|
|
|
|
NON PODER SER OUTRA COUSA |
|
 O gremio dos escritores/as debe de ser un dos que máis sofren ter que procurar unha resposta máis ou menos intelixente á pregunta sobre o por que da súa actividade. ¿Por que es escritor? ou ¿por que escribes? é algo que se nos interoga dende que comezamos ata que, probablemente, deixamos de escribir porque estiramos a pata. Detrás da insistencia sostida ao longo dos anos hai como unha especie de crenza por todos asumido en plan hai que ser raro/a para dedicarse a algo así. Coa de cousas sensatas que se pode ser na vida.
Eu sempre dou a mesma resposta que daba Onetti, de quen xa falei onte:
Son escritor porque non son capaz de ser outra cousa. |
|
|
|
|
|