Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sons da Rapa (Sabucedo-A Estrada)
VENRES, DIA 2 DE XULLO

22:00.- Na carballeira do Campo do Medio, FESTIVAL de Música, SONS DA RAPA

- Sacha na Horta
- A Compañía do Ruido
- Falperrys
- Bodega Bodega
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2010 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Música na noiteo (Teo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2010 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Festival no Camiño (Palas de Rei)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2010 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
Noite Rock en Carral
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-07-2010 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Os Festivais de xullo
Xullo


2 xullo: Sons da Rapa (Sabucedo)
- A Compañia do Ruido, Sacha na Horta, Bodega Bodega e Falperrys

2-3 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- Tanxedoras, Ultreia, Pan de Capazo, Cantares do Brión,...
- Kogito, Dreams of Dolly Sheep, Tiro Na Testa ...

2-3 xullo: Festival Música na noite (Teo)
- Siniestro Total, Snatch, Toleada e Deseqilibrio Mental
- Bonovo, Pradairo e Festicultores Troupe

2-3 xullo: Festival no Camiño (Palas de Rei)
-Sonoro Maxín, Festicultores, Alcotan
-La Kinky Beat, Che Sudaka, Chalart 58

2-3-4 xullo: Festas populares de Boiro
-Tropico de Grelos, Os Tres Trebóns
-A Compañía do Ruido, Cuchufellos, Sinefres, Picadiscos Sound Sistema
-A Banda de Balbina

3 xullo: Festival Río Castro (Naraio)
- Tiruleque, Ultraquans, Ruote, ...

3 xullo: Festival Noite Rock (Carral)
- Invivo, Machina, N.O.S. Skaraiados

3 xullo: Festa Rachada da Baña
-Os Carunchos, Tanto Nos Ten, Noitarega, ...

3 xullo: Festival Asalto ao Castelo (Vimianzo)
-Fol Baleiro, Muxarega, Orquestra Sant Celoni, Raíces y Puntas...

3 xullo: Festival Mesturasóns (A Bola)
- Galegoz, Soul Jacket, Ataque Escampe,...

8-9-10-11 xullo: Festival de Ortigueira
- Kreposuk, Oysterband e Celtas Cortos
- Marful, a Escola de gaitas de Ortigueira, Cristina Pato, Afterhours e Qui Hi Ha?
- Anxo Lorenzo Band, Gaelic Storm, Shooglenifty e Rare Folk
- Proxecto Runas

10 xullo: Karraskal Rock (Vigo)
-Zenzar, Rosendo, Sinkope e Baldosa Amarilla...

15-16 xullo: Festival Folc de Callobre (A Estrada)
- Galegoz, Trioliro, Regato de matamulleres,...
- Noitarega, Pradairo,Alvariza, Os ke hai, ...

17 xullo: Festival da Mariña (Xove)
- Quempallou e Tanto Nos Ten

17 xullo: Festival Sons do Vento (Melón-Ourense)
-Ruxe-Ruxe, Alantre, Ness, Bastrds on parade,...

17 xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro-Lugo)
-Zenzar, Tonhito de Poi, Jabón Blue, Segismundo Toxicómano,...

17 xullo: Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa)
-A Tuna Rastafari, Funky Style Brass, La Pegatina, O Leo i Arremecághona, Combo Mariñeiro de Vilaxoán, Bloquinho Aperta,...

17 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
- Kogito, UlträQäns, Zootropa,Chotokoeu,La Limoncello, ...

17 xullo: Festival Folk de Tordoia
- Muxarega,...

17 xullo: Festival Serra da Queixa
- Lamatumbá, Os Perqtores, Ergom, Manteca de Macao...

18 xullo: Festival Folk de Oleiros
- Muxarega,...

18 xullo: Festival Folk de Narón
- Mercedes Peón e Berroguetto

23 xullo: Carneirock (Moraña)
-Pito de Pikasso, Ruxe-Ruxe, ...

23 xullo: Sargadelos Fusion (Sargadelos)
- Ataque Escampe, Sacha na Horta, Mallory, Recambios Tucho

24 xullo: Festival Folk A Fraga (As Pontes)
- A Banda da Balbina, Muxarega,...

24 xullo: Festival Briga (Compostela)
- Machina, Trapallada, Eina, Indarrap...

24-25 xullo: Festigal (Compostela)
- Os Cuchufellos, GalegoZ, Banda Potemkin, Santa Macairo Orkestar
- Bellón Maceiras Quinteto, O' Questrada, Susana Seivane

25 xullo: Festival do Santiaguiño (Padrón)
- Fía na Roca,...

30 xullo: Festival Os Camiños da Música (Verín)
-Zenzar, Machina, Gendbeat, ...

30 xullo: Festival Antros Pinos (Taragoña-Rianxo)
- Tiruleque,..

31 xullo: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
-O Sonoro Maxín, Tanto Nos Ten, A Tuna Rastafari...

31 xullo: Intercéltico do Morrazo (Moaña)
-Anxo Lorenzo,...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-07-2010 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
I Callos Rock (Fiolledo-Salvaterra do Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2010 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festisahara 2010 (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2010 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Terra e da Lingua (Narón)
O Festival da Terra e da Língua de este ano adianta-se e decorrerá os próximos 25 e 26 de Junho, no Moinho de Pedroso, Narom.

Dez anos em galego é a legenda escolhida nesta décima ediçom, (e já vam dez!) dedicando a temática do festival à defesa dos nossos direitos lingüísticos.

Na sexta-feira, 25 de Junho, contaram com Boj, Estimaba que viñeras e Maghúa.

Na noite do sábado 26, estaram Wisdom, KaveGz e Lamatumbá.

Também haberá debates, o Festivalzinho para as crianças, o Campeonato de Futebol 3x3 e a exposiçom que terá como temática os dez anos de Festival.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 25-06-2010 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
IV Festifolk (Mugardos)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 17:49
# Ligazón permanente a este artigo
A mocidade coa Língua 2010 (Ferrol)
Nesta 18º Edición do Festival "A Mocidade coa Lingua" que se celebra todos os anos na comarca de Trasancos, actuarán o 18 de Xunho às 10:30hs. no parque Rainha Sofía de Ferrol.

Balakandra [Grupo convidado]
Neda York [IES F.Esquio de Neda]
Arredemo [IES de Fene]
Fenéticos [IES de Fene]
Rapatios [CPI Atios - Valdovinho]


Esta é unha iniciativa da Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüistica da comarca de Trasancos.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Folk in Río
En tempo de crise, a Asociación Cultural Sobreiras do Ulla bota adiante o seu particular 'Plan F', "para o fomento do folk".

Concurso de cantos de taberna, xogos tradicionais, maxia, artesanía... e sobre todo moitas ganas de armar festa. Desde a parte de Touro a asociación cultural As Sobreiras do Ulla convócanos á terceira edición do seu 'Folk in Río'. Como parte dos obxectivos da propia asociación, protexer a música galega, así como a lingua, a natureza, a artesanía ou os xogos tradicionais, a mocidade local argallou un programa de actividades ben variado.

O Folk in Río 2010 comeza ás 11:00h do domingo 20 de xuño co I Open de Billarda no campo da festa de Touro e nel participarán os mellores palanadores e palanadoras da LNB (Liga Nacional de Billarda). Dende as 12h ata as 15h. terá lugar o "I Concurso de Cantos de Taberna" polos bares da vila. Ao final do percorrido polas tabernas de Touro, todos os grupos cantarán unha peza no campo onde se desenvolve o festival, na Área Recreativa da Santaia. A continuación a festa desprázase ata a área recreativa do río Santaia Alí, a carballeira e os prados que rodean o río estarán transformados nun espazo ateigado de artesáns, de exposicións fotográficas, mostra de vellos oficios, etc. Un lugar onde se repoñerán forzas para continuar coa festa xa que haberá postos de polbo á feira, carne ao caldeiro, churrasco e outras viandas.

Chega logo o tempo dos xogos tradicionais: aros, os zancos, a chave, a ra, a corda, etc..., onde os máis veteranos recordarán a súa infancia e amosaranlle aos máis novos como se xogaba antigamente nas nosas aldeas. Deseguido, grandes e pequenos poderán gozar dun espectáculo de maxia e malabares a cargo de Roi, o Cagabolas.

E, ás 18h darán comezo os concertos do Festival FOLK IN RÍO, onde actuarán os seguintes grupos:

- Os Malinos, de Portugal
- Zurrumalla, de Pontevedra
- Requinta da Laxeira, de Vedra

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Río D´area (Camelle)
Un ano máis a AA.VV."A PERGOLIÑA" de Camelle organiza o II Festival Río D´AREA para celebrar o San Xoan.
Como xa pasara o ano pasado, para que todolos veciños poidan disfrutar do Festival e da Sardiñada traládase a celebración do S Xoan para o Sábado 19 de Xuño.


Ás 8 da tarde comezará o tradicional Xogo do Galo que ,coma o ano pasado, será de xoguete, xa que se pode conservar a tradición sen maltrato animal.
A partir das 22:00h dará comezo a Sardiñada e o Festival cas seguintes actuacións:
* MADIALEVA
* CRUS DE BAIXAR
* ESCARNIO

En Camelle o SAN XOAN sempre cae en Sábado!!!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Fax 2010 (Ourense)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-06-2010 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ritmos galegos e universais no Festigal
Susana Seivane, O´Questrada ou Santa Macairo Orkestar tocarán nesta nova edición do Festigal, na que a organización traerá a Galiza 'un abano amplo e enriquecedor de música, letras e ideas da nación galega' durante o 24 e o 25 de xullo.

A Fundación Galiza Sempre e mais Galiza Nova veñen de dar a coñecer a programación musical que se poderá escoitar no Campus Sur de Compostela co gallo do Día da Patria. Ritmos galegos e universais centrarán a oferta musical deste ano, que se caracteriza por ser diversa e actual que será de entrada libre e aberta a todos os públicos.

Sábado 24 de xullo ás 23h00

Os Cuchufellos (Galiza), banda multicultural formada por trompeta, saxos, baixo, guitarra, acordeón e percusión, que fan de cada concerto unha festa.

Galegoz (Galiza), banda consolidada que nace no 2005 como un experimento para formar un grupo virtual que fusiona diferentes disciplinas: música electrónica, teatro, vídeo... O orixinal son de Galegoz conséguese grazas ás bases electrónicas mesturadas con reggae, funk e soul, e salpicadas por letras combativas.

Banda Potemkin (Galiza), forxada a partir de músicos de diversas formacións musicais (Os Papaqueixos, 3 Trebóns, Meniños da Rúa...). A proposta desta banda céntrase na variedade de ritmos balcánicos, afro-caribeños, funk, disco, rock e folque.

Santa Macairo Orkestar (Francia), banda que alterna nos seus ritmos fanfarria, raíces ska, a velocidade da música balcánica, ruído punk ou o blues de Nova Orleáns.

Domingo 25 ás 22h00

Bellón Maceiras Quinteto (Galiza), achega os espectadores a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, nunha posta en escena na que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical.

O' Questrada (Portugal), banda suburbana que sabe das vivencias de Arrantela, da chegada dos alentexanos e algarvíos, das filharmónicas, dos cantares ciganos, de kuduro e funaná, do hard metal e do gótico

Susana Seivane (Galiza), a herdeira da familia Seivane conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galiza cun estilo xenuíno que está presente na súa forma de tocar, pois ela sabe sintetizar estilo "enxebre" dos devanceiros gaiteiros.

Unha proposta cultural alternativa aberta a todos os públicos
Concibido como unha alternativa aberta a todos públicos, o Festigal –que chega este ano 2010 á súa novena edición– pretende ser un escaparate para a proxección e intercambio cultural a través de diferentes propostas musicais e artísticas. Nas edicións anteriores conseguiu abrirse un oco relevante na oferta cultural galega cun notábel éxito de asistencia propiciado por unha grande afluencia de visitantes que acoden a Santiago neses días desde todos os lugares de Galiza e, cada vez en maior número, desde as máis diversas procedencias internacionais.

A estrutura da programación busca dar cabida ao maior número posible de expresións artísticas. Acolle artistas de orixe moi diversa e presta especial atención á comunicación cultural con países como Portugal ou o Brasil –cos que existen especiais vencellos históricos, lingüísticos e culturais– e con outras realidades do noso entorno sociopolítico e xeográfico (Europa e norte de África).

Galería de ideas
A programación do Festigal esténdese ao longo de corenta e oito horas e combina as actuacións musicais con actividades literarias, debates, exposicións e proxeccións audiovisuais. Tamén hai espazos para mostras de artesanía galega e asociacións ou diversión para cativos e familias.

O programa completo das dúas xornadas estará proximamente dispoñíbel www.festigal.com.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2010 11:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Millo Verde (Redondela)

www.milloverde.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-06-2010 14:01
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Runas no Festival de Ortigueira
O Festival Ortigueira busca ás mellores bandas folk noveis do momento para pechar o certame celta do 2010

O Festival Ortigueira servirá por undécimo ano consecutivo de plataforma promocional para os novos valores da música de raíz. A través do “Proxecto Runas”, convoca aos grupos emerxentes que buscan facerse un sitio no panorama folk. As tres mellores bandas protagonizarán a última xornada do certame celta, competindo en directo por coarse no cartel do 2011.

Como participar?

As formacións deberán enviar en MP3 á organización (runas@festivaldeortigueira.com ou ben por correo ordinario certificado a: Festival Internacional Mundo Celta- Proxecto Runas-Praza Isabel II s/n 15330 Ortigueira), ata o 7 de xuño os seus tres mellores temas. Xunto a estes cortes, dos que polo menos dous serán de produción propia, terán de incluír un breve dossier informativo e datos de contacto.

Música instrumental, música cantada... o único que se require é que sexa folk. Os grupos, cun máximo de dez integrantes e "de calquera procedencia xeográfica", deberán contar cun repertorio mínimo dunha hora de duración.

Selección

Un comité técnico, nomeado polo Concello de Ortigueira, organizador do Festival co patrocinio do Xacobeo 2010, Estrella Galicia e Deputación da Coruña, realizará unha primeira selección de ata quince grupos.

A segunda fase correrá a cargo dun xurado, integrado por axentes musicais, artistas e técnicos, aos que se sumará o voto emitido polos internautas que visiten esta web, do 10 ao 16 xuño.

As tres bandas finalistas actuarán en Ortigueira o domingo 11 de xullo e recibirán 1.500 euros. Finalmente, un xurado, presente entre o público, decidirá tras os concertos, cal é a formación gañadora, que volverá tocar no Escenario Estrella Galicia no 2011 e obterá 4.000 euros.

Máis dunha década de traxectoria

O “Proxecto Runas”, durante anos eixo central da programación musical diurna do evento, resérvase este ano para a última tarde do Festival, no Escenario Estrella Galicia. O “Runas” serviu na súa primeira década de vida para impulsar bandas como La Bruja gata, Rare folk, Bellón & Maceiras ou Qui hi ha?, vencedora do pasado ano.

Bases

www.festivaldeortigueira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-06-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais do mes de Xuño
4 xuño: Festival Tod@s paramos o Galicia Spitit (Ferrol)
- Zenzar, Os tres Trebóns, Sonoro maxín, Katomá,...

5 xuño: 1º Festinao (A Estrada)
-Nao, Primitve, Esquíos e For Home Use Only

11 e 12 xuño: IV Festival Alternativo Millo Verde (Redondela)
- Skakeo, Chotokoeu, Funky Syile Brass,...
- Pan de Capazo, La Imposible, Minim, Arritmic,...

18 xuño: Milladoiro Folc (Milladoiro)
-Ophiusa e Muxarega

18-19 xuño: FAX 2010 (Ourense)
- Barricada, Xtrume,...
- Lamatumbá, Muchachito Bombo Inferno,...

19 xuño: Festifolc (Mugardos)
- Ultraquans, Ruxe-Ruxe e Os Tres Trebóns

19 xuño: II Festival Folk en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Zurrumalla, Terribles de Donas e Ardentia

20 xuño: Festa do Muíño de Taboadelo (Pontecaldelas)
- Foula, Os Paveros (Regueifa Josiño da Teixeira e Luis o caruncho), Tanto Nos Ten

25-26 xuño: Festival da Terra e da lingua (Narón)
- Boj, Estimaba que viñeras, Maghúa
- Wisdom, KaveGz, Lamatumbá

25 xuño: Festa de Silvoso (Pontecaldelas)
- Os Carunchos, Quempallou e Tanto Nos Ten

Axenda de Festivais de verán na Galiza
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2010 03:23
# Ligazón permanente a este artigo
XI Encontros de Música Tradicional de Carboeiro
Xa temos programa para o XI Encontros de Música Tradicional
5 de xuño de 2010 no mosteiro de carboeiro (silleda)


13.00. Sesión vermú a cargo dos grupos da bisbarra
•subasta das andas e procesión da santa ferreña (acompañada polos cabezudos de viravolta)

-apertura das exposicións:
• "respirar na punta dos dedos" . Conversas, tocatas e acordeóns diatónicos.
• museo da marioneta, casa do títere (lalín)

-feira de artesanía:
coiro, prata, abalorios, cerámica, madeira...

15:00- xantar popular (empanada, carne ao caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)

Durante a tarde:

• xogos tradicionais para cativos/as e maiores
• "buscando milagres" con celsiño fndez. Sanmartín
• conversas, tocatas e acordeóns diatónicos

E ao que se vaia facendo de noite…
foliada ata que o corpo aghuante!

Acampada á beira do río deza
Telf info: 658 62 82 39

Viva a xuventude e a xente vella que non morra!!
Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-06-2010 19:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Todos paramos o Galicia Spirit (Ferrol)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-06-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festinao (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-06-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Xunt@s por Astano (Fene)
O vindeiro Sábado 29 de Maio, Galiza Nova xunto có BNG de Fene organizaremos un festival reivindicativo polo levantamento do veto. Será a partir das 12 da mañá no paseo marítimo de San Valentin (Fene)

Contaremos con actividades para tódolos públicos durante todo o dia para que todo o mundo poda achegarse e participar neste acto có que pretendemos amosar, unha vez máis, o noso compromiso coa comarca, có naval e por suposto có noso futuro.

¿vas quedar na casa?

Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 28-05-2010 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Manguelo Folk (Orazo- A Estrada)

Un ano máis, a Asociación Sociocultural Coto Manguelo de Orazo – A Estrada, organizamos este Festival de primavera. A música tradicional en todas as súas expresións e a protagonista.

Este ano 15 grupos farannos desfrutar dende primeira hora da mañá ata o amencer.

Contaremos, coma de cote, con artesáns, exposición de debuxos, zona de acampada e aparcadoiros gratuíto e o campo estará cuberto cunha gran capa. Teremos tamén polbo, churrasco e bocatas a prezos populares.

E como estamos no Manguelo as copas son do máis económicas.

Vinde a desfrutar do Manguelo Folk !!!


Actuacións:

-De 17:00 a 18:00h XUNTANZA DOS REGATOS

-de 18:15 a 18:30h LILAILA

-de 18:30 a 19:15h A CARBALLEIRA DE CERCIO

-de 19:15 a 20:05h PETER PUNK

-de 20:05 a 20:35h Ó SON DA FERVENZA

-de 20:35 a 21:35h CANTIGAS DA TERRA

-de 21:35 a 22:05h TRIOLIRO REGUEIFEIROS

-de 22:05 a 22:35h CÉ ORQUESTRA PANTASMA ( HOME ORQUESTRA) .


-Ás 23:00h Entrega de premios do concurso de debuxo

-de 23:00 a 23:20h XUNTANZA DOS REGATOS

-de 23:35 a 00:35h REQUINTA DA LAXEIRA

-de 00:50 a 01:50h ALVARIZA

-de 02:05 a 03:05h KORRONTZI

-de 03:20 OS TRES TREBÓNS


-Durante os tempos mortos animarán OS LARPEIROS, CÉ ORQUESTRA PANTASMA, TRIOLIRO REGUEIFEIROS

Durante a mañá as charangas : BB+ e Antaruxa percorrerán todos os lugares da parroquia .
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festiletras 2010 (O Couto-Ponteceso)

www.festiletras.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
Muimenta Rock (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
XVII Festival de Cerceda
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 21-05-2010 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Cerceda, primeiro pobo galego que se declara 100% libre da SGAE


A vila coruñesa acolle ese sábado, organizado pola Asociacion Lucerna, a XVII edición do seu Festival, este ano adicado a Cultura Libre

CERCEDA VAI SER, O 22 DE MAIO, O PRIMEIRO POBO GALEGO QUE SE DECLARE 100% LIBRE DA SGAE



Maria Yañez, Francisco Alvarellos, Uxio Broullón, Samuel Paris, O Leo i Arremecaghona e Martín Loureiro debaterán e expoñerán as suas teses o redor dos bens culturais de uso común, unha alternativa ás restriccións que impoñen as normas estipuladas nos dereitos de autor tradicionais.

A proxección de curtametraxes feitas con licenzas libres, a gravacion de todas as actividades da xornada para despois volcalas en internet baixo creative commons e a escoita de música allea á Sociedade General de Autores e Editores nos bares e demais locais comerciais da zona completan a xornada, onde tamén terá cabida o Circo de Pulgas para os mais cativos.
Nao, 12Labirinto, Fracasados de Antemano, Leo i Arremecághona e Selecta in Helicopta con Gendebeat, protagonizarán os concertos da noite.

O Festival de Cerceda chega o próximo sábado 22 de maio a sua XVII edición. Organizado pola Asociación Lucerna, e coa colaboración do Concello e da Deputacion, o Campo da Feira da vila coruñesa acollerá durante toda esa xornada e de balde concertos, debates, proxeccións e diversas actividades para maiores e cativos cun común denominador: Promocionar e afondar na Cultura Galega e, para esta quenda, divulgar sobre todo a Cultura Libre. Nun momento no que a ministra Ángeles Gonzalez Sinde e a Sociedade General de Autores e Editores non deixan de xerar polémicas en todo o Estado o redor da maneira de funcionamento e xestión dos dereitos de autor, Lucerna pretende aproveitar o Festival deste ano para converter Cerceda no primeiro pobo galego que se declare, simbolicamente, 100% libre de SGAE, aló menos por un día.

Con este obxectivo, o Festival arrincará cunha mesa redonda pola tarde, as 18:30 horas, sobre os denominados bens culturais de uso común, é dicir, os contidos creativos que non posúen restriccións legais en relación o dereito de uso, redistribución e creación de versións modificadas ou derivadas de terceiros. Para abordar o asunto participarán e contarán as súas experiencias Maria Yañez, ex directora de Vieiros, membro da produtora A Navalla Suiza e promotora de Edicions A Rotonda, editorial que hai xa uns anos publicou na rede o primeiro libro galego baixo creative commons; Francisco Alvarellos e Joaquin Riera, socios da Casa de Musica, un espazo multidisciplinar que, desde Compostela, ofrece asesoramento a locais e grupos sobre lexislación e licenzas; Uxio Broullón, creador da plataforma commonsbaby.com, un podcast sobre musicas distribuidas baixo licenzas copyleft, creative commons ou de libre descarga; Samuel Paris, autor do libro Manual da destrucion, editado baixo licenza creative commons; o Leo i Arremecághona, cantautor que distribúe o seu traballo con licenza libre; e Martin Loureiro, membro do grupo cercedense Machina, que sempre apostou por distribuir a sua música libremente e autoxestionar o seu primeiro disco longo, ‘Post-Bravu’. Mais aló do debate en si, a tarde aproveitarase para a proxección audiovisual de curtametraxes que non están suxeitas a SGAE e para facer algunha que outra demostración en directo. Por iso, a pretensión é gravar o festival e volcalo na rede baixo creative commons. Paralelamente, durante toda a xornada, os bares da zona non pincharán ningunha música que estea suxeita a SGAE, toda será libre, igual que a que se poida escoitar noutros locais comerciais do lugar. Todos eles contaran con informacion sobre o feito de que Cerceda se converte nunha Zona de Libre Cultura.

Pero non todo será debate e música. Pensando no disfrute dos máis pequenos e tamén pola tarde, ata Cerceda chegará o Circo de Pulgas. En dous pases, un as 16:30 horas e outro as 18:00, Galician Pulgas Circo amosará o seu peculiar e exclusivo espectáculo circense, coordinado pola fantástico domador Claudio Carruselo.

E xa para pola noite, agarda o forte do Festival. Xusto despois de que se lea o Manifesto que declarará a vila libre da SGAE, a partir das 22:00 horas, e baixo una carpa, por se o tempo non acompañase, mais cultura galega e cultura libre en forma de concerto. Nunha vila referente para o rock galego que viu nacer a tantos grupos musicais o longo do tempo, como Desertores do Arado, Zenzar, Machina, Osiris, Nasser, Sensacha, Shangrila, Presencia Zero ou ata en certa medida A Banda Potemkin, este ano tócalle a quenda de porse sobre o escenario a 12 Labirinto, banda formada no 2007 tamén en Cerceda e con algún que outro integrante moi precoz na música. Da propia Cerceda tamén procede Gendebeat, un pioneiro no mundo do beatbox en Galiza, que a base de rap, reggae e hip hop, e acompañado dos vigueses Selecta in Helicopta, encherán tamén de ritmos xamaiquinos o Campo da Feira ata ben entrada a madrugada, xa que eles serán os encargados de pechar o Festival. Pero antes, actuarán o vigués cantautor punk retranqueiro Leo i Arremecaghona; os coruñeses Fracasados de Antemano, que co seu estilo de pachangueo lúdico-solidario farán festa segura; e os metaleiros Nao, que veñen de sacar disco.

Todo será de balde e haberá unha barra con comida e bebida a prezos populares para non pasar nin fame nin sede xa desde o mediodia. A cita: O vindeiro 22 de maio en Cerceda.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-05-2010 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Antros Pinos (Taragoña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-05-2010 21:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Marosa (Burela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-05-2010 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Comezan os Festivais de Verán
2010


Maio


8 maio: II Festa Trececatorzadora (Salceda de Caselas)
- Banda Potemkin, Cé Orquestra Pantasma, Cromática Pistona, Funk'n Bastards, Dj Aligator

14 de maio: Concerto das letras en Lavadores (Vigo)
- Tarambainas, Rebelión do inframundo, o Leo e Arremecaghoná

14 maio: Concerto das letras (Ferrol):
- Fred Martins e Ugia Pedreira, Ataque Escampe, García MC, Arenga, Trapallada

15 de maio: Festa da Marosa (Burela)
- Lamatumbá, Pesdelán,...

15 maio: Festa da Lingua (Pontevedra)
- Second Army, Contra as cordas, Deskartes Band, Royalties, Leo e Arremacaghona

15 maio: Festa do dezessete (Compostela)
- Tanto Nos Te, Medomedá, Çe Orquestra Pantasma, Os da Ría, Leo e Arremecaghoná.

17 maio: Festival o Son en Galego (Porto do Son)
- Son do Galpóm,...

22 maio: VI Manguelo Folc (Orazo-A Estrada)
- Xuntanza de Regatos, Requinta da Laxeira, Alvariza, Korrontzi e Os Trés Trebóns

22 maio: XVII Festival de Cerceda
- Nao, O Leo e Arremacaghoná, Selecta in Helicopta, Frcasados de antemano, 12 labirinto,...

22 maio: Muimenta Rock (Muimenta-Lugo)
-Zenzar, Ruxe-Ruxe, ...

Xuño


5 xuño: 1º Festinao (A Estrada)
-Nao, Primitve, Esquíos e For Home Use Only

18 xuño: Milladoiro Folc (Milladoiro)
-Ophiusa,...

18-19 xuño: FAX 2010 (Ourense)
- Barricada, Xtrume,...
- Lamatumbá, Muchachito Bombo Inferno,...

Xullo


2-3 xullo: Festa da Baña
-Os Carunchos, Tanto Nos Ten, ...

3 xullo: Festival Río Castro (Naraio)
- Tiruleque,...

3 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- Kogito, Dreams of Dolly Sheep, Tiro Na Testa ...

8-9-10-11 xullo: Festival de Ortigueira
- Kreposuk, Oysterband e Celtas Cortos
- Marful, a Escola de gaitas de Ortigueira, Cristina Pato, Afterhours e Qui Hi Ha?
- Anxo Lorenzo Band, Gaelic Storm, Shooglenifty e Rare Folk
- Proxecto Runas

10 xullo: Karraskal Rock (Vigo)
-Zenzar,...

17 xullo: Festival sons do Vento (Melón-Ourense)
-Ruxe-Ruxe,...

17 xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro-Lugo)
-Zenzar,...

17 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
- Kogito, UlträQäns, Zootropa,Chotokoeu,La Limoncello, ...

23 xullo: Carneirock (Moraña)
-Pito de Pikasso, Ruxe-Ruxe, ...

25 xullo: Festival do Santiaguiño (Padrón)
- Fía na Roca,...

31 xullo: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
-O Sonoro Maxín,...


Agosto


14 agosto: Gallerock (Ribeira)
-Zenzar, Kogito, A Compañía do Ruido, ...

14 agosto: Pinofolc (O Pino)
-Tanto Nos Ten,...

21 agosto: Vilariño Folc (Hío)
- Tiruleque, ...

28 agosto: Festival Bailando entre Toxos (Ribeira)
-Pito de Pikasso,...

28 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
-Tanto Nos Ten,...
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-05-2010 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
O xacobeo non patrocinará o Intercéltico do Morrazo
O Xacobeo descarta patrocinar o Intercéltico ao non atoparse no Camiño de Santiago

Esta decisión pon en perigo a celebración do festival, pois a súa achega non baixaba dos 10.000 euros


A Sociedade de Xestión do Xacobeo descartou a pasada semana colaborar no financiamento do Festival Intercéltico do Morrazo a través dun contrato de patrocinio, como viña facendo desde fai uns cinco anos. Desde o organismo autonómico puxéronse en contacto co Concello de Moaña para comunicarlle a decisión e argumentan que a razón deste cambio na política de patrocinios débese a que "Moaña non se atopa en ningún dous chamados Camiños de Santiago, e decidimos non apoiar economicamente eventos que estean fóra destes trazados", din. Iso si, o Festival de Ortigueira si que contará con esta axuda a pesar de que tampouco se atopa dentro de ningún camiño. "Tratar dun evento cunha traxectoria e un peso que xustifica esta axuda", defenden desde a sociedade de xestión.

Esta noticia fai perigar a celebración do Intercéltico aínda máis, despois da redución de axudas autonómicas do verán de 2009, que obrigou á Concellería de Cultura a realizar unha operación de modificación de crédito para poder pagar a organización do festival. "O pasado ano xa fundimos case todo ou orzamento de Cultura neste evento, pois os patrocinios pasaron de cubrir o 70% dous custes a menos da metade", lamenta o edil Diego Riobó. E é que a cantidade que o Xacobeo achegaba chegou o ano pasado a 10.000 euros, mentres que na edición de 2008 era de 20.000 euros.

Riobó asegura que este ano o Concello dispón de moitos menos fondos. "Esperabamos que ao ser Ano Santo o Xacobeo incrementase a súa achega", apunta. Por tanto, no caso de que non fallen as outras axudas e póidase celebrar o festival este contaría co menor orzamento dos últimos anos. "Sempre traballamos cun orzamento de entre 100.000 e 120.000 euros. Este ano como moito poderemos chegar a 60.000", explica o concelleiro.

O que ten claro Diego Riobó é que si fallan os patrocinios da Consellería de Cultura e a Deputación, ou diminúe a súa cantidade, non se organizará o Intercéltico. "Ou se fai algo cun mínimo de calidade ou mellor non facer nada. Podemos reducir a programación de dous a un día, pero ou Intercéltico xa ten unha traxectoria e unha reputación e non pódese organizar un espectáculo que non pague a pena", sinala.
A continuidade ou non do evento depende actualmente do patrocinio directo da Consellería de Cultura. De momento aínda non deron ningunha resposta ao anteproxecto presentado polo Concello.

O patrocinio do departamento da Xunta é a maior partida económica externa que recibe Moaña para este espectáculo, non en balde as achegas roldan os 25.000 euros. "A resposta que nos dea Cultura será clave", confirma o edil.

E é que Diego Riobó non ten dúbidas sobre a axuda da Deputación de Pontevedra. "Son uns cartos que reparten cada ano para a programación cultural dos Concellos, e non creo que haia problema para recibilos", defende. Esta partida da Deputación gástase integramente no Intercéltico e adoita roldar os 10.000 euros.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-04-2010 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Macrofestival Queremos Galego en Pontevedra
Histórico festival a celebrar en Pontevedra pola defensa do galego.

www.queremosgalego.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-04-2010 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Chuvia 2010 (Riveira)

FESTA DA CHUVIA.CH 10
Sábado 27 de marzo


Chega a festa da chuvia.ch´10
a partir das 13 00h charanga "os jalochos" xa pola tardiña,na plasa do porro(plaza de vigo para os de fora),estará montado o escenario para dar comezo a tralla non stop
ás 21 00h Ulträqäns(A Corunha)
ás 22 30h Os Trebons(A Corunha)
ás 00 15h Inllorfeis(Corrubedo)


Haberá moitas sorpresas...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-03-2010 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Taiña 2010 (Goián)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-02-2010 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival "Berra em Galego" (Ourense)
Fronto os ataques que está a sufrir o galego, a Asociaçom Cultural Galiza em Punk, organiza unhas Xornadas pola lingua o 22 e 23 de Xaneiro en Ourense!

O Venres 22 haberá unha conferenica na Casa da Xuventude co título "linguas minorizadas ata a extinción" a cargo do profesor, escritor e historiador Jose Manuel Barbosa

E o Sábado 23 na praza da Magdalena (coñecida por praza do peta) Ourense, organízase o festival berra en galego! com:

- Skacha
- Skarmento
- Motor Perkins
- Guezos


Haberá carpa completamente cuberta e climatizada, o comezo é as 21:30 puntual e 5€ de entrada.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-01-2010 11:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Inplicate 2010 (Compostela)
Xa está aquí o fin de ano e con el, chega outra vez o Implícate, a nosa noite de música e palabra solidaria, que este ano se celebrará o 10 de xaneiro. Non o perdades, porque ten un cartel espectacular!

O 10 de xaneiro, ás 20.30h, no Teatro Principal de Compostela temos unha cita coa cultura e a solidariedade, o Implícate, que chega xa á súa quinta edición. E, como sempre, temos un cartel de luxo para celebralo:


MÚSICA
-Carmen Rey e banda
-Susana Seivane
-Narf

DANZA
-Pisando ovos

LITERATURA
-Antón Reixa
-Ana Romaní
-María Xosé Queizán
-Lino Braxe

TEATRO
-Cándido Pazó
-Patricia de Lorenzo

Todo isto conducido co saber facer de Yolanda Castaño e Luis Tosar.

As entradas (12 € xeral, 8 € estudantado) xa están á venda na taquilla Caixa Galicia, ben na Internet ou por teléfono no 902 43 44 43, onde tamén está dispoñible unha fila cero (entradas a 5 €) para @s que non poidades acompañarnos físicamente pero desexedes facer a vosa achega.

E lembrade que, ademais, faremos entrega do premio Implicada do Ano á xornalista Amelia García Hervella e que, como sempre, estará á vosa disposición unha mesa de venda de produtos de Implicadas (¿tes xa a Axenda 2010?), destinada como sempre, a financiar os nosos proxectos.

¿Ídevolo perder? ¡Agardámosvos!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-01-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer