|
|
|
|
| Comeza a semana |
|
Segunda feira 17 (Luns)
Terza feira 18 (Martes)
Corta feira 19 (Mércores)
• Concerto fin de estudos na e-trad (Vigo)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 20 (Xoves)
Sexta feira 21 (Venres)
• II Psicotroita (Sigueiro): Camarada Nimoy, Familia Caamagno, The Fuzzbombs
• Banda Crebinsky no Liceum (O Porriño)
• Sés no Xoldra (Guitiriz)
• Maghúa no pub Dublin (A Coruña) ás 22:20
Sábado 22
• Día das gaitas de palla (Ourense)
• XV Festa dos Fachos (A Peneda-O Viso-Redondela)
• Festival Histórico de Augas Santas (Barreiros): Zenzar, A Banda de Balbina, Tumba e dalle
• II Psicotroita (Sigueiro): Samesugas, O Caimán do río Tea, Yakuzas
• Cé Orquestra Pantasma e Banda de Gaitas 'Os Coribantes' de Buchabade na antiga Canteira de Paredes (Vilaboa) ás 21:00
• A folla da hedra e a Maquina que mete medo Folk no auditorio do C.C. Valadares (Vigo) ás 21:00
• Kerkennai no Museo da Limia (Vilar de Santos) ás 18:30
• Linho do Cuco no Obelisco (A Coruña) ás 21:00
• II Serán da Capela (Xil-Meaño)
Domingo 23
• A Compañía do ruido en Canido (Vigo)
• Pelepau e Os Carunchos na antiga Canteira de Paredes (Vilaboa) ás 22:30
|
|
|
|
|
| II Serán da Capela (Xil-Meaño) |
|
A Asociación Cultural Penaguda de Dena en colaboración coa Taberna de Cancela convídanvos unha vez máis ó serán da capela.
O Serán terá lugar no entorno da Capela das Angustias en Xil (Meaño). Mais adiante indicámosvos cómo chegar.
Como o ano pasado, haberá chocolate quente, churros e queimada totalmente gratis para todos os que se acerquen ata alí.
Trae o teu instrumento...e a tocar!!
CÓMO CHEGAR:
http://maps.google.es/maps?saddr=Salida+119&daddr=Aldea+Broullón&hl=es&ie=UTF8&sll=42.47159%2C-8.779793&sspn=0.205883%2C0.308647&geocode=FTXNiAIdlsh7_w%3BFYL8hwIdPgB6_w&t=h&mra=ls&z=13
Os que collen a Ap9 teñen que coller a saída direccion Cambados, Sanxenxo... por a AG41. Logo tomar a saída Dena, Meaño e guiarse polos carteles ou señalización postas para o serán (carteis azuis).
Mirando o enlace de arriba non tendes perda ningunha!
Festa rachadaaaa!!
|
|
|
|
|
| II Festival histórico Augas Santas (Barreiros) |
|
 |
|
|
|
|
| Festival Psicotroita (Sigueiro) |
|
 |
|
|
|
|
| XV Festa dos Fachos (A Peneda-O Viso-Redondela) |
|
 |
|
|
|
|
| Concerto fin de estudos na e-trad (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
| Presentación de libro sobre Mallou (Compostela) |
|
 Presentación do libro
Juan Bello Mallou - O gaiteiro das Casas Novas.
Venres, 21 de xuño de 2013, ás 21.00 horas.
Salón Nobre de Fonseca, en Compostela
Neste libro coñecerás a Juan Bello Mallou, un dos últimos de gaiteiros que viviu a música tradicional como un feito natural, integrado na sociedade e que se facía pasar seguindo a cadea de transmisión oral.
Saberás dos seus mestres, dos grupos en que tocou, do seu estilo, das anécdotas que viviu… e acharás o mellor tesouro deste gaiteiro compostelán, unha boa parte do seu repertorio musical.
|
|
|
|
|
| I Xornada Iniciate (Fene) |
|
1ª XORNADA "INÍCIATE"
O vindeiro venres 21 e sábado 22 de Xuño comezamos unha serie de cursos para iniciarse na nosa musica e baile.
Nesta ocasión iniciamos con dous cursos:
- Curso de canto coral popular Iniciación á técnica e interpretación do cantante do coro popular
- Curso de ACORDEÓN na música tradicional (Recursos técnico-interpretativos na música tradicional)
Monitor : Xabier Díaz (mestre acordeonista e director da coral Eixil de Cedeira)
Infórmate e apúntate en:
www.airinosfene.es.vg airinosfene@hotmail.com
Tfno: 686 526 775
http://airinosfene.webcindario.com/ |
|
|
|
|
| Día da gaitas de palla (Ourense) |
|
A praza de San Martiño acollerá a primeira convocatoria do “Día das Gaitas de Palla”, onde pretendemos que todos os asistentes constrúan a súa propia gaita de avea e dean a súa primeira nota, antes de que un grupo de gaiteiros interpreten algunhas pezas con este elemento que conforma un xoguete nas mans dun cativo e un instrumento nas mans dun músico.
Esta actividade, organizada coa colaboración da Aula de Música Tradicional Gomes Mouro, desenvolverase ao longo do SÁBADO 22, de mañá no marco do Encontro escolar (con obradoiros de elaboración de pallóns) e de tarde na propa praza de San Martiño, onde continuarán os obradoiros e tentaremos reunir a un cento de persoas facendo soar a súa gaita de palla antes de que o grupo de gaiteiros interprete algunhas pezas do repertorio tradicional con este sinxelo e efímero instrumento.
|
|
|
|
|
| Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 14 (Venres)
• Festival A Rebuska (Manzaneda): Quempallou, Sacha na horta, La Troba Kung Fu
• Banda Crebinsky no Clavicembalo en Lugo
• Os da Ría no restaurante Lestón (Fisterra)
• Riobó na Praza de Santa María (Lugo)
• Narf no Colonial Café (Cee)
• Ghaiteiros de Coruxo na taberna O Racimo (Vigo)
• Mini e Mero ás 20:30 h. no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo
Sábado 15
• Moxenas Musical Galego no Auditorio de Navia (Vigo) ás 16:30
• Encontro de grupos de música e baile tracicional "Illas Sons" (Vila de Cruces) ás 18:00
• Festival das escolas Retrouso ás 18:30 no C. S de Bueu
• I Festival de música tradicional Xuntanza (Tui) ás 20:00
• Ludovaina no Salason (Cangas do Morrazo) ás 22:30
• Banda Baile Asalto no Aturuxo (Bueu) ás 23:00 Adiado
• Sés no II Letras e Músicas en Feminino no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 21.00
• Festival A Rebuska (Manzaneda): Os Cuchufellos, Chotokoeu, Capitán Tifus,...
• Festival Arrecheghate ao fento (Bembrive-Vigo): Skarallaos, Os Podridos, La Troba Kung Fu, Iratxo
• I Festival Oka Folk (A Estrada): Milladoiro, Linho do Cuco, Regato de matamulleres, A Magnifique bande
• Dakidarría, Skarnivals, Tiro na testa, Rif en Canido (Vigo)
• I Foliada “Santa Palleta” nas Pontes
• Serán en Atios (O Porriño) a carón do Campo de fútbol do Carballo.
• Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
• Serán en Silvoso (Pontecaldelas)
• Serán en Valga
• Serán de Herville (Mos)
Domingo 16
• VII Festa da sementeira (Corzáns-Salvaterra de Miño)
• XXV Festival Folclórico infantil (Cacheiras-Teo) ás 17:30
• XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda) ás 18:30
• Festival Folk in Río (Touro): Kepa Junkera, Zurrumalla e Folieiros de Lavadores
• Xavier Blanco e Os Señores da Gaita no auditorio do C.C. Valadares (Vigo) ás 20:00
• Serán do Viso (O Viso - Redondela)
|
|
|
|
|
| Ghaiteiros de Coruxo na taberna O Racimo (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
| Os da Ría en Fisterra |
|
 |
|
|
|
|
| Encontro Illas Sons (Vila de Cruces) |
|
 |
|
|
|
|
| Xavier Blanco e Os Señores da gaita en Vigo |
|
 |
|
|
|
|
| Foliada na Casa das Crechas (Compostela) |
|
Este mércores segue a incríbel FOLIADA no seu espazo orixinal, amenizada por músicos profesionais e músicos afeizoados.
Será unha festa aberta a todo aquel que queira cantar, bailar, tocar algún instrumento ou simplemente vir a desfrutar da enerxía e da paixón deste punto de encontro como é, e leva sendo, a Casa das Crechas dende finais do século XIX.
Vide a tomarlle unha ás Crechas o mércores. Saúde!!!" |
|
|
|
|
| Presentación: "O Gaiteiro Técnico" (Compostela) |
|
 Dende A Píntega Marela e tras varios meses de intenso traballo, temos o placer de convidar á presentación de O Gaiterio Técnico, un libro sobre gaita que agardamos sexa do voso interese.
A presentación terá lugar o próximo sábado 15 de xuño na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6 - Santiago de Compostela) ás 13:00h.
O Gaiteiro Técnico contén 248 exercicios, 6 estudos y 16 preludios para gaita galega e é o primero dunha serie de volúmenes que recollerán diversos aspectos que o seu autor, Juan Luna, considera que debe ser un gaiteiro técnico ou moderno. Este primeiro volume está pensado para un nivel de iniciación aínda que os gaiteiros máis avanzados tamén poden facer uso del para resolver certos aspectos en concreto.
Trátase dun libro que quere aportar o seu gran de arena ás publicaciones sobre gaita pois trata a técnica nos seus aspectos máis ou menos iniciais dunha forma rigurosa. Para iso, coidan ao máximo a edición, o deseño e, como non, a calidade do contido. O libro foi prologado polo gaiteiro Pablo Devigo e está publicado en lingua galega.
|
|
|
|
|
| Rockmería en San Miguel de Oia (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
| Mini e Mero en Arteixo |
|
Estarán o venres 14 de xuño, ás 20:30 h. no Auditorio do Centro Cívico Cultural de Arteixo, situado a carón do Paseo Fluvial.
Para todas as persoas que queirades asistir "de balde", non tedes máis que escribir ao enderezo: lisistrata.asociacion@gmail.com.
Aí teredes as invitacións ao voso dispor, para disfrutar dunha noite marabillosa, con Mini e Mero, referentes e historia viva da nosa terra.
|
|
|
|
|
| VII Festa da sementeira (Corzáns-Salvaterra de Miño) |
|
 |
|
|
|
|
| I Oka Folk 2013 (Oca-A Estrada) |
|
Milladoiro e Linho do Cuco participarán na primeira edición do festival Oka Folk. Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande completan o cartel
Celebrarase o día 15 do mes de xuño
As actuacións celebraranse na praza situada ante o Pazo de Oca.
A comisión de festas de San Antonio en Oca decidiu este ano dar un paso máis na súa tradicional festa con orquestas e pulpeiro. Cansados da obrigación de ter que realizar grandes desembolsos para traer ás principais orquestas galegas como reclamo, a organización dos festexos decidiu dar un xiro radical á súa formulación e apostar pola creación dun festival que nace co nome de Oka Folk.
Para a súa primeira edición, este festival contará cun cartel de primeiro nivel no que figuran Milladoiro, Linho do Cuco, Regato de Matamulleres e A Magnifique Bande dous Homes sen Medo. Todos eles uniranse nun escenario único o próximo día 15 nunha celebración que espera consolidarse con sucesivas edicións.
Así o recoñeceu onte un dos principais responsables da comisión de festas, Juan Espantoso. "Este ano decidimos darlle un cambio á festa para non ter que empeñar á parroquia con orquestas que ao final non che solucionan nada. Para que veña xente tes que traer á Panorama ou a París e non podemos pedir tanto aos veciños. Aí ocorréullenos a idea de facer unha festa folk que esperamos que guste á xente".
Espantoso agarda tamén que a iniciativa sexa do agrado dos propios veciños. "Non é un festival consolidado pero confiamos que a xente acuda para volver repetir o ano que vén. Esperamos tamén que os veciños respondan. A comisión deste ano está formada ademais por voluntarios porque senón estabamos preto de non ter festas de San Antonio", explicou.
O integrante da comisión encomiou ademais o cartel que lograron facer coa axuda dun dos veciños de Oca que levou a xestión cos grupos.
|
|
|
|
|
| Ludovaina presenta disco en Cangas do Morrazo |
|
 |
|
|
|
|
| Festival das escolas Retrouso (Bueu) |
|
 |
|
|
|
|
| III Músicas e letras en feminino (Viveiro) |
|
 |
|
|
|
|
| XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina |
|
Bases do “XXXIV Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina”
30 de xuño 2013 - Centro Cultural Ágora - A Coruña
1. Neste concurso poden participar grupos de: Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.
2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).
3. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
Categoría A: ata 10 anos inclusive.
Categoría B: de 11 a 16 anos inclusive.
Categoría C: de 17 anos en adiante.
4. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandereteiras, … que deberá estar presente no esceario, vestindo o traxe tradicional.
En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:
1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 150 €
3º premio: trofeo.
Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase un único premio. (trofeo e 350 €)
Ademáis outorgaranse dous únicos premios para tódalas categorías do
concurso:
- Premio o mellor bailador e premio a mellor bailadora, ambos premios en Homenaxe a Yolanda Pérez Feijóo.
5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.
6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.
No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.
7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:
1. Autenticidade da peza.
2. Dificultade técnica
3. Calidade na execución
8. O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.
Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito tempo quedará descalificado.
9. O concurso terá lugar o domingo 30 de xuño no Centro cultural Ágora de A Coruña, sito na rúa Ágora s/n – 15010 A Coruña.
Está previsto que o concurso se desenvolva pola maña,incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.
10. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 15 DE XUÑO.
11. Pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:
- Correo ordinario ao local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com
EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA RELIZAR AS INSCRICIÓNS.
12. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.
Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.
A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 // info@xacarandaina.com |
|
|
|
|
| Comeza a semana |
|
Segunda feira 10 (Luns)
Terza feira 11 (Martes)
Corta feira 12 (Mércores)
• Foliada na Casa das Crechas (Compostela)
Quinta feira 13 (Xoves)
• Uxía no Multiusos de Mos ás 18.00
Sexta feira 14 (Venres)
• Festival A Rebuska (Manzaneda): Quempallou, Sacha na horta, La Troba Kung Fu
• Rioboó na Praza de Santa María (Lugo)
Sábado 15
• I Festival de música tradicional Xuntanza (Tui)
• Festival das escolas Retrouso ás 18:30 no C. S de Bueu
• Ludovaina no Salason (Cangas do Morrazo) ás 22:30
• Banda Baile Asalto no Aturuxo (Bueu) ás 23:00
• Sés no II Letras e Músicas en Feminino no Teatro Pastor Díaz de Viveiro ás 21.00
• Festival A Rebuska (Manzaneda): Os Cuchufellos, Chotokoeu, Capitán Tifus,...
• Festival Arrecheghate ao fento (Bembrive-Vigo): Skarallaos, Os Podridos, La Troba Kung Fu, Iratxo
• I Festival Oka Folk (A Estrada): Milladoiro, Linho do Cuco, Regato de matamulleres, A Magnifique bande
• Dakidarría, Skarnivals, Tiro na testa, Rif en Canido (Vigo)
• I Foliada “Santa Palleta” nas Pontes
• Serán en Atios (O Porriño) a carón do Campo de fútbol do Carballo.
• Noite da Moura en Rebordechán (Crecente)
• Serán en Silvoso (Pontecaldelas)
• Serán en Valga
• Serán de Herville (Mos)
Domingo 16
• XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda) ás 18:30
• XXV Festival Folclórico infantil (Cacheiras-Teo) ás 17:30
• Festival Folk in Río (Touro): Kepa Junkera, Zurrumalla e Folieiros de Lavadores
• Xavier Blanco e Os Señores da Gaita no auditorio do C.C. Valadares (Vigo) ás 20:00
• Serán do Viso (O Viso - Redondela)
|
|
|
|
|
| Serán en Valga |
|
 |
|
|
|
|
| Serán de Herville (Mos) |
|
 |
|
|
|
|
| Serán de Atios (O Porriño) |
|
 |
|
|
|
|
| Serán do Viso (Redondela) |
|
 |
|
|
|
|
| I Foliada Santa Palleta (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
|
| I Festival de música tradicional Xuntanza (Tui) |
|
 |
|
|
|
|
| XXV Festival Folclórico infantil (Cacheiras-Teo) |
|
 |
|
|
|
|
| XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda) |
|
O certame de baile tradicional galego Azaloira celebrará o vindeiro domingo día 16 de xuño a súa décimo terceira edición, consolidado xa como un dos concursos con maior nivel e prestixio do panorama galego.
A cita, organizada pola agrupación Fortín da Pomba, celebrarase no auditorio Manuel Dopazo a partir das 18.30 horas coa participación de seis agrupacións:
- Malveiras, de Vilagarcía;
- Trébede, de Marín;
- A Ponte Vella, de Reis-Teo;
- Traspés, de Vigo;
- Donaire, de A Coruña;
- Os Xeitosos de Trazo.
Tamén pasarán polo escenario os integrantes do grupo anfitrión e da súa escola, cos integrantes máis novos.
O primeiro premio ten unha dotación de 1.200 euros, o segundo de 700 (antes eran 800) e o terceiro de 400 (antes de 500). Os tres grupos tamén levarán os trofeos coas Azaloiras, nome que se lle da ás bailarinas tradicionais vestidas de gala.
Os grupos participantes deben ser mixtos (con 5 parellas como mínimo), bailar dúas pezas de 7 minutos máximo cada unha, e contar con acompañamento en directo e traxes tradicionais.
O xurado estará formado por tres recoñecidos membros do folclore galego a a concelleira de Cultura como secretaria, sen voto.
|
|
|
|
|
| VI Folk in Río (Touro) |
|
O domingo 16 de Xuño terá lugar no concello de Touro unha nova edición do Festival Folk in Río, organizado pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla.
A xornada festiva dará comezo co concurso de Cantos de Taberna polos bares de Touro. A continuación terá lugar o Xantar Campestre e durante a tarde realizarán xogos tradicionais para o goce de nenos e maiores, e ademais tamén haberá actividades infantís.
Tamén cabe destacar que os asistentes poderán gozar dunha Feira de Artesanía e a partir das 18.00 horas comezará o VI Festival Folk in Río a cargo das seguintes agrupacións:
-Folieiros de Lavadores
-Zurrumalla
-Kepa Junkera |
|
|
|
|
| Arrechégate ao fento 2013 (Bembrive-Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
|
|
|