A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

COMA JOYCE NON, MELLOR COMA PICASSO
James Joyce con máis de 40













Hai mes e medio cumprín 40 anos.
Leo que James Joyce escribiu Ulises aos 40. Daquela, dou en deprimirme pois fixo unha obra mestra da literatura universal co tempo que eu teño agora.
Sen embargo, a depresión dúrame pouco. Coido que ten que ser tristeiro para calquera artista ter feito xa algo tan grande que resulte insuperable incluso para el.
Daquela, prefiro pensar coma Picasso, que, a pesares de que aos 21 pintou Las Señoritas de Avignon e inventou, de paso, o cubismo, meses antes de morrer ( e finou de moi vello ) dicía que el aínda estaba procurando o seu estilo de pintor, que non sabía como era que se pintaba, que andaba detrás da súa Obra Mestra.
Agora mudade onde di pintura por literatura.
Así estou hoxe.
Categoría: Xeral - Publicado o 29-11-2006 14:26
# Ligazón permanente a este artigo
¿QUEN DIXO QUE ESCRIBIR NON DÁ CARTOS?
Hillary Clinton: escritora e supervendas.
Hillary Clinton vén de publicar as súas memorias.
Hai uns días andaba eu todo cheíño por ter esgotado a primeira edición de Un Bosque Cheo de Faias, e que xa empezasen a tirar a segunda, cando vou e leo que a Hillary vendeu nun só día 200.000 exemplares.
Record de vendas dun libro de non-ficción.
Eu non venderei iso na vida.
Preguntábame: ¿que pode mover a tanta xente a mercar con tal ansiedade un libro?, ¿a súa altura literaria?, ¿os poemas inéditos da autora? Non.
A xente quería saber que tiña que dicir a Clinton sobre Mónica Lewinski.
En calquera caso, non estará sorprendida pola boa acollida.
No seu día, ao seu home, Bill, déronlle de adianto por un libro dez millóns de dólares.
Eu non cobrarei iso na vida.
Igualiño, igualiño, que na literatura galega.
Para que logo digan que non se gañan cartos escribindo.
Categoría: Xeral - Publicado o 28-11-2006 14:20
# Ligazón permanente a este artigo
VELAQUÍ ESTAMOS
Inicio unha nova andaina neste servidor. Grazas a todos os que aquí naufragades comigo. Espero ir recuperándoos a todos de vagar.
Categoría: Xeral - Publicado o 27-11-2006 11:42
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0