Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

II Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.

VIII Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana.
VIII Alcuentru de Pandereta Gallega ya Asturiana.


O vindeiro sábado 14 de Novembro, festa rachada e convivencia astur-galaica no Retrouso de Samil (Vigo).

Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.

Programa.
-20,00h. Recibimento no Retrouso de Samil (Vigo), mesmo a carón da bolera.

-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (cumprido cocido galego, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).

-23,30h. Actuación dos grupos de pandereteiras:
-Pandereteres de Nerbia (Salas ya Tinéu-Asturies).
-Tanxedoras do Pandeiro (Vigo-Galiza).


-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).

Inscricións para a cea.
-Enviar datos persoais (nome e apelidos, teléfono, e-mail de contacto) e xeito de pagamento elixido (en conta ou en man o propio día) antes do día 10 de Novembro ao enderezo electrónico:
xuntanza_transeu@hotmail.com.

Prezos e pagamento.
-Cea máis concertos: 23 Euros.
-Só concertos (abónase na entrada): 3 Euros.

Ingreso na conta 2091 0530 38 3000031846-Caixa Galicia. Especificar “Encontro” ou “Alcuentru” e mailo nome do/a pagador/a.
Non esquezades traer o resgardo de pagamento o propio día do Encontro.

Nota importante: se queredes ficar a durmir, podedes reservar persoalmente praza no Hotel Praia Santa Baia (www.hotelpraiasantabaia.com), a 500 m. do Retrouso, que nos axeita un prezo especial para o Alcuentru de
20 €/persoa en habitacións compartidas (3, 4, 5...). Preguntade por Paz no 986 214 133, polas mañás.

Máis información en xuntanza_transeu@hotmail.com, ou no teléfono 657 209 731 (Guillerme).

Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-11-2009 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
- IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán na Illa de Arousa, no Multiusos

22 de novembro
- Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00

28 de novembro
- Serán da Forna enBudiño (O Porriño)

5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

16 de Xaneiro
- Serán en Prado da Canda (Covelo)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)

27 de febreiro
- Serán de Mouriscados (Mondariz)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:59
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada dos Cativos (Bueu)
Este sábado 7 de novembro Retrouso organiza no centro de Bueu, baixo carpa, a primeira Foliada dos Cativos. Empezará ás 17.30h da tarde, ao lado da praza de abastos de Bueu. Haberá magosto popular e escenario con equipo de son aberto á libre participación.

Buscamos involucrar ao máximo ás asociacións e grupos dos arredores pois coa Foliada dos Cativos a idea é ofrecer un punto de encontro e unha oportunidade para que toquen e bailen os máis pequenos: que suban ao escenario, que fagan súa a festa, que vexan que outros rapaces e rapazas tamén tocan e bailan, que compartan os seus gustos.

Por suposto, o escenario tamén estará aberto para os adultos, pero dando prioridade aos máis novos, mentres comen unhas castañas.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:56
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada Tapalle o Micelio!! (Orazo-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:50
# Ligazón permanente a este artigo
XXVI Noites de Carpenta (A Coruña)
O día 6 de novembro celebrarase na adega O Carpinteiro da Ronda de Outeiro, 198 da Coruña, outra Noite de Carpenta, esta vez, a edición XXVI.

Se eres gaiteir@, percusionista, bailador,... ou gustas de cantar e pasar unha boa noite de venres en boa compañía nono podes perder. Comenza a partires das once da noite e dura o que resista o corpo.

ANIMÉDEVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:49
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada (Sada)
Organizado pola Asociación de música e danza tradicional Queiroa e o Concello de Sada, o vindeiro sábado 7 de novembro ás 20:00 h, na Praza Irmáns Suárez Picallo de Sada (A Coruña), terá lugar a II Foliada da Asociación de música e danza tradicional Queiroa.

Coincidindo con ela celebrarase o Magosto municipal, no que colaborarán as Asociacións de Sada.

No transcurso da foliada, celebrarase un Concurso de baile tradicional por parellas, e haberá premios para os mellores bailaríns. Podedes participar tocando e/ou cantando no escenario, ou ben, bailando ao pé del. Sempre música tradicional. Se non queredes actuar, podedes asistir e simplemente desfrutar das actuacións.

Se desexades actuar, ou participar no concurso, confirmádeo canto antes (tel.: 617 94 08 33 / 636 69 28 00, correo: tercermolino@telefonica.netEsta dirección de correo electrónico está protegida contra los robots de spam, necesita tener Javascript activado para poder verla ). Cando saibamos o número de participantes, informarémosvos do tempo do que dispoñedes no escenario e da orde de actuación. Tralas actuacións previstas, a intervención será libre.

Haberá bochinche (castañas, bolos preñados, viño, etc.) e a media noite, queimada.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-11-2009 06:44
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da Nasa (Compostela)
Este xoves, 5 de novembro temos Serán na NASA.

Seguimos coa novidade do "Obradoiro de iniciación ós seráns" a partir das 21:30. Esta xornada adicamoslla á xota e o valse, para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile.

E para os demáis bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a grande festa.

Os grupos que van poñer música son:

1. Donaire
2. Verdegaio
3. Campantes da Baña

E TI POS O BAILE
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2009 08:59
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
31 de outubro
- Serán do Samaín no Retrouso (Samil-Vigo)
- Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
- Serán do Samaín en Redondela, na Alameda

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)
- Serán na Illa de Arousa, no Multiusos

22 de novembro
- Serán en Lourido (Salvaterra do Miño) de 17:00 a 22:00

5 de decembro
- Serán de Couso (Gondomar)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

6 de febreiro
- Serán de Oliveira (Ponteareas)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

10 de abril
- Serán de Fozara

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-10-2009 14:08
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Samaín en Redondela
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-10-2009 14:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Samaín no Retrouso (Samil-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-10-2009 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Foliada do 30 de Outubro 2009
Xa imos po la Foliada número 28


Este mes serán os compañeiros de Axouxere de Roupar, os convidados a empezar a "faena". Cando eles rematen quedará sitio para os espontaneos, pois cada vez son mais os que se achegan ata o Lar para participar na Repichoca que tan bo acollemento ten entre os afecionados a música tradicional feita nas Pontes e arredores.

http://nocombaro.spaces.live.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-10-2009 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Noites de Tasca en Sigüeiro -Oroso
Tralo descanso do verán, voltan as "Noites de Tasca" na comarca de Ordes, que se celebrarán os últimos venres de cada mes.

Venres 30 de outubro

A Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras organiza unha nova edición en Sigüeiro -Oroso (A Coruña) ca presenza do veterán mestre de gaita ANTONIO MATO da Coruña e o grupo folclórico LEMBRANZAS DO TAMBRE de Sigüeiro. E coma sempre haberá foliada toda a noite. Estades todos convidados.

Un saúdo.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 30-10-2009 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
24 de outubro
- Serán en Mondariz no Pavillón Municipal
-Magosto Serán en Matamá (Vigo)

31 de outubro
- Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
- Serán do Samaín en Redondela, na Alameda

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- IV serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-10-2009 14:42
# Ligazón permanente a este artigo
Repichoca solidaria en Narón
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-10-2009 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
17 de outubro
-III Seran do Gaiteiriño en Aldán (Cangas do Morrazo)

24 de outubro
- Serán en Mondariz no Pavillón Municipal

31 de outubro
- Serán en Rebordáns (Tui) no C. C. de San Fins
- Serán do Samaín en Redondela, na Alameda

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- IV serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

6 de marzo
- Serán de Laxoso (Pontecaldelas)

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-10-2009 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
10 de outubro
- Seran en Viladesuso (Oia) no eirado.

17 de outubro
- III Seran do Gaiteiriño en Aldán (Cangas do Morrazo)

24 de outubro
- Serán en Mondariz no Pavillón Municipal

31 de outubro
- Serán en Rebordáns (Tui)no C. C. de San Fins de Rebordans

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)
- II Foliada de Sada

13 de novembro
- Serán en Moraña

14 de novembro
- IV Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)
- Serán Urbano de Pontevedra

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-10-2009 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Viladesuso (Oia)
Este sábado día 10 de outubro, celebramos un Serán en Viladesuso (Oia), será a partir das 9 da noite no eirado.

Poremos unha carpa, haberá bocatas, viño, chocolate, chupitos e moitas gañas de pasalo ben.

Estades convidados
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-10-2009 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
I Magosto do Rincón (Cecebre)

O "I MAGOSTO DO RINCÓN", organizado pola cervexería "O Rincón" sita nos baixos da Casa

Comezo:Venres, 09 de Outubro de 2009 ás 21:00
Hora da fin:Sábado, 10 de Outubro de 2009 ás 2:00

Lugar:Baixos da CASA DA XUVENTUDE DE CECEBRE: cervexería O Rincón. (Cecebre-Cambre-A Coruña-GALICIA).

Rúa:Lugar Frais, 33
Cidade/Vila:Cambre,


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-10-2009 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do III Serán do Gaiteiriño
III Serán do Gaiteiriño
Sábado 17 de outubro na Capela de San Amaro (Aldán)


O colectivo BateaSonora fará dúas festas presentación do III Serán do Gaiteiriño:

O Xoves día 8 de Outubro a partir das 22:00h no Salasón (Cangas do MOrrazo)

O Venres día 9 de outubro no bar Labranza de Meiro (Bueu) a partir das 23:00
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-10-2009 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).

3 de outubro
- IV Serán de San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), no Torreiro da Igrexa.

24 de outubro
- Serán Urbano de Pontevedra

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)

14 de novembro
- IV serán de Sobradelo(Vilagarcía de Arousa)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)

21 de novembro
- Serán no casino de Calvos (Fornelos de Montes)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas)

1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-10-2009 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-10-2009 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Pazos (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-10-2009 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
Voltán os Seráns da Nasa (Compostela)
O vindeiro xoves 1 de outubro ás 21:00h temos o primeiro serán da Sala Nasa tras o descanso do verán.

Esta nova tempada inagurámola cunha novidade: ás 21:00h comezamos cun “obradoiro de iniciación ó serán” para que pouco a pouco cada vez sexamos máis os que enchamos a pista de baile.

Para tódolos bailadores e bailadoras espallados por Galicia e para todos os que queirades aprender o Serán da Sala Nasa é o noso punto de encontro.


Animarvos a botarlle un puntiño...


Programa do Serán:

Ás 21:00h Obradoiro de iniciación ó serán
E a partires das 21:45

-Panaraiada
-A Requinta da Laxeira
-Langhreu
-Os Revolta

Moitas grazas por difundir esta información, un bico, agardámosvos.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2009 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
26 de setembro
-Serán Carballeira (Salceda de Caselas)
-I Serán Popular de San Xoán Poulo (Vigo)

1 de outubro
-Seran na Sala Nasa (Compostela)

2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).

3 de outubro
- IV Serán de San Tomé de Parderrubias (Salceda de Caselas), no Torreiro da Igrexa.

24 de outubro
- Serán Urbano de Pontevedra

7 de novembro
- Seran en San Martiño de Ventosela (Redondela)

14 de novembro
- IV serán de Sobradelo(Vilagarcía de Arousa)
- II Serán do Furancho da Balsa (Matamá- Vigo)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

2 de Xaneiro
- II Serán en Silvoso (Pontecaldelas).
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 25-09-2009 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan as Foliadas nas Pontes
O vindeiro venres, 25 de Setembro comeza outra tempada as FOLIADAS no Lar. Esta nova andaina sae máis reforzada grazas ao apoio de oito grupos locaies que se suman á organización: Axouxere (Roupar), Muxarega, Os Suplentes, Os Trevillas, Escola Municipal, No Cómbaro, Cantareiras de Alende e Cana Vella.

Serán todos os últimos venres de cada mes dende Setembro ata Maio agás Nadal que non se fará.

Seguirá a mesma mecánica que ata o de agora, un ou dous grupos programados de antemán e de seguido “REPICHOCA INTERNACIONAL”

Os interesados en participar deberán poñerse en contacto con calquera membro da organización.

O privilexio de empezar e para o Gaiteiro Freixo que o pasado día 12 cumpreo 91 anos de idade, por máis que cumpra el segue a superarse cada día. Esta será a derradeira actuación antes de gravar para a tv. de Galicia o programa Alalá



Despois viran unhos rapaces de Fene (ROQUEMENTROQUE) que nos demostrarán como soan os acordeos ademais da mestura con outros instrumentos.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 23-09-2009 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán Carballeira (Picoña-Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 21-09-2009 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de verán (Cecebre)
Qué mellor xeito de ir despedindo a tempada deste verán 2009 que cunha nova foliada?.

Os "Gaiteiros de Cecebre" de Pedro Lamas sempre estamos a pensar nunha vinveira foliada que organizar. Vainos a boa festa, o mesmiño que a tod@s @s amig@s que asisitiron e participaron nas anteriores edicións: a Nosa Música, o Noso Baile, risas, material para referescar as gorxas e festa sana da boa... ¡Somos así!.
De xeito que, seguindo o noso costume estacional xa establecido, convidámosvos a esta nova foliada:

¡A "I FOLIADA DE VERÁN EN CECEBRE"!.

Lembraredes que o motivo principal destas foliadas é a recuperación da Nosa Música nas terras de Cecebre (Cambre-A Coruña). É por isto que sempre agradecemos infinitamente a vosa meirande presencia e participación, xa que de non ser polo voso apoio a cousa xa non sería o mesmo. De feito o vindeiro Nadal cumpriremos o primeiro ano desta iniciativa.
Por todo isto:

¡MOITAS GRACIAS A TOD@S POR TOMARES PARTE, COMPAÑEIR@S! (e moita festa tamén) ;)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-09-2009 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Foliada no Retrouso (Samil-Vigo)
Noites de música e baile tradicional (lembrando a Gaita Grileira)

Comezan hoxe xoves 17 de setembro


Aproveitando a apertura de Retrouso, un novo local adicado á música tradicional en Vigo, estase a organizar unha foliada semanal de música e baile tradicional lembrando ás míticas noites da Gaita Grileira.

Serán todos os xoves a partir das 21:30 na Tapería Retrouso (enriba da discoteca Cachamba de Samil)

Trae o teu instrumento, o ánimo para bailar e gañas de festa!!

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 17-09-2009 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
12 de setembro
-Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

13 de setembro
-II Foliada en Bribes

26 de setembro
-Serán Carballeira (Salceda de Caselas)

2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).

15 de novembro
-IV serán de Sobradelo(Vilagarcía de Arousa)

7 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)
Un ano máis as Tarambainas estamos traballando na organización do que será xa o noso 4º SERÁN, a cita será o vindeiro sábado 12 de setembro a partir das 21.30h na AVCD de Lavadores, (Ramón Nieto, 302), pretiño do antigo cuartel de Barreiro.

Está previsto que se realice na pista polideportiva pero non vos preocupedes se chove, xa que teremos o salón principal da asociación habilitado para o que poida pasar.

Esperámosvos a todos con moitas ganas de festa... ¡¡¡NON FALTEDES!!!

Un saúdo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada de Bribes (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada de Música Tradicional Fervenza de Músicas (A Estrada)
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta a segunda edición da FERVENZA DE MÚSICAS, II Foliada de Música Tradicional.

A cita musical terá lugar o próximo venres, 11 de setembro, a partir das 9 da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.

Os grupos convidados son:

-Os xeitosos de Trazo
-Regato de Matamulleres (Callobre)
-Pana Raiada (Santiago)
-Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
-Retrouso (Ouzande)

+Foliada Aberta


O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco. Tamén se poderán adquirir as camisolas da festa creadas pola deseñadora ouzandesa Rosa Herráiz.

www.carreiros.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-09-2009 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
E comezan os Seráns
4 de setembro
-I Serán nas Festas dos Liñares (Canido-Vigo)

5 de setembro
-III Serán no parque do Tamuxe en Pías- O Rosal
-III Serán dos callos na Praza do Concello de Salceda de Caselas

12 de setembro
-Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

13 de setembro
-II Foliada en Bribes

26 de setembro
-Serán Carballeira (Salceda de Caselas)

2 de outubro
-Seran en Pazos (Pontecaldelas).
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 04-09-2009 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer