Pro-postas


Feliz aniversario, Peixe Encarnado
Categorías: xogo - infantil

Se es profe de educación infantil ou pai/nai de cativos nesta idade non podes perderte este espazo que ademais está de aniversario. Dez anos propoñendo proxectos de experimentación lúdica para a infancia.

Non vou a facer unha descrición do sitio, non se pode, é un pracer incluso para os adultos poder investigar cada unha das propostas. Non hai instrucións, nin textos, nin normas, só a imaxe e o son como motivación para o goce.

!!!Felicidades!!!, “Peixe Encarnado”

Ollo, é aditivo, pero merece a pena engancharse.

Título orixinal do espazo: POISSON ROUGE
Enderezo: http://www.poissonrouge.com/



Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 15-07-2009 12:36
# Ligazón permanente a este artigo
Texto a voz sobre web
Categorías: utilidades - son

VOZME

No proceso de aprendizaxe da lectura e da escritura hai momentos nos que a persoa precisa de certa autonomía para investigar e xogar cos códigos, cos sons e coas palabras. Hoxe por hoxe hai varias ferramentas dixitais que nos permiten mellorar este proceso, como por exemplo esta que vos propoño nesta nova e que permite converter calquera texto que escribamos en voz. Así os nenos e nenas poden comprobar por sé mesmos o son dos textos que estean creando.

Esta ferramenta funciona directamente dende web.

Podemos escoller entre voz masculina ou feminina, e tamén o idioma. De momento non hai galego, pero podemos probar coa entoación castelán e/ou a portuguesa.

O son créase case instantaneamente, se o texto non é moi longo, e logo permítenos gravalo no noso equipo en formato mp3.

Enderezo: http://vozme.com


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 15-07-2009 10:47
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal