Pro-postas


Conversor de PowerPoint a vídeo
Categorías: imaxe - recursos - conversor

A segunda pro-posta é un conversor de presentacións en powerpoint a vídeo, podemos escoller os formatos de saída (avi, mpeg e outros), poñerlle son ou utilizar o orixinal da montaxe, e outras configuracións coas que podemos experimentar.

Tamén permite darlle un valor de tempo a todas as diapositivas ou facer o pase manualmente para que quede personalizado ó noso antoxo.

Moi útil para poder pasar as presentacións a DVD e poder reproducilas nunha TV convencional.

Baixar o programa


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 27-09-2008 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Conversor de arquivos flash a vídeo
Categorías: imaxe - recursos - conversor

A petición de Fran van un par de pro-postas de conversores "libres" e gratuítos de imaxen que se complementan perfectamente coa proposta do conversor de presentacións a flash que vos fixen fai un par de días...

O primeiro: para que poidades pasar as vosas creacións e as dos vosos alumnos/as en flash(ou mesmo os recursos que baixades de internet) a formato avi de vídeo.

De momento só traballa a imaxe, non o son... :-(
pero sempre se pode engadir logo cun editor de vídeo.

Pode suceder as veces que o arquivo swf teña o seu propio reproductor integrado, o que vai a dificultar a conversión. A min pasoume. Sen embargo os arquivos normais non dan ningún problema.

Probádeo, merece a pena.


Dende softonic:
http://swf-avi-converter.softonic.com/

Páxina do autor:
http://www.pizzinini.net/projects/swf2avi/


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 27-09-2008 20:47
# Ligazón permanente a este artigo
Kompozer. Alternativa libre a Frontpage

Categorías: aplicacións - edición web

Propóñovos hoxe un programiña libre moi currado que nos permitirá eliminar definitivamente o frontpage ou o dreamweaver do noso equipo, permitíndonos traballar moi comodamente coas páxinas web en formato html. Aínda que orixinariamente está en inglés, na súa páxina oficial podemos baixar un paquete de linguaxe que o traduce totalmente ó castelán.

O mellor de todo é que a instalación do programa é totalmente limpa e transparente. Se baixa nun arquivo "zip", se descomprime na carpeta que se queira e listo para funcionar.

Para os/as que teñades experiencia xa con programas libres de edición web comentarvos que é unha versión retocada e mellorada de Nvu.


Baixao de aquí:
http://www.kompozer.net/


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 24-09-2008 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Vídeo de Amnistía Internacional
Categorías: Recursos - valores - solidariedade

Un vídeo moi útil para traballar nos centros educativos con moitas posibilidades didácticas a priori e a posteriori. Creo que non precisa moitos máis comentarios...




O enderezo en Youtube é:

http://es.youtube.com/watch?v=VzdzYlUhOLQ


Categoría: 4- Novas - Publicado o 19-09-2008 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando co tempo
Categorías: sociais - matemáticas

No espazo "hora.es" podemos non só saber en que minuto vivimos senón comparar con calquera cidade do mundo, tanto das propostas desplegables que nos ofrece coma no buscador que ten. Ademais nos indica se a localidade solicitada está no horario de verán ou de inverno.

Moi útil para traballar como complemento dos mapas, para facer os cálculos das diferencias horarias e comparalo coas distancias.

Está en castelán.


http://www.hora.es/

Outra páxina similar é:

http://www.tutiempo.net/Tierra/Huso_Horario.php



Categoría: 7- Recursos - Publicado o 12-09-2008 17:50
# Ligazón permanente a este artigo
Imaxes da Terra das últimas 24 horas
Categorías: sociais - observación

Hai moitas páxinas con imaxes vía satélite, pero poucas tan clariñas e rápidas como a que vos pro-poño. Podedes atopar imaxes globais do Planeta Terra así como específicas do continente Europeo, pero tomadas nas últimas 24 horas. Ben clasificadas non fai falla darlle moitas voltas para atopar o que precisedes para traballar co voso alumnado.

A calidade-resolución das imaxes é moi aceptable.


http://www.fvalk.com/day_image.htm






Categoría: 7- Recursos - Publicado o 12-09-2008 17:30
# Ligazón permanente a este artigo
Conversor de presentacións a Flash
Categorías: utilidades / conversor-flash / imaxe

Esta utilidade que vos presento incorpórase ó programa de microsoft (con perdón) "Power Point" como unha barra de ferramentas e permite convertir as presentacións multimedia feitas con éste en arquivos swf de flash. Unha utilidade interesante pensando en que é o programa máis utilizado polo profesorado, polo menos ata o de agora.

É importante destacar que garda tamén o son e os enlaces que teñamos establecidos.

Así poderemos colgar os arquivos flash en calquera web, blog ou mesmo nos servidores da intranet do centro ou mesmo nun CDrom. Por suposto ocupan moito menos e teremos todo o material nun só arquivo.

Agradecementos: A Álvaro Pérez Vilariño que nos pasou a información do mesmo nunha actividade formativa.


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 05-09-2008 13:49
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal