A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Un espazo para a Información Literaria e o Debate Cultural

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

¿QUE É E QUE NON É LITERATURA?




Pareceume moi interesante a entrevista con John Grisham no suplemento de El País a semana pasada.
Este autor vende máis de 250 millóns de libros e, a pesar do seu éxito ( A tapadeira, O cliente... ), atrévese a dicir que sabe que o que el fai non é literatura.
Sen dúbida, todo un xesto de sinceridade.
Agora, a pregunta: daquela, ¿que é literatura?
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2008 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PARA UNHA DEFINICIÓN DA GUERRA
O terrible das guerras é que morre xente.
Persoas con nomes e apelidos, con amores e odios, con historias, con soños, con desilusións, emocións e sentimentos.
E que nunca serven para nada máis que para que morra xente.
E que quen gaña non sempre ten por que ter razón.
E que os que morren mortos quedan.
E que a guerra que os matou nunca serve para nada porque
pasará máis tempo ou pasará menos
pero alguén volverá prender a chama da guerra
noutras latitudes para volver repetir a desfeita.
E daquela seguirán a morrer os mesmos.
Porque sempre morren os mesmos.
Comentarios (5) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2008 23:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A REVOLUCIÓN DOS GLOBOS

Hoxe, na web de Galaxia, recomendo un dos libros que máis me teñen feito gozar nos últimos tempos.
Había ben de tempo que non caía secuestrado feliz cun libro así.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2008 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SE CADRA O SOSIÑO SON EU
Hai uns días dicía eu aquí unha cousa, pero igual teño que dicir outra.
Porque hai cousa duns días publicouse unha nova biografía do grande Roald Dahl, xa sabedes, o de Charlie e a fábrica de chocolate. A súa autora, Jennet Connant mantén que traballou para o servizo de espionaxe británico ( ou sexa, coma Bond, James Bond ) nos EEUU, despois de loitar en Oriente Medio. O curioso non é isto, senón que entre as súas misións, seica, estaba a de deitarse ( era unha orde dos seus superiores ) con mulleres influíntes e ricas por ver de, así, conseguir documentos. Supoño que Dahl se entregaría á causa patriótica con paixón, esforzo e dedicación.
Se cadra, o sosiño son eu.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 02-09-2008 22:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
NON ESTAMOS NA UVI

Pedíronme da revista Espazo en Construción, un artigo sobre a saúde da nosa literatura para o número especial do Día da Patria.
Como xa saíu, transcribo de seguido:

Pídenme que dea a miña opinión sobre o estado de saúde da literatura galega actual. A simple pregunta – que a alguén se lle cuestione pola
saúde de outro alguén xa indica un certo nivel de “sospeita” de que está maliño ou de que anda en médicos – xa ten mala uva. Mais é unha
pregunta lóxica vivindo no país que vivimos.
E, de feito, do estado de saúde de nós, levamos
toda a vida sospeitando e facendo prognósticos,
xa que logo, pouco optimistas. A enfermidade
está tan asumida que de feito xa somos quen de
falar dela abertamente. Por exemplo: “o galego
está en vías de extinción”, “perdemos falantes”,
temos “autonoxo”. Así de evidentes son para nós
os síntomas. Non podemos agachalos. Nin
queremos. Sen embargo, eu quero aquí e agora
facer un diagnóstico diferente e máis optimista.
Tanto sobre a lingua ( o pesimismo non vai
axudarnos ) como sobre a literatura. É certo que
non temos lectores, é certo que cando un escritor
ou escritora de nós vende un par de libros xa se
sente coma Dan Brown, xa sabemos que non nos
coñecen pola rúa, e que nas feiras do libro non
asinamos máis que aos familiares e amigos,mentres que, eu que sei, Boris Izaguirre arrasa, ou calquera futbolista de “la roja” que se lle dea por escribir ( ou que lle e s c r i b a n ) u n l i b r o( ¿arrasaría un xogador d’A
irmandiña de sacar un libro? ). Sabémolo. Todo
iso. E doe. Pero a saúde, en liñas xerais, é boa. E oxalá a sociedade galega e a lingua
galega estivesen tan normalizadas e brillasen
tanto como o fai a literatura galega contemporánea. Porque a nosa literatura non é
mellor que as demais. Pero, ollo, tampouco é
peor. Tratamos todos os temas, e facémolo con absoluta normalidade, con moito xeito e, xa que
estamos, cun monte de estilo. Do que se estea a
escribir por aí estase a escribir por aquí. Os
asuntos que trata a narrativa europea máis vangardista tamén estamos, seguro, a nos ocupar
por aquí.
En definitiva, que os nosos autores e autoras nada teñen que lle envexar, ao respecto do seu oficio de escribidores de fantasías, aos do
resto do noso entorno occidental. Outra cousa
son os dereitos de autor que nos corresponden
aos de aquí e aos de fóra. Outra cousa é o caso
que nos fan os xornais de aquí a nós ou aos de
fóra. Neste último asunto tamén gañan eles. Os
periódicos de aquí – cousa inverosímil, pero
certa – dedícanche máis espacio se es galego e
escribes en castelán que se es galego e escribes
no idioma propio ( xa se sabe, aos enfermiños
ninguén lles fai caso... ). En fin, que podería citar, mais non o farei para non perder a
amizade de compañeiros e compañeiras de xeración,
uns, poñamos, oito nomes de escritores máis ou menos do meu tempo ( teño 41 ) que están a facer unha novelística de moi alto nivel, con vocación de permanencia e de audacia.
Si. O estado xeral da literatura galega é bo. Outro asunto é que aos galegos e ás galegas, en xeral, o asunto non lles preocupe un pemento (de Padrón ). Por iso non o saben.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-09-2008 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A PROFESORA DE LITERATURA

A epopea de Michael Phelps demostra que non por ler moito se é máis listo.
O comentario vén motivado por unhas palabras súas despois de ter recibido a oitava medalla de ouro nas pasadas Olimpiadas. Concretamente, no intre supremo de recibila, lembrouse da súa profesora de literatura quen, nun alarde de demostración futurista, profetizoulle que nunca ía chegar a nada.
Á señora, desde logo, os libros non lle serviron de moito como adiviña.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2008 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
CURROFICCIÓN

Veño lendo por aí e por aló, que nos últimos tempos un dos grandes temas de inspiración para os guionistas e os novelistas é o mundo do traballo, a relación entre xefes e subordinados e todo ese submundo complicado e tenebroso que hai nas empresas.
O que eu dicía.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 31-08-2008 00:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FACENDO PAÍS


Hai cousa dun par de días déronlle en Láncara o premio Facer País a Avelino Pousa Antelo.
Son poucas as veces que teño coincidido con el. Mais de cada vez que pasa síntome contaxiado polo seu bo humor. E esperanzado, ao ver que a súa fe non se ven nunca abaixo. Con todo o que el ten vivido e con todo o que el ten loitado.
Pousa Antelo merece de sobra o premio. Aprendemos moito del. E seguiremos aprendendo.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-08-2008 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
PERDOAR A MALA FE
Moi atinada a resposta que, en xeito de Carta ao Director, publican hoxe en El País, Carlos Callón ( da Mesa pola Normalización Lingüística ), Luis González Tosar ( do PENCLUBE ) e Cesáreo Sánchez Iglesias (da Asociación de Escritores en Lingua Galega ), arredor da entrevista que un tipo tan ben informado ( parecía ), ecuánime ( semellaba ), racional ( pichisss...) coma George Steiner, concedeu a ese xornal e no que dicía, entre outras lindezas, que lle parecía mal que nas universidades de Galicia se obrigue a falar en galego e, alucina vecina, que a literatura galega, para resumir, non vale un pataco.
Como xa se comentou en todos os xornais e en todos os foros e en todos os blogs e en todas as terrazas dos bares, eu só quero dicir unha cousa:
puidera ser que o señor Steiner di o que di por ignorancia ou desinformación. Mais sen dúbida, é gravísimo que o diga.
Mais, concordarán comigo en que ese mesmo pensamento téñeno moitos galegos: que na Universidade imponse a lingua á forza e que a literatura galega non vale para nada.
E ao señor Steiner podo perdoarlle a desinformación, pero aos de aquí... cústame perdoarlles a mala fe.
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 28-08-2008 22:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ESCRITORES POUCO ESCANDALOSOS

Contan as crónicas que a segunda parte das memorias de Günter Grass, tituladas A cámara escura, está a pasar sen pena nin gloria nos grandes suplementos literarios da Alemaña. Seica todo o problema é que nesta segunda parte Grass non dá ningunha clase de escándalo. Na primeira si, cando confesou que de novo entrara voluntariamente e con coñecemento de causa nas Xuventudes Hitlerianas.
Mais estas son insulsas. Nada escandaloso que contar.
Penso: é o normal. Porque a meirande parte dos escritores/as son xente do máis convencional, para nada especiais, para nada fóra do común. De feito, cando a xente coñece a un escritor ( cando o coñece de verdade, no seu día a día, non dando conferencias ou asinando libros ) entende que non hai nada de particular neste oficio. A ese nivel. A outros é un oficio marabilloso.
Créanme: escándalos, como o resto da xente.
( Outra cousa, claro, son os Bukowski, os Kerouac, os Wilde, os... )
Comentarios (4) - Categoría: Xeral - Publicado o 27-08-2008 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal
users online