ás festas de Couso deste ano, para montar unha boa.

Serán de Borreiros

P.D.: A calidade das fotos nos vos son moi boas pero éche o que hai...fallou a máquina non o fotógrafo.
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-03-2007 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Como chegar ao Serán de Borreiros

O serán de Borreiros será no centro cultural:

Carretera Gondomar-Baiona.

Pasamos unha rotonda baixo unha ponte.(Antes desta rotonda xa unha sinal que indica entrada para borreiros pero é máis difícil así que seguide).

No primeiro semáforo despois da rotonda á esquerda seguímola carretera ata un cruce e de novo imos á esquerda.

Todo pra diante ata que chegamos a unha farmacia, collemos á dereitas, pasamos por unha igrexa e cando vexamosa unha subida pronunciada á esquerda a collemos. Pasamos baixo unha ponte e xa estamos.

Se vos perdedes seguide as indicacións das sinais.

Vémonos en Borreiros
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-03-2007 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Unha Noite no muiño con Amalghama
Subidas fotos da festiña de onte cos amigos Pandereteir@s de Amalghama no Muiño Vello de Redondela.

Unha noite no muiño con Amalghama
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-03-2007 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos do Serán de Oliveira
Actualizada a galería de fotos do Serán de Santiago de Oliveira.

Graciñas a Nuria, reporteira destinada insitu, e aos amigos dos Muiños de Oliveira pola reportaxe fotográfica.

Para o ano hai que repetir.
Saudinhos a tod@s

Serán de Santiago de Oliveira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-03-2007 00:13
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos da Ermida e adianto de Oliveira
Xa temos completado o arquivo da Ermida e comezamos a subir as fotos do Serán de Santiago de Oliveira.
Polo momento subimos fotos do final do Serán, pero agardamos poder subir do resto da noite, a ver es@s reporteir@s...

Bikos e apertas

Serán da Hermida

Serán de Santiago de Oliveira
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-03-2007 23:42
# Ligazón permanente a este artigo
Subidas fotos do serán da Hermida
Vou adiantando fotografías do serán desta noite, iremos subindo o resto mañá con máis calma.

Saúdos a todos os novos amigos que coñecimos hoxe e cos que foi un pracer bailar e disfrutar do serán...a pesares de chegar eu tan tarde, pois sigo sen ter o don da ubicuidade, pero para iso estaba o resto da xentiña, para pasalo ben.

Bikos e apertas

Serán da Hermida
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-03-2007 05:14
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de San Vicente de Oitavén
Aproveitando o meu coñecido insomnio, vou subindo recén saídas do forno as fotografías realizadas no Serán de San Vicente de Oitavén.

Moi bo Serán, si señor, moit@ bailador@ veterano e moi bo ambiente.

Serán de San Vicente de Oitavén
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-02-2007 06:13
# Ligazón permanente a este artigo
Subidas novas fotos de Toutón
Subidas novas fotos de Toutón por petición popular.

Os que xa dichedes unha volta polas fotos a ver se adiviñades cales son as novas.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-02-2007 02:02
# Ligazón permanente a este artigo
Fotos do Serán de Gargamala
Os nosos reporteiros máis festeiros remitennos fotos do Serán de Gargamala.
Magóa de coincidir có Sábado de entroido e non houbese máis representación de Malmequer.

Vémonos no Vindeiro Serán,

Graciñas Carlos.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-02-2007 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Novas fotos de Toutón e Arbo
Xa temos nas nosas mans as fotografías do noso reporteiro máis intrépido, así que xa podemos disfrutar de máis lembranzas destes pasados seráns.

Un saúdo a tod@s aos que nos topamos por alí.
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 14-02-2007 00:57
# Ligazón permanente a este artigo
Adianto de fotos de Fotos do Serán dos namorados de Toutón
Agardando polas fotos do noso reporteiro máis dicharacheiro subimos un adianto de fotos do famoso Serán de Toutón deste ano.

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-02-2007 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Coñecendo os Seráns

Dende http://apunta.blogsome.com

Un saúdo para F. Miguez, vémonos en calquera serán.

SERÁN NA ERMIDA

Onte á tarde, un colega movilizou a media pandilla para acudirmos a un serán no concello veciño. Eran as once e media da noite cando chegamos a Pazos de Borbén, había luces de festa e unha carpa con escenario, pero nin unha soa persona, xa non digamos de festa, sinón a quen lle preguntar. Apunto por autobombo que, despois de un intre de indecisión, fixemos un alarde deductivo, apreciando que, si todavía líamos as luces de “Benvidos” de esquerda a dereita, significaba que aínda tiñamos que pasar por debaixo de elas para chegar ó sitio. Un par de kilómetros polo monte máis adiante, confirmouse a nosa apreciación.

A Ermida é unha aldea de montaña, a última de Pazos antes de chegar a Aranza, xa en Soutomaior, moi linda de visitar de día, para os que nos gustan as paisaxes de leiras en socalco, con baladiños de pedra e regueiros polas beiras do camiño, que no inverno fan de drenaxe e no verán de regadío. Como na maioría dos sitios, non se conserva exclusivamente a arquitectura tradicional, pero hai numerosos exemplos de casas e hórreos típicos da provincia de Pontevedra.
Eu iso seino porque xe estivera alí máis veces. Preto das doce da noite que chegamos alá, poco ou nada puidemos ver; tampouco era a nosa intención. O serán estaba organizado con motivo das festas na honra da Nosa Señora da Encarnación, nunha carpa instalada anexa á “Casa da Socidade de A Ermida“, a antiga escola, convertida agora ós usos lúdicos e sociais da parroquia, e que facía as veces de posto de bebidas da festa. A foto, non é a que máis me gusta, pero escollina porque ten un detalle anecdótico, na lona do fondo, tralos músicos, unha pintada medio borrada que dicía “Independencia e socialismo” (pouco se lé, pero bueno).

Debo confesar que eu nunca fun moi devoto das agrupacións folklóricas, aínda que recoñezo o seu grande esforzo pola conservación do patrimonio inmaterial da nosa terra. Pero nos seráns, a cousa cambia. Os grupos de gaiteiros, cantareiras, ou solistas, agardan o seu turno para ir pasando polo palco entre a o público, bailando e divertíndose. Non hai traxes rexionais nin uniformes, coa gaita ó lombo, ou co tamboril pousado onde non o rouben, músicos de tódalas idades bailan con xente… de tódalas idades tamén. E quen non baila, mira, rie, canta ou bebe. Fálase galego.

Contra a unha e media da máñan, metéronme unha servilleta de papel na man; tardei en me dar conta de que casi todo o mundo tiña unha o mesmo que tardou unha rapaza en me dar un vaso de plástico, co logotipo de Telefónica (esa reciclaxe, inherente ó galego).

-”¡É para o aperitivo!”- díxome sin parar de repartir.
Logo atisbei a unhas señoras con un mantón polos hombreiros, levando uns cestos con pan onde cada un se sirvía, e detrás unhas fuentes metálicas cargadas de chourizos asados, levadas por dúas personas con luvas de latex (importante detalle hixiénico) que chuzaban o embutido no cacho de pan.

Un dos repartidores, ó chegar xunto a mín, tocoume co guante no pan, deixándo o rastro dos chourizos, riuse e díxome:
-”Sólo damos salsa.”
-”Pois si sólo das salsa bótame máis, que isto non me cheja a nada.”
-”Antes díxenlle isto a un vello, e miroume con unha cara que pensei que me iba arrear, pero cando lle din o chourizo quedou maís tranquilo.”
De últimos, un xerros de plástico, cargados de viño tinto da casa, encargáronse de encher os vasos. Hubo para repetir canto se quixo, e apreciei unha grande atención dos organizadores hacia as rosquilleiras e o técnico de son.
-”Máis tarde, servirase o chocolate.”- dixo a megafonía.

A música non se detivo, nin tampouco a festa, que durou aínda unha hora máis desde que se repetira o ritual do reparto, sendo turno esta vez da rosca e o tal chocolate, ás dúas e media da mañán. Despois, a xente empezou a ir marchando, e só quedaban uns poucos para os bises e o himno galego, que puxo punto final contra as catro. Foi entón cando entendemos unha conversa con un dos organizadores, que cando lle preguntamos si non era mellor facer esas cousas no verán, respostou:
-”Isto faise no inverno, porque as noites son mais larjas.”

Ainda que o pasei ben, non vou esaxerar; os seráns non son un invento espectacular, nin unha pasada, nin outra cousa máis que unha forma espontánea de diversión, de xente que se xunta para pasalo ben, como se fixo sempre, comendo, bebendo, cantando e bailando.

Apunto, a título personal, que onte me cuestionei a utilidade dos doce anos que levo saíndo por pubs e discotecas, porque vin que se pode facer exactamente o mesmo nun ambiente de estes; incluso un da miña expedición ligou, que non é pouco. Un serán non é guai, nin moderno, nin ten glamour ningún, pero nestes días de debate estúpido sobre mega-macro-botellóns, as dúas partes deberían de baixarse dos seus arrogantes pedestais, e aprender un pouco da naturalidade da xente das aldeas.
apunta.blogsome
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-02-2007 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Mapa dos Seráns

Para que ninguén se perda polo camiño...
Comentarios (17) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-02-2007 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
Aqueles Seráns...

¡Que difícil é atopar hoxe en día a mozos e maiores divertíndose baixo un mesmo teito; a pais e fillos danzar da man e a cativos e adolescentes pasando o tempo xuntos! ¡Quen o ía dicir ! Dende logo o que máis sorprende é atopar esta escea tan entrañable e esperanzadora; unha escea na que avós, pais, fillos e netos se estean a divertir nun mesmo espazo e dun mesmo xeito. O miragro interxeracional non se conseguíu nin con campañas dos Servizos Sociais nin con medidas institucionais.

Algo tan sinxelo como a recuperación dunha tradición ten feito que , por fin, todos consigan desfrutar xuntos. Deste xeito, os seráns cobraron forza e voltaron a cobrar importancia nas axendas dos veciños. Logo dun minuicioso traballo de pescudas os seráns son capaces de facer bailar a vellos e nenos, aínda que, cos anos, vanse engadindo novos elementos nestas festas tradicionais. Iso sí, seguen sen perde-la súa esencia:. a do baile e a música como entretemento.
Luis Prego Fernández, recuperador de tradicións e músico, explíca o milagro dos seráns, ruadas, folidas, esfolladas ou tamén chamadas fiadas ou polavilas en terras de Galiza.

Cando na época dos sesenta comezaron a desaparecer os seráns ninguén se atrevería a pensar que corenta anos despois se convertirían en festas capaces de congregar a centos de persoas e,nalgúns casos, incluso milleiros.
Daqueles vinte ou trinta veciños que se divertian ao son das pandereitas pasaron a ser festas nas que non falla o viño nin os chourizos asados.

Logo de perderse completamente os seráns voltaron ás vidas dos galegos cobrando forza e ofrecendo no seu repertorio non só música e diversión, tamén comida, bebida e exhibicións de danza tradicional.

Cando Luis Prego Fernández se propuxo documentarse sobre a música tradicional galega aínda non sabía que acabaría argallando unha “festa rachada”. Este vigues apaixoado da música e as tradicións galega non podía imaxinar o que se agochaba nos recordos dos máis maiores, marcados por unha vida chea de traballo pero tamén con tempo para o lecer.

Aínda que a traxectoria de Prego comeza vinculada á asociación “De Troula”, acabou formando parte do grupo “O Fiadeiro”.
Cando Luis, acompañado doutros membros do grupo, comezou o traballo de recopilación e documentación de bailes e cantigas galegas sempre se atopaba con referencias aos seráns, unhas festas, que segundo os máis maiores das parroquias, comezaban arredor das oito da tarde e nas que se xuntaban os veciños uns tres días á semana nas noites de inverno. “A xente recollía o gando antes e coma no inverno non había outro xeito de divertirse xuntábanse onde podía, sempre a partires do outono e cando as tarefas do campo xa estaban rematadas”, explica.
Lembra Prego que un dos primeiros serán que organizou foi o da Ínsua, en Ponte Caldelas, aló polo 1991. Como tivo certo éxito continuaron xa no ano 92 facendo o serán no baixo do bar do Crego. “Xuntamos a catro pandereteiras e ao grupo de gaitas que había antigamente e propuxémoslle xuntarnos tódolos sábados e facer festa. Foi todo un éxito”.

Os primeiros seráns que recorda fixéronse nos teleclubs e nas antigas escolas, xa que aínda non había espazos habilitados para esta festa.
No ano 93 nas Cortellas de Padrón animaron a algunhas veciñas que xunto con Manolo da Nave e Domingos da Ermida organizaban o serán os sábados. Domingos, á súa vez, trouxo dende A Ermida de Pazos de Borbén a unhas señoras maiores que tocaban e así, dun xeito completamente inesperado, acadaron a esencia dun serán: reunir a xente de distintas poboacións para tocar e bailar xuntos. Deste xeito Cortellas e A Ermida foron os primeiros da comarca e facer un serán dos de antes, dos auténticos.
E así comezaron na Ermida, donde comezou a vir xente de Paredes, e de ahí, pasouse a facer un serán na casa escola de Paredes, e foi tamén nesta vila donde comezaron a recupera-las labradas. Incluso chegaron a restaurar un muíño e a polo en funcionamento para explicar o proceso de elaboración do pan. “Nos puxemos a curiosidade e eles a memoria. Foi estupendo. Fixemos un serán ó pé do río”.
Logo chegou Moscoxo, falando co crego da parroquia lle propuxeron facer un serán en cada parroquia atopando en Lence, o crego, un gran apoio. Foi ahí donde se fixo o primeiro macro-serán porque víu xente dos arredores, e foi ahí donde tomaron contacto cos veciños de Toutón que hoxe organizan o macroserán dos Namorados.
Pero tampouco quere Luis Prego esquecerse das veciñas de Sequeiros que se deron a coñecer a traverso das veciñas da Ermida.
Mentras o boca a boca facía a súa laboura de dar a coñecer a recuperación desta tradición, conseguindo que veciños de todas as vilas se interesasen, a tarefa de documentación seguía. Para quecer o corpo sustituiron a tradicional “copiña de augardente” polo chocolate con rosca.

Lembra Prego que os primeiros que comezaron a dar comidas foron os de Sequeiros e os de Toutón. Recorda, ademais, que na nave de Pousiño se deu a primeira merenda para os participantes.
“Tamén en Sequeiros se fixo o primeiro palco explícitamente para os seráns. Fixoo Manolo na súa nave porque él é ferreiro. Realmente podemos decir que o serán da nave de Manolo e o de Moscoxo foron os primeiros macro-seráns. E aí tamén comezou a rivalidade, sobre todo, na comida que se ofrecía: xamón asado, empanada... e un longo etc de boa gastronomía”.

Aqueles seráns daqueles seráns dos anos trinta, corenta e cincuenta consérvase o espírito e as ganas de divertirse porque o xeito de festexar foi cambiando. Naqueles seráns que se celebraban nos alboios das casas e nas cortes do gando non había comida, tan só ganas de pasa-lo tempo porque, en realidade, no inverno non había outro tipo de diversión, así que, unha vez rematadas as tarefas do campo, limpaban as cortes, puñan candís de carburo e collían as pandeiretas dispostos a bailar ata ben entrada a noite.

Naqueles primeiros seráns colocaban bancos para sentarse os maiores e dentro do cadrado danzaban os máis novos. Na zona de Fozara, Ponteareas, cando non había alboio cortaban piñeiros e con colmo facían o tellado para poder resgardarse do frío.
Tal foi a importancia dos seráns que nalgunhas parroquias como a Calvos de Moscoxo celebraban varios á vez para rivalizar.
Os seráns conseguían xuntar aos veciños de distintas parroquias e vilas e constituían un lugar de encontro para os namorados e nun marco entrañable da vida social. Nos bancos dos seráns tecíanse historias, rumores, cantigas e cotilleos que logo se aireaban nas coplas de entroido.

Entre algunhas das diferencias que existen cos primitivos seráns está o número de cantigas que se cantan no esceario. Antigamente a xente que subía a cantar tiña que aguantar cinco temas porque a xente o que quería é bailar para poder, entre outras cousas, ligar. Agora hai tanta xente para participar que se tocan menos pezas por grupo. Entre as pezas que se soían tocar estaban a jota, a ribeirana hoxe coñecida como muiñeira, o agarrado que é o pasodobre, a jota corrida ou balse e o dous pasos ou a mazurca que son dous ritmos distintos. “Agora existe o defecto de dárselle moita impotarcia aos grupos que tocan perdendo parte do contido humán”.

O xeito de tocar nun serán era un distintivo de cada vila ou parroquia. Cada pobo tocaba uns temas determinados e característicos da súa zona. “Agora nun serán te poden tocar un maneo, estase a globaliza-los serán e eu preferiría que cada pobo conservase o seu xeito de cantar e bailar. Coido que os grupos que van aos seráns deberían respetar aos grupos anfitrións e facer que ninguén interprete os bailes e cancións propios do seu pobo, pero para iso habería que facer unha laboura de recollida de datos que permitira documentarse e saber en cada zona que é o quese bailaba e tocaba”.

Pódese dicir que en toda Galicia se bailaba ao son da gaita,da pandeireta, das cunchas e de moitos outros instrumentos improvisados pero habería que destacar que en cada zona predominaban uns ou outros instrumentos e que en cada provincia os seráns adoptaban distintos nomes. Deste xeito, no sur da provincia de Pontevedra denominábanse seráns, en cambio no norte da provincia e en Ourense e Avión chamábanselle “ruadas”. Na zona da Fonsagrada pasabana ser “polavilas” e no Caurel “filandón”. En Bergantiños e na Coruña son “foliadas”. Noutras zonas incluso se coñecían por “fiadas” ou “esfolladas”. Nalgunha outra chamábaselle “palilladas” porque as señoras maiores aproveitaban para palillar encaixe de bolillos mentras gardaban ás netas ou ás fillas. En canto a instrumentación e ás pezas existían certas diferencias; en Avión, por exemplo, bailabase a jota, a muiñeira e o agarrado. Na Limia non tiñan pandeiretas e tocaban a trisca que eran latas de pementón ou tixolas cunha chave. Na Fonsagrada só había gaiteiros e na zona do Paradanta tocábase moito a pandeireta, o pandeiro, as cunchas ou os ferriños. O gaiteiro tan só tocaba alí donde se podía contratar, e todo se pagaba a escote, incluso a luz. En definitiva, a instrumentación, as pezas, a ausencia de comida, os bailes característicos de cada pobo e o emprazamento son algúns dos factores diferenciadores entre os seráns dos nosos avós e os de agora.

www.apeneira.com
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 18:34
# Ligazón permanente a este artigo
E logo que raio é un Serán??
E logo que raio é un Serán??

Pois Serán é o nome que se lles dá nunha ampla zona do interior da provincia de Pontevedra (concellos de Pazos de Borbén, Fornelos de Montes, Mondariz, Pontecaldelas, Soutomaior...) ás festas participativas que organiza a xente das aldeas no tempo en que non hai verbenas por ningures, e que comezaban, claro, polo “serán”, á tardiña.. Poderiamos dicir que é un “circuito de inverno”, o mellor xeito de ir de festa a tocar, cantar e bailar cando non hai máis a onde ir. Por iso a festa fana os que van ao serán:

“A ruadiña vai boa, a ruada boa vai,
a ruadiña vai boa, a conta de quen a fai”.

E tampouco o fan de calquera xeito, existe unha organización tradicional ben clara e definida para os seráns, sobre todo no tocante ás pezas que leva un baile. En xeral nesta zona comézase a tocar polos solto: primeiro a jota, e logo á muiñeira (tamén chamada ribeirana), para pasar logo aos agarrados, xeralmente dous, a escoller en orde e tipo entre a danza (ou rumba, mazurca –por confusión-, tras-trás...), o pasodoble, o valse, ou o chiqui-chiqui (ou dous pasos, mazurca...). Deste xeito os bailadores xa sabían qué bailes tocaban, estipulándose moitas veces a obriga de botar coa mesma parella os catro. Desgraciadamente esta orde respéctaa cada vez menos xente –sobre todo a máis moza, seguramente por descoñecemento-, e é unha mágoa, porque son estas cousiñas as que lle dan ese valor do antergo á festa.

Tradicionalmente ao serán íase única e exclusivamente a tocar ou a bailar, porque digamos que estaba socialmente establecido así, era un moi bo xeito de relación dos mozos coas mozas, de xeito que todo aquel que ficara fóra deste ritual era dalgún xeito desprazado socialmente:

“O que non canta nin baila, que vén facer ó serán
aprender catro mentiras, para ir contar mañán”.

E aínda hoxe é o principal cometido deles. A maior parte da xente vai aos seráns a cantar, tocar e bailar, porque de feito para eso foron creados e ese é o seu principal cometido. Pero non vos preocupedes se aínda non sabedes botar un solto: os seráns son unha moi boa escola, un dos mellores sitios onde aprender de xeito “natural” como botar unha jota ou unha muiñeira, vendo a mestría de moitos dos máis veteranos e expertos bailadores de toda a zona.

Así que animádevos, e integrádevos nunha das festas máis ancestrais e arraigadas que aínda se conservan no noso país: O SERÁN!!.

Guillerme Ignacio Costa '04

Comentarios (12) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
SERÁNS 2019-2020 (Nova tempada)
31 de agosto
- XIII Serán dos Callos (Salceda de Caselas)
- IV Serán Careco Solidario (San Claudio-Ortigueira)

6 de setembro
- Serán da Guía (A Guarda)

7 de setembro
- Foliada da Carballeira (Becerreá)

14 de setembro
- VII Serán de Alxén (Salvaterra de Miño)

21 de setembro
- V Serán de Arcos (Ponteareas), na Casa Cultural de Arcos (Adiado)

28 de setembro
- Serán Lembranzas da ría (Darbo-Cangas)

5 de outubro
- IV Serán A nosa señora da Xunqueira (Vilagarcía de Arousa)
- XIV “Serán da Colleita” en San Tomé de Parderrubias no Torreiro da Igrexa (Salceda de Caselas)
- V Serán de Arcos (Ponteareas), na Casa Cultural de Arcos
- IX Serán Tahúme (Riveira)

11 de outubro
- Serán en Rebordáns (Tui) no Centro Cultural San Fins

19 de outubro
- IV Serán de Ribadelouro (Tui)

26 de outubro
- X Serán Carballeira en Picoña (Salceda de Caselas)

1 de novembro
- II Serán A. C. SADEO na Praza Maior de Ponteareas

2 de novembro
- Serán de San Martiño (Caldelas de Tui)

9 de novembro
- Serán de Mosende (O porriño)

16 de novembro
- Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes) nos locais da Asociacion Cultural

23 de novembro
- XIV Serán A Forna en Budiño (O Porriño)

14 de marzo
- Serán de Santiago de Oliveira no centro cultural “Os Muíños de Oliveira” (Ponteareas)


Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns
Comentarios (367) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 31-01-2007 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer