|
|
|
|
A LETRA E PARA AGUSTÍN |
|
 Onte estivemos en Vilalba na homenaxe que a Asociación de Escritores en Lingua Galega lle fixo a Agustín Fernández Paz, entregándolle a letra E ( na foto, estamos parte da directiva da Asociación. De esquerda a dereita, Antía Otero, Antonio Reigosa, Mercedes Queixas Zas, Agustín, Cesáreo Sánchez Iglesias, Isidro Novo e un servidor).
Tamén, en colaboración co concello, déuselle o seu nome a un parque no que se descubriu un penedo con verbas súas e se plantou, por escolla do propio Agustín, unha bidueira.
Eramos centos. E ninguén se sorprendeu de que fosemos tantos. Porque se hai un escritor que consigue a unanimidade de todos arredor da súa obra e, tamén, da súa persoa, ese é Agustín. Un grande. Un máis que grande. Un soñador que nos aprende a soñar. Un escritor que nos aprende a escribir. Un ser humano excepcional, que onte deixou que nos contaxiase a súa emoción, a de todos, a súa e a dos escritores e veciños de Vilalba que, conscientes da importancia da súa figura, responderon magnficamente á convocatoria.
Síntome orgullo de que, no meu país, e na miña lingua, alguén escriba, pense e conte como Agustín Fernández Paz. Síntome orgulloso, tamén, de ser o seu veciño de rúa en Vigo. Así podo pensar que igual se me pega algo do seu talento. |
|
|
|
|
|