|
|
|
|
OFENSA Á INTELIXENCIA |
|

Oficialmente aínda non empezaron. Pero eu xa non podo máis.
E tan canso estou que non penso nin argumentar sobre o meu fastío.
Remítovos aquí. |
|
|
|
OS AUTORES FAVORITOS DOS BEATLES |
|
 Hai uns días propúxenvos un xogo que vai moi ben. Por certo: seguide xogando.
Hoxe vou atreverme a contestar polos Beatles.
Na portada máis famosa dun dos seus discos, o Sgt Pepper's Lonely Hearts Club Band ( esa marabilla da psicodelia que se pode escoitar veces e veces e nunca cansar ), decidiron poñer, canda deles, aos que máis admiraban por uns ou outros motivos.
Pois ben, nesa foto están ( podedes xogar a tentar localizalos ), Edgar Allan Poe ( citado nalgunha das cancións, e admirado en absoluto por Lennon ), Huxley, H.G. Wells, Bernard Shaw, Lewis Carroll (outro que adoraba John ) e Oscar Wilde.
Daquela, eles, tamén xogan con nós.
Aínda que sexa desta maneira absurda que este beatlemaniaco enfermizo que eu son, vén de facer. |
|
|
|
CRIGAL |
|
Hai uns días naceu o blog da Sección de Crítica Literaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega, ou o que é o mesmo, un espazo web onde os críticos galegos van poder comunicarse con nós doutra maneira diferente á habitual. Polo xeral sabemos do seu traballo cando recensionan e analizan os nosos libros, nos ( poucos ) suplementos literarios dos xornais, ou nas ( poucas ) revistas literarias que hai no noso país. Desde esta bitácora saberemos máis do seu día a día. Comezan forte, entrando nos debates máis candentes desde a primeira anotación.
Sobre a crítica e os críticos poderiamos falar durante días e non rematar nunca o debate. En calquera caso, o seu concurso é esencial para que un sistema literario funcione como é debido. O crítico, coma o editor, debe actuar, dalgunha maneira, como ponte entre os lectores e os autores. Do crítico esperamos unha luz. Un criterio. Gústenos ou non o que digan dos nosos textos. Criterio. Críticos. É curioso como se parecen estas dúas verbas.
Que naveguen ben. |
|
|
|
perezhilton |
|
 Ese é o título do meu artigo de hoxe en A Nosa Terra Diario. |
|
|
|
¿CAL FOI O LIBRO SEN O CAL TI NON SERÍAS TI? |
|
A pregunta quizais soa pretensiosa. Pero foi o que se me ocorreu despois de ler unha entrevista co autor estadounidense Sean Penn, na que explicaba que as distintas etapas da súa vida tiñan que ver con libros concretos.
O diálogo co actor fíxome pensar no meu propio caso.
O libro que me cambiou para sempre foi Todos los cuentos, de Gabriel García Márquez.
Estaba eu en segundo de BUP, o equivalente á actual 4º da ESO, e digamos que non tiña moito interese por nada. Estudiaba - é un dicir - no Instituto da Guía, na miña cidade de Vigo, e ía ás clases hoxe si, pois mañá igual non. Sen embargo, había unha que non perdía: a clase de Literatura, que, daquela, impartía o poeta Manuel Vilanova. Os meus colegas, a verdade, non entendían por que asistía co ben que se estaba na Carballeira da Guía disfrutando do aire libre e dos Ducados. Mais a culpa era, a parte do poeta que eu tiña por profesor, de García Márquez.
Recordo ben como foi a cousa: eu metido na cama, na casa que aínda hoxe é dos meus pais, morto de frío, tapado ata o nariz e co libro por fóra. Primeiros de Outubro. Abro o libro que o profesor nos mandou ler. Todos los cuentos, de Gabriel García Márquez, e de súpeto, eu, que daquela non teño interese por nada ( por nada académico) , eu, que estou convencido de que non podo aprender nada no instituto, eu, que paso de todo porque son máis pasota cá ninguén, alucino a colores, e sen necesidade de meterme nada, co conto titulado Eva está dentro de su gato.
Xa era lector. Pasota pero lector. Mais coido que foi aí - catorce anos, faltaban días para cumprir quince - cando me decatei, de verdade, do que era a literatura.
Quizais aí tomei, sen me decatar, no máis profundo do meu corazón confundido, a decisión de ser, algún día, escritor.
Así que a pregunta, despois desta confesión, é obrigada: ¿cal foi o libro sen o cal ti non serías ti? |
|
|
|
O LIBRO DE MAÑÁ |
|

Este mércores, na Fundación Caixa Galicia de Vigo, ás 19.30 horas, participarei nunha mesa redonda, organizada por Galaxia, e dentro dos actos programados na exposición sobre a obra de Xohán Ledo da que xa falamos trala inauguración, sobre o tema,Os libros de mañá. Novas tecnoloxías e novas linguaxes.
Terei a sorte de compartir mesa e verba con:
Óscar Sánchez (físico e autor do blog Días estranhos)
Rosa Aneiros (escritora e xornalista dixital)
María Yánez (xornalista dixital) e con
Manolo Gago como moderador (director de culturagalega.org)
Será un pracer saudar a canto náufrago teña a ben achegarse. |
|
|
|
LIBROS BEN PAGADOS |
|
 Na prestixiosa editorial británica Harper Collins publica a Nobel Doris Lessing. Sen dúbida páganlle moi ben. Ou deberían. Porque veño de ler por aí que a Coleen Mcloughlin, que é esa que vedes aí na foto, vanlle pagar un contrato millonario ( de libras ou de euros, a ese nivel tanto ten ) para que asine ( no ruxe-ruxe está claro que non escribe ela ) cinco libros tralo éxito do anterior, Welcome to my world, ( Benvido ao meu mundo ), Volume Esencial onde explica, leo por aí, onde mercar a bo prezo ou cal é o corte de pelo que hai que levar ( isto último impórtame máis ben pouco ). A rapaza, por suposto, é famosa e sae de portada no Vogue e vende unha fragancia propia, non polo libro en cuestión, senón por ser a moza dun futbolista británico chamado Wayne Rooney e que xoga no Machester United.
Ela xa ten o seu libro. E veñen cinco máis. E moi ben pagados. Igual que Vicky Beckham, escritora e, ademais, música.
A reflexión é clara: as mozas dos futbolistas españois son todas unhas incultas. Nin unha soa escribiu un libro.
Así nos vai. |
|
|
|
COÑECER AOS NOSOS AUTORES |
|
 Estes días atrás toda a prensa galega, coido que sen excepción, fíxose eco do nacemento dunha web, Conocer Al Autor, que permite ver aos autores falando das súas propias obras.
Vale. Contouse que era unha inicativa novidosa e tal e tumba e veña e dálle.
Que si.
Será momento perfecto este, xa que logo, para dicir que a Asociación de Escritores en Lingua Galega xa fixo isto hai case que un ano cos autores de Nós.
Iso si: a prensa de aquí non dixo nada.
Comprobádeo aquí. |
|
|
|
MÁIS DE PINTADAS |
|
Hai un par de días comentei aquí unha pintada que me gustara moito.
O meu comentario orixinou uns cantos vosos e deixou claro que vos interesa moito o tema. Xa que logo, non podo deixar de perdirvos, aínda que sei que case que todos o facemos a diario, que pasedes polo blog de Marcos Valcárcel, quen nos ofreceu, en días pasados, toda unha colectánea deliciosa.
Lédeo aquí. |
|
|
|
A IMPORTANCIA DO CÓMIC PARA CHEGAR Á LITERATURA |
|
 Agora fálase moito de Ibañez polos 50 anos de Mortadelo e Filemón.
Do Qué Leer do mes pasado ( mágoa que non poida traelo desde a web ), rescato esta observación súa para asinala, rubricala e defendela con paixón: Algúns profesores de Primaria dixéronme que os meus cómics, cheos de verbas raras e en desuso, estimularon o vocabulario dos seus alumnos. O bonito e o útil que tiña o cómic era que a imaxe ía acompañada do bocadillo; eran unhas poucas liñas, pero o neno íase afacendo á letra impresa e a ler cada vez máis. Logo xa pasaba ás lecturas de Guillermo O Fedello, de aí ás de Salgari e Verne ata chegar a Kafka.
A observación é valiosa. Sobre todo porque hoxe en día os cativos non len libros, senón que fan "ximmasia" coa Wii. |
|
|
|
|
|
|
|
|