|
|
|
|
| Festival Noalla Viva (Sanxenxo) |
|
 |
|
|
|
|
| XII Folk de Raiz (Callobre-A Estrada) |
|
Xoves 14 de xullo
- Xuntanza dos Regatos
- Esquíos
- Os ke hai
- Trioliro
Venres 15 de xullo
- Tiruleque
- Regato de Matamulleres
- Pandereteiras Son da Fervenza
- Zurrumalla
- O Arco
A duodécima edición do Festival Folk de Raíz de Callobre arrinca hoxe ás 22.00 horas coa actuación de Xuntanza dos Regatos de Orazo, Esquíos da Estrada, Os Ke Hai da Estrada e Callobre; e Trioliro procedente de Vigo e Gondomar. Ademais, os asistentes poderán gozar dunha queimada gratis.
Mañá, estarán en Callobre Tiruleque da provincia da Coruña, Regato de Matamulleres da Estrada e Callobre, Pandereteiras Son da Fervenza de Escuadro (Silleda), Zurrumalla de Vigo e Gondomar e O Arco de Merza.
O festival contará cunha zona de acampada, pulpeiros, artesáns e un amplo aparcadoiro. As actuacións celébranse este ano, por primeira vez, no campo da festa. Os organizadores aseguran que o cambio de contorna débese "a que no campo da festa hai máis colorido e é máis enxebre". Afirman que "así axudará a crear ambiente" nunha festa que reivindica a música popular galega.
Os grupos Regato de Matamulleres e Os Ke Hai repiten actuación no festival, posto que os compoñentes forman parte da Asociación Cultural Regatos, ente organizador do festival.
Por outra banda, este ano aumentarán as exposicións dos artesáns xa que "axudan a crear ambiente", afirmou José Tato, un dos organizadores. A asociación calcula unha media de 1.000 asistentes todos os anos. Afirman que o certame "conta con moita afluencia de persoas desde a primeira edición". Os organizadores resaltan que o público do xoves está composto maioritariamente por mozos e os venres por xente de mediana idade.
O festival xurdiu hai doce anos de mans de José Tato, que por mor de ser un dos compoñentes da comisión de festas, decidiu organizalo para dar cabida á música tradicional.
 |
|
|
|
|
| II Festival Folc Illa de San Simón (Cesantes-Redondela) |
|
 |
|
|
|
|
| Comeza o Festival de Ortigueira 2011 |
|
Xoves 7 de xullo:
- Proxecto Runas: Riveira (Chile), Ulträqäns (Galiza), StolenNotes (Andalucía)
- Oscar Ibañez&Tribu (Galiza)
- Skerryvore (Escocia)
Venres 8 de xullo
- Escola De Gaitas De Ortigueira (Galiza)
- Berrogüetto (Galiza)
- Brian Finnegan Big Band (Irlanda)
- David Pasquet Group (Bretaña)
- Urban Folk Quartet (Inglaterra)
Sábado 9 de xullo
- Rua Macmillan Trio (Escocia)
- Luar Na Lubre (Galiza)
- The Elders (Eeuu)
- Searson (Canada)
- The Crass (Galiza)
Domingo 10 de xullo
- Desfile de bandas
www.festivaldeortigueira.com |
|
|
|
|
| Festival Música na noite (Teo) |
|
www.musicananoite.eu |
|
|
|
|
| Festival do Río Castro (Narahío) |
|
http://riocastro.blogspot.com |
|
|
|
|
| Festival Asalto ao Castelo (Vimianzo) |
|
http://asaltoaocastelo.org |
|
|
|
|
| Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo) |
|
www.sonsdalameira.com |
|
|
|
|
| Festival Arde Rande (Chapela-Redondela) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival A chorar a Cangas (Cangas do Morrazo) |
|
 |
|
|
|
|
| II Festival da cultura proletaria (Cangas do Morrazo)) |
|
 |
|
|
|
|
| Derrame Rock (Ourense) |
|
 |
|
|
|
|
| Folk in Río 2011 |
|
 |
|
|
|
|
| V Festifolk (Mugardos) |
|
Este sábado día 18 a parroquia mugardesa de San Xoán de Piñeiro vivirá unha xornada intensa coa celebración da V edición do Festifolk, unha cita que une a música tradicional coa artesanía, o deporte tradicional, o circo de rúa e, por suposto, a gastronomía.
Unha pequena comisión composta por tres persoas e varios axudantes porá en marcha unha celebración que, a pesar da crise, segue apostando por dinamizar a parroquia e ser un escaparate das novas bandas de folk da comarca. “Este ano o presuposto está moi axustado –destaca desde a organización Rubén Iglesias–. Ao non seren asociación cultural as axudas chegan do concello de Mugardos, da SCRD San Xoán de Piñeiro e, neste tempo de crise, os grupos non veñen polos cartos. De feito algún dixo que se non podían cobrar tampouco pasaba nada, pero esperemos que cobren”.
Así, cun presuposto que apenas sobrepasa os 6.000 euros a mocedade de San Xoán de Piñeiro levou a cabo un programa moi completo con especial atención na música tradicional galega.
Programación
As actividades na pista municipal comezan ás 9.00 horas cunha feira de artesanía, unha exposición de bonsais e xogos gratuítos para os máis pequenos.
A partir das 14.00 horas haberá un menú a base de churrasco, porco ao espeto e bebidas a un prezo de sete euros.
A partir das 16.00 horas celébrase un aberto de billarda e, ao redor das 18.00 horas, haberá un espectáculo aberto de circo de rúa coa compañía Assircopatas.
A música comezará a soar a partir das 19.00 horas.
Os protagonistas serán o sexteto pontés Feroces da Galgueira; os ferroláns Chiculate; o home orquestra César Freiría ou, o que é o mesmo, Cé Orquestra Pantasma; a banda ferrolá de fol irlandés Boj; Tiruleque de A Coruña; os ponteses Muxarega e, finalmente, o folk rock de Estimaba que Viñeras. Concertos que se desenvolverán baixo unha gran carpa ao abrigo das inclemencias do tempo.
Así mesmo, a entrada ao festival é de balde ao igual que a zona de acampada, con duchas, nas inmediacións do parque municipal. A organización calcula que ao longo do día poderán ser visitados por entre 1.500 e 2.000 persoas, algo máis que o ano pasado, unha tendencia crecente que, aseguran, mantense desde as primeiras edicións do festival mugardés.
|
|
|
|
|
| Festival Ou Beade 2011 |
|
 |
|
|
|
|
| Festival Rock `n` Costa |
|
 |
|
|
|
|
| Fesltival Briganfolk en Betanzos |
|
Axenda do Festival
Día 11 de xuño:
11:00.- Desfile de todos os grupos por Betanzos.
13:00.- Inauguración do recinto do Festival en O Carregal. Contará con zona de alimentación e bebidas, postos de artesanías e bloques de entretemento a cargo dos grupos invitados.
18:00.- Presentación de todos os grupos invitados.
22:00.- Concerto a cargo de Roncarela (Folk-Rock), Talu Teranga (Folk-Fusion) e Xosé Manuel Budiño.
Día 12 de xuño:
12:00.- Apertura do recinto coas devanditas tendas de artesanía e obradoiros.
17:00.- Continúa a presentación dos grupos invitados.
20:00.- Concerto a cargo de dávos troula (Folk), Berros do castro (Folk) e Susana Seivane.
Os grupos convidados son os seguintes:
Os Brigantinos, Os Azougados de Churio, Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo, Grupo de Danza Azougue, As Garelas, Patuleiriñas de Aranga, Banda de Gaites Vila de Xixón (Asturies), Banda de Gaitas Castro Bergidum (León), Grupo de Danzas O Castro de Columbrianos (León), Aldaba (Salamanca), Paca Briceño (Cádiz), Banda de gaites de Corvera (Asturies) e o Ballet Folclórico de Chiapas (México).
Ademais do anterior, haberá unha zona de acampada para os/as máis valentes, un sorteo de 300 euros previa compra de papeleta. |
|
|
|
|
| 15 anos combatendo a Espanha e ao Capital |
|
A Assembleia da Mocidade Independentista faz este ano 2011 quinze anos desde a sua primeira Assembleia Nacional. Imos celebra-lo, e apresentamos a nossa programoçom para este dia festivo, mais também reivindicativo. A data escolhida é este sábado, dia onze de junho, na cidade de Vigo.
Programaçom:
14.00: Jantar de confraternizaçom
Celebrara-se no L.S. Faísca, Rua Toledo nº 9, Calvário.
17.00: Projeçom do documentário: "A nossa luita é imparável. Quinze anos de Mocidade Independentista"
Video-documentário que resume quinze anos da militância da AMI. Intervençons de antigas militantes e videos e imagens de mobilizaçons sucederam-se ao longo de case umha hora.
18.30: Quinze anos da militância, quinze anos de resistência.
Intervençom das organizaçons convidadas
Intervençom de várias ex-militantes. Falaram antigas militantes da organizaçom, divididas em funçom a época na que militaram (1993-1996/ 1996-2001/ 2001-2005/ 2005-2010)
19.30: Video homenagem a Martinho
20.00: Intervençom política dumha repressentante da AMI
21.00: Petiscos e sorteio de cadros de cartazes históricos da AMI.
Seram no bar irmandinhos, sito na Rua Irmandinhos.
22.30: Concerto: Marxe Esquerda e Skárnio.
Celebraram-se na Sala inferno, sita na Rua Colón, nº 37.
A venta de entradas para o concerto estam disponhíveis em:
Compostela: A Gentalha do Pichel, Pub Avante, Bar As duas
Vigo: C.S. Revolta, Bar Irmandinhos.
Lugo: C.S. Mádia Leva
Ourense: C.S. o Pintxe
Ponte-Vedra: C.S. a Revira
Corunha: bar Faluya.
Estaram também a venda o dia do concerto.
Quinze anos combatendo a Espanha e ao Capital!
Resistir, combater, vencer! |
|
|
|
|
| V Festival Alternativo Millo Verde |
|
O venres 10 e o sábado 11 de xuño celebrarase en Redondela a V edición do Festival Alternativo Millo Verde, organizado pola Asociación Millo Verde e realizado grazas ao apoio do comercio local da vila.
Nun importante esforzo de achegar o festival a tódolos públicos, organizáronse actividades de día para nenos e maiores, que se englobarán dentro dunha Jam Graffiti, deste xeito todos os artistas de rúa estarán representados dende Djs, rapeiros e grafiteiros ata espectáculos de rúa de novo circo e maxia. Tamén se ofertarán obradoiros totalmente gratuítos para os máis cativos.
En canto a concertos, o venres abrirán dúas bandas de Redondela, Marxe Eskerda gañador do concurso de maquetas, e o electro-indi de Belöp , que precederán aos holandeses Pedro Delgado’s espectaculares no estilo bluegrass. Por últimos a música do mundo estará representada polos portugueses Terrakota.
O sábado continuarase coa aposta de mesturar grupos galegos con bandas estatais e internacionais, deste xeito escoitaremos o punk rock galego de Kastomä, a fusión de flamenco electro rock dos madrileños Fuel Fandango, o folk galego da Banda Balbina, a Keko Yoma que traen especialmente de chile o seu peculiar estilo de rock fusión, e como último, para cerrar o festival, a abríante música trance de Olive tree Dance.
Información sobre todas as actividades e bandas en milloverde.blogaliza.org
Organiza Asociación Millo Verde |
|
|
|
|
| Músicas x Dez. Festival 10º aniversario da AC A Fervenza de Ouzande |
|
ASOCIACIÓN CULTURAL A FERVENZA DE OUZANDE
OUZANDE, A ESTRADA
VENRES 10 DE XUÑO
22:30 HORAS
CAMPO DA FESTA DE OUZANDE
OUZANDE, A ESTRADA
Concerto de Narf e The Homens para celebrar os décimo aniversario da AC A Fervenza de OUzande.
Servizo de bar e bocatas.
Venda de camisolas conmemorativas.
DEZ X DEZ. Proxección das cen mellores imaxes de dez anos de actividades.
Boa música e diversión no Campo da Festa de Ouzande
A Fervenza de Ouzande |
|
|
|
|
| DUF 2011 - festa para o diálogo intercultural |
|
VENRES, 10 XUÑO
DUF Escola Hora: 10:00
Obradoiros para escolares Co CEIP do María Barbeito con:
+MC García "A cultura Hip Hop"
+Galu Teranga "A música no Senegal"
DUF Rúa Hora: 17:30 - 20.30 h - Praza das Conchiñas
+Hora: 17:30 “Disco Delivery” de Dj Capuzzi y la Señorita X (Arxentina)
+Hora: 18: 30 Obradoiro de batuke Trópico de Grelos (Santiago)
+Hora: 19:30 Convivio musical Senegal-Galiza con Galu Teranga (Senegal) e Pandereteiros Maghúa (Coruña)
DUF Noite Hora: 20:30 . Centro Ágora
+ Concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira: (Brasil-Galiza) concerto presentación de Acrobata
Ligazóns
DUF'11, 1ª festa para o diálogo intercultural |
|
|
|
|
| Presenza galega e asturiana no Festival Intercéltico de Lorient 2011 |
|
Presenza Galega no Festival Intercéltico de Lorient, adicado este ano ás diáspora dos países celtas.
* O Fiadeiro, o Sábado, 06 de agosto 2011 no Espace Marine.
* Pablo Seoane, o Luns, 8 de agosto 2011 e o Martes, 09 de agosto 2011 no Pazo de Congresos.
* Luz Casal, o Martes, 09 de agosto 2011 no Espace Marine.
* Ialma, o Mércores, 10 de agosto 2011 no Espace Marine.
* Carlos Núñez, o Xoves, 11 de agosto 2011 no Espace Marine.
* Tiruleque , o Xoves, 11 de agosto 2011 no Pazo de Congresos, e o Venres, 12 de agosto 2011 no Quai de la Bretagne.
E como non a presenza dos curmáns asturianos…
* Hevia, o Sábado, 06 de agosto 2011 no Marine Espacial.
* Llangres, o Luns, 8 de agosto 2011 no Quai de la Bretagne, e o Xoves, 11 de agosto 2011 no Pazo de Congresos.
* Blima, o Mércoress, 10 de agosto 2011 no Pazo de Congresos.
|
|
|
|
|
| DUF 2011 - festa para o diálogo intercultural |
|
XOVES, 9 XUÑO
DUF Foro Hora: 19:30. Centro Ágora
“A Música como fenómeno transcultural” Diálogos, concerto-exprés e proxeción de audiovisuais
Conduce: Marcos Lorenzo. Economista e antropólogo
Interveñen: +
+ Héctor M. Pose (Doutor en Psicopedagoxía. Universidade da Coruña)
+ Ghaleb Jaber Martínez (Director do AMAL, Festival Internacional de Cine Euro Árabe)
+ Josep Fornés e Enric Miró (Director e Xefe de Exposicións do Museu Etnològic de Barcelona)
+ Concerto exprés a cargo de Beppe Branca (Italia) |
|
|
|
|
| Festival da Chaira 2011 |
|
 |
|
|
|
|
| Derrame Rock 2011 |
|
 |
|
|
|
|
| III Ciclo de Músicas Inmigradas: Uruguay |
|
URUGUAY
Venres 3 e 10 de xuño
18:30 a 20:30
Salón de actos da e-Trad ou patio da Escola de Artes e Oficios (dependerá da meteoroloxía)
Entrada libre ata completar aforo
Os Ciclos de Músicas Inmigradas que leva organizado a e-Trad dende o seu inicio (como actividade libre dentro do seu programa de actividades extrescolares dos venres pola tarde) teñen como fundamento dar a coñecer culturas foráneas á nosa da man de personas pertencentes a elas que, por unhas razóns ou por outras, trocaron o seu lugar de procedencia polo noso.
Os protagonistas destas xornadas falarán das formas de vida, sociedade, gastronomía e, por suposto, das músicas e danzas tradiccionais do seu pais. Das posibles semellazas e diferenzas entre a súa cultura e a nosa. Da súa andaina por estes lares, o encontro coa nosa música …
En definitiva, trátase de fomentar a unión e a comunicación entre as diversas culturas que conviven xuntas facilitando a súa integración. Comprender que todolos pobos comparten a mesma forma de se divertir e unha linguaxe común; a música.
Este ano xa contamos coa presenza de representantes de Rumanía na primeira parte do ciclo e agora queda a segunda parte con representantes de Uruguay que empregarán a primeira tarde para poñernos en contexto: falar do seu país (localización, sociedade, economía, política …) e achegarnos ás súas tradicións musicais e danzas a través dunha serie de actividades nas que poderán participar todolos asistentes. A segunda xornada será de repaso das actividades e mostra da gastronomía do país, rematando festivamente cun intercambio cultural Galicia- Uruguay.
Ion Stan e Cristian Busuioc, da Asociación Puente Cultural Rumano Gallego, co grupo folclórico de dita asociación afincada en Santiago, foron os encargados de amosar o folclore e realizar actividades e demostracións musicais e de danza rumanas os días 13 e 20 de maio. E será agora a Comparsa “Urumundo”, membros da Asociación Uruguayos por el Mundo de Vigo, a protagonista da segunda parte deste III ciclo que se levará a cabo os días 3 e 10 de xuño co mesmo horario da primeira parte. Centraranse no xénero musical afro-uruguayo “candombe”, recoñecido pola UNESCO como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. |
|
|
|
|
| Festival Rock `n` Costa |
|
 |
|
|
|
|
| Músicas x Dez. Festival 10º aniversario da AC A Fervenza de Ouzande |
|
ASOCIACIÓN CULTURAL A FERVENZA DE OUZANDE
OUZANDE, A ESTRADA
VENRES 10 DE XUÑO
22:30 HORAS
CAMPO DA FESTA DE OUZANDE
OUZANDE, A ESTRADA
Concerto de Narf e The Homens para celebrar os décimo aniversario da AC A Fervenza de OUzande.
Servizo de bar e bocatas.
Venda de camisolas conmemorativas.
DEZ X DEZ. Proxección das cen mellores imaxes de dez anos de actividades.
Boa música e diversión no Campo da Festa de Ouzande
A Fervenza de Ouzande |
|
|
|
|
| Fesltival Briganfolk en Betanzos |
|
 Axenda do Festival
Día 11 de xuño:
11:00.- Desfile de todos os grupos por Betanzos.
13:00.- Inauguración do recinto do Festival en O Carregal. Contará con zona de alimentación e bebidas, postos de artesanías e bloques de entretemento a cargo dos grupos invitados.
18:00.- Presentación de todos os grupos invitados.
22:00.- Concerto a cargo de Roncarela (Folk-Rock), Talu Teranga (Folk-Fusion) e Xosé Manuel Budiño.
Día 12 de xuño:
12:00.- Apertura do recinto coas devanditas tendas de artesanía e obradoiros.
17:00.- Continúa a presentación dos grupos invitados.
20:00.- Concerto a cargo de dávos troula (Folk), Berros do castro (Folk) e Susana Seivane.
Os grupos convidados son os seguintes:
Os Brigantinos, Os Azougados de Churio, Danzas Gremiais Xóvenes do Pobo, Grupo de Danza Azougue, As Garelas, Patuleiriñas de Aranga, Banda de Gaites Vila de Xixón (Asturies), Banda de Gaitas Castro Bergidum (León), Grupo de Danzas O Castro de Columbrianos (León), Aldaba (Salamanca), Paca Briceño (Cádiz), Banda de gaites de Corvera (Asturies) e o Ballet Folclórico de Chiapas (México).
Ademais do anterior, haberá unha zona de acampada para os/as máis valentes, un sorteo de 300 euros previa compra de papeleta. |
|
|
|
|
| V Festival Alternativo Millo Verde |
|
O venres 10 e o sábado 11 de xuño celebrarase en Redondela a V edición do Festival Alternativo Millo Verde, organizado pola Asociación Millo Verde e realizado grazas ao apoio do comercio local da vila.
Nun importante esforzo de achegar o festival a tódolos públicos, organizáronse actividades de día para nenos e maiores, que se englobarán dentro dunha Jam Graffiti, deste xeito todos os artistas de rúa estarán representados dende Djs, rapeiros e grafiteiros ata espectáculos de rúa de novo circo e maxia. Tamén se ofertarán obradoiros totalmente gratuítos para os máis cativos.
En canto a concertos, o venres abrirán dúas bandas de Redondela, Marxe Eskerda gañador do concurso de maquetas, e o electro-indi de Belöp , que precederán aos holandeses Pedro Delgado’s espectaculares no estilo bluegrass. Por últimos a música do mundo estará representada polos portugueses Terrakota.
O sábado continuarase coa aposta de mesturar grupos galegos con bandas estatais e internacionais, deste xeito escoitaremos o punk rock galego de Kastomä, a fusión de flamenco electro rock dos madrileños Fuel Fandango, o folk galego da Banda Balbina, a Keko Yoma que traen especialmente de chile o seu peculiar estilo de rock fusión, e como último, para cerrar o festival, a abríante música trance de Olive tree Dance.
Información sobre todas as actividades e bandas en milloverde.blogaliza.org
Organiza Asociación Millo Verde |
|
|
|
|
| 15 anos combatendo a Espanha e ao Capital |
|
A Assembleia da Mocidade Independentista faz este ano 2011 quinze anos desde a sua primeira Assembleia Nacional. Imos celebra-lo, e apresentamos a nossa programoçom para este dia festivo, mais também reivindicativo. A data escolhida é este sábado, dia onze de junho, na cidade de Vigo.
Programaçom:
14.00: Jantar de confraternizaçom
Celebrara-se no L.S. Faísca, Rua Toledo nº 9, Calvário.
17.00: Projeçom do documentário: "A nossa luita é imparável. Quinze anos de Mocidade Independentista"
Video-documentário que resume quinze anos da militância da AMI. Intervençons de antigas militantes e videos e imagens de mobilizaçons sucederam-se ao longo de case umha hora.
18.30: Quinze anos da militância, quinze anos de resistência.
Intervençom das organizaçons convidadas
Intervençom de várias ex-militantes. Falaram antigas militantes da organizaçom, divididas em funçom a época na que militaram (1993-1996/ 1996-2001/ 2001-2005/ 2005-2010)
19.30: Video homenagem a Martinho
20.00: Intervençom política dumha repressentante da AMI
21.00: Petiscos e sorteio de cadros de cartazes históricos da AMI.
Seram no bar irmandinhos, sito na Rua Irmandinhos.
22.30: Concerto: Marxe Esquerda e Skárnio.
Celebraram-se na Sala inferno, sita na Rua Colón, nº 37.
A venta de entradas para o concerto estam disponhíveis em:
Compostela: A Gentalha do Pichel, Pub Avante, Bar As duas
Vigo: C.S. Revolta, Bar Irmandinhos.
Lugo: C.S. Mádia Leva
Ourense: C.S. o Pintxe
Ponte-Vedra: C.S. a Revira
Corunha: bar Faluya.
Estaram também a venda o dia do concerto.
Quinze anos combatendo a Espanha e ao Capital!
Resistir, combater, vencer! |
|
|
|
|
| Proxecto Runas 2011 - Festival de Ortigueira |
|
Ulträqäns, Stolen Notes e Riveira abrirán o Festival Ortigueira 2011 como finalistas do concurso de grupos folk emerxentes.
Xa se coñecen as tres bandas que inaugurarán, no marco do Proxecto Runas, de promoción de grupos noveis, o Festival do Mundo Celta 2011. As formacións seleccionadas, que competirán en directo por formar parte da programación do próximo ano, son: Ulträqäns, Stolen Notes e Riveira (clasificados nesta orde). Por primeira vez, chega á final unha banda do outro lado do Atlántico.
A elección, segundo estaba previsto, foi responsabilidade compartida entre os internautas e un xurado especializado, integrado polo líder de Luar na Lubre, Bieito Romero; Manuel Garrido Rodríguez, músico e profesor de gaita; o crítico de Mondosonoro, Nonito Pereira Rey e o axente musical, Marcos Valles. A comunidade de visitantes da web oficial, que rexistrou 26.105 votos, foi o quinto membro deste particular tribunal.
Os finalistas- Ulträqäns (Galicia, 2007), Riveira (Chile, 2005) e Stolen Notes (Andalucía, 2007)- representan distintas formas de entender o folk, aínda que apostan todos eles por propostas de fusión; fusión de instrumentos tradicionais e modernos e mestura de sons tradicionais e novos estilos.
Riveira, o primeiro grupo de fóra da Península Ibérica que entra na final do Concurso Runas, será o encargado de inaugurar a sesión de concertos. A banda, un dos máximos expoñentes da música celta en Chile, debuta en Ortigueira coa súa particular revisión da música tradicional celta galega e irlandesa, recollida no seu álbum, "Una mágica frontera".
Seguirá o cuarteto andaluz, Stolen Notes, coa súa proposta baseada en arranxos dunha coidadosa selección de melodías tradicionais irlandesas e doutros países do Arco Atlántico, ademais de composicións propias. Trátase dun proxecto concibido para os directos como, sen dúbida, o é o dos coruñeses, Ulträqäns, banda de punk folk, que reúne a ex compoñentes de grupos como Os Diplomáticos ou Ruxe ruxe, que presentan o seu primeiro traballo editado, unha clara aposta por "música frenética para a festa" con influencias de músicas de raíz europeas e do folk rock.
Estas tres bandas folk emerxentes abrirán o XXVII Festival internacional do Mundo Celta, que se celebra do 7 ao 10 de xullo, organizado polo Concello de Ortigueira. A mellor delas converterase no primeira formación confirmada do cartel do ano 2012 e embolsarase 4.000 euros.
|
|
|
|
|
| VII Gala Esta Noite Hai Unha Fía de Oficios e Labores |
|
Espectáculo de baile e música tradicional
Sábado 4 de xuño
Hora comezo: 20.00
Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia Teatro - Vigo
Podedes mercar as entradas chamando os seguintes teléfonos: 986 110 500 ou 902 504 500.
Tamén na web www.servinova.com
Prezo butaca e primeiro anfiteatro: 12.00 euros
Prezo segundo anfiteatro: 9.00 euros
Prezo terceiro anfiteatro: 6.00 euros
Calquera dúbida xa sabedes onde estamos |
|
|
|
|
| VIII Manguelo Folk (Orazo-A Estrada) |
|
 |
|
|
|
|
| Festa pola lingua (A Coruña) |
|
“O galego medra contigo!”: concerto de Ondas Martenot, Os Tres Trebóns e Skacha
Sábado 14
Parque de Santa Margarida
21:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro da campaña "O galego medra contigo!", organizada pola Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística, concerto de Ondas Martenot (en homenaxe a Lois Pereiro), Os Tres Trebóns e Skacha.
|
|
|
|
|
|
|
|