Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Magosto Castañazo en Maceda
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-10-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Festival de música Galega en Barcelona
O XXIV FESTIVAL DE MÚSICA GALEGA EN BARCELONA celebrarase o vindeiro 25 de Outubro de 2008 no Palacio de Congresos de Montjuïc (a carón da Praza España).

Este ano acompañarannos os grupos:

-IAR
Grupo de Baile de A Coruña

-BELLÓN MACEIRAS
Quinteto de Fene (A Coruña)

-LEÑA VERDE
Grupo Folk de Lugo

-O TEAR DE LLERENA
Grupo de Pandeireteiros (Pontevedra)

-XAVIER BLANCO
Gaiteiro - Instrumentos pobres- (Moaña, Pontevedra)

-OSWALDO DIGÓN
Humorista

-BANDA DE GAITAS "TOXOS E XESTAS"

Banda de Gaitas da Escola Toxos e Xestas de Barcelona.

Presentado por: FERNANDO ONEGA

MÁIS INFORMACIÓN NOS TLF. 93 418 86 76 / 93 441 02 83

www.toxosexestas.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-10-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Galeuzca (Arzua)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-10-2008 12:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival A Ría non se vende (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-10-2008 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai novas do Castañazo Rock 2008 (Chantada)

A Asociación Cultural O CASTANHAZO presenta o Sábado 1 de novembro 2008 no Mercado Gandeiro de Chantada (LUGO), a partires das 21:00hs. un super concerto coas bandas: The Real McKenzies (Canada), Skárnio (Galiza), Skama la Rede (Asturies), Skacha (Galiza), Xerock (Galiza).

Todo isto amenizado pola charanga Os Veraneantes, que estarán antes, durante e despois das actuacións, e por suposto, non faltará un gran magosto, e aínda por riba, de balde. Como en toda boa festa, haberá feira con polbo, carne, pan e viño toda a noite. Tamén teñen habilitado o pavillón dos deportes para durmir quem queira.

A entrada será de 5€

Este ano terán lugar os Iº Obradoiiros de Baixo, Batería, Guitarra e Producción Musical. (Informate e apúntate)
Tamén poderemos participar na competición de Xogos Bravú, Lanzamento de Boina, Turra-Soga, Corrida de Leiteiras e o Chote de Esterco, ou no espazo de Xogos tradicionais competiremos na Rá, Os Birlos, O Aro ou o Trompo.

Mais Info: www.castanhazo.com

www.komunikando.net


Videos do Castañazo rock 2007





Os cabezas de cartaz do 2008: The Real McKenzies

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-10-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
Romaxe Lamela 2008

O Venres 3 de Outubro temos unha cita con Taru e Os Paxaros Coiro, Som do Galpom, Ulträqäns e a Banda de Nash na Romaxe Lamela 2008.

Non podedes faltar!!

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-10-2008 08:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sitio Distinto 2008 (Monterroso)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-09-2008 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festival DZ 08 (San Sadurniño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-09-2008 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Meigas Fora 2008 (Ordes)
A Asociación Meigas Fora! organiza, mais um ano, em Poulo (Ordes), o que será a 5ª ediçom do seu festival.

Estes som os concertos dos dous dias:

Venres 19 a partir das 21:00hs.

- Fistfukin Hostile Tributo a Pantera/Corunha
- Disturbio punkrock/Navarra
- Sonora metal/madrid
- Konflikto punkrock/Corunha
- Dakidarría punkSkaReggae/Vigo
- Vantroi punkrock/México


Sábado 20 a partir das 22:00hs.

- Malandrómeda hip-hop/Compostela
- Tarú e Os Paxaros Coiro Reggae/Mugardos
- Os Sosios Punkrock/Riveira
- La Durango Express Rockblues/Ferrol.


Acompañan os concertos, actividades como exhibición de graffiti e baile tradicional.

A entrada é gratuita, e haberá zona de acampada e churrasco.
Também haberá queimada de balde.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-09-2008 12:22
# Ligazón permanente a este artigo
VI edicion do festival Fervesteiro 2008 (Esteiro)
Luns 15
Hora: 20:00
Lugar: Espazo libertario. Avda de Esteiro nº 10 baixo
Charla-debate:
“OS PUNTOS NEGROS DA COMARCA DE FERROL”. A charla sera impartida por varias persoas pertencentes a distintos colectivos sociais e ecoloxistas

Martes 16
Hora: 20:00
Lugar: Centro social Fervesteiro. Rua Adan e Eva nº5
Roteiro historico e reivindicativo:
“ESTEIRO EN MOVIMENTO”. Unha ruta polo barrio de Esteiro. Para lembrar o seu pasado, coñecer o seu presente e reivindicar un futuro para un dos barrios con mais historia de Ferrol

Mercores 17
Hora: 18:00
Lugar: Centro social Fervesteiro. Rua Adan e Eva nº5
Arte contra a especulacion:
“MURAL COLECTIVO” contra a degradacion especulativa que sufre boa parte do barrio de Esteiro.

Venres 19
Hora: 20:00
Lugar: Muralla de Bazan
Feira:
“FEIRA DE COLECTIVOS”. Punto de encontro e intercambio de informacion para os colectivos politicos e sociais da comarca. Venta de libros

Hora: 20:00
Lugar: Cines Duplex. Esteiro
Documental e debate:
“UNHA LOUSA SOBRE O CAUREL”.
Documental que recolle a problemática xurdida en torno as canteiras de lousa na serra do Caurel. Asistiran Mabel Rivera e Enrique Bannet productores da cinta. Entrada gratuita

Hora: 22:30
Lugar: Muralla de Bazan
Concertos:
- Lady evil (Metal-Ferrol)
- Mencer vermello (Rock proletario-Ferrol)
- Dub uten (Dub reggue- Ferrol)


Sabado 20
Hora: 20:00
Lugar: Muralla de Bazan
Feira:
“FEIRA DE COLECTIVOS”. Punto de encontro e intercambio de informacion para os colectivos politicos e sociais da comarca. Venta de libros

Hora:22:30
Lugar: Muralla da Bazan
Concertos:
- El viejo caracol (Rock fusion-Ferrol)
- Ulträqäns (Speed folk-A coruña)
- Infekzion de orina (Punk- A coruña)
- Os chiquilicuatres+Os jalochos (Punk fol-Riveira)


www.fervesteiro.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-09-2008 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
Reperkusión 2008 (Allariz)

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-09-2008 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Pataca en Burela
Festival Pataca 2008
Sábado 13 de Setembro
Burela (Lugo)

Concertos:

-Torques
-Árvore
-Ulträqäns
-Zairus
-Dj Miliano


Organiza o Colectivo Cultural Buril
http://ccburil.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festival benéfico en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 13:18
# Ligazón permanente a este artigo
Fervenza de músicas
A Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande presenta un novo proxecto musical: fervenza de músicas. Trátase dunha foliada de música tradicional e popular que terá lugar o próximo venres 12 de setembro no campo da festa de Ouzande (A Estrada), a partir das 10 da noite.

Os grupos convidados son

- Retrouso (Ouzande)
- Regato de Matamulleres (Callobre)
- Xa son faif (Teo)
- Requinta da Laxeira (Sarandón-Vedra)


Por suposto estás convidado/a a vir pasalo ben, e se queres trae algún instrumento que non hai hora para o remate da festa.
Teremos carro de polbo e churrasco, e o campo ben cuberto para estar ao enxoito.
web: carreiros.blogspot.com
Comentarios (2) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Parrockcheira (Ferrol)
Samesugas, Royalties e The Homens actuarán este venres 12 no Festival Parrockcheira, ás 22.00h na Praza Vella

Estas tres bandas compostelás actuarán no festival integrado nas Festas de Ferrol Vello que organiza a AA.VV. deste histórico barrio ferrolán. O evento serviralles aos grupos para presentar os seus últimos traballos discográficos.

No caso de Samesugas e The Homens, o Parrockcheira será toda unha festa para dar a coñecer o single 7" compartido que veñen de editar con Lixo Urbano e Crack! Records, unha roda de vinilo laranxa na que as bandas se versionean mutuamente e inclúen ademais un tema inédito por barba. Os Royalties, pola súa parte, levarán a Ferrol o seu recente CDEP de debut, Quero Rock'n'Roll con 5 temas propios.

Lixo Urbano montará no festival un posto cos dous traballos e con material dos tres grupos.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Alxén Folc 2008 (Salvaterra de Miño)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Elviña Folk 2008 (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Pé na Estrada 2008
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Internacional de música Tradicional (Fundao-Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival galego de Cabaré
Obradoiros formativos con motivo do III Festival Galego de Cabaré

A Coruña. Do 8 ao 12 e do 15 ao 20 de setembro de 2008

Sempre quixeche ser como Liza Minelli ou Joel Gray?

De pequeno entonache esa copla coñecida de “mamá quero ser artista”?

Gústache bailar, cantar, e quizais facer o parvo?

Dende o Festival Galego de Cabaré proporciónanche as ferramentas para desenvolver todas esas aptitudes.

Ben de iniciación como de prefeccionamento AULA CABARÉ é a proposta formativa do festival para desempolvar os teus talentos máis segredos.

INICIACIÓN AO CABARÉ

Do 8 ao 12 de setembro
De 11 a 15 horas

Imparten: Sue Moreno, Yolanda Paz e Nelson Quinteiro

Obxectivos:

O cabaré é unha disciplina en actual desenvolvemento dentro do panorama das artes escénicas en Galiza. Boa proba diso é a consolidación de propostas como o Festival Galego de Cabaré e o traballo de compañías que están a profundizar no xénero.
No OBRADOIRO DE INICIACIÓN DO FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ queremos introducir ao alumna/a ao cabaré como concepto e o habitual ritmo e rutina de traballo dunha compañía deste tipo. Traballo físico, actoral, coreográfico e de maquillaxe e atrezzo en torno a este xénero.
Ruptura da cuarta parede, actitude, traballo de roles, improvisación, e profundización teórica nun campo de traballo que se nos amosa flexible e moi relacionado coas cualidades do equipo ou compañía que o desenvolva.

Dirixido a: Persoas de calquiera idade e formación interesadas en achegarse ao mundo do cabaré.

Prezo: 110 €
Nº de Prazas: 20
Criterio de selección: Por orde de aboamento ata completar aforo

OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO.

Do 15 ao 20 de setembro
De 18:00 a 22:00

Imparte: Guillermo Weickert

Obxectivos:

O cabaré é un xénero que se caracteriza pola fusión e combinación de diferentes artes escénicas en torno a un xeito narrativo e estético. No OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO DO FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ queremos partir de número propios para que o creador Guillermo Weickert dé outro tipo de perspectivas e de visións froito da súa formación e experiencia no mundo da danza e o teatro.
Trátase dun taller no que partindo dun traballo profesional en torno ao cabaré se nos proporcionen outras ferramentas e un traballo sólido de dirección.

Dirixido a: Actores, actrices e bailaríns profesionais

Prezo: 150 €
Nº de Prazas: 8
Criterio de selección: Currículum Vitae

INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA:

666014494
info@cabare3.org


www.folque.com


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-09-2008 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
XX Festival da Poesía no Condado
PROGRAMA DO XXII FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

do 4 ao 6 de setembro 2008. Salvaterra de minho.

Quinta-feira 4 de Setembro

19.30 Apertura de exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE

Pintura
- Fernando Morales
- Helena Ayape Guisán

Fotografia
Germán Cruces Rajoán: ‘Percurso do rio Minho’

Instrumentos tradicionais

Mostra
Igor Lugris: 'Poesia para ver, poesia para ler'

20.00
Jornadas do Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
Mabel Rivera e Enrique Banet: ‘O salário do silenzo’
Xosé Bocixa: ‘As Encrobas. A ceo aberto’

22.30
Noite galega
Covas de Dona Urraca
Tino Baz e Grupo
Poeta: Marica Campo
-Aforo limitado
-Entrada 10 €
- Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org ou 986 658 036


Sexta-feira 5 de Setembro

20.30
Jornadas do Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
GZ Vídeos: selecçom de vídeos de Galiza Nom Se Vende
Sants.tv: ‘O AVE de Barcelona a Galiza’
Curtas premiadas no Festival de Cans

22.30
Festa da Mocidade
ZONA DAS MURALHAS
Apresentam Os da Ria

POETAS
- O Leo
- Kiko Neves
- Carlos Figueiras
- Valentina Carro
- María Lado

GRUPOS
- Ataque Escampe (Galiza)
- The Turre´s Band (Galiza)
- Os Corvos (Portugal)
- O Sonoro Maxín (Galiza)


- Sessom Dj: Marcos Payno.

Sábado 6 de Setembro

11.30
Marcha popular
- Murga: Sur do Condado
- Gaiteiros: Bailía
- Animaçom de rua: Touporroutou
- Comboio de baixa velocidade

12.30
Mesa Redonda
-Colectivos da rede 'Galiza Non Se Vende'

Feira Popular

Artesanato ao vivo
- Cesteiros, cabaqueiros, tamanqueiros...

16.00
I Abertinho de Bilharda Festival da Poesia
recinto das muralhas
- Lotes de livros para as 2 primeiras equipas e umha caixa de vinho
a maiores para a ganhadora. Participa!

17.30
Festa infantil
PRAça do castelo
- Touporroutou

19.30
Festival Poético-Musical
Zona das muralhas

- Apresentam Luis Caruncho e Pinto d’Herbón

Poetas
- Xiana Árias
- Pedro Casteleiro
- Paco Souto
- Concha Rousia
- Cruz Martínez
- Alberto Lema
- Igor Lugrís
- Lino Braxe
- Chus Pato
- Pilar Beiro
- Núria Martínez Vernís (Països Cataláns)
- Limam Boicha (Saara)
- Isaque Ferreira (Portugal)

Grupos
- A Quenlla (Galiza)
- Canto da Terra (Portugal)
- Tabanka Djazz (Guiné-Bissau)
- Pirats Sound Sistema (Països Cataláns)



Serviços
- Zona de campismo



www.festivaldapoesia.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-09-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Noite da Lua Meiga (O Viso-Redondela)

www.noitedaluameiga.org


Este ano haberá carpa, así que por moito que chova o Festival faráse igualmente
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2008 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais do fin do verán
29 e 30 agosto: Festival Música na Noite (Teo)
- A Ponte Vella, S.R.Calo, A Mamoa, Charanga BMV,...
- Zenzar, Berrogüetto, Pablo Seoane Grupo, A Quenlla

29 e 30 agosto: Festival Rebumbio (Mos)
- Os Veraneantes e Troula Gaiteira
- Ultraqans, Sonoro Maxín, Os Chiquilicuatres, La Vaga Banda,...

30 agosto: I Festival Belelle Folc no Roxal (Neda-Fene):
Cantareiras de Troupele, Zirikollos, Berros do Castro, Zarambeques e Amacuca

30 e 31 agosto: Festival Noite da Lua Meiga (O Viso-Redondela)
Tiruleque, Pradairo, Pepe Vaamonde, ...

SETEMBRO

5 e 6 setembro: Festival da Poesia en Salvaterra
- Ataque Escampe (Galiza), The Turre´s Band (Galiza), Os Corvos (Portugal), O Sonoro Maxín (Galiza)
- A Quenlla (Galiza), Canto da Terra (Portugal), Tabanka Djazz (Guiné-Bissau), Pirats Sound Sistem (Països Cataláns)

13 setembro: Festival Pé na Estrada 2008 (A Estrada)
Kussondulola, GalegoZ, O Sonoro Maxín, Sacha na Horta

13 setembro: Festival Alxén Folc (Salvaterra de Miño)
Quempallou, Ruote e a Banda de gaitas de Entenza

19, 20 e 21 setembro: Festival Reperkusión 2008 (Allariz)
-O Sonoro Maxín, Tonino Carotone, Los Delinqüentes, ...
- Eiquinos Jazz Quartet, A Magnifique Band dos homes sen medo, Roy Paci & Aretuska, La Troba Kung-Fú, Bodega Bodega, Iratxo, ...
- Sacha na Horta, Phantom Club, Miñor Swing, Vichelocrego, ...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-08-2008 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Vinhais Fest 2008 (Tras os montes-Portugal)
Este festival, iniciativa da Câmara Municipal, vai realizar-se nos dos 29 e 30 de Agosto pretendendo suscitar a adesão dos públicos amantes das músicas de raiz contribuindo simultaneamente para a promoção e divulgação das terras de Vinhais.

O VINHAIS FEST 2008 iniciará as suas actividades musicais no novo Parque Verde no dia 29 de Agosto com um concerto dos TRASGA (www.myspace.com/trasga), um grupo oriundo do Planalto Mirandês e que apresenta uma proposta de revitalização das músicas tradicionais do Nordeste Transmontano que tem vindo a ser muito bem recebida e amplamente aplaudida pela crítica da especialidade. De seguida, subirá ao palco MERCEDES PÉON (www.mercedespeon.es), acompanhada por um grupo de excelentes músicos e instrumentistas, para porventura provar a quem ainda não a conhece que é uma das mais expressivas e criativas figuras da cena folk das vizinhas terras da Galiza, com uma proposta que projecta as músicas tradicionais da sua terra para os campos expressivos da chamada world music. Para logo mais, a fechar os concertos da noite, se apoderarem do palco os extremenhos LOS NIÑOS DE LOS OJOS ROJOS (www.bandas-sonoras.com), para serviram um cocktail musical verdadeiramente explosivo em termos de comunicação e participação colectiva. Quando surgiram, a imprensa saudou com grande entusiasmo esta proposta vanguardista que misturava as expressões musicais tradicionais irlandesas, gregas ou balcânicas com os ritmos do hip hop, do ska, do funk, do rap e do rock.

No dia 30 de Agosto, os concertos no Parque Verde iniciam-se com os UHF (www.uhfrock.com), uma banda pioneira do rock em Portugal, com uma permanência em cena a todos os títulos surpreendente - estão a comemorar três décadas de existência com a digressão intitulada "30 Anos Ligados à Corrente"! - e que irão apresentar um espectáculo especialmente preparado para o VINHAIS FEST 2008, em estreia absoluta. Seguir-se-á a prestação de um violinista manchega que faz parte da Orquestra Sinfónica de Cork, na Irlanda, de seu nome JUDITH (www.judithmateo.com), acompanhada por uma banda de virtuosos instrumentistas, vindo a comprovar-se porque razão a imprensa e o público a aclamaram como a grande revelação da música celta por terras ibéricas. E, a fechar os concertos da noite, os escoceses WOLFSTONE (www.wolfstone.co.uk), com uma proposta de folk-rock que não deixará ninguém quieto ou parado no recinto do Parque Verde. Autêntica instituição na cena folk da Escócia, os WOLFSTONE fazem de cada concerto um acto de total entrega à vertigem dos sons e à embriaguez da comunicação. Um fecho que perdurará na memória de todos quantos - e esperemos que sejam mesmo muitos! - assistirem ao seu enérgico show de hard-folk-rock celta, como gostam de lhe chamar!

Completam o programa do VINHAIS FEST 2008 várias actividades paralelas (exposições, desfiles de gaiteiros, conferências e mostra de produtos da aterra e artesanato), dando-se especial atenção à divulgação das potencialidades turísticas da região de Vinhais.

PROGRAMA GERAL

Recinto Principal: Parque Verde

Sexta - 29
22h30: Trasga (Portugal)
23h30: Mercedes Péon (Galiza)
01h00: Los Niños de Los Ojos Rojos (Extremadura)

Sábado - 30
22h30: UHF (Portugal)
23h30: Judith (Castilla La Mancha)
01h00: Wolfstone (Escócia)

Animação de Rua

Sexta - 29 22h00: Desfile dos Gaiteiros de Vinhais
Sábado - 30 22h00: Desfile dos Gaiteiros de Moimenta

Outras Actividades Paralelas

Exposição Tradições Musicais de Vinhais: Bibliografia e Discografia
Organização: Câmara Municipal de Vinhais
Local: Posto de Turismo de Vinhais
Sexta/Sábado/Domingo

Exposição A Máscara Ibérica
Organização: Progestur
Local: Casa da Música de Vinhais
Sexta/Sábado/Domingo

Conferência Máscaras e Mascarados de Ousilhão
Organização: Câmara Municipal de Vinhais
Local: Casa da Música de Vinhais
Sábado: 18h00

Recinto Artesanato e Produtos da Terra, Livros e Discos
Organização: Câmara Municipal de Vinhais
Local: Recinto Principal dos Concertos
Sexta/Sábado: Noites

Prezo: 10€/día
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-08-2008 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Antifascista (Cangas do Morrazo)
O vindeiro sábado 30 de agosto celebrarase en Cangas o III Festival Antifascista no local social A Tiradoura.

A partir das 20:00 horas e con entrada de balde actuarán: The Turre's Band, Soak, La Vaga Banda, Malas Pulgas, Keimakasas, Son de Fontes.

Quedades todas e todos convidad@s!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-08-2008 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Música na noite (Teo)
FESTIVAL MÚSICA NA NOITE

Música na noite está organizado pola asociación Lúa Chea, de Solláns, en colaboración co Concello de Teo.


Os concertos celebraranse na parroquia de Calo este venres 29 e sábado 30 de agosto.

Na primeira xornada será o momento de ver o traballo das asociacións de música e baile tradicional do Concello. O sábado subiranse ao escenario Pablo Seoane Group, A Quenlla, Berrogüeto e Zënzar. A entrada aos concertos é gratuíta.

Este ano o festival terá unha moeda propia, que se chaman as Lúas. A equivalencia desta moeda propia é dun euro por unha Lúa. Os asistentes terán que cambiar as moedas de curso legal polas Lúas para poder facer intercambios económicos no entorno do festival como a compra de comida ou bebida. O aparcadoiro, á chegada ao recinto, poderase pagar con euros, xa que sería un inconvinte para o público ter que pagar con Lúas. Como anécdota as Lúas son billetes nos que aparecen lugares destacados do Concello de Teo.

Dende a organización lémbrase que haberá zona de acampada e de aparcadoiro ó carón do espazo no que se desenvolven os concertos. No entorno do festival haberá cantinas nos que se poderá mercar bebida, churrasco, bolos preñados ou callos. Tamén se están vendendo xa camisetas co deseño do cartaz que anuncia os concertos.

Música na noite foi unha iniciativa dun grupo de mozos e mozas de Solláns, da parroquia de Calo, que naceu no ano 1987. A través da asociación Lúa Chea organizáronse dez edicións deste evento con gran éxito. O festival volve ao panorama musical coa intención de pór en valor a música de raíz galega e confrontala con outras músicas.

Comentarios (6) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-08-2008 02:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Terra Brava - O Incio
O día 24 de Agosto, domingo, celébrase unha nova edición do festival da Terra Brava na localidade de O Incio (Lugo). As actividades comezarán pola mañá coa actuación de A requinta da Laxeira que dará paso a un xantar popular. Pola tarde volverá actuar o grupo de requinteiros e o contacontos Celso Fernández. Tamén se levarán a cabo actividades de animación con xogos para os cativos e maiores.

Esta é a sexta edición consecutiva da festa, que a partires das 20h conta coas actuacións dos grupos:

A REQUINTA DA LAXEIRA
A TURRE´S BAND
OS TRES TREBÓNS
ULTRÄQÄNS

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-08-2008 22:59
# Ligazón permanente a este artigo
Dolorock 08
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 22-08-2008 22:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Terra Brava 2008 (O Incio)
Xa está preparada unha nova edición do festival Terra Brava que terá lugar no lugar máis fermoso do mundo que se chama O Incio.

Durante a xornada do 24 de Agosto estades convidados a vir e pasar todo un día de festa connosco.


Haberá música dende a mañá cos incansables gaiteiros da Requinta da Laxeira, un xantar para o cal haberedes de reservar prato antes do día 21 no teléfono 982 427 023, máis música de sobremesa cos gaiteiros, xogos pra os cativos e maiores e a actuación do noso contacontos preferido, Celso Fernández. Achegándose a noitiña virá o turno da Turre´s Band, Os Tres Trebóns e os Ulträqäns. E se quere chover que chova!!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk de Guísamo 2008
CAMPO DA FEIRA DE GUÍSAMO: estrada AC-214 Guísamo-Cambre

Duración aproximada das actuacións: 1 hora e cuarto, cun pequeno descanso entre elas

ARRÁS!!

SUSANA SEIVANE

JOHN McSHERRY

BRATH


EQUIPAMENTO DO CAMPO DA FEIRA

- Aparcamento nos arredores sinalizado

- Arboreda

- Mesas e bancos de pedra

- Barbacoas

- Chiringuitos para beber e xantar

- Postos de churros, xelados, etc.

- Algún posto de artesanía

ACTIVIDADES LÚDICAS E OBRADOIROS:

“OBRADOIRO DA CASA SUSTENTABLE”, organizado por: CEM, S. COOP. GALEGA, Educación e Servizos Ambientais
“OBRADOIRO DE XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS”, organizado por AXIÑA, Servicios Deportivos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-08-2008 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Fervedoiro 2008 (Cuntis)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Festival Irmandiño (Moeche)
XXIX Festival Irmandiño
Moeche, 21,22 e 23 de Agosto de 2008


XOVES 21

Proxección da película PRADOLONGO as 22.30 ao carón do castelo.

VENRES 22

A partir das 22.30 terá lugar a "I repichoca popular". O venres do Festival está adicado aos grupos noveis galegos; polo que este ano queremos recuperar unha tradición na que músicos e bailadores se xuntarán para improvisar danzas e pezas musicais ao carón do Castelo de Moeche.

SÁBADO 23


A partir das 22.00 actuación dos grupos:

- Ophiusa (Galiza)
- Korrontzi (Euskadi)


Lectura do pregón e asalto ao Castelo

- Bonovo (Galiza)
- Motor perkins (Galiza)


O venres e o sábado haberá postos de artesanía

Acampada e aparcamentos gratuítos

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Castro (Ferreira de Pantón-Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Folk Fin do Camiño
Dende, a Asociación Cultural ANCHOA, querennos convidar a toda a xente, a pasar un día de troula, música e bos alimentos (para os sedentos e os famentos), con eles e cos que se acheguen ó: 10º Festival Folk "Fin do Camiño", na Anchoa (Fisterra), que se celebrará o Sábado 23 de Agosto.

A Festa dará comezo á 13:00hs. coa Banda de Gaitas de Pereiriña para ir acostumando os ouvidos á voa música. Logo pola tarde, a festa seguirá apartir das 19:00hs. con Os Veraneantes.

A partir das 21:00hs. continúase co Festival Folk, ata a madrugada con: Fiandola, A Crus de Baixar, Ulträqäns, Os Cuchufellos e todos os asistentes, completarase unha noite de festa rachada na fin do mundo.

E todo isto con polbo á feira, mexilóns ó vapor, zamburiña á cazola, empada de millo e queimada de balde na parte final da festa.

Asociación Cultural ANCHOA, espera por vos no seu 10º Aniversario.


www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2008 21:18
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer