Para celebrarmos o Día da Paz no IES Monte Castelo fixemos actividades durante toda a semana. Diferentes profesoras/es colaboraron nestas actividades e participaron na biblioteca. A resposta foi moi positiva e agardamos que estas ideas estean presentes sempre.
Unha profesora elaborou estas actividades. Se vos interesan podedes velas aquí e aquí.
Ademais o alumnado de diferentes cursos leu en público textos que elaboraron sobre a paz.
Na sesión do club de lectura desta semana lemos poemas para reflexionarmos sobre a paz e a situación de desigualdade e inxustiza no mundo.
Tamén vimos vídeos de diferentes cancións.
"Mi rosa de la paz" de Amaral
O poema "Irmaus" de Celso Emilio Ferreiro musicado por Fuxan os ventos.