A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

CAPITÁN TRUENO

Leo agora que volven editarse as historias do Capitán Trueno.
Leo iso e de súpeto véxome a min mesmo lendo na cama, con sete anos ou así, os tebeos ( daquela aínda non cómics nin banda deseñada , tapando a lámpada coa parte de enriba do pixama para que meu irmán puidese durmir.
É innegable que todos os que andamos polos corenta anos ( Trueno saiu hai 50 ) temos entre as nosas influenzas máis destacadas, eses heroes dos tebeos que loitaban contra tiranos, vivían todos os días aventuras, amosaban unha fidelidade polos amigos inmensa e, sobre todo, vivían por e para a xustiza no mundo.
Trueno. Crispín. Goliat.
Ademais agora enterámonos de que o autor era de esquerdas e, como non podía dicilo así de claro na España franquista da época, aproveitaba para facelo disimuladamente poñendo ao Trueno a loitar contra as tiranías, as dictaduras e os gobernantes opresores... pero polo mundo adiante.
Xa sei o que pedir como agasallo de Nadal.
Categoría: Xeral - Publicado o 12-12-2006 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0