A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

SUSO DE TORO E ALATRISTE
Levei unha grande alegría onte cando tiven noticia de que, por primeira vez na historia da literatura galega, ía emitirse por televisión un anuncio dunha novela en galego, concretamente de Home Sen Nome de Suso de Toro. Un anuncio na tele e en Nadal... Pinta bonito.
Pensei: que gran nova, así se verá a literatura galega máis, que ben, que ben, que ben, xa non seremos tan invisibles.
Mais a ledicia duroume ben pouco. Hoxe, ás sete e media da mañá, sentei un rato, antes de almorzar, a ver as novas da televisión.
Poño CNN+. Sáeme a locutora falándome de que xa sae o novo libro de Alatriste, que leva non sei cantos millóns vendidos, moreas de fotógrafos por todas partes, flashes, Arturo Pérez-Reverte falando do libro. Publicidade gratuíta para un libro que non o necesita. Zapeo. Poño Telecinco. Arturo Pérez Reverte falando de Alatriste, flashes, moreas de cámaras, o autor falando do seu libro. Máis publicidade gratuíta.
Penso que estou ledo polo anuncio dun par de segundos do libro de Suso de Toro na televisión. Alédome con toda a alma. Mais poño a alma a chorar diante da evidencia do pequerrrrrrrreeeeeecccchhhiññña que é considerada a nosa literatura desde fóra, as poucas posiblidades que, diante de tanta descompensación, temos para saír adiante.
Categoría: Xeral - Publicado o 13-12-2006 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0