Os españois son iguais ante a Lei, sin que poida prevalecer discriminación ningunha por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
(Constitución Española, capítulo II, artigo 14).
Estupor. Asombro. Perplexidade. Dor en todo o corpo. Todas estas sensacións véñenme ao ler unha nova xestada en Alcorcón (Madrid).
Segundo as fontes consultadas, o xuíz de Alcorcón AMEAZA a unha nai con retirarlle a potestade das súas fillas ante a súa decisión de cambiar de residencia, dende Alcorcón ata Vigo.
"las menores han estado escolarizadas desde hace muchos años en el Colegio Amanecer, de Alcorcón, para ahora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión en un sistema escolar en lengua gallega, una lengua distinta a la que han sido escolarizadas hasta ahora, que más allá del ámbito de aquella Comunidad Autónoma, no se aprecia tenga ninguna otra utilidad práctica” (Xornal de Galicia).
O ditame do xuíz pode crear un perigoso precedente na xurisdición española para as realidades galegas, catalá e vasca polas súas declaracións claramente discriminatorias. Asemade, consideramos realmente inadecuado o concepto da "utilidade práctica" dun idioma por estar suxeito a criterios cuantitativos. Unha reflexión pseudofilosófica que implicitamente lle nega o dereito a existir ás linguas minoritarias contravindo, deste xeito, o propio ordenamento xurídico español.
D. Inés de Castro era unha fidalga galega, de rara fermosura, que formou parte da comitiva da infanta D. Constanza de Castela, cando esta, en 1340, se trasladou a Portugal para casar co príncipe D. Pedro (1320-1367).
A beleza singular de D. Inês despertou desde logo a atención do príncipe, que chegou a apaixoarse profundamente por ela. Desta paixón naceu entre D. Pedro e D. Inés unha relación amorosa que provocou escándalo na Corte portuguesa, motivo polo que o rei resolveu intervir, expulsando do reino a Inês de Castro, quen veu a instalarse no castelo de Albuquerque, na fronteira de España.
D. Constança morre de parto em 1345 e a relación amorosa entre D. Pedro e D. Inés estréitase aínda máis: contra a determinación do rei, D. Pedro manda que D. Inés volva a Portugal e instálaa na súa propia casa, onde comparten unha vida conxugal, da que nacen catro fillos.
Os conselleiros do rei, que se deran de conta das atencións con que o herdeiro do trono portugués recibia aos irmáns de D. Inés e outros fidalgos galegos, notificáronlle a D. Afonso IV aquel estado de cousas e para os perigos que poderían derivar desa circunstancia: sería natural presaxiar a posibilidade de vir a crearse unha influencia dominante de Castela sobre a política portuguesa.
Así persuadiron ao rei de que ese perigo poderia afastarse definitivamente, de cortan pola raíz a causa real dese perigo: a influencia que D. Inés exercía sobre o príncipe D. Pedro, que un día viría a ser rei de Portugal. Para iso seria necesario e suficiente eliminar D. Inés de Castro.
O problema foi discutido na presenza dos conselleiros do rei en Montemor-o-Velho, e aí ficou resolto que Inés sería executada sen demora.
Cando D. Inês soubo desta resolución, presentouse diante do rei, rodeada dos fillos, para implorarlle misericordia, unha vez que ela se consideraba exenta de calquera culpa. As súplicas de Inés só momentaneamente apiadaron a D. Afonso IV, quen entretanto se desprazara a Coimbra para que se cumprise a deliberación tomada.
A execución de D. Inês efectuouse o 7 de Xaneiro de 1355, segundo o ritual e as prácticas daquel tempo.
Anos despois, en 1360, D. Pedro I, xa coroado rei de Portugal, xurou, perante a súa corte, que casara clandestinamente com D. Inês un ano antes da súa morte.
O tema dos amores de D. Inés e da súa triste morte interesou a grande número de poetas e escritores de varias épocas e de varias nacionalidades, e pode dicirse que se contan por centenas as obras literarias en que o tema foi tratado.
De entre todas distinguiremos algunhas de cada país que nos parece mereceren alusión especial.
Alemaña
- Inez de Castro, traxedia, de F. H. Thelo;
- Inez de Castro, traxedia, de Grottfried von Böhm;
- Inez de Castro, drama, de Joseph Lauff.
Francia
- la reine du Portugal, traxedia, de Fermin Didot;
- Inez de Castro, traxedia, de Antoine H. de Lamotte;
- Inez de Castro, melodrama, de Victor Hugo;
- Inez de Castro, novela, da Condessa de Genlis;
- La reine morte, drama, de Henri de Montherlant.
Holanda
- Inez de Castro, traxedia, de Rhynius Feith.
Inglaterra
- Inez, the bride of Portugal, traxedia, de Neil Ross;
- Agnez de Castro, traxedia, de Catherine Cockburn;
- Ines de Castro, drama, de Mary Russel Milford;
- Agnes de Castro, traxedia, de Lady Sound;
Itália
- Ines de Castro, traxedia, de Davide Bertolotti;
- Ines di Castro, drama, de Luigi Baudozzi;
Portugal
- A Morta, drama, de Henrique Lopes de Mendonça;
- Nova Castro, traxedia, de J. José Sabino;
- A Castro, traxedia, de Domingos Reis Quita;
- Inez de Castro, romance, de Mendes Leal;
- A Fonte dos Amores, poesías, de Sousa Viterbo;
- D. Pedro e D. Inês, romance, de Antero de Figueiredo;
- D. Inez de Castro, poemeto, de Eugénio de Castro;
- A Castro, traxedia em cinco actos e em verso solto, da autoria do poeta António Ferreira (1528-1569), que é xeralmente considerada a obra-prima do teatro clásico portugués. Esta obra ten por assunto os amores e a triste morte de D. Inês de Castro, que o autor trata con verdadeira mestría. De entre todas as escenas merece atención especial aquela en que o coro anuncia a Inês a terrible sentenza da morte que a agarda.
- O escritor português Almeida Garrett (1799-1854) considera os coros de «A Castro» de António Ferreira superiores a moitos coros das traxedias da Antigüidade.
- Inês de Castro é tamén unha ópera da autoría do compositor portugués Rui Coelho (n. 1881).
- Inês de Castro é aínda unha estatua de mármore da autoría do escultor português José Simões de Almeida (1880-1950).
- Pedro e Inês, serie televisiva apresentada em 2005, da autoría de Francisco Moita Flores.
Tradución ao galego do artigo:
Inês de Castro. In Infopédia [Em linha]. Porto: Porto Editora, 2003-2010. [Consult. 2010-02-06].
Disponível na web http://www.infopedia.pt/$ines-de-castro,3
Fonte da imaxe: http://1.bp.blogspot.com/_DGBdCQ5OvQU/R1BHG9tnROI/AAAAAAAAAEI/Ij4-emNp1o0/s1600-R/ines_de_castro.jpg
ANSELMO LÓPEZ CARREIRA: "A desaparición do Reino de Galicia na historia de España" in Ciclo ECONOMÍA E HISTORIA DA GALIZA, organizado pola Agrupación Cultural O Facho na Coruña, 10 de novembro de 2009.