Pro-postas


III curso temático sobre educación infantil na Mariña.
Categorías: novas - eventos - Ed.Infantil

Onte, sábado 26 de setembro de 2009 foi un día especialmente interesante para a educación infantil deste país ao coincidir no tempo dous eventos importantes que congregaron a numerosas e numerosos especialistas desta etapa educativa. Por unha banda celebráronse en Santiago os "VII Encontros de Educación Infantil", mentras que en Ribadeo desenvolveuse o "III curso temático sobre educación infantil na Mariña".

Tiven o pracer de participar neste último, organizado polo IES Dionisio Gamallo Fierros, o Departamento de Servizos Socioculturais á Comunicade e a Concellaría de Muller, Educación e Cultura do Excmo. Concello de Ribadeo.

A temática que enmarcou esta xornada foi o tratamento que sobre a infancia fan os medios de comunicación social. Pero ademais houbo espazos para a reflexión sobre o modelo educativo que deben de ter as escolas infantís de 0 a 3 anos.

Durante o desenvolvemento da xornada quedou clara a preocupación e o interese das/os profesionais da etapa educativa, estudantes, formadores e profesionais da intervención sociocultural por mellorar día a día a súa labor.

Grazas á organización por permitirme ter participado.

No seguinte enlace podedes ver o tríptico do acto onde figura o programa de sesións.

Triptico


Categoría: 4- Novas - Publicado o 27-09-2009 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
Catálogo de recursos didácticos da Web 2.0

Categorías: recursos - ensino - web 2.0

A web 2.0 representa unha importante fonte de recursos didácticos. O inconvinte é que están repartidos en tantos espazos web que en moitas ocasións perdemos as referencias para localizalos.

Este catálogo é unha moi útil contribución para facilitarnos o acceso a cada recurso.

Pero non só iso, ademais nos presenta unha ficha de cada modalidade explicando as posibilidades didácticas e as mellores ferramentas libres para traballar.

Claro exemplo de como Internet é un medio cheo de xente xenerosa que nos facilita o traballo diario compartindo os seus coñecementos e o seu tempo.

Enderezo: http://www.unir-postgrado.com/wiki/index.php/Portada


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 27-09-2009 22:17
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto XOGAMOS?
Categorías: ferramentas autor - ensino - galego

De novo unha proposta de ferramentas de autor "feito en Galicia". Os compañeiros Felo Couto, Fran Macías e Xosé Antón Vicente ofrécennos xenerosamente este material para poder crear materiais para o ensino. Na páxina web do proxecto temos a información precisa para utilizar esta aplicación (realmente é unha combinación de aplicacións) para xerar xogos e actividades.

"O proxecto XOGAMOS? posibilita aos mestres a realización sinxela dun xogo de preguntas, mesmo sen avanzados coñecementos técnicos, de programación, de internet, etc... grazas a un editor que facilita a creación de variados tipos de xogos de preguntas.

O resultado é unha aplicación en formato de xogo, mais atractivo para os alumnos.

Ao mesmo tempo que XOGAMOS? permite crear un xogo de preguntas sinxelo e configuración do aspecto gráfico do xogo, o programa non está pechado a maiores posibilidades por parte dos usuarios mais avanzados (taboleiros, movementos, sons, imaxes, vídeos, conexión a scripts de servidor, etc.), ademais de permitires compartir paquetes de preguntas e aspectos de xogos entre os mestres para adaptalos, amplialos, etc.

Entre as vantaxes que atoparemos ao realizar o noso xogo de preguntas están:

- Como ferramenta de autor, permítenos que sexa a actividade a que se adapte ao alumno/a (ou grupo) e non os alumnos á aplicación.
- O carácter lúdico do xogo aumenta a motivación dos alumnos.
- A accesibilidade é completa para todo tipo de usuarios.
- Xera un informe final co que o mestre coñece os erros do alumnado para
establecer medidas de corrección axeitadas."

Enderezo: http://www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos/index.html


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 21-09-2009 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
O profesorado ante a integración educativa das TIC
Categorías: formación do profesorado - aula - tic


Na miña búsqueda de materiais para a reflexión sobre o papel do profesorado e as tecnoloxías da información e a comunicación atopei este artigo interesantísimo que aporta moitos elementos para que cada quen vaia configurando o seu perfil dentro do marco das TIC e o ensino.

Podémolo atopar no espazo que a revista "Quaderns Digitals" ten na Rede. Como sabedes esta é unha veterana publicación adicada as TIC educativas.


Autora:
· Dra. Monsalud Gallardo Gil.Facultad de Ciencias de la Educación.Universidad de Málaga (España).

Enlace ao Artigo





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 11-09-2009 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Escola 2.0
A raiz da implantación anunciada polo Goberno do Estado do Plan Escola 2.0 polo que se dotará aos alumnos e alumnas dende 5º de educación primaria a 2º da ESO de ordenadores portátiles, así como encerados dixitais e conexións a internet para as aulas, complementado coa formación do profesorado (?), están xurdindo moitas dúbidas e interrogantes entre o profesorado e as familias.

Para ir iniciandose no tema e poder participar no necesario debate que se ten que producir propóñovos algúns artigos e enderezos onde podedes ter información e onde podedes ver algunhas opinións que a medida está a suscitar.

· Información do Goberno.
· Web "Moscas en la sopa".
· Artigo no País.
· Artigo en Público.
· Blog "Innovación educativa".


Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 04-09-2009 18:33
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal