Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Magosto-Serán en Saxamonde (Redondela)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-11-2010 01:08
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto da Ponte Vella en Teo
Outro ano máis, os compoñentes da Ponte Vella convidamosvos a que veñades o vindeiro sábado 27 de Novembro a disfrutar dunha noite de troula ata que o corpo aguante. Traede o que queirades: gaitas, tamboriles, bombos, acordeóns, tarrañolas, requintas...Todo o mundo pode tocar e bailar o que queira!
Teremos castañas para todo o mundo, zona amplia de aparcamento ó lado do local, barra...Todo o que fai falla!

PD: comenzará a partires das 20h para todos aqueles nenos que se queiran acercar. Para os que somos xa maiorciños, a carallada empeza as 22h!!

Esperamos que veñades!!!

Para máis info: www.apontevella.blogspot.com
Ou tamén no Tuenti e Facebook!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-11-2010 01:05
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto furtivo no Viso (Redondela)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-11-2010 01:02
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Loimil (A Estrada)
Loimil acolle este sábado un festival con case 300 cantareiras e gaiteiros, con comida popular

A parroquia estradense de Loimil conta cun dos grupos de cantareiras máis prestixiosos da zona, Ruadeira, dirixido polo silledense José Codesido Pallares. Os seus integrantes, a asociación de Mulleres Rurais da parroquia e o propio director do grupo tiñan ganas de organizar un gran encontro de cantareiras de toda Galicia e gaiteiros na propia Loimil, en forma de festa popular para recuperar a vella tradición dos seran , ou ruadas, moi típicas a principios do século pasado pero case perdidas a partir da Guerra Civil.

Os esforzos, contactos, negociacións e o propio coñecemento que posúe José Codesido sobre moitos dos grupos de cantareiras de toda Galicia acabaron frutificando, e xa para mañá, sábado, anúnciase a celebración da primeira edición dunha festa popular de música tradicional na que se espera contar con máis dunha vintena de grupos de cantareiras e de gaiteiros. E ata poderían superar as dúas ducias, segundo explican os seus organizadores.

Cinco autobuses
A festa popular iniciarase este sábado a partir das dez da noite, nunha gran carpa pechada e con canóns de calor situada xunto á vella escola da parroquia.

Ata cinco autobuses sairán ese día de distintos puntos de Galicia, como Pazos de Borbén, Avión ou Mazaricos, para trasladar a Loimil a uns 300 integrantes dos grupos que participarán. Pero tamén chegarán máis dun centenar de acompañantes, e na zona de Loimil e contorna poderían mobilizarse tamén algo máis de cen persoas para asistir a este evento, e festa, que inclúe unha comida popular, cea, na que non faltarán -sempre gratis- os callos, carne asada, petiscos, castañas e chocolate.

O grupo Ruadeira realizou nos últimos tempos diversas saídas para participar en festexos con presenza de cantareiras ou intentos de recuperar seranos. Mañá toca a devolución de visita.
O colectivo Mulleres Rurais ten aberta xestións na Deputación para que o ente provincial achegue algunha axuda económica para cubrir parte dos gastos.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-11-2010 14:27
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán dos Cogumelos en Entenza (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-11-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada de Outono de Beariz
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-11-2010 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada aniversario de Chinguilipé en Rial (Moraña)
A asociación Cultural CHINGUILIPÉ cumpre 5 anos!!. 5 anos nos cales estes 5 amigos fomos facendo música e festa en todos os lugares nos que nos chamaron.

Alá quedan esas pedazo festazas (sempre) no porquiño á brasa, ás mañás ou tardes de domingo no Carneiro, os magníficos actos do arrieiro polas letras galegas, as vodas na toxeiriña, os pasarúas polo medio de carreteras en Cuntis caldas etc, as tardes de xogos populares, esas ...noites enchendo moraña de tapas e música, aquel serán que cadra no día que máis chove de toda a década, tc, etc, etc....

Semella unha despedida, pero.... como 5 anos non son nada... ameazamos con seguir tocando! :D

E para celebralo, imos facer unha FOLIADA o VENRES 19 DE NOVEMBRO no bar CASA VARELA EN RIAL (Moraña).

Haberá boa comida, bebida e tamén bós prezos, e para amenizar todo contaremos con moit@s amig@s e compañeir@s que virán tocar con nós e facer festa ata que o corpo aguante.

Non podes faltar!, trae o teu instrumento, vén bailar e cantar, ou simplemente achégate ata Rial para pasar unha boa noite de festa ata o amencer
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 19-11-2010 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala Nasa (Compostela)
Hoxe xoves, 18 de novembro
temos SERÁN da SALA NASA.


Comezaremos cun “Obradoiro de iniciación ós baile solto” que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. Impartido nesta ocasión por Gustavo Couto.
E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h.

Os grupos que van poñer música son:
1. A Poliafonía Tabernícola
2. Cantareiros Maghúa
3. Cuarteto Os da Chaparra

E TI POS O BAILE
Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 18-11-2010 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada Folque en Compostela
A MÚSICA A TRAES TI!

Este sábado 13 de novembro organízase unha sesión musical aberta con alumnado e mestres da Escola Livre da MPG. Unha foliada pra estar, tocar e bailar. Será a partires das 21 h na Gentalha do Pichel.


Compartiremos uns petiscos antes de comezar a sesión. Trae algo para a mesa antes de ir á pista!

Facemos a convocatoria ás 21 h na sala da Gentalha do Pichel (rúa santaclara 21, Compostela). A sesión comezará algo antes das 22 h e antes haberá uns petiscos pra compartir. Así que vos convidamos a traer algo e compartilo.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 16:59
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os seráns
13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
- V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)
- Serán en Frades (Mondariz)

14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)

12 de marzo
- Serán de Laxoso

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

7 de maio
- III Serán de Boborás (Ourense)

Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán e Magosto en Lourido (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:10
# Ligazón permanente a este artigo
Magosto e Serán na Estrada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:09
# Ligazón permanente a este artigo
I Foliada (Malo será) no Galeón Vikingo (Catoira)
Iº FOLIADA (MALO SERA)NO GALEÓN VIKINGO DE CATOIRA

O día 13 de Novembro dende as 21 HORAS ata que o corpo aguante, estades convidados todos aqueles grupos de gaitas, asociacións e persoas que queiran pasar un bo rato con nós nesta I Foliada (malo será).

Todos os que queiran vir este día terán que confirmar asistencia, por cousa do PINCHO, totalmente gratuito para os musicos.

En caso de choiva, quedará aplazado.
TRAE O TEU INSTRUMRNTO...NON FALTES.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada Tápalle o Micelio!! (Orazo-A Estrada)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-11-2010 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na sala The Star (Carral)
SERÁN NA SALA THE STAR

Todos os segundos xoves de cada mes levamos á Sala The Star toda a esencia da tradición galega dos nosos seráns abertos ao público...

Xoves 11 de novembro a partir das 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 11-11-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño (Tui) ao carón da igrexa
- Serán no bar o Sifón de (Avión)
- Serán en Viladesuso
- Serán en Couso (A Estrada)

13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)
- V Serán de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

26 de febreiro
- Serán en Mouriscados (Mondariz)

12 de marzo
- Serán de Laxoso

7 de maio
- Serán do coello en Lourido (Soutomaior)

14 de maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa

21 de maio
- Serán da Insua (Ponte Caldelas) no torreiro de festas ao lado da igrexa

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2010 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Couso (A Estrada)
GRAN SERÁN o sábado 6 de novembro, con cantareiras e cantareiros, pandereteir@s, gaiteir@s e moitos baiadoras e bailadores da bisbarra e de todas as comarcas.
Quedades todos invitados. FESTA DO OUTONO en Couso, a Estrada.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2010 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada de Sada
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2010 12:34
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na semana cultural de Viladesuso (Oia)
III SEMANA CULTURAL DE VILADESUSO

Os actos da Semán cultural comezarán o día 5 de novembro a partir das 21.00 horas coa actuación do grupo: O mellor de cada casa que representará a obra "A Burla do Galo".

O sábado día 6 a partir das 17.00h haberá actividades para os máis cativos (ginkana, xogo da rá..) e a partir das 21.00 horas "Serán" a cargo da Fiada, con chocolatada.

O domingo día 7 a partir das 17.00h magosto e concurso de tortas, amenizado polo grupo "Airiños do Tamuxe"

Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2010 12:32
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Tasca en Sigueiro
O venres 5, a partir das 10 da noite, tedes unha nova cita cas NOITES DE TASCA no Bar "VDA. DE NOUCHE" (Av. de Compostela, 15) en Sigüeiro-Oroso.
Contamos ca actuación especial do grupo OS GAITEIROS DO PEDROSO, da Coruña, e do grupo folklórico NÉBOAS de Sigüeiro.


Apúntate para a 2ª eliminatoria no CONCURSO DE ATURUXOS, haberá agasallos para os clasificados.

E despois coma sempre, FOLIADA aberta a todos os que se animen a participar.

Colaboran: O Concello de Oroso e a Agrupación Folklórica NÉBOAS.

VIDE TOCAR CON NÓS!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2010 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Repichoca no mesón de Tony (Neda)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-11-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Serán do Samaín (Redondela)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada de defuntos en Cecebre
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Lar (As Pontes)
O venres, a partir das 22:30 temos unha cita no Lar.

Música Tradicional ao vivo, despois das actuacións programadas, hai sempre sitio para a música expontanea, e é esta a que mais nos sorprende cada derradeiro venres de mes pola boa calidade dos intérpretes que nos visitan.

Este mes os anfitrións serán Canavella e contan cos invitados: Ronsel do Ortegal é Alfaia das Campeiras.
Crise.....Despidos.....Paro.....Peches.....Concentracións....Folgas........... ÁNIMO COOOÑO ¡¡AS PONTES VIVE!!

http://nocombaro.spaces.live.com/


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no Cruceiro de Feás (Aranga)
Boas a todos e a todas , de novo , dende o cruceiro , estamos a argallar unha nova Foliadiña para célebrar ese momento tan máxico que é o Samahín.

Esta vez comezaremos as 20:00 aprox. cunha pequena representación cómica dunha historia do Samahín , despois virá a cea que consistirá en Xamón asado e castañas , pan e viño .
E despois xa comezaremos a Foliada ate que o corpo aguante.

Esperamosvos¡¡¡
http://ocruceirodefeas.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:34
# Ligazón permanente a este artigo
Fiada en Trazo

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-10-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Sala Nasa (Compostela D.C.)
Hoxe xoves, 28 de outubro retornamos cos SERÁN da SALA NASA.

Continuamos coa novidade deste ano, “Obradoiro de iniciación ós seráns”que se desenvolverá a partir das 21.30h para que pouco a pouco sexamos máis na pista de baile. Impartido nesta ocasión por Marcos Botana

E para os demais bailadores e bailadoras espallados por Galiza adiante, unha vez rematado este tempo de aprendizaxe, comezará a gran festa ás 22.15h.

Os grupos que van poñer música son:

1. Pandereteiras do Centro Cultural A Ponte Vella
2. Gaiteiros do Centro Cultural A Ponte Vella
3. Quarteto da Gentalha do Pichel
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 28-10-2010 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
O Serán de Randufe (A Cañiza)
O primeiro serán de Randufe, no concello da Caniza, foi todo un éxito. Un amplío aparcamento, a comodidade do aceso e a boa organización, fan que este serán se consolide con facilidade no futuro. As Pandereteiras de Randufe, organizadoras do serán, non escatimaron esforzos, coidaron tódolos detalles, mesmo a decoración do escenario foi chamada de atención do numeroso publico asistente.

SERÁN DE RANDUFE - A CANIZA from forxa on Vimeo.



www.blogoteca.com/pradodacanda
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 27-10-2010 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol
- Serán en Barcela (Arbo)
- Serán no casino de Antas (A Lama)
- Serán en Mosende (O Porriño)

30 de outubro
- Serán en Arantei (Salvaterra de Miño) no Pavillón de Deportes

31 de outubro
- Serán do Samaín na Alameda de Redondela.

6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño (Tui) ao carón da igrexa

13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

14 novembro
-II Serán de Lourido (Salvaterra de Miño)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

12 de marzo
- Serán de Laxoso

2 de abril
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara

Comentarios (4) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-10-2010 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
16 de Outubro
- Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
- Ruada de Arteixo

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol
- Serán en Barcela (Arbo)
- Serán no casino de Antas (A Lama)

31 de outubro
- Serán do Samaín na Alameda de Redondela.

6 de Novembro
- III Foliada de Sada
- Serán en Caldelas do Miño ao carón da igrexa

13 de Novembro
- Serán na casa do Pobo da Esfarrapada (Anceu - Pontecaldelas)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

19 de Febreiro
-Serán de Santiago de Oliveira

5 de marzo
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)

30 de Abril
- V Noite de Fiadeiro (Ramirás)
- Serán de Fozara
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2010 14:18
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán do Furancho da Balsa (Matamá - Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2010 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
VI Ruada en Arteixo
Sábado 16 Outubro ás 22:30
Praza do Balneario de Arteixo



Un ano máis estades todos convidados á nosa ruada, celebrarémola na Praza do Balneario como o ano pasado, non podedes faltar, haberá festa toda a noite.

Agardámos a todos para bailar, cantar e pasar unha noite de troula


Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-10-2010 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Este Mércores día 6, comezan as Foliadas do curso 2010-2011 na Casa das Crechas.

Non será un concerto típico, con repertorio fixo e un plantel de artistas pechado, senon, como cada mércores no seu espazo orixinal, unha festa aberta á participación de músicos profesionais ou amateurs que saiban tocar ou cantar e que queiran unirse á banda.


Saúde.
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-10-2010 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Volven os Seráns á Sala The Star (Carral)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-10-2010 09:37
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en San Tome de Parderrubias (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 01-10-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer