Lembro no colexio unha mestra, que nos explicaba que tiñamos tres nais: a "nosa", a patria (Esspáña, por suposto), e a nai de Xesús que "es madre de todos nosotros").
Non podo dicir que teña unha mala lembranza desta profesora.. nin sequera porque nos mandara poñernos de pé cando entraba alguén na clase (resultaba ate divertido -normal cando un é un crío- ver como se 'admiraba' a persoa que entraba..), pero hoxe só de pensalo resúltame un pouco aterrador.... desbotadas esas últimas nais, ambas impostas, eu, postos a ter outra, quédome coa NAI TERRA, que tamén son dúas:
Esta a terra que somos nós, da que falan Luar Na Lubre no seu tema Terra (seleccionado para o disco recompilatorio da Exposición Universal de Aichi):
..e a terra na que nos centraremos hoxe:
(Siniestro Total - Miña Terra Galega)
Aínda que o primeiro tema, o de Luar Na Lubre, dalgún xeito tamén fala de Galicia.. se non se dí claramente.. un nunca está certo de a qué Terra se refire unha canción, ou se fala de ambas:
Nai Terra (Uxía)
penso que é realmente educativo atener a algunhas músicas e letras.. por eso desta vez van tóda-las cancións completas.... tomade boa nota, porque podedes levar algunha 'sorpresa' non só co que din..... senón tamén co que non din, con como o din, con quen o dí.. xa entenderedes axiña ao que me refiro, pois comezo con 'música lixeira':
- ADIANTE GALICIA, "Canción creada para el Banco de Bilbao como base musical de su campaña en Galicia" (1981) Un campo fértil, unha industria forte,
um pobo ditoso e en paz
- Andee Silver - Miña terra (1972)
- Ana Kiro - Viva Galicia
Sobre toda esta "Galicia de mis amores" é mellor, neste caso, unha imaxe que mil cancións:
Por certo, se alguén non "cae".... por aquí deixo dous audios... da famosa intervención do señor Perez Varela
e desa "Carmina Burana", que seguro que en canto a escoitedes todos habedes recoñecer (Carmina Burana, por certo, significa "os versos de Beuern")
Si falamos de música de Orquestras non poden faltar Os Tamara.. que precisamente lle cantaban a
"A Outra Nai"
E cambiando "un pouco" de estilo, pero seguindo con esas cancións que fixeron e fan botar a lagrimiña polo mundo adiante.. van dous temas de Xocaloma (se me disculpan a ¿blasfemia?: os Mocedades galegos)
Terra
Miña Galicia
Aínda que a min persoalmente a canción da terra que mais me fai chorar, é O MEU PAÍS, cantada polo GRANDE Miro Casabella...
Díxeno aí arriba.. hai moito que atender nalgunha das letras que eiquí vos puxen.. pois este tema ten moito que ver co que se vivía na época de Voces Ceibes. O meu país ten máis mensaxe da que poida parecer a primeira vista.
No mesmo disco ven o tema que leva o seu nome: Ti, Galiza
Da mesma época temos outros temas como o de
Xerardo Moscoso
ou a Nai Galicia de Saraibas
Pouco despois os Resentidos cantábanlle á Galicia Canibal..
..e fai nada os Nen@s da Revolta proclamaban unha nova capital, Galicia Capital Bruselas:
mentras que Skarnio, lembrando a Timor Lorosae, cantaban que A Galiza é maubere
..............e rematamos, que chega ben por hoxe... coa Galiza de Festa, de Jarbanzo Negro
Unha preguntiña: Levo mais de vinte años a procura dunha canción (que eu creía era de Xocaloma). A teño escoitada moitas veces na paz da noite, no meu tempo de vixilia nocturna dunha longa oposición, nos anos 1984 - 86. A referida canción era unha das favoritas da entón recién estrenada Radio Galega (RTVG), e moitas veces Xusto López Carril pechaba o seu programa, alá polas tres da mañán. O caso e que dempois de moitos anos de patear o rastro madrileño, mercadillos, tendas, o finado discoplay e un sinfín de lugares, xa fai pouco tempo asiñei varios CD,s no emule. Tras escoitalos todos eles, nadiña de nada, o meu gozo... nun pozo.
A letra era así:
"Dame a túa man
Levareite pola rúa
enseñareite cosas
que te farán pensar" (estribillo)
Viches aquel ve#blgtk08#llo
que camiña pola rúa
ten o pelo sucio
e a roupa rachada
.......
soio sigue camiñando
.........
con novas de onte
..............
Os parrafos que chegan o meu recordo están arriba escritos.
Non son moitos, pero a estrofa era moi
repetida. A voz dunha muller soia, acompañada coa guitarra acústica, un estilo idéntico o de Xocaloma.
Hai poucos años, nun viaxe en coche, escoitei a mesma melodia pero na fala inglesa, de ahí que posiblemente a canción sexa unha adaptación galega dunha coñecida - decoñecida pra min - tema anglosaxon.
Non sabedes ben canto desexo pdela escoitar de novo, pídoche humildemente axuda para dar con ela.
Sinceramente voso
Xose (ferrolán residente en Burgos)
Esto escribiuno Xose Maria Valle (14-04-2007 00:46)
2
ola:
Levo moitos anos en pamplona pero son de galicia toda a miña familia e de ala. Tou buscando a letra da cancion de xa se van as mariñeiros creo que a canta ana kiro pero non tou moy #blgtk08#seguro. Agradecheria que si sabrias dodnde ta mo diras gracias...a cancion que ti dis escoitina eu a amilla aboa, si me acorda sa yo direi avere que na canta e eu digocha vale? biquillos xose.
Esto escribiuno mady (21-06-2007 18:19)
3
A canción que anda buscando Xosé creo que a cantaba Mareira e titúlase Rúas da cidade. En ingles#blgtk08# é Streets of London e ten versión de Sinead O´connor, Harry Belafonte, Rapers against racism...
Esto escribiuno (18-10-2007 21:09)
4
Processor paypal said it would fine customers as much as 0 if they violate the company's policies aga#blgtk08#inst using the service for gambling, pornography or
porn gambling - http://www.eugamblers.com/