BOEDENSE





Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do Galego

Creative Commons License





EU SON
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

OUTRA VACA NO MILLO....CLUBE FINANCIEIRO DE VIGO




Outra vaca no millo....primeiro foi Tan Gallego como el gallego. Despois Galicia Bilingüe. Logo as mentes preclaras capitaneadas por Savater no seu "Manifesto pola Lingua Común" e agora o "distinguido" Clube Financieiro de Vigo alza a voz para protestar pola política lingüística do bipartito. Velaquí afirmacións de tan lúcidas mentes:

“as posibilidades de escolarización en español para os nenos de Ensino Primario e de lingua materna castelá son practicamente nulas”


"o español desapareceu ou ocupa un lugar residual pois a lingua vehicular é o galego; as materias troncais impártense nesa lingua, tendo o castelán tratamento de lingua estranxeira”

Só facía falla que un goberno galego se preocupase pola normalización do idioma para descubrirmos as verdadeiras intencións de certos grupúsculos hostís ao noso idioma. Carautas fóra! Xoguemos coas cartas descubertas!

ADDENDA
4/9/2008: Fortes disensións internas sobre o comunicado do Clube Financieiro de Vigo.

4/9/2008: A Universidade de Vigo, Caixanova, Concello de Redondela e Concello de Vigo -todos eles socios do Clube Financieiro de Vigo- expoñen o seu descoñecemento do documento do Clube Financieiro e desmárcanse dos seus postulados.

5/9/2008: A Xunta atribúelle ao Clube Financieiro de Vigo "prexuízos" contra a súa acción política.

5/9/2008: As linguas facilitan os negocios, informe do Foro Empresarial do Multilingüismo, creado pola Comisión Europea. Velaí unha réplica argumentativa contundente dos empresarios europeos á cavernarias reflexións do Clube Financieiro vigués.

(Fonte da imaxe: web da Fundación Caixa Galicia)
As linguas facilitan os negocios (Foro Empresarial sobre Multilingüismo)
Comentarios (0) - Categoría: A comunidade internauta - Publicado o 02-09-2008 21:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
MANIFEST CATALÀ, LLENGUA COMUNA




Os detractores dos avances normalizadores das linguais cooficiais vasca, catalá e galega aducen a presenza dunha cada vez máis notoria poboación inmigrante para relegar as devanditas linguas a papeis subsidiarios.

A este respecto, pareceume pertinente subir este manifesto asinado en Catalunya o día 23 de abril de 2008 polas 23 asociacións de inmigrantes máis representativas. O manifesto titulado "O catalán, lingua común" destaca o papel integrador deste idioma en Catalunya e reivindica o dereito dos inmigrantes a viviren en catalán. As nosas beizóns aos seus impulsores.



Plataforma per la Llengua
Plataforma per la Llengua (canle en Youtube)
Comentarios (0) - Categoría: Linguas minoritarias e minorizadas - Publicado o 26-08-2008 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ESPAÑA-RUSIA, CUARTOS DE FINAL DE BALONCESTO




En pleno entusiasmo polos resultados dos Xogos Olímpicos, recibo a seguinte imaxe que me deixa perplexo. Trátase do comentario á derrota da selección española de baloncesto contra a rusa nos cuartos de final. A crónica feita dende un sentimento de orgullo patrio agocha incisos ben curiosos: "rubísimas y guapísimas, por cierto" (en alusión ás rusas).

O máis criticable da crónica é que emane dende un ente público, a TVE. Que opina a ministra de Igualdade da devandita nota informativa?
Comentarios (1) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-08-2008 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
SOFTWARE LIBRE E O GALEGO



Internet está a provocar unha auténtica revolución na humanidade. A súa existencia posibilita a comunicación instantánea a custes marxinais case que nulos e por múltiples vías (correos electrónicos, mensaxería, blog, microblog, voz, podcast, videowebs, fotowebs...) que dan como resultado unha contorna que facilita a colaboración masiva entre iguais. E, como en calquera revolución que a Historia presenciou, a orde establecida está a mudar substancialmente á vez que esta tecnoloxía penetra, obrigando a adaptarse a case que calquera, tanto persoas como organizacións. A colaboración está acadando graos insospeitados, xa non só polo cantidade senón porque maioritariamente é de tipo voluntario. Sermos conscientes disto axudaranos a situarnos na punta de lanza da sociedade do futuro.

Os exemplos de iniciativas que souberon aproveitar esta nova situación igualitaria e colaborativa son moitos e diversos. Linux e o Software Libre coas licenzas que dan permisos para copiar, modificar e distribuir con tal de manter inalternadas esas liberdades a favor da sociedade xeral, están perfectamente adaptados á contorna colaborativa e de traballo en rede propiciada por Internet. As tecnoloxías libres son abertas, enriquecedoras, colaborativas, construtivas e aínda poderíamos incluir varios adxectivos máis. A Wikipedia, enciclopedia descentralizada, aberta á participación comunitaria, estanos amosando o rico e doado que é a compartir coñecemento. Con certeza, Linux, Software Libre, Wikipedia e tantos máis están medrando con Internet e servindo de exemplo de éxito, demostrando que a colaboración masiva existe, é posible e rendible para a comunidade.

Como podemos aproveitar esta oportunidade para favorecer á nosa lingua? Ben sabemos que o galego leva sufrindo o trato minorizado durante séculos namentres a súa evolución natural l, o portugués, acadou auxe alén dos mares estendéndose entre millóns de persoas. Agora, grazas a Internet, a nosa relación coa "comunidade" amplíase. Podemos irmandarnos coa lusofonía comunicándonos en galego así como abrir novas canles coa nosa familia emigrante. Alentar o seu uso en todos os frentes onde a rede estea ao noso alcance pode e debe provocar un efecto incentivador que retroalimente o desexo a "falar e escribir en galego". Como integrantes da comunidade internauta debemos ter presente que está nas nosas mans colaborar e actuar a prol de incentivar á nosa lingua, como cultura propia, como parte da nosa personalidade.

(Artigo de Roberto Brenlla, para Diario de Carballo)

(Vídeo extraído da TVG e hipervínculos incluídos por nós)
Roberto Brenlla
Comentarios (2) - Categoría: Lingua galega e Internet - Publicado o 15-08-2008 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
ISABEL QUINTAIROS




Os españois son iguais ante a Lei, sen que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social

(artigo 14, capítulo II. Dereitos e liberdades da Constitución Española)

Semella curioso que os altos dirixentes da COPE descoñezan a Constitución, unicamente naqueles casos en que lles interesa. Os nosos parabéns a Isabel pola sentencia favorable á súa readmisión.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-08-2008 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
GALEGO COMO DIALECTO




O galego e o catalán son dialectos, non son idiomas. Ese son declaracións do ex-xogador deportivista Sergio González. Agora xa descubrín por que o citado xogador se dedicou ó mundo do fútbol. Outro oficio causaríalle un grande fatiga intelectual... ¿Pódese ter un nivel cultural aceptable e xogar ó fútbol de elite? Agás Valdano e poucos futbolistas contados os futbolistas non se caracterizan pola súa capacidade intelectual.
Comentarios (0) - Categoría: Conflito lingüístico - Publicado o 14-08-2008 16:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VACACIÓNS
Cultura Quente. Troula na Banda. Festival Folk de Vilariño. Festas do Cristo. Festival Intercéltico do Morrazo, festa do Albariño....e algunha festa máis que esquezo. Un calendario que me terá ocupado durante o mes de agosto, alén do traballo nunha ludoteca da comarca. Veremos que resiste o corpo!!!!

P. S: Durante este mes entrante vou tomar unhas pequenas vacacións co blog. Agardo que os lectores non se molesten comigo nin que comecen a festexar desaforadamente a miña ausencia estival. VOLVEREI.
Comentarios (4) - Categoría: A comunidade internauta - Publicado o 28-07-2008 22:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
O BLOGMILLO A ESTUDO




Mergullándome pola rede atopei este estudo sobre o blogmillo realizado por Manuel Gago, Silvia Canabal, Xosé López et alii para a Universidade de Santiago con motivo dos ENBLOGS 2006. Lamentablemente, o mundo dos blogs está en continuo desenvolvemento e o estudo xa precisa outra nova actualización dende 2006 a 2008. Trátase, pois, dun ameno estudo ao fenómeno blog no noso idioma. Moi aconsellable a súa lectura. Beizóns aos seus autores.
Comentarios (10) - Categoría: A comunidade internauta - Publicado o 23-07-2008 19:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
© by Abertal

Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis