Club de Lectura Poio



O meu perfil
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo ano, nova obra, novo autor.
Agardámosvos, coma sempre!.Ata a noitiña.

Bicos
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 14-01-2015 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chinua Achebe

Achebe ,é considerado o escritor máis influinte de África. Naceu en Ogidi, sur de Nixeria, en 1930. Novelista, poeta e crítico literario, é sobre todo coñecido por , Todo se desmorona (Things Fall Apart), unha das novelas africanas máis leídas no mundo.

Era fillo dun profesor dunha escola misioneira. Desde 1944 Achebe asistíu ó Government College en Umuahia, como outros autores nigerianos importantes, tales como Wole Soyinka, Elechi Amadi, John Okigbo, John Pepper Clark, e Cole Omotso. Taén foi educado no Colegio Universitario de Ibadán, donde estudou Inglés, Historia e Teoloxía.
En 1953 graduouse con unha BA. Antes de entrar na Nigerian Broadcastin Company en Lagos, viaxou por África e América e traballou por un corto período de tempo como mestre. Na década dos anos sesenta foi director de servicios a cargo de A Voz de Nixeria.

Morreu en marzo do ano 2013 en Boston.




























Comentarios (0) - Categoría: Xa non hai acougo - Publicado o 14-01-2015 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
William Shakespeare

Segundo a Encyclopædia Britannica, «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o meirande escritor de tódolos tempos, figura única na historia da literatura.
A fama de outros poetas, como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas como Miguel de Cervantes, León Tolstoy ou Charles Dickens, transcenderon as barreras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuias obras [?] hoxe se len e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumplíuse polo tanto: "Shakespeare non pertence a unha sola época senón á eternidade".

William Shakespeare (Stratford-upon-Avon, Warwickshire, Reino Unido c. 26 de abril de 1564 xul. ? ibídem, 23 de abril xul./ 3 de maio de 616greg.) foi un dramaturgo, poeta e actor inglés. Este ano celebramos, polo tanto, ó 450 aniversario do seu nacemento.

Algunhas curiosidades de Shakespeare:

-Inventou un total de 1.700 verbas e expresións.
-Macbeth é a obra máis representada do mundo.
-Algúns investigadores afirman que non escribiu as suas obras.
-Deixoulle en herencia a súa dona a sua ?segunda mellor cama?.
-Máis de 60 personaxes finan nas suas traxedias...
Comentarios (0) - Categoría: Romeo e Xulieta - Publicado o 26-11-2014 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Boas a tod@s!:

Esta semana faremos entrega dun clasicazo da literatura. Agardámosvos!.Unha aperta.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-11-2014 10:48
# Ligazón permanente a este artigo
Desde este blog invitamos novamente a tódalas persoas que lle prace a lectura a que animen a participar no clube de lectura de Poio.

Faremos entrega dun novo libro, esta vez, do brasileiro Chico Buarque.

Unha aperta.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-11-2014 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Francisco Buarque de Hollanda, é un poeta, cantante guitarrista, compositor, dramaturgo e novelista brasileño. Naceu no seno dunha familia intelectual e privilexiada. O seu pai, Sergio Buarque de Hollanda, era un conocido historiador e sociólogo.

A sua actividade política contra a dictadura militar do Brasil provocou que fose arrestado en 1968.A partir deste feito decidiu exiliarse a Italia en 1969. Chico Buarque regresou o Brasil en 1970, donde empregou a sua fama e habilidade para escribir cancións como protesta contra a dictadura
Novelas
A banda (1966)
Fazenda Modelo (1974)
Chapeuzinho Amarelo (1979)
A bordo do Rui Barbosa (1981)
Estorvo (1991)
Benjamin (1995)
Budapeste (en español Budapest, 2003)
Leite derramado (2009)
Teatro
Roda viva (1967)
Calabar (1973)
Gota d'água (1975)
Ópera do malandro (1978)
O grande circo místico (1983, con Edu Lobo)
Cambaio (2003, con Edu Lobo)

As suas últimas novelas, Budapeste (2005) e Leite derramado (2009), foron aclamadas e merecedoras do importante Premio Jabuti.

Comentarios (0) - Categoría: Budapest - Publicado o 12-11-2014 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
O mércores 12 de novembro comentaremso a novela de Julian Barnes.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2014 08:22
# Ligazón permanente a este artigo
Julian Barnes
O novelista Julian Barnes naceu en Leicester, Inglaterra, o 19 de xaneiro de 1946. Tras estudiar no Instituto Ciudad de Londres e na Universidade de Oxford , foi lexicógrafo para o diccionario Oxford.

Antes de publicar a súa primeira novela, Metroland (1980), colaborou con medios como o New Stateman, o Sunday Times, The Observer e o New Yorker, como articulista, columnista ou crítico de televisión.

É autor de varias novelas, compendios de relatos, libros de ensaio... Suliñar que exerce de traductor de autores como Alphonse Daudet e Volker Kriegel.

Foi galardonado con moitos premios, entre os que destacan o premio E.M. Forster da Academia Estadounidense de Artes e Letras, o William Shakespeare da Fundación FvS de Hamburgo, o Médicis francés e o Premio Booker 2011 por The sense of an ending.
Comentarios (0) - Categoría: O sentido dun final - Publicado o 04-11-2014 08:19
# Ligazón permanente a este artigo
Boas a tod@s!

Por fin de volta!.
Hoxe comentaremos as lecturas do verán e entregaremos una nova novela...
So podo adelantar que se trata dun escritor inglés.

Agardamosvos!!
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-10-2014 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Suso de Toro.
Licenciado en Arte Moderno e Contemporáneo, é tamén guionista de televisión e colaborador habitual na prensa e na radio. Publicou máis de vinte libros en galego de narrativa, teatro e ensaio.

Entre as suas novelas destaca Trece badaladas, pola que recibíu o Premio Nacional de Narrativa en 2003.
A sua obra está traducida a varias linguas e foi obxectoo de estudo en diversas universidades europeas.

En abril de 2010 anunciou a sua retirada como escritor profesional, retomando a sua carreira de profesor de lingua e literatura galega.

Obra salientable:
Polaroid (1986). Premio da Crítica de narrativa galega
Land Rover (1988).
A sombra cazadora (1994).
Conta saldada (1996).
Calzados Lola (1997), Premio Blanco Amor.
Trece badaladas (2002) Premio Nacional de Narrativa de 2003.
Home sen nome (2006)
Xunto a esta breve biografía, engado un enlace do seu blog
http://susodetoro.blogaliza.org/
Comentarios (0) - Categoría: Calzados Lola - Publicado o 15-05-2014 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0