A bola extra


There is a train...
Por unhas cousas ou por outras son (fun máis do que son agora) bastante asiduo ao tren que fai o traxecto A Coruña/Vigo-Hendaia/Bilbo (ou A Coruña-Barcelona, que é outro que tal baila) ao que, como saberedes, onte lle pasou isto.


O que vou contar deseguido non é máis que unha simple anécdota, porque estou seguro de que todo aquel que utilizou algunha vez ese tren ten unha historia similar que contar, historias que derivaban na clara e evidente intuición de que o que pasou onte -e odio dicir esta frase-, tiña que pasar.
Foi este mesmo mes, o día 7, que era luns, para máis datos. Tiña que volver a Galicia o 6, pero o tren estaba completo. Ese día tamén ía ata arriba. Ata Monforte houbo apenas protestas polos típicos problemas de sempre: nin hai sitio para sentarse (algún viaxeiros fan traxectos enteiros de pé), nin hai sitio suficiente para deixar as bolsas de viaxe, nin funciona correctamente o aire acondicionado (era un día de moitísima calor) etc.
Cando chegamos a Monforte comeza a correr o rumor de que o tren non pasa de alí por culpa dun incendio entre Ourense e Santiago. Despois de moito caos e moita desinformación por parte do persoal de Renfe (que nalgúns casos estaban tan perdidos coma nós), reparten o pasaxe entre buses e taxis, e aos pasaxeiros con destino A Coruña se nos mantén nun vagón baixo un sol abrasador e sen aire acondicionado durante hora e media á espera de que chegue unha máquina diesel desde Ourense, pois ao parecer imos usar un vial alternativo que está sen electrificar, polo que xa non serve a máquina que nos trouxo ata Monforte.
Hora e media despois chega a máquina. O maquinista asómase pola cabina e recibe os vítores do persoal de Renfe que está no andén e que lle berra "Fernando Alonso! Fernando Alonso!" e "A las ocho en Coruña, eh?" (o tren debería chegar á Coruña ás 21:50, sen contar cos retrasos, claro). Un dos encargados de Renfe, escarallado de risa, vólvese cara a nós e confirma as sospeitas: "Le llaman Fernando Alonso porque tiene fama de ser como él pero con la máquina del tren".
Aínda que o pareza, non quero culpar ao maquinista do accidente de onte. Probablemente, o maquinista será tan só un traballador obrigado por Renfe a cumprir un horario se quere cobrar íntegro o seu salario a fin de mes. Pero quen se fai cargo de que un tren prehistórico que leva ata catro horas de retraso acabe chegando á Coruña con tan só media hora sobre o horario previsto? A que velocidade ten que ir ese tren para facer esa marca? Por que Renfe permite iso un día tras outro?

Comentarios (222) - Categoría: Xeral - Do 22-08-2006 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Hot Chip
Había ben tempo que un cd de música electrónica non me emocionaba tanto como o segundo traballo dos Hot Chip, que leva por título The Warning. Aínda que Boy from school parece ser o hit máis pinchado, a miña canción favorita é estoutro Over and over, que ademais de ser magnífica ten os trinta segundos iniciais nunha canción do mellor do ano:


Comentarios (6) - Categoría: Música - Do 16-08-2006 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O sétimo, oitavo e noveno!
Velaquí, por fin, os últimos tres microrrelatiños chegados ao noso correo electrónico e que entrarán a participar no concurso de clones de Manolo Rivas do que saberemos o ganador en poucos días.


O sétimo participante ten por alcume A Truca e envía este relatiño:




O moi fillo de puta chegou outra vez borracho coma un pelexo. Pegóulle de novo, coma sempre. Os berros oíanse fóra, o can comezou a oubear, e ela deixou de chorar para sempre.
Xuro que ei matar o desgraciado do meu pai cando medre.


Son Eue, pola súa parte, envíanos estoutro microrrelatiño:





O Ghumersindo


O Ghumersindo toma a raxeira na solaina da casa. É tarde. É verán. Vai unha brisiña perfumada de laranxeiras. O Ghumersindo ten 80 anos.

Pasa a Carmucha pola rúa. A Carmucha é a veciña do Ghumersindo. Parrafean un chisco. Rin. Comentan. Fala o Ghumersindo:

- Pois eu antes aínda tiña nombre, pero aghora xa son sólo "Usté, oe?".

A Carmucha ri. Abre a cancela o neto do Ghumersindo. 6 anos. A Carmucha:

- Ti, oes? Jonathan. E ti sabes como lle chaman a teu abuelo.

O neno pensa. Articula os contornos dun primeiro fonema coa boca. Solta:

- Homersimson, creo que.


Por último, Abella Mestra envía o noveno dos relatiños que entra a concurso:




MAR OCÉANA


Apenas había vento. Sempre o mesmo horizonte, como si o mar estivera pendurado do ceo, cunha liña longa e incansable.
Aquel silencio de encalmada estaba acompasado polo chío rítmico das madeiras de cuberta. O sol parecía vir de máis alá do ceo...

Respirou profundo collendo ar. Non ulía nada; nin o mar; nin a salitre; nin a madeira que estaba a aprodrecer de seca, baixo aquel sol do máis alá.

- Señor. Capitán!, houbo un silencio. A voz seguiu casi ó susurro.
- Non podemos máis.

Nese momento o ar trouxo memoria de imaxes. Primeiro lentas e cercanas: o cheiro a verdor da barrica das mazás; o azul do peirao o día que sairon; o ronsel de gaivotas ó lonxe. Logo máis rápidos; colocando o ovo en pe sobre a mesa, sin perder a vista dos ollos do Rei Fernando. Máis lonxanos; a dama loira de ollada triste tras da verxa. O día que lle aprenderon a navegar polas estrelas...

Por un momento sentiuse desnortado, cun vértigo tal como se o subiran de súpeto, no mastro máis alto da carabela. Unha dúbida lle presionaba o corpo dende o estómago, cortandolle o paso do ar; do sangue; de todo impulso nervioso. Dende o mastro, a cuberta víase inalcanzable. Deixouse caer ó vacío.

- Está ben. Reúna aquí a tódolos homes.

Un estalo urticante arredor do peito devolveuno ó mastro, para traelo de novo.

- Non perda o tempo!. Dixen que formaran os homes!

Somentes sairon seis homes -movéndose coma seis pantasmas- para formar seguindo a liña de sobra do mastro.
O contramestre buscou un aceno de aprobación do capitán, pero non atopou máis que un afogado "¡meu Deus!".
Houbo un silencio que fixo calar ata o renxer das madeiras.

O capitán deu un paso cara os homes, e o sol conseguiu zafarse de mastros, cabos e velas, para asolalo con toda a súa intensidade. As palabras secávanselle na boca. Un zunido coma o dunha avispa, cruzou pola súa cabeza pechándolle os ollos; nin tan siquera sentiu o seu corpo ó caer na cuberta.

A noite estaba tan calma como o día. Un frescor que nacía no mar, daba unha tregua e advertía do frío da madrugada. Un lixeiro marteleo nos cristais, -como si empezara a chover-, terminou por despertarlo. Abriu a fiestra do camarote. Pensou que a chuvia cando menos, voltaríalle o olor á auga. Seguía seco. Saliu a cuberta. A noite ulía a algo que non soupo identificar. As estrelas parecían moverse, como puntiños de luz voando no ceo. Unha desas luciñas posouselle na bocamanga ¡era un bagalume!. Caeu na conta de que ulía a verde… ¡se os bagalumes estaban no barco, a terra estaba moi cerca!



Sorte aos nove participantes!
O final está próximo!!!
(O final do concurso, enténdese...)


Comentarios (2) - Categoría: Concurso PseudoRivas - Do 15-08-2006 17:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
We didn´t start the fire!
Porque toda Galicia é un retén...

Comentarios (509) - Categoría: Música - Do 10-08-2006 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Outro ollo ao piollo!
Aviso a visitantes e participantes no concurso de microrrelatos:
Por problemas lúdico-técnicos (é dicir, que estou de vacacións e se me fodeu a conexión) A Bola Extra estará en suspenso ata ben entrada a próxima semana.
Os relatos que chegaron ao correo ata o 31 de xullo serán publicados a partir de entón e probablemente a mediados de mes daremos, por fin, o ganador do concurso e clon de Manolo Rivas.
Saúde!
Comentarios (243) - Categoría: Xeral - Do 04-08-2006 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
5 sitios públicos onde...
...acometería un acto étnico-afectivo-sexual, o que comunmente coñecemos como follacionar. Fantasías exhibicionistas, e tal. A entrada hot do verán na Bola Extra.

1. O ascensor de cristal do Centro Caixa Galicia na Coruña. Un pouco pedófila esta fantasía, pois remite directamente á miña paixón infantil por Willy Wonka e o seu ascensor de cristal. Este ascensor é diferente, porque mentres mollas tes unhas vistas ben bonitas do porto coruñés e dos Cantóns. Preferiblemente de noite, coa cidade bañada por unha luz tenue. Acabaría descargando contra o cristal empañado, como se realmente se tratase dunha performance de arte moderna. Como non fumo, ver unha exposición despois da fodenda, serviría como substituto.


2. O Castro de Baroña. Debería ser obrigatorio entrar na zona castros espido, igual que na zona praia, iso facilitaría as cousas. Pero non, hai que pasar dunha zona a outra en bañador para non asustar ás familias benpensantes que só van por amor á arte (castrexa). O meu sería, máis que amor, sexo á arte (castrexa). Adoezo por esperar agochado entre os restos á miña parella, saltar por riba dela coma un salvaxe, sentir o tacto da pedra no meu glande durante os xogos previos e metela en quente mentres vemos os arroaces nadar ao compás das acometidas.


3. A ponte de Rande. Sobre todo agora que sae máis barato. Resúltame excitantemente morbosa a monumentalidade da construción, en forma e contido, esa amalgama de sensacións que provoca o conxunto, a caída libre, as bateas, a ría, os coches excedendo aquí máis peligrosamente que nunca o límite de velocidade… A vida e a morte da man mentres fornicamos nun saínte da ponte, coas luces de Vigo pintadas ao fondo. Ao final, quixera descargar sobre a ría, ver caer despaciño o líquido elemento, coma un suicida, ata formar parte da auga que baña e alimenta a comunidade percebeira.


4. Os tipis da Alameda de Santiago. Non sei se seguen existindo estas casiñas indias para o xogo dos nenos que acolleron tantos e tantos bicos e magreos furtivos. De noite, cun silencio só interrumpido polos sons da lascivia propia e allea, sabendo que no tipi do lado tamén están traballando a semente, baixo a tutelaxe de Santa Susana e ás présas para non ser sorprendidos por policías ou voyeurs ebrios. E logo, evidentemente, dar un paseo pola carballeira, collidos da man, secando a suor, sorrindo complicemente... que un tamén é un romántico, que carallo!


5. San Andrés de Teixido. O acto sacrílego no adro da igrexa, cos acantilados de fondo, co son das voces das vendedoras de roscas atravesándonos. Quixera baixar a rolos espido ata a beira do mar. Quixera tocar figuras de cera e de miga de pan durante o clímax. Quixera acabar ao tempo que a parella e logo mollar as herbas de namorar na mestura de fluxos e líquidos corporais, por ver se o efecto é o mesmo que con outros sentimentos. Quixera que todos os anos se celebrara unha romaría para conmemorar o evento.
Comentarios (20) - Categoría: Xeral - Do 24-07-2006 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O FIB desde casa
Como non volverei nunca na vida a un festival de música que leve acampada gratuíta incorporada (como expliquei aquí), para min foi unha gratísima sorpresa ver que emitían o sábado, supoño que por esas cousas do interese xeral, supostamente en rigoroso directo desde o FIB de Benicàssim, o concerto de Morrissey en La 2.
Coñezo a xente que foi a Benicàssim só e exclusivamente por ver a Moz, quen non se prodiga moito en dar concertos por estas terras e quen, ademais, xa estaba no cartel do mesmo festival hai uns anos pero... non apareceu!
Desta vez si, pero mellor que non o fixera. Ante 30.000 espectadores in situ e unha cantidade supoño que maior desde as nosas casas, Morrissey ofreceu un pobre espectáculo, cun sentido do show nulo e unha voz desafinadísima que pedía a berros un filtro informático.


Afortunadamente, a habitual desconexión territorial dos sábados para ver esa xoia do audiovisual que é Desde Galicia para el mundo, nos privou de ver a parte final dun patético concerto no que o ex-cantante de The Smiths acabou cunha bandeira española enrolada na cintura (xa ao principio do espectáculo, aproveitando a cor vermella das camisetas dos músicos e a cor amarela da camisa do cantante se fixera unha broma sen graza ao respecto).
A anécdota máis graciosa do FIB, non obstante, non foi ver a Moz humillado pola súas propias cordas vocais, senón ver aos Garzón lendo o comunicado polo que, despois dunha amenaza de denuncia do xuíz por intromisión na súa imaxe, pasan a chamarse Grande-Marlaska.
Comentarios (2) - Categoría: Música - Do 24-07-2006 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Kapranos

Kapranos é "una fiera inquieta que me da mil vueltas" cando sae ao escenario e canta e toca a guitarra e se move desa forma e consigue que o público bote sen parar e tararee ata os rifs.
Desde onte, durante e despois do fastuoso concerto dos Franz Ferdinand en Castrelos, non deixo de ter pensamentos impuros nos que Kapranos me tararea ao oído o estribillo de Michael.
Creo que ata lle perdoo que cantaran case todo o repertorio dos seus dous discos, pero deixaran fóra a imprescindible Jacqueline...

Comentarios (2) - Categoría: Música - Do 21-07-2006 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O sexto!
Chegou xa o sexto dos participantes neste humilde concurso de microrrelatiños á maneira de Manuel Rivas que, insisto ante as críticas de que queremos tirar por terra a reputación do escritor, facemos en respectuosa homenaxe ao Rivas e en conmemoración da saída da súa última novela Os libros arden bad.
Neste caso é o Manda Ponzonha quen nos envía o seguinte relato:




De Antinomias


Adolfo en tenis semella un lunático con escafandra, un astronauta con pel de buzo.
Leva dúas semanas camiñando unha hora pola mañá; foi o que lle dixo o médico. El respecta ó médico, tenlle medo a outra fin do mundo onde o sol latexe daquel xeito e onde o chan, pegado ó nariz, acolla o seu sangue de novo.
Adolfo en tenis. Adolfo pola senda, a traveso do parque. Adolfo camiñando. Adolfo triste xubilado; antinomias.


Sorte Manda Ponzonha!
Ánimo aos demais futuros participantes, que xa queda pouco!
Comentarios (1) - Categoría: Concurso PseudoRivas - Do 21-07-2006 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O cu de Buenafuente

Houbo un tempo en que Buenafuente, que facía un programa diario na TVC, fronte á crecente fama do seu humor amable e intelixente e aos evidentes síntomas de desgaste do mesmo, preferiu modificar o seu formato, facer o programa semanal e manter así a súa esencia. No nome desta mesma esencia, rexeitou ofertas substanciosas de canles nacionais durante moito tempo, deixando a todos abraiados pola súa modestia.
Logo chegou Antena 3 e todo foi ao carallo.
Hoxe, cando Buenafuente é omnipresente (ademais do programa e de ser co-propietario de La Sexta, colabora en prensa, radio, internet, cine e teatro) e hai todo tipo de merchandising do que era a súa esencia (libros, revistas de cómic, cds, bonecos, series para os móbiles, tangas etc...) faise moi duro lembrar que algún día pensamos que Andreu era unha persoa atípica dentro do mundo da televisión.
Pois non, era igualiño aos demais. Ten cu, coma todos, e bastante feo, coma case todos. Iso podemos comprobalo nas fotos roubadas que esta semana publica o semanario sensacionalista Sorpresa! dun Buenafuente espido mentres muda o seu bañador mollado por un seco nunha praia de Ibiza.
Buenafuente reacciona con furia chinesa na súa blog á publicación destas fotos, probablemente sen pararse a reflexionar que hoxe por hoxe é unha figura superpública, que el consentiu e acatou o proceso de creación desa imaxe e que vende. Vende móbiles, vende libros, vende bonecos de El Neng e, por suposto, vende revistas do corazón.
Debería aceptar con humor as fotos, sobre todo se temos en conta que non é a primeira vez que el mesmo ridiculiza os roubados doutros famosos no seu programa.
Persoalmente, prefiro que esteamos a falar dun espido dunha persoa normal e traballadora, que non do enésimo pousado estival de Ana Obregón. Espero que as revista do corazón sigan por este camiño e nas próximas semanas nos ensinen os espidos veraniegos de Punset, Antonio Gasset e Matías Prats.
Comentarios (8) - Categoría: T.V. - Do 19-07-2006 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui








Peter, Bjorn and John:
Young folks
Scissors Sisters:
Don´t feel like dancing
Pet Shop Boys:
Minimal
Cansei de ser sexy:
Meeting Paris Hilton
Muse:
Starlight
Phoenix:
Long distance call
Belle & Sebastian:
White Collar Boy
Hot Chip:
Arrest yourself
Midlake:
Roscoe
James Figurine:
55566688833




abolaextra@terra.es
 ANTERIORES
 Buscador
 Categorías
 Arquivo

"Eso no lo he dicho yo, eso lo dijiste tú, eso lo pensé yo pri-me-ro" (Feria)
© by Abertal