|
|
|
|
SANTIDADE |
|
 Cando Franco deu o seu golpe criminal no 36, a igrexa católica apurouse a bendicir aos asasinos. Durante os 40 anos seguintes, seguiu a bendición. Hoxe, aínda non fixeron unha condea clara e moitos nomes de mortos do bando nacional seguen nos templos a pesar de que os mortos, todos, serían igual de fillos de Deus.
Onte, en Honduras, a igrexa de alí apurouse a bendecir, por televisión, ao golpista Micheletti.
Logo se queixan de que a xente deserta.
( E outra cousa, estando o mundo como está, por certo, a igrexa católica onte recoñeceu que durante o ano pasado ingresou 253.95 millóns de euros. Coa fame que hai, aínda se repartían bocatas. E igual tanta xente non desertaba ). |
|
|
|
|
|