|
|
|
|
|
|
| Ghaiteirada na Baña |
|
 |
|
|
|
|
| Foliada serán dos Pepiños en Santiso |
|
 |
|
|
|
|
| O son da morriña |
|
Víctor Prieto, o innovador acordeonista ourensán afincado en Nova York, actúa na súa terra tras 12 anos
Para que a muiñeira soase a jazz fraccionado (a World Music: a fusión da música popular con outros xéneros) no Williamsburg Jazz Festival de Nova York, o ourensán Víctor Prieto tivo que sufrir o indecible. Horas de odio ao estrito acordeón que a súa nai lle puxo entre as mans cando apenas levantaba un palmo do chan coa ilusión de que o pequeno interpretase os Cascabeis. Prieto (Ourense, 1975) sufriu, pero saíu gañando. Aos 14 anos non quería saber xa nada do colexio. "Tiven claro que o que quería era só a música, aínda que aquí non hai, como en Estados Unidos, a opción de orientar a túa carreira cara a unha especialidade". Non a había, pero volveu sufrir. E gañou de novo.
En Nova York adestra a morriña nun bar ao que acoden galegos
Cóntao o músico arrastrando o seu potente acento de galego universal (pasado por Venezuela, onde transcorreron os seus primeiros anos de vida, polo barrio ourensán de Vista Fermosa, onde se criou, e por Nova York, onde vive) mentres reivindica a esencia da morriña. "Son galego 24 horas ao día", proclama no seu idioma materno mentres dirixe a colocación do son no vestíbulo do edificio Simeón horas antes de ofrecer, o martes pasado, o seu primeiro concerto na súa terra natal en 12 anos.
Víctor Prieto empezou a suspender no colexio ao mesmo tempo que a descubrir o que escondía o acordeón. Foi entón cando comezou a exploralo até atopalo. "Nunca sabes cando che vas namorar dun instrumento. A min pasoume aos 14 anos", explica como empezou arrastrando ese instrumento por puro capricho materno e acabou aferrado a el até forxarse unha carreira. E nese afán de facelo seu, reinventouno. Cambioulle os teclados (ideou a técnica de "aproximación de acorde en ambas as mans") e fíxoo outro: dotado para o jazz do World Music onde manda "bastante" a improvisación e onde o acordeón amañado de Prieto xime nunha linguaxe nova que o enche todo.
O músico ourensán colocou o popular instrumento na cima da música internacional. A máis recente achega é a colaboración co prestixioso violonchelista Yo-Yo Ma á beira da gaiteira ourensá Cristina Pato, traballo que mereceu un Grammy.
Prieto recoñece que o acordeón non é tan popular en Galicia como a gaita "aínda que é un instrumento folclórico que estivo moi presente na nosa cultura tradicional". A pesar diso, aí teno agora, achegando ao jazz a emoción "que ningún outro pode darlle" porque "é moi nostálxico, pero pódeche meter unha puñada ao mesmo tempo", enumera entusiasmado os seus valores. "Ten moito agarre, ten moito vento e iso un piano non cho pode dar, por máis prestixio que teña". "O acordeón non ten nada que envexarlle a ningún outro instrumento", reivindícao unha vez máis. E insiste nas súas calidades, "potente, explosivo", di del, exactamente as que o músico transmite coa súa soa presenza na sala. Aínda que el asegura que tenta darlle de todo. Algo de romanticismo tamén. E algo de sutileza, pero con nervio, "fuxindo do pastel de cinco capas".
O acordeón co que enche os espectáculos dese son inverosímil pesa uns 12 quilos. Pero o músico adoita ir armado cun bastante máis lixeiro aos bares de galegos de Nova York onde adestra a morriña. Alí acaban todos cantando o Ondiñas veñen e chorando como descosidos pensando nas súas raíces. Prieto tamén, aínda que de momento aproveita o sufrimento para, outra vez, saír gañando. "Pois claro que se crea mellor coa morriña", recoñece a evidencia de que o sufrimento "aviva a arte".
Como a maior parte dos emigrados, pensa en volver. Sabe que algún día "terá" que facelo. E calibra as opcións. "En Madrid ou Barcelona podería ter xa unha saída directa a Europa", fai os seus cálculos mentres atisba un desenvolvemento do circuíto musical tamén en Galicia. "Algún día", repite, "porque aquí estase avanzando moito: a cultura galega está nun auxe total".
De momento, mantén na Gran Mazá os seus concertos e as súas clases particulares (antes estivo como profesor no prestixioso conservatorio de Brooklyn) a alumnos chegados de Xapón ou Europa que acoden en peregrinación en busca do elixir das súas claves musicais mentres lle dá uns "prietos" á gaita coa que fixo xa "un par de cousiñas" con Chris Cheek. Pero o traballador metódico que é réstalle importancia: "Non teño tempo de practicala; habería que meterlle moitas horas". E a súa vida non ten horario.
"A carreira musical é moi difícil, un día estás arriba e ao seguinte, nada", lamenta, aínda que enseguida dálle a volta ao pesimismo: "Isto non é pop, e eu vou seguir traballando máis cada día e os músicos sempre me van a chamar". "Non quero ser músico de pop, por máis que o guitarrista sexa sempre o que máis ligue", ri o singular acordeonista mentres se prepara xa para seguir sufrindo.
www.victorprieto.net
www.elpais.com
|
|
|
|
|
| Proxecto de investigación IDIGAITA sobre a gaita galega |
|
 O Obradoiro de Gaitas Seivane, a Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG), están desenvolvendo un proxecto de investigación co-financiado pola Xunta de Galicia sobre a Gaita Galega.
A empresa Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. é unha empresa de tradición familiar que conseguiu o Premio Nacional Innova do Ministerio de Industria no ano 2006 e ademais acadou melloras tecnolóxicas na fabricación de gaitas como é o pallón sintético Seipal.
Desta vez, Seivane está embarcado nun proxecto onde se logrou achegar a investigación e a tecnoloxía ó mundo da Música Galega. O CTAG e o grupo de investigación Sonitum da Universidade de Vigo poñen neste estudo á disposición de Seivane a súa experiencia, capacidade de investigación e o seu equipamento de última xeración, para impulsar o desenvolvemento do I+D da Industria Galega.
Un dos maiores problemas que existen na fabricación da Gaita Galega, e a falta de homoxeneidade que presentan os materiais utilizados na súa construción.
Ademais das variacións coa temperatura e a humidade, que afectan ás propiedades físicas dos materiais, causando unha falta de estabilidade e repetibilidade do sonido do instrumento, o problema agrávase coa variación da temperatura e da humidade que lle subministra o propio gaiteiro, provocando que o instrumento se vaia desafinando progresivamente.
O proxecto que se presenta é unha iniciativa coordinada entre a empresa Obradoiro de Gaitas Seivane S.L., o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e o grupo de investigación Sonitum da Universidade de Vigo, co fin de seleccionar novos materiais e optimizar o deseño na fabricación de gaitas, coa finalidade de mellorar á súa fabricación, intentar minimizar ao máximo tódolos problemas de mantemento do instrumento e mellorar ás súas prestacións. Estes materiais preténdense analizar e seleccionar en base ás propiedades tanto físicas como acústicas e poder facer un estudo comparativo de rexistros coas gaitas de fabricación convencional.
Este proxecto intenta aunar esforzos e combinar o Patrimonio Cultural Musical Galego e as novas tecnoloxías en materiais para potencialas posibilidades dun instrumento musical tan arraigado en Galicia.
Na selección de novos materiais, vaise buscar o compromiso entre un bo comportamento nas súas propiedades físicas e a calidade do son, que é quen de producir, xa que ambas condicións se deben cumprir para que sexa un material atractivo para o artesán. Con esta finalidade o CTAG utilizará no proxecto novos materiais con punto verde cuxa sonoridade será avaliada utilizando unha metodoloxía de análise obxectivo/subxectivo do son, desenvolvida por Sonitum.
No proxecto IDIGAITA, as novas tecnoloxías e materiais, serán aplicadas a un instrumento de procesado artesanal como é a gaita, co fin de solventar tódolos problemas relacionados coa elección de materiais, mantemento do instrumento e enriquecer ao máximo as posibilidades sonoras do mesmo.
|
|
|
|
|
| Bailaben en Vigo |
|
Edith Cotilla e Gustavo Couto ensinan a muiñeira por DVD
A obra ‘Bailabén’ é a primeira que marca pautas para a aprendizaxe de pezas galegas
A aprendizaxe do baile galego deu un paso máis coa presentación da publicación ‘Bailabén’, un libro acompañado dun DVD, que marca as pautas a seguir na aprendizaxe da xota e da muiñeira. ‘A idea xurdíu no primeiro congreso de ensinantes de música tradicional, onde mestres de Primaria e Secundaria nos trasladaron a falla dun manual polo que impartir clases de baile’. Así lembrou Gustavo Couto a orixe da obra de Edicións do Cumio que onte se presentou na Casa Galega da Cultura.
Couto, de 26 anos, leva 15 no mundo do baile galego. Dirixe o grupo compostelán Ultreia e imparte clases en varias escolas. Edith Cotilla, coautora de ‘Bailabén’, leva no mundo da música tradicional dende os cinco anos. Agora con 30, compaxina o seu labor de bailarina co de docente. Ambos son os responsables do primeiro método do ensino do baile popular galego: ‘Ata agora tódolos sistemas que se utilizaban na aprendizaxe estaban baseados na improvisación porque non había nada sobre o que traballar; con este libro propoñemos un xeito sinxelo de achegamento a dous bailes para un nivel de básico a medio’.
O apartado máis práctico da publicación, o DVD, recolle cinco puntos a desenvolver: estiramentos para antes e despois, exercicios de equilibrio e de ritmo, pasos de diferentes movementos e finalmente, coreografías realizadas a partires dos punteos propostos. ‘O primeiro que hai que dominar é o equilibrio e o ritmo para poder facer os pasos sobre unha perna’.
Couto considera que o mellor momento para iniciarse no baile son os cinco ou seis anos,’aínda que se hai gañas e motivación pódese comezar a calquera idade’. Con ‘Bailabén’, márcanse as pautas de baile tanto para homes como para mulleres que comparten método de ensino, aínda que despois segan sendo eles os que marquen o punto. Con esta publicación, os autores non pretenden establecer criterios de aprendizaxe, senon amosar un método baseado nun baile meramente popular.
‘Nos últimos anos aumentó a demanda entre a xente que se apunta para aprender sen intención de subirse a un esceario, senon para pasalo ben nas festas’. Para Couto, o baile popular recuperó o seu posto na sociedade a través dos seráns e encontros cada vez máis cotiás nas grandes cidades como Vigo. Aínda que recoñece que estes bailes resistiron grazas aos que os subiron os escearios.
www.atlantico.net |
|
|
|
|
| Coanhadeira en rede con 'Haique' e 'Po' |
|
Gañadores do concurso folk internacional 'Escenario PRAU 2009', en Cantabria, o grupo ourensán presenta xa o seu segundo traballo discográfico.
Dicíaselle "coanhadeira" nalgúns recunchos do país ás persoas, ou á mesma vasoira empregada para separar e recoller os restos que quedaban na aira logo das mallas. A palabra acaeulles a un grupo de ourensáns para poñer a andar en 2006 o seu proxecto musical, segundo explican, tratando de recoller tamén "eses restos da malla que sofre a nosa cultura musical, restos sempre aproveitábeis".
Nado como grupo de gaiteiros para armar festa, a formación musical clásica dalgúns deles mesturou coa experiencia na música tradicional e folk doutros e non renuncian á experimentación: "Engádense instrumentos non tradicionais, e sérvese todo cun claro sentimento de pertenza a unha cultura diferenciada, demasiado rica e valiosa como para renunciar ás súas peculiaridades, e sen necesidade doutros engadidos".
Desde o seu nacemento, Coanhadeira suman un feixe de actuacións en escenarios diversos, a musicalización da obra de títeres 'Os barballocas' e o triunfo na sección folk do primeiro concurso Nsaio no Camiño. Na Radio Galega gravaron a súa primeira maqueta en 2007. En 2008 gañaron o XI Concurso Folk Radio Obradoiro, grazas ao cal gravaron o primeiro disco: 'Haique. Máis recentemente, triunfaron no concurso internacional "Escenario PRAU 2009", en Cantabria, o que lles permitiu gravar o seu segundo álbume, 'Po'.
No espazo web en Myspace de Coanhadeira poden ampliar información.
www.vieiros.com |
|
|
|
|
| Linho do Cuco en Compostela |
|
Linho do Cuco continúa a súa xira de presentacións do seu segundo traballo despois do éxito acadado no concerto de Lalin. O vindeiro xoves 18 de Marzo ás 20:30 ofrecerán o seu espectáculo musical no Salón Teatro, na rúa Nova de Santiago de Compostela. Xa están á venda as entradas na billetería virtual de Caixagalicia. Fai clique aquí
Nos seus comezos o grupo tiña como obxectivo recoller e recuperar a música tradicional das terras de Tabeirós e de Montes. Andado o tempo, o xérmolo da banda afortalouse coa incorporación de novos membros, todos eles relacionados co Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín (hoxe aCentral Folque). Linho do Cuco fórmano na actualidade: Pablo Bernárdez, Carlos Quintá, Michel Touriño, Pablo Pardo, Benxamín Otero, Pablo Doval, Xián Herrera, Marcos Pérez e Darío González.
Linho 3 é un disco de música daquí, pra xente daquí e dacolá, que sintetiza dende o repertorio de banda de música, a melodías de autor que xa forman parte da tradición, e unhas pingas de música centroeuropea, sempre dende o punto de vista de Linho, e con carácter festeiro.
Escoita unha mostra de Linho 3 no seu Myspace
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
|
| Presentación en solitario de María Xosé Silvar |
|
Logo de abandonar o grupo "Chámalle Xis!", a cantante coruñesa María Xosé Silvar debuta en solitario, o vindeiro xoves, día 18, na Sala Capitol co seu disco "Sés"
"No mundo da música hai moito machismo. Todo está feito por e para homes. O feito de que a unha muller se lle dean os mellores músicos e o mellor proxecto para encabezar un proxecto non é habitual. Non porque non haxa talento senón porque no mundo da creación artística seguen a imperar os homes, como no resto dos gremios".
Así o ve a cantante coruñesa María Xosé Silvar, que o vindeiro xoves, día 18, ás 21.30 horas, debutará co seu disco en solitario, Sés, na Sala Capitol de Compostela. No seu primeiro traballo, a artista verte as súas inquedanzas musicais en composicións propias e en galego, das que resulta dunha mestura de música latina, blues, rock, ska, soul e ritmos africanos. Acompañada dunha banda de dez músicos, o celme da súa música é transmitir "boas vibracións". De aí, tamén que o título do seu traballo sexa Sés, o nome como a coñecen os máis achegados.
"O disco é moi ecléctico e pódese atopar de todo, dende rock e blues até rancheiras ou rumbas. Veño dunha casa de moita música na que se escoita dende rock até música lírica e, por suposto, música tradicional ", comenta a cantante.
Silvar debuta en solitario logo de abandonar Chámalle Xis!, un dos grupos revelación do ano pasado, que gañaron, xunto con outros grupos, o certame "A Coruña Son". "Eu xa tivera unha oferta hai máis dun ano dunha produtora que me vira en Compostela e ofrecérame a posibilidade de ter unha carreira en solitario pero daquela deixeino pasar porque estaba co grupo. En xuño do ano pasado propúxomo esta produtora, cunhas condicións moi boas de maneira que non puiden rexeitalo", explica.
O seu proxecto está apadriñado por unha produtora de recente creación, AiraPro, da que son socios fundadores, entre outros, Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, os actores que encarnan a Nucha e Mucha, as famosas cantareiras de Ardebullo que actúan en Luar.
Pereiro e Touriñán farán un monólogo especial para a ocasión antes do concerto, e despois actuará outra das apostas de AiraPro: Manocas Ensamble, un proxecto innovador que fusiona o jazz e a música experimental e contemporánea coa electrónica e a vídeoarte.
"A esencia de AiraPro reside en respectar as dúas partes da música: a máis emocional e a técnica. Apostan por proxectos de calidade, que se poidan presentar tanto a unha persoa da rúa como a un músico máis entendido", salienta Silvar.
Formada na música e no baile tradicional, María Xosé Silvar é profesora destes cursos -aínda que agora non exerce- e licenciouse en Filoloxía Galega e Antropoloxía Social.
O proxecto de Silvar "rompe o molde da muller na música galega", apuntan dende a produtora. Ao ver da artista, no mundo da música segue a haber "moito machismo", constatable no escaso número de mulleres que chegan a liderar o seu proxecto como ela o está facendo.
Os músicos que completan Sés son David Paz -que ademais de tocar o saxofón e o clarinete, é o produtor musical de Sés e responsable, xunto con María Xosé Silvar, dos arranxos dos temas-, Tito Calviño na guitarra, Pablo Cedeño no baixo, Miguel Queixas á batería, Jose Rodríguez no saxo, Moncho Ces á trompeta, Cristian Leggiero no teclado e Aixa Romay, Lucía Souto e Carla Álvarez nos coros.
Á VENDA As entradas a cinco euros
As entradas para o concerto custan cinco euros e poden conseguirse na propia Sala Capitol de Compostela, á venda no despacho de billetes o propio día do concerto ou tamén na Sala the Star, o local que rexentan Xosé A. Touriñán e Marcos Pereiro, en Carral (A Coruña).
EN ADIANTO Unha maqueta con tres temas
María Xosé Silvar ten gravada unha maqueta con tres temas: Tola atrás de ti, Se te vas e Admirando a condición. Cancións nas que, ademais de quedar clara a súa persoal voz, deita mensaxes como: "Cando a banda xa non toca máis, hai que marchar ou perfilar un plan para se rebelar".
www.galicia-hoxe.com
|
|
|
|
|
| En Abril xira presentación novo disco de Berroguetto |
|
O 6 de abril publícase Kosmogonías, o novo disco de Berrogüetto O vindeiro 6 de abril sairá á venda Kosmogonías, o quinto traballo de Berrogüetto, un dos grupos galegos claves e con maior repercusión a nivel internacional. De novo, Berrogüetto introduce interesantes matices de innovación e experimentación na música tradicional galega.
Composto por once temas, Kosmogonías é unha reflexión entre a humanidade e a súa relación co universo, unha chamada chea de optimismo cara a consecución dun sistema de organización máis xusto. Coa voz de Xabier Díaz e a achega de todos os seus compoñentes, Berrogüetto inspírase naquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu arredor.
Colaboracións
Xunto coa acostumada sensibilidade de Berrogüetto, neste disco atoparemos as colaboracións de escritores como Manuel Rivas na letra da canción "Alalá da noite", extraído do poemario A desaparición da neve (Alfaguara, 2009); e Rosa Aneiros, quen preparou un texto para engadir no libreto de Kosmogonías: “Berrogüetto, corpo aberto en sete latexares, trasládanos esa infinita sinfonía, unha voz que xorde de tan dentro que mesmo doe porque é a nosa propia voz feita música. Eles fannos soñar que outra música, outra orde cósmica é posible”.
A partir da publicación de Kosmogonías, Berrogüetto comezará a xira de concertos para 2010 que pasará por Pontevedra (Pazo da Cutura, 9 de abril), Vigo (Teatro García Barbón, 15 de abril), A Coruña (Teatro Rosalía de Castro, 18 de abril) e Zaragoza (Teatro Principal, 27 de abril).
A xira Kosmogonías 2010 completarase a partir de maio con cidades como Madrid, Barcelona, Ferrol, Lugo ou Bilbao, ademais de países como México, Arxentina ou Alemaña.
www.berroguetto.com |
|
|
|
|
| A Coral de Ruada no Alalá |
|
 Hoxe, martes, día 16/03/2010
Despois de noventa anos, a Coral de Ruada de Ourense segue a cantar coa mesma forza, dedicación, entrega e entusiasmo que cando actuou por primeira vez un día de San Xoán de 1919 no desaparecido Teatro Apolo de Ourense, como unha das corais máis antigas de Galicia e, como dicía Otero Pedrayo, "un orgullo para a cidade de Ourense", e para os seus compoñentes, porque manteñen e dignifican os valores culturais galegos. Os integrantes da coral basearon o seu repertorio nas recollidas polas aldeas que logo reinterpretaban nas romarías galegas e nos máis importantes escenarios das cidades galegas, de Madrid e América.
A Coral de Ruada levou a música, o baile, o teatro e a poesía galega de xira polo mundo, cun patrimonio histórico, cultural e musical cada vez máis importante e ten recibido innumerables premios, desde a gravata da bandeira doada por Afonso XIII, á placa de ouro do Centro Galego de Bos Aires, ata as Medallas Galicia e a de ouro da cidade de Ourense. Gravaron moitos discos - desde o primeiro en 1929 en lousa- e participaron en películas como "La Virgen del Cristal".
Esta histórica coral incorporou as mulleres desde a súa fundación algo que a comezos do século XX non era corrente- e participou da primeira iniciativa empresarial relacionada coa música tradicional, ao faceren xiras nas salas que o empresario Isaac Fraga tiña por toda Galicia. Despois de noventa anos, a Coral de Ruada segue coa mesma sensibilidade nesta fantástica aventura de universalizar o patrimonio galego.
|
|
|
|
|
| SERÁN-PRESENTACIÓN VI FOLIADA DE MELIDE |
|
Xoves 18 de marzo ás 23:30h na SALA 600 (Melide)
Grupos participantes:
- HERBA GRILEIRA (Melide)
- A MARISTELA (Sobrado)
- FIADEIRA (Antas de Ulla)
- TRIMUIÑOS (Toques)
Organiza:
Asociación Cultural e Musical O CASTELO
Colectivo musical HERBA GRILEIRA
+info www.foliadamelide.com |
|
|
|
|
| Festa Furancheira en Picoña (Salceda de Caselas) |
|
 |
|
|
|
|
| Presentación de Circio |
|
CIRCIO
Presenta
BAILE DE SOÑOS
Sábado 19 de marzo ás 21 no Auditorio Municipal de Cangas do Morrazo
Dirección: MANUEL COBAS
Dirección musical: SERXIO COBOS
Son e iluminación: SONART
Técnicos de son: Andrés Gomez e Michi Castro
Técnicos de iluminación: Suso Jalda e Fran Soaje
Vestiario: Patricia González
Bailaríns: Tania Ameneiro, Beatriz Díaz, Romina Bastón, Miguel Sotelo, Manuel Cobas, Sara Estévez, Serxio Cobos.
Músicos: Laura Puga, Arancha Alfaia, Alba Malvido, Jara Ortiz, Serxio Cobos, Cristina Sánchez.
Circio é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.
A súa primeira produción, Baile de Soños, é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas por damas musicais ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.
Quen non soñou con bailar…?
Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños,... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu…
|
|
|
|
|
| VI Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón |
|
ESTE ANO O TEMA É "ZANFONA E VOZ"
O Encontro coa Zanfona Contemporánea de Narón chega a súa VI edición consolidándose coma o máis completo festival adicado a este instrumento. O Encontro terá lugar entre o 18 e o 21 marzo. Actividades didácticas, concerto, escenario aberto, convivencia,... cunha convidada de excepción, a francesa Isabelle Pignol. Estarán compartindo palco con ela Mini e Mero e o Projecto ['trepia].
A inscrición ao curso está aberta e o número de prazas é limitado.
Podes ver un vídeo do que son estes Encontros aquí
PROGRAMA DO VI ENCONTRO
sábado, 6 de marzo,
18 h
Showcase: Aula de Zanfona Narón
xoves, 18 de marzo,
11 h
Sesión didáctica para escolares
venres, 19 de marzo, 20:30 h
Concerto: "Zanfona e voz"
Mini e Mero, Projecto ['trepia], Duo Corps Vibrants
sábado, 20 de marzo
Curso intensivo con Isabelle Pignol
Palco Aberto, 22 h
domingo, 21 de marzo
Curso intensivo con Isabelle Pignol
Ligazóns
+ info do Encontro
|
|
|
|
|
| Presentación de Bailaben en Vigo |
|
 |
|
|
|
|
| X Concurso de Baile Tradicional Galego Azaloira (Bandeira-Silleda) |
|
 Benqueridos compañeiros,
A Asociación de baile xuvenil Fortín da Pomba ven de convocar a décima edición do concurso de baile tradicional Azaloira que terá lugar no auditorio Manuel do Pazo o día 25 de abril.
Agardando contar con vós, pregamos que vos inscribades canto antes para poderlle dar a maior difusión posible ó concurso.
BASES DO X CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL GALEGO AZALOIRA
1. Poderán participar todo tipo de agrupacións da Comunidade Autónoma Galega que cumpran as bases do concurso e respeten o veredicto do xurado.
2. O concurso celebrarase sen eliminatorias, con dúas intervencións cada grupo e dúas partes diferentes que non pasarán de 7 minutos cada unha.
3. Os grupos deberán ser mixtos, con un mínimo de 5 parellas, a non ser que o baile requira outra formación. Os integrantes lucirán o traxe tradicional e os acompañamentos serán en directo.
4. A selección dos grupos farase por valoración do currículum (que deberá ser enviado xunto coa folla de inscripción ou por correo) e orde de inscripción.
5. O grupo organizador, FORTÍN DA POMBA, participará a modo de exhibición.
6. As decisións e veredictos do xurado serán indiscutibles, os premios non poderán quedar desertos.
7. O xurado estará composto por 3 persoas de recoñecido prestixio no mundo do folclore e un representante do Concello que levantará acta que terá voz pero non voto.
8. O grupo gañador do 1º premio poderá participar ó ano seguinte de exhibición.
PREGAMOS QUE VOS ANOTEDES O ANTES POSIBLE.
PREMIOS
BAILE:
1º PREMIO: 1500 € e trofeo
2º PREMIO: 800 € e trofeo
3º PREMIO: 500 € e trofeo
Premio ó millor vestiario: 100 euros.
Premio ó millor acompañamento: 100 euros.
LUGAR DE CELEBRACIÓN: AUDITORIO MANUEL DOPAZO, DE BANDEIRA.
TELÉFONOS DE CONTACTO:
Presidenta: Josefa, 667-49-26-72
FAX: 986-58-55-50
Correo electrónico: josefaferreiro@edu.xunta.es fortindapomba@yahoo.es
O PRAZO DE INSCRIPCIÓN REMATA O DÍA 4 DE ABRIL.
www.fortindapomba.org |
|
|
|
|
| Aña urbana en Pontevedra |
|
Un ano mais a A.C. Trépia convoca a todos os seus sócios a participar na IV Anha Urbana o vindeiro 24 de Abril de 2010, de 11:00 a 13:30h.
O programa de actividades é o seguinte:
– Durante os meses de marzo e abril, obradoiros para a anha (obradoiro de baile, toque de leghóns e cantar da anha).
– No própio dia, actuacións polas prazas do casco vello de Ponte Vedra.
– A partir das 13:30, pincho para todos os participantes a cargo da Asociación (nunha
praza inda por determinar).
As novidades para este ano son:
– Ensaios grupais de todas as aulas-obradoiro da asociación.
– Solicitude de colaboración à Concellaria de Xuventude de Pontevedra para a colocación de tarimas nas prazas e, se é posíbel, de toma eléctrica nas mesmas para a execución da anha con bases de música electrónica
– NOVIDADE!!!: Visto o tratamento recibido por parte da asesoria técnica de cultura do concello de Pontevedra, decidimos ampliar a anha urbana de xeito que poidan participar nela asociacións e agrupacións culturais de todo Galiza.
Asi as cousas, fará-se unha campaña de convite via e-mail e via Facebook co obxectivo de inzar Pontevedra esa mañán de participantes no evento. Unión fai forza, e se somos muitos, para outro ano non han tomar tan à lixeira as nosas propostas. Polo tanto, animamos-vos a contactar con canto grupo de música tradicional conozades para convidá-los à Anha Urbana 2010.
Fará-se, nese sentido, un formulário para inscrición de participantes con tres modalidades (participante individual, participante colectivo e adhesións-apoiantes ao evento-)
– Gravación do evento con cámaras HD para a posterior edición e publicación dun vídeo divulgativo en internet.
Mais info:
www.trepia.org
info@trepia.org
trepja@gmail.com
635543822
Este ano a convocatória é aberta a calquer agrupación ou entidade que desexe participar, en sinal de protesta polo boicot ao que é sometida a nosa asociación por parte da asesoria técnica do concello de Pontevedra.
Asi pois, o obxectivo é acadar o maior número de participantes posíbel nas seguintes modalidades:
-Participación individual: calquera se pode inscribir nos obradoiros que terán lugar durante os meses de marzo e abril (inscricións e información en trepja@gmail.com)
-Participación colectiva: calquera agrupación que se anime a participar tocando e/ou bailando as suas añas polas prazas da cidade (info e inscricións en trepja@gmail.com ou no facebook de trépia)
-Adhesión à iniciativa: Agrupacións ou colectivos que, non podendo participar de facto no evento, desexen adherir-se à iniciativa en sinal de apoio. Estes participantes enviarán os seus logótipos a trepja@gmail.com para seren impresos nas publicidades do evento (carteis, panfletos, etc.) de xeito gratuito. Trata-se de demostrar publicamente que a nosa cultura tradicional non é cousa de "catro gatos" pirados que tocan os sachos, senón que hai muita xente en todo o país adicando-se a recuperar e manter a nosa música tradicional (inda que en Pontevedra xa non queden mais agrupacións grazas ao desartellamento paulatino do tecido asociativo que outrora tivo esta cidade adicado a este tipo de actividades -mais de 8 agrupacións culturais ou folclóricas no 2000, apenas 3 en funcionamento hoxe en dia-).
|
|
|
|
|
| II Concurso de cantos de taberna (Melide) |
|
A Asociación Cultural e Musical O Castelo organiza dentro da programación da VI FOLIADA DE MELIDE o “II Concurso de cantos de taberna” que se celebrará en Melide o sábado 24 de abril entre as 12:00h e as 15:00h
BASES
1. Participarán un máximo de 12 grupos que serán incluidos por orde de inscrición
2. Os grupos participantes estarán compostos por un máximo de dez compoñentes
3. A inscrición é gratuita e poderase realizar mediante o e-mail da organización: foliadamelide@gmail.com, ou ben chamando o tlf: 699 173 568
4. O repertorio será preferiblemente tradicional
5. Cada grupo percorrerá un itinerario diferente e irá acompañado por un membro da organización
6. En cada taberna cantarase un só tema, podendo utilizar o mesmo tema en todas as tabernas
7. Da puntuación encargarase o taberneir@ correspondente
8. A puntuación establecerase entre 1 e 10 puntos en cada taberna. O grupo que ao final do percorrido consega máis puntos será o gañador do concurso
9. Establécense tres premios:
1º premio: cea nun reastaurante da vila
2º premio: cesta de productos típicos
3º premio: cesta de productos típicos
10. A resolución do concurso e a entrega de premios realizarase o mesmo día do concurso coa actuación dos grupos gañadores |
|
|
|
|
| Curso de Música Tradicional Galega en Sarria |
|
Curso de Música Tradicional Galega
19 e 20 de marzo en Sarria (Lugo)
Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijoó "Chisco"
A partir dos 12 anos
O Obxetivo do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do Folclore.
O Curso de Música Tradicional terá tres apartados ou especialidades:
1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.
2º Aulas de tambor, bombo e pandeireta e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.
3º Aulas de canto tradicional e Obradoiros de baile.
Contidos
Por unha banda realizaranse aulas específicas de cada instrumento cunha finalidade de mellora individual e de motaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros. De forma que poderán participar todos os alumnos que o desexen, e incluso poderá asistir xente que sin tocar ningún instrumento queira asistir só aos Obradoiros:
-Obradoiro de construcción de pallóns de cana para gaita.
-Obradoiro de Afinación de gaita: presentación do funcionamento do Punteiro Afinable, revolucionario invento na afinación gaita galega.
-Obradoiro de construcción de percusión miuda: tarrañolas, etc...
-Obradoiro de técnicas de interpretación nos intrumentos da percusión galega menos coñecidos: Pandeira, cunchas, culleres, pitos, etc...
-Obradoiro sobre Estratexias no baile tradicional galego. Métodos para o entendemento da dinámica do baile tradicional galego e a súa didáctica. (En dúas sesións)
-FOLIADA: o remate de cada día faráse unha foliada conxunta de todas as especialidades.
INFORMACIÓN XERAL
Número de prazas:15 por especialidade
Número de horas de formación: 16
Certificacións:
Expedirase Certificado de Asistencia ao remate do curso, sempre e cando as faltas non superen o 90% da duración do mesmo.
HORARIO
Venres 19 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00
Sábado 20 de marzo:
10:00-14:00
16:00-20:00
LUGAR DE CELEBRACIÓN
Granxa Escola de Barreiros
Estr. Sarria-Portomarín km. 54
Lg. de Ortoá, Sarria (Lugo)
Telf.: 982 533 656 · Fax: 982 533 864
www.fingoi.com |
|
|
|
|
| Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 12 (Venres)
• Os Terribles de Donas na e-trad (Vigo) ás 19:00
• Machina no auditorio de Cariño
• Mofa e Befa no Liceum (O Porriño)
• Çe Orquestra Pantasma no Furancho Malaherba (Matamá)
• Ugía Pedreira e Fred Martins no Aturuxo de Boiro
• Estalotada na Gentalha do Pichel (Compostela)
Sábado 13
• Presentación do novo disco de Banda Potemkin na sala Filomatic (A Coruña) ás 22:00 con Tiruleque
• Presentación do novo disco de Linho do Cuco ás 21:30 no salón teatro de Lalín (Auditorio novo)
• Nao na Casa das Atochas(A Coruña)
• Som do Galpón no pub Isis Pharia (O Carballiño)
• Folk Focus na sala Contrabajo (Vigo)
• Ataque Escampe e Ultraquans na sala Farandula ás 22:00
• Tear de Llerena, Traspés,... na sala Farandula (Vigo) ás 24:00
• Roi Casal no Auditorio de Galicia (Compostela) ás 21:00
• Zurrumalla no Furancho Malaherba (Matamá)
• Sondeseu en Mos ás 20:30 no Pazo dos Marqueses
• Tributo a Zeca Afonso en Auditorio de Cangas ás 20:30
• Serán de Moreira (Soutomaior)
• Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo)
Domingo 14
• Presentación do disco a Nena e o Grilo no Pazo da Cultura de Pontevedra ás 12:00
• Pito de Pikasso e Champurrada no Pub TNT (Compostela)
• I Encontro Abeleira de Pandereteiras en Zamáns (Vigo) ás 19:00 |
|
|
|
|
| Seguen os Seráns |
|
13 de marzo
- Serán de Moreira (Soutomaior)
- Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo)
20 de marzo
- Serán de Mouriscados (Mondariz)
- Serán de Chapela nos baixos do pavillon de Chapela ao carón de Faro de Vigo
27 de marzo
- Serán en Pazos (Ponte Caldelas)
9 de abril
- Serán de Beirán (Matamá-Vigo)
10 de abril
- Serán de Fozara
- Serán de Angudes (Crecente)
17 de abril
- Serán en Ventín (Fornelos de Montes)
- Serán en Vilacoba (Salvaterra de Miño)
- Serán en Ribadavia
24 de abril
- IV Noite de Fiadeiro (Ramirás)
1 de Maio
- Serán do Coello (Soutomaior)
- II Serán de Boborás (O Carballiño, Ourense)
8 de Maio
- III Ruada de Catoira
15 de Maio
- Serán de Nespereira (Pazos de Borbén) no torreiro da festa
16 de Maio
- Serán na Insua (Pontecaldelas) no torreiro Eiravella
29de Maio
- Serán de Coto (O Carballal-Vigo)
11 de xuño
- Serán no Viso (Redondela)
|
|
|
|
|
| Serán en Moreira (Soutomaior) |
|
 |
|
|
|
|
| Serán en San Andrés de Comesaña (Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
| I Encontro Abeleira (Zamáns-Vigo) |
|
 |
|
|
|
|
| Actuacións no Furancho Malaherba (Matamá-Vigo) |
|
O VINDEIRO VENRES DIA 12 DE MARZO(2010) ABRE NOVAMENTE A SUAS PORTAS O FURANCHO MALAHERBA SITUADO EN MATAMÁ (VIGO) NA PRAZA DE SAN MAURO .
O FURANCHO CONTARA CO SEGUINTE PROGRAMA DE ACTUACIONS (entrada de balde)
-venres 12 marzo ás 23h. CE ORQUESTRA PANTASMA (home orquestra)
- Sábado 13 marzo ás 23h. ZURRUMALLA (folc)
- Xoves 18marzo ás 23h. O LEO I ARREMECÁGHONA (cantautor punk)
- Venres 19 marzo ás 23h. ABÓBRIGA (folc)
-Sábado 20 marzo ás 22.30 LEMBRAZAS DA RIA (folc) e ás 24h MONÓLOGO DE CÁNDIDO PAZÓ
O Colectivo Cultural Alternativo Malaherba abre este furancho co fin de obter beneficios que irán destinados a organizar a IV edición do FESTIVAL SONS DA LAMEIRA que terá lugar no verán en Matamá - Vigo |
|
|
|
|
| Linho do Cuco presenta novo disco en Lalín |
|
Linho do Cuco presenta o que é o seu segundo traballo o vindeiro sábado 13 ás 21:30 no salón teatro de Lalín (Auditorio novo).
Linho 3 é un disco de música daquí, pra xente daquí e dacolá, que sintetiza dende o repertorio de banda de música, a melodías de autor que xa forman parte da tradición, e unhas pinceladas da música centroeuropea, sempre dende o punto de vista de Linho.
www.gaiteirosgalegos.com |
|
|
|
|
| Sondeseu presenta novo disco en Mos |
|
 Sondeseu presntará as cancións do seu novo disco "Barlovento", que sairá a venda a finais de mes, no concerto que terá lugar este sábado 13 de marzo ás 20:30 no exterior do Pazo dos Marqueses en Mos.
Entrada de balde |
|
|
|
|
| Presentación en concerto de A nena e o grilo en Pontevedra |
|
 Estimados amigos e amigas:
OQO editora convídavos ao concerto A nena e o grilo co que se pecharán máis dun mes de actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2010.
Este espectáculo está baseado no libro-CD de OQO editora A nena e o grilo, traballo bibliodiscográfico co que o compositor e intérprete ourensán Magín Blanco se atreve a dar o salto ao público infantil da man de OQO editora e da súa colección musical Q son. Producido na parte musical por Uxía e ilustrado por Iván Prieto, colaboraron músicos coma Guadi Galego, Ugia Pedreira, Fred Martins ou Tarci Dávila.
O directo deste traballo será presentado o 14 de marzo en Pontevedra nun espectáculo familiar no que Magín (guitarra, voz) estará acompañado por Uxía, Guadi Galego, Xoán Curiel (guitarra e voz), Sergio Sales (teclado) e Charo Pita (voz e narración).
Durante o concerto poderemos gozar cunhas cancións que, en palabras de Magín Blanco, “non parten de ningún estilo en concreto” e que son “unha amálgama” das músicas que todos os colaboradores do libro-CD A nena e o grilo levan escoitado ao longo das súas vidas. Porén, resultan claramente recoñecibles ecos de rumba, bossa nova, reggae ou folk.
En definitiva, estamos ante un espectáculo con vocación universal que parte dunha lingua rica en palabras e xiros ao servizo dos mundos imaxinarios dos protagonistas destas trece cancións de conto. En todas elas repártense aloumiños a eito e amósase un mundo inconformista nas letras e unha concepción musical orixinal e esixente para nenos e nenas de todas as idades. |
|
|
|
|
| Tributo a Zeca Afonso en Cangas |
|
 |
|
|
|
|
| Ugía Pedreira e Fred Martins en Boiro |
|
 |
|
|
|
|
| Banda Potemkin presenta novo disco na Coruña |
|
 |
|
|
|
|
| Skacha en Ferrol |
|
 |
|
|
|
|
| Caravana Galiza Non se Vende en Vigo |
|
 |
|
|
|
|
| Ultraquans e Ataque Escampe en Vigo |
|
 |
|
|
|
|
| Presentación do manual Bailabén en Compostela |
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|
|