| consulta (a distancia) dunha damnificada das salas de espera da seguridade social. |
|
consulta (a distancia) dunha damnificada das salas de espera da seguridade social.
|
|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| ULTRA-LIXEIRO (terapia de verán) II |
|

Mais, voar só cun globo non é doado se un é máis grande ca unha ra. É un feito que
un nunca nace pequeno dabondo para cumprir os seus soños cun formato xeitoso. É
por iso, e porque ademais de grande tamén nacín teimuda, que me dedico con
desesperación a percorrer as feiras do país na procura dos vendedores de globos
coma se perseguise o santo graal.
|
|
|
|
|
| ULTRA-LIXEIRO (terapia de verán) I |
|

Eu sempre quixen voar agarrada á corda dun globo de feira e traspasar a liña dos cables da corrente e mirar para abaixo para ver se distingo as miñas pegadas das dos demais.
Vino nunha ilustración dun libro de lectura do colexio hai algunhas décadas, e aínda que hoxe xa non é nada orixinal, (moitos o tentaron con resultados máis ou menos afortunados, ¿limos todos o mesmo libro?) teño esa idea incrustada na cabeza dende entón. |
|
|
|
|
| EXERCICIO Nº 26 |
|

"(...) o di un veterano, se a súa ortografía maila súa gramática son desastrosas, vostede non pode escribir unha historia brillante e espléndida. Quen non sabe usar a serra e o martelo non fabrica mobles magníficos.
Aínda se vostede foi aplicado no colexio, desenvolveu o seu vocabulario, sabe deletrear “sacrilexio” e “sobreser” e nunca di “entre vostede e meu” ou “ nunca non fixen nada”, iso non basta. Están tamén a estructura sutil da oración e a construcción estilística do parágrafo. Está o entrelazado intelixente da trama, o manexo dos diálogos e milleiros de outros enredos. (...)"
Isaac Asimov
(... entre vostede e meu, Doutora Seymour, ....., ponme medo escribir a lista da compra. Maxine que me cae na cola da caixa do hiper, e que a le o(a) Asimov(a) de turno que está detrás! Existirá o papel comestible, ou un papel que ao chegar ao chan esvaeza ao instante por autocombustión? Existirá un ceo para os gramatoortografodesleixados? Diga que si, míntame se é preciso, que eu quero crer... )
|
|
|
|
|
| RE-CICLADA´S (the show) |
|
 (É a hora do xuramento. A muller coroada érguese do trono e camiña cara ao atril executando o baile da bolboreta. Despois achégase ao micrófono, sorrí, e cun simple movemento das súas mans fai que todas as presentes leviten.)
Meus prezados abrochos de invernadoiro, antes da entrega das orlas, levemos cara atrás os ombros, tensemos nádegas e abdominais, visualicemos a nosa meta, e recitemos xuntas os nosos mandamentos.
(todas)
Nós, reserva cárnica e material do ideal feminino, cumio da sensualidade intoxicada, aspiramos a chegar (algún día) ao fondo metálico desa sombra de ollos que nunca combinará coa tona imposible da nosa boca infiltrada.
Mentres, non desistir, non caer no desleixo. Compre:
1- Alimentarse por puntos.
2- Cronometrar as modas ,
3- Paralizar a liña dos cabreos.
4- Perforarse tódolos embigos.
5- Tatuarse tódalas calugas.
6- Escravizar os dous nocellos.
7- Incrustarse vinte unllas.
8- Desarraigar mil e un pelos.
9- Arrincarse un par de costelas.
10- Fritir corenta veces o pelello.
11- Inchar fociños.
12- Desinchar cadeiras.
13- Plastificar peitos.
14- Enxertar cabelos.
15- Infantilizar o pube.
16- Sobre actuar o sexo.
Estas son as directrices básicas, mais, como ser a muller perfecta non adoita ser tan doado, aceptamos con resignación que os mandamentos teñan que ser constantemente revisados e aumentados.
Hoxe tomamos os nosos votos, asinamos o noso compromiso e confirmamos a nosa fe cega en que todo sacrificio será re-compensado:
Prometemos submisión eterna fronte aos máis aberrantes desatinos, rendición ante a imposición estética dos canons, maquillar cada día os nosos miolos, sobrevoar a realidade dende un bo par de zapatos, loitar contra a rebeldía, e vencela coa fosforescencia láser dos nosos sorrisos modelo inferno-aclarado.
(Faise o silencio, a fe cega crea o espellismo dun eco místico nos espellos que adornan a sala . A muller coroada agarda uns segundos, abre os brazos, e entrega ao auditorio o lema que culmina o traballo feito durante tantos séculos . )
Este é o atallo...
(todas)
.... seguir as vellas rutas cambiando só o decorado.
(Un auditorio en éxtase, aplaude. Despois, como estaba previsto, a cerimonia... segue...)
(Coido que nos equivocamos de cursiño, Seymour, camiñe cara a porta con naturalidade, xa sabe, un pé xusto diante do outro coma se camiñase pola corda frouxa, disimule, que a prioridade agora é saír de aquí sen unha inxección de Botox no optimismo, despois xa me cantará as corenta aínda que sexa ...asi... daquela maneira ...)
|
|
|
|
|
| NO BICO DA LINGUA |
|
 Lingua, tívente toda a vida no bico dos dedos, ata que te biquei, e descubrín que era quen de bicar e trabar en galego.
Sei que cando quedo suspendida nas palabras, ti non deixas de mirarme. Un día, alguén, tirou unha foto mentres eu maxinaba como estralarían as guerlas dos barbos se soubesen bicar e como saloucarían as ninfas se as bicase un barbo.
Ti saíches de perfil, cos teu beizos a un milímetro da focha da miña meixela, co teu iris nadando no meu ollo ausente. Sempre me gustou divagar sobre temas improbables.
Xa me coñeces.
Agora.
Pero daquela xa me intuías, e me mirabas, agardando o intre no que a idea aniñaba na miña mente, para sementar unha corredoira de néctar que me levara cara a ti. Axiña. Despois.
Sabes, sabías, que o teu alento tan preto das miñas comisuras invade as miñas ideas de flores en celo, e sempre estás aí (nutrindo o meu pensamento), no etéreo, no práctico, no imperfecto, no exacto, para calmar a miña sede. E a túa.
Lingua, tívente toda a vida no bico da lingua, ata que te traguei, e descubrín que sempre estiveches dentro.
(Está na miña man que aquí (aquí) sexa sempre o teu día. O meu gran de area nun mar inmenso. )
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|