|
|
|
|
| Novo Cruceiro Rock (Vila de Cruces) |
|
 |
|
|
|
|
| Brincadeira Rock in Cambre (Cambre-A Coruña) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival de Pardiñas, éxito de público e perdas económicas |
|
Para que preocuparse do tempo se o que está en xogo é a asistencia a un festival como o de Pardiñas. Se se fixan na foto de á beira, tomada na noite do sábado, verán que outras moitas persoas comparten ese criterio. Tras unhas horas nas que a choiva acompañou os primeiros compases da xornada, a noite serviu para que unha multitude gozase de concertos variados, de Kepa Junquera a Quempallou pasando por Coetus & Eliseu Parra. A sensación dominante desde o principio foi que se trataba dunha das edicións máis concorridas.
O domingo foi o día dedicado a un cartel non menos variado, posto que Beltaine, Chotokoeu ou Zurrumalla animaron desde o escenario. Onte, xornada case de balance, foi un día no que Alfonso Blanco , cabeza visible do festival e da asociación Xermolos, sentíase satisfeito da celebración e das sensacións percibidas: unha das súas alegrías era que presentas que acoden desde hai tempo comentáronlle que o festival era «unha necesidade». Sumámonos á expresión e desexamos, por exemplo, «mil Pardiñas máis».
A asociación cultural Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas, recoñeceu que o evento que acolle a localidade lucense de Guitiriz, provocou unha ''fochanca económica''. O orzamento de 100.000 euros "foi moi alto e os ingresos menores porque non é suficiente coa venda de camisetas", indicou Afonso Blanco, coordinador da asociación. É por iso, que prevén acabar de pagar as actuacións e demais gastos nun prazo de tres "ou catro meses". "Pero isto xa estaba pactado cos grupos", apostilou Afonso Blanco.
"O positivo é que saben que pagamos, sempre o fixemos, e esa é a nosa garantía", subliñou Blanco, para engadir que "incluso o grupo vasco Kepa Junkera fixo recortes debido á crise".
Xermolos editará libros e artigos relacionados con aspectos ou persoas da edición deste ano, cuxos beneficios de venda destinaranse tamén ao pago das actuacións.
|
|
|
|
|
| A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas |
|
 Non hai quen pare esta XXIX Festa da Carballeira de Zas. A festa folk por excelencia superou un día que facia presaxiar o peor. Ao longo de todo o día, dende a Coruña ata Fisterra a chuvia amenazante facía que moitos siareiros se pensasen o de enlamarse a golpe de folk. Pero a partir das 20:00h da tarde o ceo abriuse, deixou ver o seu azul para ir recibindo a todos os incondicionais desta festa.
I é que por algo ten 29 anos. Porque hai fieis que xa pode caer o ceo enriba para non acodir. A xente tardou en ir chegando á impresionante paraxe da Carballeira de Velar, que cada ano ve crecer máis e máis pequenos carballos. Se ben cando Maghua sacaron as pandeiretas aínda a entrada era mediada, xa para o comezo de Os Cempés a festa acollía unha cifra de asistentes ben alta. Se cadra non tanta coma outros anos, pero preto das 5.000 persoas xa as había.
Os Cempes resoaron na Carballeira de Velar
E soaron os Cempés e o fixeron con forza. Como aseguraba Lupe Nieto, esta banda sabe adaptarse, e para vir á Carballeira hai que facelo con forza e viveza. Manolo co bombo fixo bailar e cantar a toda a Carballeira o “Sara, Sariña” e o público agredeceuno converténdoo nun verdadeiro himno. Ademais, puideron disfrutar dunha colaboración especial, como foi a da brava soneirá Iria Ameixeiras.
De viaxe por Euskadi e Portugal
E xa nolo contaba tamén Lupe, que os grupos vascos e portugueses teñen un feeling especial ca xente da Carballeira. E este ano cumplíronse os pronósticos. Da Quadrilha xa non cómpre sinalar nada, pois é unha das bandas míticas da Carballeira e cada vez que veñen a lían. Esta xa era a 4ª vez e os seus temas xa son lendas por aquí. A súa troula, tradición e paixón fixeron bailar e chorar por igual.
Dos que cómpre vacer mención son dos vascos Xarnegue, que sorprederon a todos coa súa proposta divertida e festexeira. Estes, coma Korrontxi o ano pasado, gañáronse repetir!.
E se de festa se trata, esta non parou ata case as 7:00h da mañá. E os culpables foron uns galegos tremendamente marchosos. Os Ulträqäns sacaron o seu speedfolki á escena para facer que todo o que quedara na Carballeira (moita moita xente, que zona de acampada a pesar do tempo estaba ateigada) non parase de bailar ao son dos violíns.
Quedan pois 363 días para o 30º aniversario da Festa da Carballeira de Zas, e de seguro que a organización xa está a elo!! Parabéns e Eiiiiii Carballeiraaaaaa!!!
www.quepasanacosta.com |
|
|
|
|
| Festival Folc Rock das Portelas (Zamora) |
|
 |
|
|
|
|
| 3º Festival Folk Pontenova (Salvaterra de Miño) |
|
 |
|
|
|
|
| XIII Festival Folk Fornelos de Montes |
|
 |
|
|
|
|
| XXXIII Festival de Pardiñas (Guitiriz) |
|
Pardiñas prepárase para recibir a unhas 25.000 persoas no seu festival
A trixésima terceira edición do festival de Pardiñas, que se celebra en Guitiriz do 4 ao 5 de agosto, espera congregar este ano a máis de 25.000 persoas, segundo as previsións dos membros de Xermolos, a asociación cultural que organiza o certame.
O programa desta cita artística e musical foi presentado oficialmente onte na sede da Xunta en Lugo. Alfonso Branco Torrado, coordinador do colectivo organizador, apelaba «ao bo cartel para conseguir bater marcas de asistencia».
Programa
Sábado 4
- Bloquinho de Xermolos (Galicia),
- Milesios (Galicia),
- Kepa Junkera (Euskadi),
- Coetus & Eliseu Parra (Cataluña),
- Quempallou
- Cuchufellos (Galicia).
Domingo 5
- Tamborada Chotokoeu,
- Zurrumalla (Galicia),
- Beltaine (Polonia)
- Chotokoeu (Galicia).
|
|
|
|
|
| Festa da Carballeira (Zas) |
|
 |
|
|
|
|
| XVI Lugnasad (Bretoña) |
|
ACTUALIZACIÓN: Tiruleque sustitue a Güintervan no programa musical da festa celta.
|
|
|
|
|
| Castelo Rock 2012 (Muros) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival Son Rías (Bueu) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival `Quintana dos Vivos´en Compostela |
|
A primeira sesión dos concertos Quintana de Vivos, que se celebrará este venres ás 21:00 horas na praza da Quintana, será de balde.
Así o confirmou o representante dos establecementos de hostalería encargados da organización deste evento –"Os catro da Quintana"–, Félix García, que manifestou que este é un xesto "para axudar á cidade" e para que todos os cidadáns "poidan desfrutar da proposta musical que ofrecemos".
Deste xeito, todo aquel que se achegue este venres á emblemática praza compostelá poderá gozar dun espectáculo de cinco horas de duración, coas actuacións de Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Astarot, Uxía, Vaamonde, Lamas & Romero e os pandereteiros de O Fiadeiro.
Ao tempo, Félix García informou que o importe de todas aquelas entradas que xa foron vendidas –unhas 800–, será reintegrado nos puntos de venda onde foron adquiridas. Ademais, o representante de Os Catro da Quintana –Pub La Quintana, Café Bar El Santiagués, Crepería Cre-Cottê e Café Literarios– salientou que o 10% do total da recadación das barras de consumición instaladas na praza será destinado á Asociación Contra o Cancro. |
|
|
|
|
| XXVIII Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña) |
|
Aviso recibido en Malmequer
Ainda que os artistas que participan este ano non teñen a culpa si os politicos do Concello, asi que aplaudamos os artistas e abucheemos os politicos.
"O Concello de Moaña volve este ano a organizar unha nova edición do Festival Intercéltico do Morrazo, sin antes PAGAR aos grupos... que actuamos na edición anterior. Despois dun ano de estar reclamando, so recibimos desculpas e desprezo non atendendo as nosas chamadas.
A día de hoxe, e a unhas horas de que comece de novo o festival, ninguén, tanto da productora contratada polo concello como o propio concello, non se puxeron en contacto con ninguha das persoas agraviadas por tal asunto, e darnos unha solución.
Só esiximos que se nós pague polo noso traballo, pero, en este país, séguese a especular có traballo dos artistas. Donde están os cartos da organización do Festival Intercéltico do Morrazo 2011?.
Temos coñecemento que o grupo Zurrumalla e máis Tanxarina tamén están reclamando, pero creemos que hai máis perxudicados.
Miserables non somos os que reclamamos o que nos pertence, se non os especuladores e os políticos que os amparan.
BOICOT ao festival!!!
Agradezo que compartades e difundedes esto. Sabemos cando mexan por riba de nós." |
|
|
|
|
| Festixeve 2012 (Xeve-Pontevedra) |
|
 |
|
|
|
|
| V Antros Pinos (Taragoña-Rianxo) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival Sesión Vermú (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival Folk en Compostela |
|
 |
|
|
|
|
| IV Sargadelos Fusión (Sargadelos-Cervo) |
|
 |
|
|
|
|
| Festa da Fraga (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival Briga (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| Festigal (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| I Festival de Povo (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| Revenidas 2012 (Vilaxoan de Arousa) |
|
Que son As Revenidas? Estritamente, sardiñas salgadas e asadas nunha grella. Así son coñecidas en boa parte do entorno da ría de Arousa e moi especialmente en Vilaxoán, unha pequena vila pertencente ao Concello de Vilagarcía onde uns dos froitos máis prezados do mar da comarca adquire unha dimensión que transcende o gastronómico dende que a asociación Repichoca decidiu ensanchar as lindes da estrita festa gastronómica. O vindeiro sábado 21 as grellas arderán no campo da festa a poucos metros da estatua que homenaxea a Pantera Rodríguez, o finado boxeador que rematou presentando o Luar, pero dende vinte e catro horas antes Vilaxoán será xa unha festa ou, mellor dito, un festival: o Revenidas 2012, que na súa novena edición amplía o seu carácter e ademáis de trouleiro e gastronómico é tamén solidario.
A unha das poucas citas festivaleiras do verán que mantén o tipo en calidade e cantidade de artistas malia á fonda crise engádese este ano unha ollada ao Sáhara que se concretará nunha jaima instalada no recinto do festival. Nese espazo recadaranse fondos para o proxecto Bubisher, que tenta instalar unha biblioteca permanente nos campamentos de refuxiados tras levar anos traballando na zona cunha biblioteca ambulante. Pero baixo a carpa non só se recadarán cartos. Tamén haberá música e teatro para nenos e maiores e poderanse achegar libros para os máis pequenos do Sáhara. Todo parte de varios dos integrantes de Repichoca, que dende hai cinco anos acollen na cada verán na súa casa a Abdel, un rapaz saharauí que xa non volverá a Galicia a través do programa Vacacións en Paz porque vén de cumprir 12 anos. A Abdel gustaríalle volver para estudar a ESO pero mentres, explican os seus acolledores, "disfruta de cada momento en Arousa".
Pero, ademais da parte solidaria, Revenidas é tamén unha fiestra á ría arousá cunha excelente banda sonora. Por unha entrada de 10 -abono en venda anticipada- ou 15 euros é posible gozar da acampada ao pé da praia, dotada con servizos como baños, duchas de auga quente ou limpeza. Coas necesidades básicas cubertas e as sardiñas no bandullo a música correrá a cargo de máis de quince grupos entre os que se atopan galegos como Os Cempés, Guezos ou O Sonoro Maxín, xamaicanos como The Skatalities, vascos como Esne Beltza ou franceses como The Booze. Iso será pola noite, porque durante todo a xornada do sábado, ademais da parte gastronómica quen se achegue a Vilaxoán terá á súa disposición actividades de balde como teatro, clown, percusión ou charangas.
Dende a asociación organizadora un dos seus membros, Xoán Quintáns, sinala que "este tipo de festivais custa moito esforzo e cartos", concretamente, "máis de 50.000 euros" e por iso "precisamos o apoio de todos e todas, entidades públicas, privadas e público". Nesta liña, o alcalde vilagarcián, Tomás Fole, amósse convencido de que "os festivais que sobrevivirán a esta profunda crise serán os que se apoien" nesas "catro patas". "Revenidas está de sorte", abonda Chito Barreiro, tamén membro de Repichoca, xa que "cumpre con todos os requisitos". Dito isto, a Revenidas só lle faltaría unha cousa que semella ben difícil de atopar: unha escusa para non ir.
www.praza.com |
|
|
|
|
| Festival XXV aniversario dos Celtarras (Vigo) |
|
 Este sábado 21 de xullo ás 22:30h a cidade de Vigo celebra o 25º aniversario de Celtarras.
Actuarán catro das mellores bandas do punk-rock estatal: Keltoi, Esteka, Disturbio 77 e Aquemarropa, que celebrarán coos celtarras e os seus amigos a festa do seu cuarto de século e o recén acadado ascenso a Primeira División.
|
|
|
|
|
| VII Festival Arreaocabo (Celeiro, Viveiro) |
|
 |
|
|
|
|
| VII Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival da Terra e da Língua (Narón) |
|
 21 de julho (sábado)
Passeio Maritímo de Júvia (Narom)
12.00 Charanga pola estrada de Castela
13.00 Sessom Vermut na carpa
13.00 Apresentaçom do XII Festival da Terra e da Língua
14.00 Churrascada
16.30 Festivalzinho
- Obradoiro de Jogos Tradicionais
17.30 Jogos Populares
21.30 Leitura do pregom a cargo de Pilar Neira
22.00 Concerto
- Fracasados de Antemano GZ
- Trapalhada GZ
- Betagarri EH
- Cuchufelhos GZ
- Dz Selectors GZ |
|
|
|
|
| Santiaguiño Rock (Vedra) |
|
 |
|
|
|
|
| Rockanos (Arcos da Condesa) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival Obradoiro (Compostela) |
|
 |
|
|
|
|
| Nordestazo Rock 2012 |
|
 |
|
|
|
|
| II Festival a chorar a Cangas (Cangas do Morrazo) |
|
 |
|
|
|
|
| XIII Folk de raiz (Callobre - A Estrada) |
|
XIII FOLK DE RAIZ EN CALLOBRE
12 e 13 de Xullo
Nesta cita contaremos con 9 grupos de diferentes estilos:
12 de Xullo:
- Regato de Matamulleres,
- Retrouso,
- Os Ke Hai
- Jonh Deeres.
13 de Xullo:
- Asociacion Cultural Agarimo,
- Recobio,
- Ardentia,
- Tanto Nos Ten
Entre grupo e grupo teremos actuacions dos refeigueiros de Trioliro.
|
|
|
|
|
| Festival do Mundo Celta (Ortigueira) |
|
Xoves 12 de xullo
20:15 h- Inauguración musical
Praza de Isabel II
22:00 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia
- Grupo celta da Escola de Música de Ortigueira (Galicia)
22:45 h- Proxecto Runas
- Escenario Estrella Galicia
- Avelaíña (Galicia)
- Rastrexos Project (Gallicia)
- Alén de Ancos (Galicia)
- Harmonica creams (Xapón)
10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira
11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"
17 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral
Venres 13 de xullo
22:00 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia
- Bagad Glazik Kemper (Bretaña)
- Stolen Notes (Andalucía)
- Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
- Blazin' fiddles (Escocia)
- Jamie's Smith Mabon (Gales)
10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira
11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"
12 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral
12:00 h- Pasacalles
Rúas da vila
18:30 h- Mostra bandas e baile
Campo de San Roque
Sábado 14 de xullo
22:00 h- Sesión de concertos
Escenario de Estrella Galicia
- Oban pipe band (Escocia)
- Crema de gaita (Galicia)
- The Rua Macmillan band (Escocia)
- Electric céilí (Irlanda)
10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira
11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"
12 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral
12 h- Pasacalles
Rúas da vila
16 h- Radio en directo
Teatro de Beneficencia Lume na palleira de RG Música
17:30 h- Pasacalles
Rúas da vila
20:00 h- Documental
Teatro de Beneficencia "Defol XXI", análise da gaita do século XXI
Domingo 15 de xullo
12 h- Desfile de bandas
Saída dende a Alameda
Escola de Gaitas de Ortigueira,
Banda de gaitas de Ladrido,
Oban pipe band,
Bagad Glazik Kemper,
Banda de gaitas Concello dos Blancos,
Banda de gaitas Abelladeira (O Bierzo),
Banda de gaitas "La reina del Truébano",
Banda de gaitas "Asociación Malante",
Banda de gaitas de Burela.
10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira
11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"
12 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral
18 h-Actuacións do violinista Jesús Herranz, o acordeonista Román Señor e o gaiteiro David Losas.
Teatro de Beneficencia
20 h-Presentación do proxecto "Metodo cardiofónico" polo zanfonista Germán Díaz.
Teatro de Beneficencia |
|
|
|
|
|
|
|