Pro-postas


Sugata Mitra: como os nenos aprenden entre eles
Categorías: vídeo-charla

Duración: 20 minutos
Fonte: Carlos de Paz (Twitter) e o blogue "Planeta educativo" http://www.aulablog.com/planeta/

Esbozo do contido: No seguinte vídeo, o Dr. Sugata Mitra, da India, cóntanos sobre cómo diferentes experiencias didácticas na India, especialmente nalgúns dos seus emprazamentos máis empobrecidos, demostran que os nenos e nenas son capaces de aprender por si mesmos grazas a un equipo informático e unha conexión a Internet. Quere demostrar tamén que, pese ás diferenzas políticas, culturais e económicas das diferentes sociedades, o xeito de aprender non difire moito.

Pódese subtitular ao castelán ou ao portugués nos mandos xusto debaixo do vídeo.

Categoría: 4- Novas - Publicado o 14-09-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Wordle. Para crear nubes de palabras

Categoría: linguas - utilidade didáctica - observación

Como primeira pro-posta do curso que estamos a comezar preséntovos unha utilidade na rede que podemos traballar cos nosos alumnos e alumnas para facer observacións e análises rápidos de textos.

No espazo web podemos introducir un enderezo (dun blog ou dunha páxina web, pero poñendo a referencia RSS) ou copiar/escribir directamente un texto. O que fai a utilidade en cuestión é sacar unha nube coas palabras máis utilizadas, destacando co tamaño (de maior a menor) as que figuran máis veces. Logo podemos eliminar aquelas que non teñan valor para a observación (se é o caso), e por último gardar a nube como imaxe para imprimir, colgar nun espazo web ou distribuir por correo electrónico.

A imaxe que ilustra esta pro-posta é precisamente a nube que creou a partir deste mesmo blog.

Enderezo: http://www.wordle.net/



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-09-2010 20:16
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal