Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Resultados da búsqueda
Buscando'encontro'
XIV Encontro Folclórico Malveiras

Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-08-2009 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Máis de 30.000 persoas pasaron polo pavillón galego no festival celta de Lorient
Máis de 30.000 persoas visitaron xa o pavillón de Galicia no XXXIX Festival de Música Intercéltica de Lorient (Francia), segundo os datos de Turismo de Galicia divulgados onte. O festival da cidade bretoa é o encontro internacional máis importante do mundo celta, e dedica cada edición a un dos territorios celtas. Este ano, o país convidado é Galicia.
A Secretaría Xeral de Turismo organizou un programa de promoción de Galicia no encontro musical, centrado no pavillón de mil metros cadrados instalado no recinto do festival, que acolle actuacións musicais, exposicións, demostracións de artesanía, degustacións culinarias dos produtos galegos e material promocional sobre a comunidade.
A música galega non deixará de soar durante os dez días do festival, e, xunto a grupos consagrados como Berrogüeto, Fía na Roca, Lamatumbá, Carlos Núñez, Emilio Cao ou Rosa Cedrón, salientan as actuacións de formacións emerxentes como Pradairo, Limagogia, Lulavai, BoNoVo ou Ialma.
A secretaria xeral de Turismo, Carmen Pardo, salientou na presentación da delegación galega no festival “os lazos comúns que unen a Galicia co resto dos países celtas” e lembrou que a comunidade autónoma “é hoxe un territorio con gran personalidade, moderno e ao tempo moi identificado coas tradicións do contorno”.
A responsable de Turismo informou nun comunicado de que se reuniu co presidente das cámaras de comercio de Bretaña co obxectivo de chegar a un acordo coas axencias de viaxe bretoas para comercializar o vindeiro Xacobeo 2010 como un produto turístico.

Xornal.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2009 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
O festival de Lorient pensa en galego

Cunha media de 650.000 visitantes sae unha cifra aproximada de máis dun millón de ollos. Pupilas abondo para considerar o Festival Intercéltico de Lorient como unha das mellores plataformas para a exhibición de bandas de música folk.

Na localidade francesa de Lorient celébrase desde hai 39 anos a maior festa da cultura celta, o Festival Intercéltico, que ten na música a súa máxima representación. Irlanda, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles, Australia ou Asturias son algunhas das rexións celtas que xunto a Galiza invadirán a cidade costeira entre o 31 de xullo e o 9 da agosto. Porque este ano, o evento dedícase á nosa comunidade.

Creado no ano 1.971, trátase dunha das máis importantes citas deste estilo musical. Este ano haberá bandeiras galegas por todas partes, nos balcóns das casas, dos hoteis e por todo o recinto do Festival. O domingo día 2 de agosto comeza oficialmente o Festival coa Grande Parade ou o Gran Desfile das nacións celtas. Case un centenar de agrupacións desfilarán polas rúas de Lorient, cada unha co seu traxe tradicional, interpretando os sons típicos de cada rexión.

Segundo a Xunta, "o Pavillón de Galicia transmitirá unha imaxe de Galicia entrañable, amable e de calidade, potenciando o seu carácter de destino turístico con personalidade propia", unha imaxe que podería evocar o costumismo de épocas culturais pasadas, pouco ligadas á innovación e á ollada internacionalista. A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, participará instalando o Pavillón galego que contará cunha superficie de aproximadamente 1.000 m² dedicados a mostrar, dun xeito moi atractivo, diferentes aspectos relacionados coa cultura popular galega, así como os seus principais recursos e produtos turísticos.

A lista de músicos galegos ao completo é a seguinte: Alberto Coya y Alba Gutiérrez, Edelmiro Fernández, Marta Quintana y su banda, Bellonmaceiras Quinteto, Fía na Roca, Berrogüetto, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Soas, Limagoia, Crema de Gaita, Espido, Pablo Carpintero, Anxo Lorenzo Band, Emilio Cao, Isga Collective, Ialma, Licor Kafé, Lulavai, Dúo de Arpa Céltica e Violín, Paula Oanes e Alfonso Franco, bOnOvO, Faltriqueira, Lamatumbá, Susana Seivane.

Logo da última actuación de cada xornada, terá lugar un espectáculo de Queimada. Aparte do Pavillón Galego, celebraranse outras accións relacionadas con Galiza: Noite de Gala de Galicia no Gran Theâtre de Lorient no que actuará o grupo galego Son de Seu (organizada por Turgalicia), e exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago (organizada por Xacobeo): "Un Chemin, Six Regards. Lle Chemin de Santiago en Galice".

Lamatumbá, Airiños de Fene e Emilio Cao

"Licor do negro café que me tumbas que me matas, Licor do negro café fasme andar a catro patas... Déixame poñerme en pé, acompáñame a unha festa, emborráchate comigo, que nos atope a mañá abrazados como amigos …". Así reza un tema de Lamatumbá e faille honra ao seu estilo, unha das bandas máis marchosas destas terras consolidada xa como unha das bandas ourensás cun dos mellores directos. O grupo estará o sábado día 8 no festival de Lorient no que promete ser un dos espectáculos que dará que falar.

Ademais de Lamatumbá estarán os 43 membros da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene. Tal como explica Iago Ebrero do Diario de Ferrol Airiños é unha agrupación nova, a maioría non pasan dos 30 anos e as últimas incorporacións foron tres nenas de 12 anos. Máis da metade da banda estréase no certame e a ansiedade entre os máis novos empézase a notar. O venres día 31 sairán de Fene a media mañá e 18 horas máis tarde chegarán a Lorient, que xa lucirá un ambiente festivo. Esa mesma noite os de Fene actuarán no campo de fútbol do FC Lorient, ante máis de 16.000 persoas, nos concertos chamados Noites Máxicas.

E outra das sorpresas é Emilio Cao. O grupo musical Sinistro Total dedicoulle algunha canción, como o tema Emilio Cao (David Watts) pertencente á súa primeira maqueta de 1982. Emilio Cao (Santiago de Compostela, 1957) é un músico e compositor de folclore galego. Destacado intérprete de arpa celta e recuperador deste instrumento medieval en Galiza. Os seus inicios musicais están ligados a varios grupos da súa cidade, Brétema ou como acompañante no colectivo Voces Ceibes.

Contactos co festival de Ortigueira

Varios responsábeis da 39 edición do Festival Intercéltico de Lorient reuníronse a final de xuño cos da cita Celta de Ortigueira, co alcalde da localidade, Rafael Girón, á cabeza. O obxectivo do encontro, que tivo lugar na vila, non foi outro que compartir experiencias e propiciar puntos de colaboración entre os principais escaparates europeos da música folk. A cita celebrouse con motivo da presentación das actividades e concertos do Ano de Galicia na próxima edición do certame bretón.

O encontro bilateral estreitou lazos de cara a establecer futuras colaboracións, sempre co horizonte posto na conmemoración no 2010 da 40 edición do Intercéltico de Lorient. Durante a sesión xurdiron ideas tales como propiciar un posíbel irmandamento entre os dous festivais ou a posibilidade de establecer unha cooperación
no terreo artístico.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2009 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 24 (Venres)
• Sargadelos Fusión: Leo e Arremecaghona, Snatch, Bytheface e Mallory en Sargadelos (Lugo)
• Os Terribles de Donas en Gondomar
• Ruote e a banda de gaitas Malante na Castro da Cidá (Borneiro-Cabana de Bergantiños)
• Fía na Roca no Campo das Redes de Panxón - Nigrán
• Brath no porto da Guarda
• Festa da Fraga (As Pontes): Luar na Lubre, Bonovo, Muxarega, ...
• IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia: A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu
• Festival día da Patria (Compostela) en Belvis: Arenga, Kogito, KOP, Dios Ke Te Crew...
• Festigal (Compostela): Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
• Café Concerto do Festigal: Ataque Escampe, Nao,...
• Foliada en Donón (Cangas do Morrazo)

Sábado 25
• II Certame de Gaiteiros Solistas e II Certame de Baile Tradicional de Parellas en Santiaguiño do Monte (Padrón)
• A Quenlla en Sargadelos (Lugo)
• Festigal (Compostela): Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, A Grande treboada
• Café Concerto do Festigal: Mª Xose López, Lobalú, Roberto Sobrado, O Leo i Arremecághona!
• Gaiteiros de Lisboa e Pepe Vaamonde Grupo na Praza da Quintana (Compostela)
• Freixa Rock (Ponteareas): Skandalo GZ,...
• The Homens, Andrés Suárez e Combo Dinamo en Neda (A Coruña)
• Festival Son Celta (Porto do Son): Som do Galpóm, Galegoz, ...
• Santiaguiño folc (Padrón): Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira
• Romaría Galega en Tordoia: O Cego do Viso, Bouba Pandereteiras e Tombalobos Orquestra
• Mutenrohi en Baiona
• Brath na Praza do Seixo de Tomiño
• Kogito no chiringo de Calo (Figueiró-Tomiño)
• Susana Seivane en Bueu
• Berroguetto en Ponte da Barca (Portugal)

Domingo 26
• Pandereteiras de Xacarandaina e o Centro Coreográfico Galego ás 19:30 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
• Tanto nos Ten (TNT) en Corvillón (Cambados)
• Kerkennai na Praza da Quintana (Compostela)
• Cristina Pato e Mutenrohi en Padrón
• Malvela en Meaño ás 18:30 nos muiños de Couso en Simes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os festivais
24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo, Leña Verde, Muxarega...

24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu

24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Dois Ke te Crew, Kogito, KOP, ...

24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada

23-24-25-26 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Kila, Garotas da Ribeira, Galegoz, Mazmorra, Rumbia, charangalaicos, Suevia, anduriña,...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira

31 xullo: II Noite Musical de Baños de Molgas (Ourense).
- A Requinta da Laxeira, Vichelocrego e Banda Potemkin

31 de xullo e 1 de agosto: Festival Intercéltico (Moaña)
- Gwendal, Oscar Ibañez & Tribo
- Milladoiro e amigos

31 de xullo e 1 de agosto: II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
- Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics

31 de xullo e 1 de agosto: Vikinsons (Catoira)
- Noise Project e Som do Galpóm
- Guezos, Tonhito de Poi e Rasa Loba

31 de xullo e 1 de agosto: Festival Senuncan(O Carballiño)
- Fracasados de Antemano, A Gran Treboada, Os Chiquilicuatres, Rumborrachera, Banda Desarmada
Muyayos de Raiz, Phantom Club, Kambotes,...


Agosto


1 agosto: Festival de Zas
- Capercaillie, Tejedor, Sonoro Maxín, Mutenrohi, Ruote, ...

1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

5 agosto: Noite Folc de Teis (Vigo)
- Trioliro regueifeiros, Os Carunchos e Ardentía

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari, Banda Potenkim

8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Os Carunchos,...

8 agosto: Festival Folc do Salvador (Budiño-O Porriño)
- Avelaíña, Coanhadeira e Guezos.

12 agosto: Rabafolc (Rábade - Lugo)
- Os Veraneantes, Treixadura e Orfeón, Pepe Vaamonde grupo e Os Tres Trebóns

14-15 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Marful, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

15 agosto: Festival Folc de Leirado (Salvaterra)
- Pradairo, Tiruleque e Clave de fol

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Guisamo Folc
-Gwendal,...

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá, Saraibas, BellónMaceiras quinteto, Balakandra, Mallacán...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival do Castro (Pantón-Lugo)
-Cuchufellos, Som do Galpóm, United Flavour,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...
ADIADO

22 agosto: Festival de Liméns (Cangas do Morrazo)
- Berroguetto,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, Quempallou, ...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten,...

29 agosto: Festiva Rebumbio (Mos)
- Dakidarria,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

4-5 setembro: XXIII Festa da Poesia de Salvaterra
- Covalblú,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...

26 de setembro: III Zumbanocoiro de Lugo (Festival de música tradicional)-A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 20 (Luns)

Terza feira 21 (Martes)
• Ophiusa en Padrón na Praza de Macías

Corta feira 22 (Mércores)

Quinta feira 23 (Xoves)
• Sondeseu na Praza Maior de Ourense ás 23:00
• Brath na Praza Maior de Carballiño
• Festa da Dorna (Ribeira): Chotokoeu e Recambios Tucho
• Susana Seivane na Fnac da Coruña
• Descarga ao Vivo (Cuba-Galiza) no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña)

Sexta feira 24 (Venres)
• Sargadelos Fusión: Leo e Arremecaghona, Snatch, Bytheface e Mallory en Sargadelos (Lugo)
• Os Terribles de Donas en Gondomar
• Ruote e a banda de gaitas Malante na Castro da Cidá (Borneiro-Cabana de Bergantiños)
• Fía na Roca no Campo das Redes de Panxón - Nigrán
• Brath no porto da Guarda
• Festa da Fraga (As Pontes): Luar na Lubre, Bonovo, Muxarega, ...
• IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia: A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu
• Festival día da Patria (Compostela) en Belvis: Arenga, Kogito, KOP, Dios Ke Te Crew...
• Festigal (Compostela): Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
• Café Concerto do Festigal: Ataque Escampe, Nao,...

Sábado 25
• II Certame de Gaiteiros Solistas e II Certame de Baile Tradicional de Parellas en Santiaguiño do Monte (Padrón)
• A Quenlla en Sargadelos (Lugo)
• Festigal (Compostela): Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, A Grande treboada
• Café Concerto do Festigal: Mª Xose López, Lobalú, Roberto Sobrado, O Leo i Arremecághona!
• Gaiteiros de Lisboa e Pepe Vaamonde Grupo na Praza da Quintana (Compostela)
• Freixa Rock (Ponteareas): Skandalo GZ,...
• The Homens, Andrés Suárez e Combo Dinamo en Neda (A Coruña)
• Festival Son Celta (Porto do Son): Som do Galpóm, Galegoz, ...
• Santiaguiño folc (Padrón): Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira
• Romaría Galega en Tordoia: O Cego do Viso, Bouba Pandereteiras e Tombalobos Orquestra
• Mutenrohi en Baiona
• Brath na Praza do Seixo de Tomiño
• Kogito no chiringo de Calo (Figueiró-Tomiño)
• Susana Seivane en Bueu
• Berroguetto en Ponte da Barca (Portugal)

Domingo 26
• Pandereteiras de Xacarandaina e o Centro Coreográfico Galego ás 19:30 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
• Tanto nos Ten (TNT) en Corvillón (Cambados)
• Kerkennai na Praza da Quintana (Compostela)
• Cristina Pato e Mutenrohi en Padrón
• Malvela en Meaño ás 18:30 nos muiños de Couso en Simes
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 20-07-2009 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Festivais de Verán
16-17 xullo: Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada)
- Os Carunchos, Regato de matamulleres, A requinta da laxeira e Folk de veneno
- Treixadura, Eilea (xenebra, suiza), Os ke hai, Pé de boi e Regueiferos " Os Gordechos"

17 xullo: Teixeiro Rock
- O Sonoro Maxín, Ith e Los Suaves

17 xullo Revenidas (Vilaxoán)
- Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
- Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...

17 xullo: Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
- Tarabelos, Coanhadeira, Linho do Cuco

17 xullo: Festival da Coruña)
-Siniestro Total, Galegoz, Os Tres Trebóns, Taru e os Paxaros Coiro

17-18 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten
Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos

17-18 xullo: Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Retobato, Arenga, Skacha, ...
- Kogito, Les Moreaus, Trapallada,...

18 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
-O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu, Caivanca.

18 xullo: Arreacabo (Celeiro-Viveiro)
- Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...

18 de Xullo: I Nordestazo Rock. Malpica.
- Os Tres Trebóns, Ultraquans, Sonotones, Los Justicieros.

18 xullo: VI Festa Folk no Río Chamoso (O Corgo)
- Gaiteiros Xarín e Cristina Pato

18 xullo: I Festival Trevinca Folk (A Veiga)
- Luar na Lubre

18 xullo: Festival Sons do Vento (Melón-Ourense)
-Banda de gaitas Amigos do mosteiro, Bastards on parade, La Collá Propinde, Pepe Vaamonde grupo, Verdasca, Pandereteiras de Randufe, Pandereteiras "As charaviscas", Grupo de baile "Retrouso"

19 xullo: Festival folk de Narón
-Leilía Tradicional e Susana Seivane.

23 xullo: Festa da Dorna (Ribeira)
- Chotokoeu,...

24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo, Leña Verde, Muxarega...

24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu

24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Dois Ke te Crew, Kogito, KOP, ...

24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada

25 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Galegoz, ...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira

31 xullo: II Noite Musical de Baños de Molgas (Ourense).
- A Requinta da Laxeira, Vichelocrego e Banda Potemkin

31 de xullo e 1 de agosto: Festival Intercéltico (Moaña)
- Gwendal, Milladoiro, Oscar Ibañez & Tribo,...

31 de xullo e 1 de agosto: II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
- Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics

Agosto


1 agosto: Festival de Zas
- Capercaillie, Tejedor, Sonoro Maxín, Mutenrohi, Ruote, ...

1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna, Banda Potemkin, Tanto Nos Ten (TNT)
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

5 agosto: Noite Folc de Teis (Vigo)
- Trioliro regueifeiros, Os Carunchos e Ardentía

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari,...

8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Ardentia e Os Carunchos

8 agosto: Festival Folc do Salvador (Budiño-O Porriño)
- Avelaíña, Coanhadeira e Guezos.

14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

15 agosto: Festival Folc de Leirado (Salvaterra)
- Pradairo, Tiruleque e Clave de fol

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Guisamo Folc
-Gwendal,...

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá,...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...
ADIADO

22 agosto: Festival Folc de Vilariño
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, ...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2009 13:19
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde de `brindos´ en Samos
Un encontro na montaña recupera a tradición secular de «brindeiros» e «aloiadores» con «coplas que son bonitas e non molestan a ninguén»

Doce dos dezaseis improvisadores da montaña luguesa convocados ao encontro do sábado en Lóuzara (Samos) acudiron á cita de veciños e investigadores desexosos de brindos e regueifas. A comida organizada polas asociacións Oral de Vigo e o Centro Galego de Música Popular contou con bastantes participantes, os brindadores María de Paredes, José O Fontal, e Antonio Río O Ribeira, e Antonio Río, de Louzarela, todos de Samos; Adamo e Amable de Nullán, dous aloiadores (así se denominan nos Ancares) das Nogais, Pepe de Folgar (Monforte); Fidel Galego, de Cortes (Samos), Daniel Vilariño, Antonio Campo, Antonio Vila e Carmen , de Sarria. De todos eles, Daniel é o máis novo , con 67 anos.
A eles uníronse desde Vigo un trío de regueifeiros de novo cuño: Luis O Caruncho, Josiño dá Teixeira e Benito Logariño, que son algúns dos que saíron tras doce anos de encontros de improvisadores de Oral de Vigo, representada por Carlos Alonso.

«Xa non valgo»
Os tres últimos exerceron de animadores ou respondedores dos máis veteranos, algúns dos cales eran remisos a participar nesta loita sen feridos, ao non verse xa coa axilidade mental necesaria: «Xa non vallo, non me sae ben», alegaron preocupados ante os etnomusicólogos ou antropólogos musicais que lles buscaron, tendo que superar as reticencias dos familiares que non lles daban valor ou temían o ridículo. Tiraron, como non, da man do cura Xesús Mato, que continúa como armadanzas musicais da montaña.

Ao final, en Lóuzara saíron chispazos de canto improvisado, máis eficaz que a oratoria de sobremesa. Fallou a variedade temática, pois case todo centrouse nas urxencias da entrepierna (masculina) e do bandullo, ámbitos moi recitados ao ser os brindos propios das vodas de antes.
O Ribeira, con camisa de cor rosa pau e xa moi paseado por ruedos e #estudio, foi dos veteranos con maior repertorio de saídas e unha «coplas que son divertidas e non molestan a naide». Deu unha tunda verbal a Josiño, tras retarlle este como «presidente». Ribeira debía levar un bo intre masticando o encontro burlesco e ata o buscou ao final entre o auditorio.
As esencias da música rural son as que son, e estes raperos de vello andan agora solicitados, antes de que morran todos. Segundo Ramón Pinheiro, que prepara unha historia do canto improvisado en Galicia, «atopámolos en moitas bisbarras, pero só quedan brindeiros vivos en Bergantiños e na montaña».

En busca de «brotes verdes»
Xunto con Uxía Pedreira, Pinheiro rebusca nas raíces da música tradicional para sacar novos «brotes verdes». Quizais o recitado máis antigo soou na voz do veterano e recto ton de José O Fontal -pouco vía, pero captou o ton da reunión-, o romance picarón a unha tal Dorita, improvisado coa cadencia daqueles cantos antigos de vida, de arrimarse. «Ou estilo do interior -dicía Pinheiro-, é máis poético, arcaico ou introspectivo, e sempre repiten ou último verso de quen lles precede; en cambio a loita dous dá costa é máis descarada, explícita».
O primeiro, o da camisa ben #pasar# o ferro e gardar as formas mentres a comida está na mesa, adoita quedar na metáfora e a rima resólvese con maior sorpresa final. O segundo, o da camiseta serigrafiada, boa andorga e reto máis tabernario. Saísen ou non aspectos canónicos da improvisación, alí escoitaron varios filólogos, músicos de Sober -Quempallou e Neno do Cuco-, ou a directora do Centro Dramático Galego, Cristina Domínguez.

Como teatro, tratamento de voz e outras variantes, estas formas populares de cantos para o Nadal (Reises), o entroido ou as vodas (cantos epitalámicos) teñen ata interese. Os medievalistas din que son tradición desde polo menos o século XIII, desde os trobadores e cegos-lazarillos.

O anfitrión, saxofonista

Ao remate saíu o saxofón do patrón da casa, Evaristo, curtido en orquestras rurais. E versos de toda a vida: «Heime de casar cun vello, heime de cansar de rire..», «E durmir de pé, e durmir de pé...» ou adaptacións locais: «Se o río de Sarria levara coñá, levara coñaaá, levara coñá...»


La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2009 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais de Verán
16-17 xullo: Festival Folk de raiz (Callobre - A Estrada)
- Os Carunchos, Regato de matamulleres, A requinta da laxeira e Folk de veneno
- Treixadura, Eilea (xenebra, suiza), Os ke hai, Pé de boi e Regueiferos " Os Gordechos"

17 xullo: Teixeiro Rock
- O Sonoro Maxín, Ith e Los Suaves

17 xullo Revenidas (Vilaxoán)
- Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
- Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...

17 xullo: Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
- Tarabelos, Coanhadeira, Linho do Cuco

17 xullo: Festival da Coruña)
-Siniestro Total, Galegoz, Os Tres Trebóns, Taru e os Paxaros Coiro

17-18 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten
Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos

17-18 xullo: Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Retobato, Arenga, Skacha, ...
- Kogito, Les Moreaus, Trapallada,...

18 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
-O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu, Caivanca.

18 xullo: Arreacabo (Celeiro-Viveiro)
- Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...

18 de Xullo: I Nordestazo Rock. Malpica.
- Os Tres Trebóns, Ultraquans, Sonotones, Los Justicieros.

18 xullo: Festival Sons do Vento (Melón-Ourense)
-Banda de gaitas Amigos do mosteiro, Bastards on parade, La Collá Propinde, Pepe Vaamonde grupo, Verdasca, Pandereteiras de Randufe, Pandereteiras "As charaviscas", Grupo de baile "Retrouso"

19 xullo: Festival folk de Narón
-Leilía Tradicional e Susana Seivane.

23 xullo: Festa da Dorna (Ribeira)
- Chotokoeu,...

24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo,...

24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu

24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Dois Ke te Crew, Kogito, KOP, ...

24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada

25 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Galegoz, ...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira

31 de xullo e 1 de agosto: II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
- Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics

Agosto


1 agosto: Festival de Zas
- Capercaillie, Tanto Nos Ten (TNT), Ruote, ...

1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari,...

8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Ardentia e Os Carunchos

14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá,...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, ...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-07-2009 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos no IX Encontro de Embarcacións Tradicionais de Muros
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2009 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
A música galaicobrasileira

O gaiteiro galego, que acaba de editar un disco producido en Brasil, trata as relacións sonoras de ambos lados do atlántico

O xornalista Carlos Galilea faloume un día dun interesante concepto, o das músicas portuarias, que mantiveron conectadas por mar unha soa «nación musical» na que se cociñaron as claves do éxito da música do século XX: a mestura das melodías e harmonías europeas, co ritmo africano.

Sábese que os emigrantes irlandeses e escoceses a EE.?UU. contribuíron coa súa música, mesturada coa dos descendentes de escravos africanos, á formación da que máis influiría no mundo na segunda metade do século pasado: o rock & roll, cos seus derivados e coas súas fontes.
¿Por que Galicia non colleu ese tren das músicas do XX, como si fixeron na Península o flamenco ou o fado? Seguramente por culpa da gaita. Os seus roncóns medievais non permitiron a viaxe cara á harmonía e o jazz. A guitarra gañou a carreira de América. No fondo esas son xa músicas urbanas e aquí a cultura galega sobreviviu no rural.

Aínda que, de maneira seguramente anecdótica, si que os galegos contribuíron a estas músicas na emigración: por exemplo no tango (lembremos o Galleguita de Gardel), ou en Cuba (onde tamén gravamos algún repertorio galegocubano, se cadra mesmo contribuímos ao bum cubano dos noventa ao facelo con Ry Cooder). Tamén no fado houbo emigrantes galegos. E seguramente no flamenco, coa cantidade de galegos que había en Cádiz ou Sevilla.

E algo de todo iso debe de haber, non hai máis que ir a calquera festa do verán en Galicia para se decatar do moito que nos gustan estes ritmos quentes, de influencia afroamericana. Mesmo mitos da música cubana levaban sangue galego e africano, como Antonio Machín, fillo dun galego e dunha descendente de escravos, ou Bebo Valdés, neto dun galego. Tamén é certo que neses países, o tocar ou bailar como un galego era símbolo de falta de swing ?
¿Será no Brasil onde Galicia atope finalmente e en profundidade a súa exitosa mestura co africano?

Galegos e negros
Como escribe meu amigo o maestro Tinhorão: «O contato direto entre negros africanos, portugueses e espanhóis na Península Ibérica remontava ao século XV, pois entre as mercadorias negociadas no Norte da Africa, figuravam escravos (muitas vezes africanos trocados por mouros, e que os muçulmanos traziam do interior do continente). Lisboa e Sevilla, ao reforçarem sua posição de entrepostos comerciais con América, só fariam crescer o número de vagabundos, valentões, criminosos ou simplesmente pícaros, destinados a formar ao lado dos escravos negros (e logo crioulos e mulatos) o público das diversões urbanas. A novidade de uma música producida pela gente do povo das cidades, para atender à expectativas do lazer urbano, estava nascendo em Portugal de Quinientos. E, tal como mais tarde viria a confirmar-se no Brasil, essa música popular surgia como criação das camadas mais humildes dos negros e brancos pobres das cidades».
Dicía un panfleto sobre a música «que veyo agora da Bahia, e o Fandango de Sevilla», que circulou na Lisboa do século XVIII -cando alí había 40.000 galegos-: «É o som do marujo, do galego, do moço de servir, da inquietação e da balburdia, dos barulhos e das traficâncias».

A moda do fandango
O fandango foi um bum na España do século XVIII moi relacionado coas colonias americanas. Hai quen di que nace da folía e que esta, á súa vez, vén do norte de Portugal. No século XVII, no mítico arquivo de música do Rei João IV figuraban 36 danzas galegas. A folía está etimoloxicamente relacionada coa nosa foliada, que é un fandango, quen sabe por tanto se tamén hai relación musical.
No século XVIII, o artista mulato brasileiro afincado en Lisboa Domingos Caldas Barbosa escribe: «Vence fandangos e gigas / A chulice do Lundum». Ou que é case o mesmo, o lundú vencía ás nosas jotas e muiñeiras... O ritmo do lundú vén dos batuques dos escravos africanos, mais a súa coreografia «imitaba a da dança espanhola denominada fandango».

Os brasileiros din que «tal fusão, realizada há tanto tempo, torna de certa maneira vã toda tentativa de procurar estabelecer o que é realmente africano ou europeu em nossas danças populares atuais». Mais eu acho xiros de Alborada antiga no lundú do XVIII que gravei con Carlinhos Brown e un coro de bahianas que ben poderían ser pandereteiras. E ese lundú é o máis vello contacto do africano e o europeo no Brasil do que se conserva transcrición musical.
E o máis incrible é que tantos anos despois, o lundú segue vivo con outro nome. Eu escoitei hai só uns meses en Bahía eses mesmos xiros «gaitísticos» no Axé eléctrico máis de moda. E o baile do público asistente -brazos en alto como de muiñeira ou jota e movemento africano de cintura para abaixo-, e tal e como describían os viaxeiros ao Brasil hai más de 200 anos, «sedutora dança dos negros, misto de coreografia africana e fandangos espanhóis e portugueses» (Thomas Lindley, Bahia, 1802).
Nas miñas viaxes vivín moitas veces a reacción espontánea dos percusionistas brasileiros ao tocar eu a gaita. Tal como describe nunha exposición colonial portuguesa O Comércio do Porto , en 1934, «eu mesmo vi um preto fazer batuque da mais característica dança regional do Norte». Parece que ese encontro é algo natural...
Gustan da néboa

Desas viaxes trasatlánticas, con tantas idas e voltas ao longo dos séculos, vén a música brasileira que hoxe coñecemos: lundú, modinha, maxixe, choro, samba, bossa nova, tropicalismo, MPB... Tamén é certo que mesmo nos xéneros propios non fan fronteiras claras; se cadra os brasileiros gustan da néboa, coma nós.
Diciamos que as nosas posibles relacións co Brasil están sen estudar na lingua, así que imaxinade na música... En calquera caso, estas son as miñas conclusións deste ano brasileiro; é a miña historia, ¡quen teña outra, que a conte!

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2009 00:27
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 6 (Luns)
• Galegoz en Caldas de Reis

Terza feira 7 (Martes)

Corta feira 8 (Mércores)
• Os Chiquilicuatres en Boiro

Quinta feira 9 (Xoves)
• Vaamonde, Lamas & Romero en Guitiriz
• Encontro de embarcacións tradicionais en Muros: Som do Galpóm e Trapos sucios
• O Son Benitiño (Moaña): O Sonoro Maxín,...
• Festival de Ortigueira: Pablo Seoane Grupo, Tiruleque e Qui Hi Ha?

Sexta feira 10 (Venres)
• Machina en Molgar (A Coruña)
• Kastomá en Ordes
• A Tuna Rastafari en Palas de Rei (Lugo)
• Projecto Trepia en Pontevedra
• Encontro de embarcacións tradicionais en Muros: Treixadura e Quempallou
• Festival de Ortigueira: Escola de Gaitas de Ortigueira, Susana Seivane, Michael Mcgoldrick Band e Judith Mateo

Sábado 11
• X Memorial Ricardo Portela en Pontevedra
• Uxía no Teatro Jofre de Ferrol ás 21,30
• Encontro de embarcacións tradicionais en Muros: Susana Seivane, Vaamonde, Lamas & Romero
• Ruxe-Ruxe en Vilariño de Conso
• Festival de Ortigueira: Xose Manuel Budiño, La Bottine Souriante, Wolfstone e Korrontzi
• III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
• Serán no campo da festa de Senra
• Foliada en Cela (Bueu) no Adro da Igrexa

Domingo 12
• XXX Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina
• X Memorial Ricardo Portela en Pontevedra: Os Carunchos e Quempallou
• Festival de Ortigueira: Banda de gaitas Xarabal + Johnstone Pipe Band, Battlefield band, Arán e Sog
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-07-2009 23:33
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Festivais de verán
3 xullo: Revoltosa Rock (Montaos-Ordes)
- Ataque Escampe, Dixebra, Kastomä, Los Kebraos e Electróxeno.

3 xullo: Rapa das Bestas de Sabucedo
- Som do Galpóm, Os Tres Trebóns e Os Chiquilicuatres

3-4 xullo: XII Músicas na noite (Teo)
- Medomedá, RuxeRuxe e Galegoz
- Leilía Band, Alvariza e Fía na Roca

4 xullo: Mostra das Culturas (Boiro)
- Projecto Trepia, Cartell 70, Taru e Os Paxaros Coiro, CHamalle Xis, Galegoz,...

4 xullo: Asalto ao Castelo (Vimianzo)
- Duplo Son, Ophiusa, The Turre´s Band

4 xullo: Festival do río Castro (Narahío)
- Berros do Castro, Pesdelán, Os Tres Trebóns e Ultraqáns

4 xullo: Festa Rachada da Baña
- A requinta da Laxeira, Armadanzas, Os Campantes

9 xullo: O Son Benitiño (Moaña)
- O Sonoro Maxín,...

9, 10, 11 e 12 Xullo: Festival de Ortigueira
- Jacky Molard Acoustic Quartet e Final Proxecto Runas'09
- Escola de Gaitas de Ortigueira, Judith Mateo, Susana Seivane e Michael Mcgoldrick Band
- Xose Manuel Budiño, Wolfstone e La Bottine Souriante
- Nova Galega de Danza, SOG e Battlefield Band

17 xullo: Teixeiro Rock
- O Sonoro Maxín, ...

17 xullo Revenidas (Vilaxoán)
- Kogito, La kinky Beat, Skarface, Manu adeus
- Quempallou, Cuchufellos, O Taberneiro lamentable,...

17 xullo: Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
- Coanhadeira,...

17 xullo: Festival da Coruña)
-Siniestro Total, Galegoz, Os Tres Trebóns, Taru e os Paxaros Coiro

17 xullo: Festival de Callobre (A Estrada)
- Treixadura, Os Carunchos, ...

17-18 xullo: Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
MatamáFolc: Tiruleque, Crema de gaita, Tanto Nos Ten
Malaherba Rock: Skarnio, Puta Miseria, Aphonnic, Rojo Dos

17-18 xullo: Festival da Terra e da Lingua (Narón)
- Skacha, Kogito, ...

18 xullo: Festival da Chaira (A Pastoriza)
-O Sonoro Maxín, A Vaga Banda, Chotokoeu...

18 xullo: Arreacabo (Celeiro-Viveiro)
- Lamatumbá, Boikot, Betagarri, Sem Resposta, ...

18 de Xullo: I Nordestazo Rock. Malpica.
- Os Tres Trebóns, Ultraquans, ...

19 xullo: Festival folk de Narón
-Leilía Tradicional e Susana Seivane.

23 xullo: Festa da Dorna (Ribeira)
- Chotokoeu,...

24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo,...

24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu

24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Kogito, KOP, ...

24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada

25 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Galegoz, ...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón,...

Agosto


1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari,...

14 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, A Magnifique Band dos homes sen medo, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, ...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 04-07-2009 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Alalá coas Dignas del querer

Hoxe, martes, día 30/06/2009

Nunha noite de reencontros con xente e música, "Alalá" achégase a Ponte Caldelas para estar con algunhas coñecidas nosas: as pandereteiras "Dignas do Querer"; elas e eles porque incorporaron algunha figura masculina.


Están encantadas porque acaban de cumprir un pequeno soño: gravar un disco! Que foi algo que non esquecerán nunca. Non paran, alá onde as chaman van, tanto é así que chegaron ata Bruxelas; como elas din, "o que non fixemos de novas estámolo a facer agora".

Aproveitando que "Alalá" está nesta zona de Ponte Caldelas falará tamén da emigración que aquí foi preferentemente cara ao Brasil. Estes galegos que marcharon levaron a música e os oficios con eles, un dos máis importantes era o da cantería. Falarán cun canteiro, amigo das mozas do grupo e recuperará o "verbo" deste gremio, a xerga que empregaban e que só eles entendían. Que mágoa que hoxe xa non se saiba!


Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 30-06-2009 12:03
# Ligazón permanente a este artigo
Asociación Galega de Músicos ao Vivo

O Domingo 5 de xullo, está convocada unha asamblea da Asociación Galega de Músicos ao Vivo que se vai celebrar no Auditório de Galiza en Compostela as 17:00 horas., e o mesmo dia 5 de xullo, aproveitando a presenza da xente en Compostela, acordamos convocar unha xuntanza (aberta) da comisión de Rádio as 20:00 no local da Gentalha do Pichel.

A Asociación Galega de Músicos ao Vivo nace co obxectivo de agrupar e unificar as inquietudes dos músicos de directo, e como plataforma de intercambio de información e opinión. Pretende ser un lugar onde todos os músicos teñan cabida e así posuír unha voz común deste colectivo. A filosofía desta asociación baséase en dignificar a música en directo e o traballo dos músicos que a levan a cabo.

Músicos ao vivo non é:

- Non é para escolas de música, para bares, programadores, etc..
- Non é unha axencia de management para os asociados, un medio de facturar os bolos.
- Non é unha forma de sacar tallada.
- Non é unha asociación só para músicos profesionais.
- Non é unha asociación só para músicos afeccionados.
- Non é unha asociación exclusiva dun só estilo ou ámbito musical.
- Non é para montar festivais de música onde toquen os grupos dos asociados.
- Non é un medio para que os políticos se colguen medallas á nosa costa.

Músicos ao vivo é:

- É única e exclusivamente para músicos que tocan en directo.
- É un lugar de encontro, de intercambio de información.
- É unha forma de unir forzas.
- É un xeito de facernos escoitar como colectivo.
- É unha asociación para músicos profesionais e afeccionados.
- É unha asociación de músicos para os músicos

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-06-2009 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Convocada a 2ª Asemblea
A música galega segue a resistir...

Houbo um cambio de plans de última hora, e mudou o lugar de encontro acordado na anterior asamblea, a data segue a ser o Sábado 27 de Xunho e a hora também é a mesma, às 12:30hs.
O que cambiou foi o lugar, que agora é na Gentalha do Pichel, Compostela.


Na asemblea, falarase das posibles reivindicazons e a forma que terán, e de como vam as propostas feitas na anterior asemblea, etc.

Quant@s mais melhor!!!!

Podes seguir as actas no ForoKomunika .

www.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-06-2009 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Efectos na cultura do cambio na xunta
Pero tampouco lles gusta a música?
A Radio Galega pecha o único programa de grupos propios que se podía oír na comunidade: 'Aberto por reformas'

O multirradiado e comercial Bruce Springsteen borrou da grella da Radio Galega a Som do Galpom, Machina, Kogito e todos aqueles grupos que están a protagonizar a eclosión de música emerxente que vive o país. O músico norteamericano foi a bandeira que ondeou simbolicamente o pasado 2 de xuño para deixar ben ás claras o cambio de rumbo de Aberto por Reformas.


A mensaxe foi contundente e directa: música comercial de fóra para os novos tempos. Xusto López Carril, o novo locutor do espazo, encargouse de presentalo como un “programa musical de transición” argallado ao redor dunha “aproximación subxectiva á música” que “probabelmente vostedes non compartan”.

A filosofía que a nova directiva da Radio Galega lle imprimiu a un programa tan emblemático e de referencia para a música feita en Galiza como Aberto por reformas fixo saltar todas as alarmas dentro do sector da música e avivou a incerteza que o eido da cultura atravesa dende o cambio de goberno. Músicos, discográficas, salas, revistas especializadas, asociacións profesionais, tendas de disco e centros sociais xa se sumaron ao Manifesto básico pola defensa da RTVG elaborado tras coñecerse a decisión do ente público “contra a censura e a marxinación da música galega”. Está aloxado na páxina web komunikando.net dende o pasado luns e en dúas semanas superou as 2.000 sinaturas.


É unha das iniciativas coas que o sector está a manifestar a súa preocupación pola decisión de desposuír de identidade o programa, unha medida “política” que temen sexa só a punta do iceberg dunha liña de actuación encamiñada a arredar o galego e a música feita en Galiza dos espazos públicos, tanto na CRTVG como das programacións que dependen directamente da Xunta.

Noel Feáns, responsábel do netable A regueifa, un dos principais catalizadores da música emerxente na rede nestes momentos, cualifica de “ilegal” a nova liña iniciada na radio pública, por ir “en contra da propia lei de CRTVG”, que no seu artigo 16 recolle que a programación debe estar orientada á promoción da cultura e da lingua galega.

“Agora mesmo a radio está orfa de propostas”, sinala. “Topámonos ante un PP revolucionario no que á orde legal se refire. As leis que non lles gustan pretenden cambialas e as que non poden mudar, porque necesitan de consenso ou son demasiado complexas, simplemente as incumpren”. Feáns cualifica de “perverso” que se manteña a sintonía e o nome do programa e enmarca a medida dentro da “amabilidade deste novo feixismo”, que “quere dar a imaxe de continuidade pero que cambia radicalmente a esencia”.

O programa dirixido por Xurxo Souto abriu hai tres anos, e por vez primeira na radio pública, unha fiestra diaria, de luns a venres, á música emerxente do país con independencia do xénero. Durante este tempo, polos micrófonos do programa pasaron centos de bandas noveis para presentar discos e proxectos, e se lle concedeu protagonismo tamén a discográficas, asociacións profesionais, salas ao vivo, estudios de gravación e outros axentes que estaban a marcar a actualidade da escena emerxente.

Músicos e asociacións profesionais coinciden en destacar que o problema de fondo non radica na destitución de Xurxo Souto nin na supresión dun programa concreto da grella, por ter a dirección da radio competencias para artellar a súa propia programación, senón a redución de horas dedicadas á música galega.

Para Gonzalo Grela, músico de Machina esta “decisión política” non só lle vai afectar aos intérpretes, “tamén vai ter consecuencias nas organizacións profesionais e nas salas”. “É unha mágoa,” comenta “algúns debían de pensar que o programa era unha canteira de nacionalistas galegos abertzales, cando, o que realmente conseguiu foi achegar a radio ao público e dar a coñecer moitas bandas”.

En opinión de Noel Feáns, pola contra, “para a música galega vai ser un mudanza pequena porque nos últimos anos colleu unha forza e unha vida propia que non necesitan de ningunha plataforma para sobrevivir”. “Unha cousa é que nos quiten un medio de expresión máis e outra que consigan acabar cos grupos. Hoxe en día temos internet, que a fin de contas é a vía principal de difusión”.

Os músicos reúnense na Asemblea Aberta

Ao redor do Manifesto básico pola defensa da RTVG, o pasado 13 de xuño constituíuse en Compostela a Asemblea Aberta integrada por músicos profesionais, grupos noveis e representantes de salas e programadores de festivais. Membros de Machina, Esquíos, Ataque Escampe, Sacha na horta, Zënzar, Ruxe Ruxe, Fanny e Alexander e outros moitos uníronse “contra a censura e a marxinación da música galega”.

A súa principal reivindicación é conseguir que “a sociedade teña un espazo na radio pública no que escoitar a música que se fai no país”. No seu primeiro encontro, a Asemblea Aberta acordou traballar nun plan de accións reivindicativo, no que se está a barallar a recollida de firmas para poñer en marcha unha Iniciativa Lexislativa Popular e abrir novas vías de expresión a través da internet.

Pola súa banda, os interlocutores da Radio Galega comunicáronlle a A Nosa Terra que tanto o futuro de Aberto por reformas como a programación en xeral “está en estudo” e que a nova dirección “non ten unha decisión tomada” ao respecto da política que se vai seguir no referido á música galega.

Crear público, materia pendente en Galiza

Unha das grandes materias pendentes da música en galego, segundo apunta Brais de Esteban, membro de Som do Galpom, é facer público. Existen dúas formas neste sentido: “tocar ao vivo e ter espazo na radio pública”. Neste último senso, o papel de Aberto por reformas, ao seu ver, foi “clave”.

“As estadísticas demostran que en Galiza hai máis grupos que no resto das comunidades, por diante mesmo de Cataluña”, comenta Brais de Esteban. No terreo da escena emerxente, só en Nsaio, o programa, agora tamén en suspenso, promovido pola anterior Consellaría de Benestar a través de Xuventude que tiña entre as súas principais finalidades habilitar locais de ensaio, están adscritos máis de 360 grupos noveis. “Debemos ser ambiciosos e pensar en exportar porque a música aquí cumpre condicións para ser primeira industria”.

Dende o colectivo hip hop Dios ke te crew cualifican o papel do programa como “unha dose de autoestima, de coñecemento, de dinamización, de difusión e tamén de liberdade sen censuras”. Como radio pública que é “a Radio Galega non debe excluír a diversidade cultural deste país na programación diaria”.

A Asociación Galega de Fonografistas, AGAFONO, a través de Fasero, responsábel de Zouma Records, mostrou tamén a súa preocupación por que “se lle quiten espazos a música galega, que sempre tivo moi pouco protagonismo, incluso na última lexislatura” pero mantense á espera de reunirse coa xunta directiva da Radio Galega para poder tomar medidas nun sentido ou noutro.l

Máis de 2.000 sinaturas en quince días
A reacción ao cambio de rumbo de Aberto por reformas non se fixo agardar entre os músicos. Uns días despois de que Xusto López Carril encetase unha nova xeira do programa colgouse en internet (en komunikando.net), un manifesto redactado polos propios músicos baixo o lema “contra a censura e a marxinación da música galega”.

Apelando ao cumprimento do artigo 16 da lei 9/1984 da RTVG, e diante da eliminación do que consideran “un programa plural, aberto á cidadanía”, “cun forte pulo dinamizador para a música que se está a facer hoxe na nosa lingua”, referente ademais de “modernidade” e “motor de normalidade lingüística cotiá” o manifesto entende que esta medida “supón un paso máis na política de represión, empobrecemento e marxinación que os responsábeis políticos da Xunta de Galicia están a realizar contra a lingua e a cultura”.

Denuncia ademais esta “agresión contra un dos vehículos de comunicación do movemento de Rexurdimento Musical que as novas xeracións estamos a protagonizar” e esixe que se “restabeleza un programa diario que dea conta dos traballos musicais editados en galego e que conte cos seus protagonistas e que a nova programación non elimine contidos culturais propios en todas as súas variantes: música, cine, libros e arte en xeral”.

Como explica Bocixa, un dos asinantes do manifesto, “nestes catro anos conseguise o logro de que a música galega se tivese en conta, algo que nunca antes pasara”. Na actual programación “aínda restan algúns pequenos espazos nos que se lle dá cabida a música galega, entre eles os presentados por Belén Regueira e Vituco (Ruxe Ruxe), pero non nos conformamos con iso. Non queremos perder esa hora diaria de música galega”.



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-06-2009 12:29
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 19 (Venres)
• Snatch no Pub Chelsea (Cuntis)
• Javier Constenla no Auriense (Ourense)
• O Sonoro Maxín no Liceum (O Porriño)
• Luar na Lubre no Teatro Jofre de Ferrol ás 20:30
• Milladoiro Folk (Ames): Roncarela e Pé de boi
• Bruma no Teatro Principal de Compostela ás 21:30
• Dúo Fotosíntese (Luis Caruncho e Alex Alejos) no Vai de Vi (Balaidos-Vigo) ás 23:00

Sábado 20
• Ardentía e Os Carunchos en Vilacoba (Salvaterra do Miño)
• A Quenlla en Narón
• O Sonoro Maxín no Festival FAX (Ourense)
• Capitán Furilo na Nkapilla-Rock, A Capilla, Calo [Teo]
• Bruma no Teatro Principal de Compostela ás 21:30
• Certame de Bandas de Gaitas Tradicionais (Calo)
• Milladoiro Folk (Ames): Banda de Gaitas da A. C. "Os Castros de Ames" e "Tumbalobos Folkorquestra"
• IV Festa da Randulfa en Agolada
• I Festival de Música Río d´area (Camariñas): Cantareiras e Pandereteiras "Caramuxa" de Camelle, Madialeva e Fol de veneno
• III Festifolk de Mugardos: Quempallou, Muxarega, Estimaba que viñeras e Casa da Leiteira
• Festisahara (Salceda de Caselas): Som do Galpóm, Ruxe-Ruxe, Tonhito de Poi e Rasa Loba
• Festa do Muiño de Verducido (Taboadelo-Pontecaldelas): Pé de Boi, A Tuna Rastafari, The Turre´s Band,...
• Serán Noite da moura en Rebordechán (Crecente)
• Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
• Foliada dos fachos na Peneda (O Viso-Redondela)
• Serán en Pazos de Reis (Tui)
• Romaría do Lecer de Xacarandaina (A Coruña)

Domingo 21
• III Festa da Sementeira en Corzáns (Salvaterra do Miño)
• I Encontro de Escolas Adultas no Local Social da A. C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Sebe)
• Festa do Muiño de Verducido (Taboadelo-Pontecaldelas)
• Esquios nas Festas de Santales (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
I ENCONTRO DE ESCOLAS ADULTAS
O vindeiro Domingo 21 de Xuño de 2009 ás 18:00 terá lugar, no Local Social da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Sebe s/n – Cacheiras), o I ENCONTRO DE ESCOLAS ADULTAS.

Ademáis das escolas de pandeireta e gaita de adultos desta Asociación, tamén participan as seguintes Asociacións da comarca:

* Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo).

*IV Ciclo da Universidade de Santiago de Compostela

*“Riscadeiras” de Laraño (Santiago de Compostela).

*Agrupación Folclórica “Alborada” de Santa Lucía (Santiago de Compostela).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-06-2009 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Galiza desembarca en Lorient
Na 39ª edición do encontro, que terá o noso país como protagonista, participarán máis de 25 grupos musicais galegos, ademais de diversas mostras.

Galiza será este ano a protagonista do 39 Festival Intercéltico de Lorient, na Bretaña, que se vai desenvolver do 31 de xullo ao 9 de agosto. Xa se coñece a programación que se vai desenvolver no pavillón instalado por Turgalicia, e que terá case mil metros cadrados de superficie.

Por unha banda, no pavillón galego amosarase unha imaxe do país "entrañábel, amábel e de calidade" e potenciarase a súa personalidade propia como destino turístico. Así, informarase e difundirase a oferta turística, con especial fincapé no Xacobeo 2010, e haberá degustacións gastronómicas, exhibicións de artesanía e, por suposto, actuacións musicais: 24 espectáculos diferentes ao longo do certame.

Están previstos concertos de:

- Alberto Coya e Alba Gutiérrez,
-Edelmiro Fernández,
-Marta Quintana e a súa banda,
-Bellon&Maceiras Quinteto,
-Fía na Roca,
-Berrogüetto,
-Soas (Rosa Cedrón e Cristina Pato)
-Limagoia,
-Crema de Gaita,
-Espido,
-Pablo Carpintero,
-Anxo Lorenzo Band,
-Emilio Cao,
-Isga Collective,
-Ialma,
-Colectivo Licor Kafé,
-Lulavai,
-Dúo de Arpa Céltica e Violín,
-BoNoVo,
-Faltriqueira,
-Lamatumbá
-Susana Seivane.


A derradeira actuación de cada xornada irá seguida dunha queimada.

Pero non só haberá actividades relacionadas con Galiza no pavillón, pois tamén terá lugar unha noite galega de gala no Grand Théâtre de Lorient coa actuación de Sondeseu e unha exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago. Así mesmo, a organización do Festival anunciou a contratación de Carlos Núñez, e os concertos, en diferentes espazos, de Sondeseu, Susana Seivane, Xacarandaina, Pradairo, a Agrupación Moxena e a banda de gaitas Airiños de Fene.

www.vieiros.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro dixital con Susana Seivane
A gaiteira charlou cos internautas sobre o seu cuarto traballo: Os soños que volven.

Comezo do encontro

Hola a todos! por aquí ando outra vez, encantada de saudarvos a todos.

Hola Susana: ¿Tienes programado actuar en New York en un futuro proximo?

Tiñamos unha xira preparada para este próximo setembro pero parece que a crise tamén se resinte bastante alí e non sei se iremos. A verdade é que a xira que fixemos no 2002 fora espectacular e estaría encantada de voltar.

O domingo estiven a ver unha feira de artesanía onde expoñianse gaitas fermosísimas de diversos prezos. ¿hay moitas diferencia no son dunha gaita de 9000 euros a unha de 1600 ou e mais un tema de materiais nobres e horas de man de obra?. Graciñas e noraboa polo novo traballo.

pois se é unha gaita Seivane a calidade do instrumento é a mesma tanto se é unha gaita de 9.000 ou 1.600 euros, o que a encarece son os materiais que ti elixas, como o tipo de anelado por exemplo, é máis cara a prata que o metraquilato. Se personalizas o teu propio instrumento con grabados, etc. será máis cara.

Buenos días Susana, enhorabuena por el nuevo trabajo, ya teníamos ganas de que nos regalaras nuevas canciones. ¿Está afectando también la crisis al mundo de la gaita y a la música tradicional?

moitas gracias! A verdade é que non o saquei antes porque tiven afortunadamente moito traballo, non foi pola crise. Pero sí é certo que a crise se nota tamén na música. Hai moitos festivais, por exemplo, ós que lle recortaron o presuposto e outros que directamente van desaparecer, así que esto é unha pena porque xa non é que houbera moitos aquí en Galicia. Esperemos que esta crise desapareza pronto.

Que pensa das bandas de gaitas marciais coma a da Deputación de Ourense?

xa sabedes o que penso! dende a aparición destas formacíóns, tanto a miña familia coma mín, nos posicionamos en contra porque van en detrimento da música tradicional e da nosa cultura posto que non promocionan ó noso, senon unha copia das bandas escocesas e ademáis unha copia mal feita. Os cartos que se están invertindo nestas formacións eu preferiría que se invertira en grupos que sí coidan as nosas raíces para que non se perdan. Quero deixar claro, xa que teño a oportunidade, que os rapaces que integran estas formacións non teñen culpa ningunha, posiblemente só coñezan esa forma de achegarse ó instrumento que lles gusta, a gaita. A culpa é de quen se aproveita deles para o seu beneficio.

Cal é o Alalá do que mais gosta? E muiñeira?

Difícil pregunta para alguén que ama á música tradicional, pero un dos Alalás que máis me gustan é o das Mariñas e a muiñeira... a de Chantada!

Como gosta dixitalizar mais, en aberto ou pechado?

gosto máis en aberto porque foi como aprendín, pero o certo é que tamén utilizo no meu xeito de tocar moitas notas en pechado e encántame escoitar ós gaiteiros que tocan en pechado, paréceme moi puro.

¿Coñécese a data de publicación do teu novo disco?. De ser así, ¿onde poderemos acceder a mercalo?. ¡Graciñas!.

data exacta non hai pero o máis seguro é que a finais da semana que ven xa estea no mercado. A maneira que ides ter de conseguilo é unha sorpresa, así que non podo adiantar nada, pero vai ser un xeito diferente, non vai ser unha distribución convencional e vai estar ó alcance de todos e tamén económicamente. En tempos de crise, creo que hai que axudar para que a xente poida apretarse ó cinturón, eu non quero facer negocio con esto, senon que o que quero é que todos teñades acceso á miña música.

consideras que Pato toca mellor ca ti ou prefires non mollarte opinando? Un saúdo

A verdade é que temos estilos tan diferentes que non sei por que nos seguides comparando. As miñas fontes de aprendizaxe sempre foron moi tradicionais, sempre me fixei nos vellos gaiteiros, no xeito que tiñan de interpretar e ó longo dos anos fun adquirindo o meu propio estilo que din que recorda ó dos vellos gaiteiros. Ela aprendeu a tocar na Real banda de Gaitas de Ourense, unha banda marcial, polo tanto o xeito, a esencia é completamente diferente. Quen o fai mellor? Eso volo deixo a vós ;-)

Hola Susana. A primeira vez que te vin actuar foi nunha cervexería de Ferrol, foi unha cousa creo que expontanea...¿lembraste? hai uns 12 anos

acórdome! efectivamente foi algo espontáneo que xurdíu naquel momento no que fun tomar algo cuns amigos. A verdade é que disfruto moitísimo desas foliadas con amigos, non só nun esceario con mogollón de xente diante, que tamén, pero o outro é moi especial, pásoo moi ben e gústame facelo de vez en cando.

como ves a continuidade da musica tradicional galega? segue tendo oco o noso folclore nos tempos que corren?

Eu véxoa moi ben, con moita saúde. Agora mesmo hai moitísimos grupos que están facendo cousas realmente bonitas e interesantes, cada un no seu estilo. Eu creo que se as autoridades competentes a apoian debidamente, temos música tradicional galega para sempre. Fóra das nosas fronteiras é impresionante o ben recibida que é a nosa música, os guiris alucinan coa gaita e sen ter nada que ver con Galicia, escoitan o noso instrumento e emocionanse, póñenselle os pelos de punta, unha pasada. Eso é que temos algo que nos diferencia, unha cultura propia que non debemos nunca olvidar e sí mimar e coidar como o noso gran tesouro.

¿ Qué se sinte ao ser unha das primeiras gaiteiras da nosa terra ?

Bueno, creo que houbo moitas antes ca mín. Antigamente tamén había gaiteiras o que pasa que non tiveron o recoñecmento debido supoño que por estar nunha sociedade máis machista que a de hoxe en día. Téñenme contado que se había algunha muller nun pobo que tocaba a gaita, tiña que facelo ás agachadas, estaba mal visto, e os veciños dicían da súa casa que estaba "encantada".

Vin fai meses na tua web que pedías fotos antigas para a portada do teu disco. Pareceume moi orixinal que nos faceras partícipes a todos, ¿Cómo xurdiu a idea?.

O disco vaise chamar "Os soños que volven". Os soños son as melodías que eu quería que volveran ós días de hoxe, e estas pezas son as que toco dende sempre, dende os tres anos. Entón é como facer unha viaxe ó pasado, un tanto melancólico quizáis, pero alegre. Entón ó meu amigo Guille ocurríuselle a idea do das fotos, pareceume xenial, e quixen publicalo para que a xente se enterara de que podía poñer o seu grao de area no traballo se lle apetecía. Recibimos moitísimas fotos de xente de moitas partes do mundo, así que xa vos veredes!

¿Agardas mil primaveiras máis para a música galega ou corre o risco de esmorecer como a lengua en debates absurdos?

efectivamente, debates absurdos. Quero mil primaveras para a música, para o noso idioma e para a nosa cultura en xeral. Se non coidamos todo esto, dende que somos pequenos nos colexios, perderemos a nosa identidade como galegos, e se esto nos diferencia doutros pobos que non o teñen, quere dicir que somos privilexiados e que a máxima nosa tería que ser que non se perdera esto baixo ningún concepto. Non estou a favor das imposicións, pero non creo que sexa unha imposición cultivar o teu, o que che fai especial como pobo.

Tu piropo favorito

O piropo máis bonito que me dixeron foi: "galicia é música, ti es Galicia"

escuche dos temas de tu ultimo trabajo y tengo que felicitate pero por favor que haces para estar cada vez mas guapa??? haras muchisimo deporte o tendras entrenado personal o algo asi no??

Moitas gracias, alégrome que che gustaran os temas. Pero ti que es adiviño ou que? pois sí que teño entrenador persoal, antes facía moito deporte e levaba anos que non, así que decidín poñerme as pilas, bueno, tiveno fácil porque é meu mozo quen me entrena ;-). A verdade é que ten un método revolucionario e encóntrome moitísimo mellor. Se se porta ben, igual o levo de xira para que me estire antes de saír ó esceario.;-)

¿Te a propuesto alguna vez interviu salir desnuda en la revista?. De ser asi, ¿aceptarias?

Interviu non, pero outra das coñecidas sí, aínda que non para saír desnuda, pero sí digamos lixeiriña. Por aquel entón non quixen, así que non creo que me apeteza de repente.

Ola Susana. Con cal dos teus catro discos te quedarías?

Como se soe dicir: "Son todos fillos". É como se a unha nai lle preguntas a que fillo quere máis. A verdade é que estou moi orgullosa dos catro, pero este último paréceme unha pasada. Traballeino cós músicos que me acompañan en directo, que xa levan traballando comigo moitos anos e nos entendemos moi ben persoal e musicalmente. E logo tamén tiven colaboracións moi especiais, bueno eso en todos os discos. Neste colaboraron xente como Rodrigo Romaní, Anxo Pintos, Pedro Lamas, Harry Price... musicazos! E moitos máis. A colaboración máis especial é un latexo, o do meu afillado cando estaba no ventre da miña irmá no sexto mes de xestación.

Como levas o de viaxar tando durante a xira?

Por unha parte moi ben, porque a verdade é que o pasamos xenial todos xuntos, teño un equipo de traballo marabilloso, levámonos todos estupendamente, contámonos as nosas cousas, non sei, temos moita confianza. Rímonos moito xuntos, somos como irmáns e esto é moi importante cando pasas moito tempo con alguén. Logo nos concertos por aí fóra, pasámolo en grande! É impresionante a aceptación que ten a nosa música fora das nosas fronteiras e nos mellores festivais do mundo. Claro que tamén cando as xiras son moi extensas e botas moito tempo sen estar na casa, ou tes moitos concertos seguidos sen descansar, lévase peor, botas de menos á familia, ós amigos, á miña casa, ás miñas cadelas, gatas, etc.. Síntome privilexiada de que o meu traballo sexa a miña paixón dende pequena.

Fáloche dende París. Pensas tocar aquí este ano?

Bonjour! este ano París non toca, pero sí que estaremos facendo dous concertos no Festival Internacional de Lorient, que ademáis este ano está adicado a Galicia. Creo que é a quinta vez que imos a Lorient, e sempre é un pracer volver, é impresionante, síntome moi quedrida polos franceses, a verdade é que nos últimos 5 anos traballamos moito alí, vendemos un montón de discos, máis que aquí porque alí non existe a piratería. Non sei, alí encóntrome coma na casa, de feito Bretaña, que é onde máis tocamos, é moi parecido a Galicia. Así que vémonos en Lorient, au revoir!!

Hola Susana. ¿Que opinas que moitas das festas que teñen lugar no verán non contraten grupos folks cando cada vez ten mais exito festas como a de Ortigueira, Carballeira....?

Pois é algo que non entendo! Penso que hoxe en día hai sitio para todos, orquestas, grupos folk... Hai uns anos levábase bastante o que contratar a unha orquesta, e no descanso meter un grupo folk. A verdade é que nós fixemos varias veces esto e funcionou moi ben porque estás ofertando música para todos os gustos e edades, seguimolo facendo, seguimos tocando nas festas dos pobos ou cidades grandes, pero creo que esto se tería que apoiar moito máis.

Para cuando un concierto con lo mejor del folk gallego: Luar na Lubre, Milladoiro, Pato, Núñez..... y tu claro?

Para cando a maioría dos que citaches, queiran

Hola guapa, sígueslle dando tan bén aos bolos como a gaita? Teño xogado algunha vez a túa beira e dávaslle bastante ben. Bicos. Marcos.

Bueno, aí lle andamos! Fai tempo que non vou, e eso que xa teño zapatos e bola propia! Gústame moito e pronto hei volver porque esta temporada andíven moi liada có novo disco. Tamén hai pouco descubrín o Padel, impresionante o ben que o paso! cando queiras retoche a unha partida de bolos!

Pregunta simpáticamente comprometedora: ¿"Grazas" ou "Graciñas"?. (Saúdos de Gil).

Gracias e graciñas. Non me gusta grazas e non o utilizo. Con estas cousas que se fan tan raras, como non vai dicir a xente maior: Ai, eu non sei falar galego! Normal, na miña casa, nunca se dixo "grazas" e paréceme antinatural dicilo.

Buenos días Susana. ¿Cuáles crees que deben ser las cualidades de un/a gaiteiro/a para destacar sobre el resto?

Como di meu avó, Xosé Manuel Seivane, hai moitos tocadores de gaita pero hai poucos gaiteiros. Eu creo que as cualidades máis importantes que ten que ter un bó gaiteiro é sensibilidade e bó gusto. Sen esto creo que estamos perdidos. Despois a técnica gáñase có tempo, pero có outro tes que nacer.

Bos días gaiteira, ¿cal foi o concerto máis emotivo ou especial da tua carrera e por qué?

esta pregunta é moi difícil porque tiven moitos. A última vez que tocamos en Ortigueira por exemplo, no 2004, fora espectacular. Por certo, este ano presento alí "Os soños que volven", con todos os artistas invitados que participaron no disco, así que quérovos ver a todos alí, será o venres 10. Pero despois hai moitos concertos especiais, o ano pasado por exemplo, no Chao, en Ribeira de Piquín, onde os veciños de toda a vida do meu avó lle fixeron unha homenaxe, houbo actividades durante todo o día, lín eu o pregón pola mañá, e todo esto pechouse cun concerto meu pola noite á beira do río no que tantas veces me bañaba de pequena cando pasaba as vacacións alí, moi especial. Ou cando estando en Chicago, diante de 25.000 persoas, no Grand Park, ó lado do lago Michigan, despois da primeira peza, diríxome ó público para saudalos e escoito das primeiras filas: "viva Cambre, jaiteira". Hai moitas anécdotas que fan que moitos, moitísimos concertos sexan especiais.

¿còmo integras tu parte andaluza en el entorno cultural gallego?

Pois dunha maneira... diferente. Explícome. Eu nacín en Barcelona, meus pais traballaban así que me criaron os meus avós andaluces, aprendín a tocar a gaita estando con eles. Poñíanme cancións de Juanito Valderrama, Manolo Escobar... e eu aprendíaas na gaita. Era unha maneira moi natural de estar entre estes dous mundos. Encántame o flamenco e en varias das miñas pezas hai guiños. Cando me xunto coa miña familia materna, son unha andaluza máis. Síntome moi orgullosa das miñas raíces.

Fin do encontro

Moitas gracias a todos! Xa me despido mandándovos un forte bico, gracias polos vosos ánimos. Espero que disfrutedes moito có meu novo traballo "Os Soños que volven", espérovos nos meus concertos, que este ano estarei moito por Galicia. Moitos bicos!!

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-06-2009 00:01
# Ligazón permanente a este artigo
Disco do V Concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva
Como en anteriores ocasións, Cumio edita o traballo discográfico no que se recollen os temas en directo do concurso de gaiteiros Manuel Villanueva que promove a asociación cultural Pai da Cana co apoio do concello de Poio.

O certame, encadrado dentro das xornadas que se adican ao Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva, celebrou no 2008 a súa terceira edición, contando coa participación de once grupos procedentes de toda Galicia. Trátase de formacións chegadas de Ourense (Soallas, Marco Foxo Trío e Os Pastoriños de Samil), Costa da Morte (Dani Romar Trío), Rois e Vedra (o grupo Albaroque e o José Manuel López trío, respectivamente) e, en especial, grupos da provincia de Pontevedra: Aires de Cotodeira (Fornelos de Montes), Os trasnos da gaita (Vigo), Albor (Nigrán) e Do Trinque (Pontevedra).

Entre os gañadores atópase a formación Tentenoaire, de Castro Caldelas, que obtiveron o primeiro premio, o trío Albor, que obtiveron o segundo, e o grupo Do Trinque, que se fixeron coa terceira clasificación. O xurado, formado polos gaiteiros Roberto Quintillán, Xosé R. Vaamonde, Álvaro Novegil e Andrés Vilán, recoñeceu tamén o José Manuel López Trío co Premio especial Manuel Villanueva.

Neste CD que vén de editar Cumio, poden atoparse as 22 pezas que soaron aquel 7 de xuño do 2008 na Praza da Chousa de Combarro (Poio).
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-06-2009 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
II Serán á beira do mar (Baiona)
O sábado 13 de xuño celebrarase no Parque da Palma de Baiona o 2º serán á beira do mar.

O programa do serán será o seguinte:
19:30 h. Encontro de músicos na Praza do Concello
20:00 h. Pasarrúas
21:20 h. Serán no Parque da Palma

Durante a noite rifarase unha folla de bacallau, unha noite nun hotel de Baiona, unha enciclopedia, unha cesta de froita...
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 12-06-2009 01:46
# Ligazón permanente a este artigo
Novidades de A Polo Ghit!
Catro novos temas chegaron ao concurso. Algúns ben de verán, outros cun bocado de crítica. Lembrade que a sorte aínda non está botada.

Unha semana leva o A Polo Ghit rumbando, e xa ten uns 10 temas a concurso. O prazo de recepción remata o 29 de xullo, e isto é un aviso para as bandas do país, dádelle duro para compoñer, se non o tedes xa, o súper-tema deste verán. E para os lectores, xa podedes escoitar, baixar e votar tamén, polo tema que mais vos encha.

Vieiros máis a Radio Galega seguen a buscar a canción máis galega do verán.

Os temas acabadiños de chegar
Esta semana entraron a concurso catro novas bandas, con cadanseu tema. Un deles é o Lonxe da Praia, de Lolo Arincón, que pon a súa voz, acompañada da guitarra de Kona ke te fixo e de Semos peligrosos, neste tema de "cachondeo" e "buen rollito", segundo eles mesmos contan.

Outro, O Astronauta de Sínefres, unha banda de Escarabote (Boito, O Barbanza) que xa ten experiencia no A Polo Ghit -o ano pasado chegaron á final con Quente. E un máis, doutro repetidor, Paris Joel, que manda a concurso un tema ben do verán, O bañador.

O cuarto tema chegado esta semana, que fai que xa sexan unha decena os que entraron a concurso, é Me gusta el indie, de Gay Ye Ye. Trátase dunha canción contra a ditadura da música comercial e do indiepop, que o propio Gay Ye Ye viviu nas súas carnes propias cando percorreu os festivais do país o verán pasado, e acabou sumido nunha profunda depresión, ao ollar que a "artificial melancolía" deste tipo de música "colonizaba os mellores encontros musicais", desprazando a tralla "que enchía o estío de forza e ganas de gozar".

www.vieiros.com

apologhit09
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-06-2009 00:19
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre os Encontros de Carboeiro
Entrevista a Chus Caramés - Presidenta da asociación Santa Ferreña

–Este ano os Encontros de Música Tradicional de Carboeiro chegan á décima edición. Cal foi o devir da música tradicional neste tempo?
–En Silleda, dende que comezamos a organizar os Encontros, xurdiron varios grupos de gaiteiros coma os de Saídres e Escuadro, e incluso moita xente se apunta a cursos de baile para danzar o primeiro sábado de xuño en Carboeiro. Organizáramos os primeiros Encontros como un intento de amosar todo o patrimonio cultural galego nun momento en que corría o rumor de que se ía crear en Silleda unha banda de gaitas similar á Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense, que toca con instrumentos foráneos. Esta mostra inicial na Casa de Cultura de títeres, música, teatro ou contacontos tivo unha excelente acollida, e ao ano seguinte xa a trasladamos en Carboeiro.

–E o feito de celebrar esta festa da cultura nun entorno relixioso non lles acarreou problemas, xa que incluso teñen unha patroa propia, a Santa Ferreña?
–Non, nunca, porque a xente é relixiosa pero tamén pandereteira. O único que non nos permite o garda do mosteiro é meter a santa dentro do inmoble, pero facemos unha procesión na que nenos e maiores acoden con moita devoción. É como se viras pasar todas as etapas da vida, con rapaces de curta idade e as pandereteiras de Zobra, con máis de 80 anos, detrás da santa e baixo o son do himno do Antigo Reino de Galicia. Facemos esta procesión desde hai sete anos, pero non coma un ataque á Igrexa, senón como demostración de que cremos no noso patrimonio e na necesidade de conservalo. Quizais esta festa hai 40 anos non tería sentido, porque daquela os abós e os netos vivían xuntos e estaba asegurada a transmisión interxeracional da cultura. Pero agora non é así, por iso os encontros recuperan por un día dita transmisión, con esceas na que nenos e maiores bailan o suelto xuntos, ou nas que un señor explica a un rapaz cómo ten que xogar á rá se quere gañar.

–Esta colaboración prodúcese incluso na organización desta xornada, non si?
–Por suposto. Cada ano temos unha exposición diferente e todos colaboran de xeito desinteresado. De feito, nos quintos encontros tiñamos unha débeda de 3.600 euros e por iso falábamos duns “Encontros limitados”. Sen embargo, todos se volcaron para manter a xornada con música, teatro... Aí demostrouse que o poder e a vontade da xente é moito máis forte que o diñeiro. De feito, por aquí pasaron grupos como Leilía ou Berrogüeto, así como actores da talla de Carlos Blanco, que seguen acudindo aos Encontros xa non en calidade de artistas senón como parte do público.

–Un diñeiro que, por certo, segue a ser escaso por parte da administración.
–Bueno, o concello danos unha axuda de 1.000 euros ademais de apoio loxístico, e estamos pendentes da subvención da Xunta. Pero é a única actividade na que, ademais de xente de fóra, os veciños de Silleda e da Bandeira traballan xuntos.

–Non teme que a estampa dos encontros se vexa nun futuro empanada polo traxecto do TAV, tan próximo ao mosteiro?
–Non, o máximo que nos pode afectar é na contaminación acústica, Dende o inicio cremos que Carboeiro era o lugar máis idóneo para uns encontros de música tradicional.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-06-2009 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 5 (Venres)
• Ponte nas Ondas 2009! no Verbum (Vigo) con Pancho Álvarez, Xavier Blanco, Cantadeiras de Gargamala,...
• IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva: Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas) ás 20:00 no Casal de Ferreirós (San Salvador-Poio)
• Festival Millo Verde (Redondela)
• Som do Galpóm en Pontedeume na Sala Coliseo ADIADO
• Snatch na Gentalha do Pichel (Compostela)
• Guezos no Auriense (Ourense)
• O Sonoro Maxín na Fábrica de chocolate (Vigo)
• Ataque Escampe na sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
• Estalotada en Sar no Mañoso e Marmolo (Compostela)
• Foliada Ven Respirar no Café-Bar Ollo Ledo (Ourense)

Sábado 6
• IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva: Certame de gaita fol ás 18:00 na Praza da Chousa (Combarro)
• Arrás!! no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Esquíos na Fundación Artabria (Ferrol)
• Cé Orquestra Pantasma no Pub Sete Flores (O Carballiño)
• A Quenlla na Feira da Música Tradicional (Lugo)
• Galegoz en Caldas de Reis na Carballeira de Chorons
• Festival Millo Verde (Redondela)
• Moxenas Musical Galego na Igrexa do Cristo da Vitoria (Vigo) ás 21:00
• Fiandola e Ruote en Muniferral no concello de Aranga ás 23:00
• II Serán Ramón Cabanillas (Cambados) ADIADO
• Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
• III Serán do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo) ADIADO
• X Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)

Domingo 7
• XXVII Día da Muiñeira na Coruña
• Treixadura en Allariz
• Festa do Chourizo de Paraños (Covelo): Os Carunchos e Cé Orquestra Pantasma
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2009 11:16
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 6 de xuño
-II Serán Ramón Cabanillas (Cambados) ADIADO
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
-3º Seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo) ADIADO
-Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)

Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio

Sábado 13 de xuño
-II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama
-II Serán A Ribeira do mar (Baiona)

Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos
-Foliada dos fachos na Peneda (O Viso-Redondela)

Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)

Sábado 4 de xullo
-Serán no casino de Xesta - A Lama

Sábado 11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2009 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
X Encontros de Carboeiro

X ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
6 DE XUÑO DE 2009 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)


13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN SA DANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de Viravolta)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
·BRINQUEDOS DE SEMPRE
ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ)
FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO)
TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ)
JULIO BALADO (LALÍN)
LUIS PREGO (VIGO)
MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)

·ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO
COMISIÓN POLA MEMORIA SIÑOR AFRANIO
ADELLÍS ASOC. SOCIO-CULTURAL

-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres...

15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)

DURANTE A TARDE:
·XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
·BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín
· Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa coa obra "A AVOA VAI Ó BAILE"

VEÑEN XENTES DE TOUTÓN, ZOBRA, SANTA COMBA, ARZÚA, O CAPADOR…


E ó que se vaia facendo de noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-06-2009 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
IV Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA
Os vindeiros días 5 e 6 de xuño celebrarase en Poio o IV Encontro de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA gaitas de fol do noroeste.

Actividades:

Venres 5 de xuño

20 h Casal de Ferreirós (San Salvador)

Presentación CD V Concurso de Gaiteiros MANUEL VILLANUEVA

Actuación de Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas), conxunto gañador da V edición

Inauguración da exposición “Olladas” do pintor pontevedrés F. Sutil

Sábado 6 de xuño

10 h ALBORADA a cargo dos grupos Pai da Cana, Escola de Música Tradicional de Poio, Vides Novas e Os do luns

12h RELATORIOS

A gaita-de-fol no patrimonio musical de América latina. Os exemplos de Cuba e Arxentina
Ramom Pinheiro Almuinha. Historiador e profesor en aCentral Folque

O gaiteiro moderno, técnica expandida e música contemporánea
Paulo González. Músico e compositor

18 h Praza da Chousa (Combarro)

CERTAME DE GAITA DE FOL

VI Concurso de Gateiros MANUEL VILLANUEVA a través do que se potencian as novas composicións para gaita galega e o repertorio da tradición gaitística de Poio, ao tempo que se recupera a gaita tombal con ronquillo de dixitación pechada que tivo presencia nas marxes do Lérez ata a súa desaparición a mediados do s. XX. Poderán participar todos os gaiteiros que o desexen con gaita de fol galega en calquera tonalidade e dixitación. O concurso gravarase en directo co fin de editar un CD.

PREMIOS:

1º Premio ......................................................... 1.500 €, diploma e trofeo
2º Premio ......................................................... 1.100 €, diploma e trofeo
3º Premio ............................................................ 800 €, diploma e trofeo
Premio especial MANUEL VILLANUEVA ............. 1.200 €, diploma e trofeo


Actuación do Grupo de Música Tradicional Pai da Cana

Entrega de premios

Toda a información está ampliada no folleto adxunto: horarios, prazos e enderezos para a inscrición nas distintas actividades, bases do concurso, etc...

Máis información:

626 825 442
contacto@paidacana.com
paidacana@hotmail.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-06-2009 09:24
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo da recolleita: Le filme
Na Galiza, algúns mozos interesanse polas súas orixes culturais e, cada fin de semana, saen ao encontro das súas «memorias vivas»: as vellas das aldeas.

Armados coa súa gravadora e a súa cámara de vídeo, procuran unha canción descoñecida, unha melodía inédita nunca antes gravada. O que non podían imaxinar estas vellas é que collerían o avión por primeira vez na súa vida para… ¡dar un concerto en Bruselas!

Tempo da Recolleita é a primeira película dirixida por Félix Blume, licenciado en Sonido no INSAS. Como enxeñeiro de son, este mozo cineasta traballou nos documentais La voie peule (2006) e El puesto de rolito (2008) rodados en Mali e Argentina, respectivamente.







Sobre os escearios de Bruselas con Ialma: Festival Voix des Femmes

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 03-06-2009 01:54
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 1 (Luns)

Terza feira 2 (Martes)
• Foliada no Muiño Vello de Redondela

Corta feira 3 (Mércores)
• Sumrrá na Borriquita de Belém (Compostela)
• Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Quinta feira 4 (Xoves)
• Som do Galpóm no FNAC (A Coruña)
• Esquios na Gentalha do Pichel (Compostela)

Sexta feira 5 (Venres)
• IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva: Tentenoaire (Pablo Devigo, Marcos Pérez e Miguel Fraguas) ás 20:00 no Casal de Ferreirós (San Salvador-Poio)
• Festival Millo Verde (Redondela)
• Som do Galpóm en Pontedeume na Sala Coliseo
• Guezos no Auriense (Ourense)
• O Sonoro Maxín na Fábrica de chocolate (Vigo)
• Ataque Escampe na sala Baranda (O Barco de Valdeorras)
• Estalotada en Sar no Mañoso e Marmolo (Compostela)
• Foliada Ven Respirar no Café-Bar Ollo Ledo (Ourense)

Sábado 6
• IV Encontro de Gaiteiros Manuel Villanueva: Certame de gaita fol ás 18:00 na Praza da Chousa (Combarro)
• Arrás!! no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Esquíos na Fundación Artabria (Ferrol)
• Cé Orquestra Pantasma no Pub Sete Flores (O Carballiño)
• A Quenlla na Feira da Música Tradicional (Lugo)
• Festival Millo Verde (Redondela)
• Moxenas Musical Galego na Igrexa do Cristo da Vitoria (Vigo) ás 21:00
• Fiandola e Ruote en Muniferral no concello de Aranga ás 23:00
• II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
• Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
• III Serán do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo)
• X Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)

Domingo 7
• XXVII Día da Muiñeira na Coruña
• Treixadura en Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-06-2009 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-II Serán Ramón Cabanillas (Cambados)
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
-3º Seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo)
-Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)

Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio

Sábado 13 de xuño
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama
-II Serán A ribeira do mar (Baiona)

Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos

Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)

11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Serán no casino de Xesta - A Lama
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 29-05-2009 14:05
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
Sábado 23 de maio
-IV Serán Mar de Rianxo
-Serán en San Adrián de Calvos (Fornelos de Montes)
-3º seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo). ADIADO
-Serán na Asoc. Veciños do Freixo (Vigo)

Sábado 30 de maio
-Serán no casino de Antas(A Lama)
-Serán do Coto, en Carballal (Cabral-Vigo)

Sábado 6 de xuño
-Serán do Remuiño en Paraños (Covelo)
-3º Seran do Gaiteiriño no adro da capela de San Amaro en Aldán (Cangas do Morrazo)
-Encontros de Música Tradicional de Carboeiro (Bandeira-Silleda)

Venres 12 de xuño
-Serán no Vilar-Pontesampaio

Sábado 13 de xuño
-Serán na Carballeira dos Padros de Xesta - A Lama

Sábado 20 de xuño
-Serán da Federación Veciñal de Vigo no Parque de Castrelos

Sábado 27 de xuño
- Ruada en Cerdedo( Pendente de confirmación)

11 de xullo
-III Serán na Ribeira do Rio Miño (Amorin- Tomiño)
-Serán no casino de Xesta - A Lama
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 22-05-2009 02:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
• Victor Aneiros na Sala Capitol (Compostela)
• Pepe Vaamonde Grupo en Compostela
• Skacha no pun Havana 20 (Vigo)
• A Tuna Rastafari no Auriense (Ourense)
• Guezos na sala Clan (Xinzo de Limia)
• Os Cuchufellos en Vilachá, Pobra de Brollón
• Chotokoeu na sala Sete Flores (O Carballiño)
• O Sonoro Maxín no Incio
• Som do Galpóm na Praza Central de Fene
• Zurrumalla na Taberna Vai de Vi (Vigo) ás 23:00
• Estalotada no Sande e Concheiros (Compostela)
• Ven Respirar en Ourense no Café-Bar Don Gaetano

Sábado 9
• Guezos en Allariz ADIADO
• Ataque Escampe no Jazzmin (O Carballiño)
• Chotokoeu no Bar de Juan (Anoeta) de Vigo
• O Sonoro Maxín, Os Tres Trebóns, O Leo e Arremecaghona e Dakídarria en Salceda de Caselas na Festa Trececatorzeadora
• Som do Galpóm en Silleda
• Encontro de Pandeireta Galega e Asturiana en Astuias
• "Noite Nova" con Xacarandaina, Donaire, Iar,Arestora, Cantigas da Terra,... polas rúas da Coruña ás 20:00
• Serán en Pazos de Borbén na Praza do Concello
• Serán de San Benito no Porriño a carón da capela de S. Benito
• Seran no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas do Morrazo).
• Serán en Vincios no adro de Santa Mariña

Domingo 10
• Festa dos Maios no Casco Vello de Vigo
• Presentación do novo disco dos Carunchos na Praza da Constitución de Vigo
• XX Concurso de música tradicional Xacarandaina
• Buxos Verdes e Lembranzas na praza de Alexandre Bóveda de Sigueiro
• Som do Galpóm no Auriense (Ourense)
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Músicas inmigradas
A partir do venres 8 de maio a e-Trad de Vigo vai desenvolver un ciclo adicado ás “músicas inmigradas”, protagonizado por músicos que residen en Galicia pero que proceden de tradicións distintas á nosa.

Cada xornada do ciclo, que se celebrará durante os vindeiros 3 venres, contará cunha parte expositiva, dando conta das características máis salientables de cada cultura, e outra musical, na que se reclamará a participación do público para conquerir un encontro ou intercambio entre culturas.

A actividade celebrarase no patio interior da Escola de Artes e Oficios e estará aberta ao público.

Programa:

Venres 8 de maio de 2009:
Cultura de Recife” Brasil
Renato Spencer

Experto en música Nordestina do Brasil

Venres 15 de maio de 2009:
“A Tabla indú”
Vikas triparti

Tablista benarés

Venres 22 de maio:
“Músicas Balcánicas”
Piotr Lublin

Violinista polaco

Máis información en: <http://e-tradvigo.blogspot.com/>
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-05-2009 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer