Pro-postas


Apuntes e multimedia
Un profe, Santiago Pérez, ten dende fai xa bastante tempo un espazo onde pon os apuntes que utiliza cos seus alumnos. Todos eles teñen que ver co traballo ca imaxe en movemento, tanto en formato vídeo como a través da animación (2D e 3D).

Poño este enderezo para aqueles que me pedides colaboración para a autoformación en edición dixital de vídeo. Hai varios documentos de interese.

Grazas a Santiago pola súa xenerosidade.

O enderezo é:

http://personales.ya.com/sagopj/webapuntes/apuntes.html


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 17-06-2008 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional

Categorías: Espazos web - ensino - lecer

Non deixedes de mirar este espazo da "Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional" para enterarvos do interesante traballo que están a desenvolver no país. E precisamente agora que os rapaces e rapazas teñen máis tempo para xogar e divertirse entre iguais podemos contar coa súa colaboración naquelas actividades programadas que pensemos desenvolver dende escolas de verán, campamentos ou festas locais.


http://www.agxpt.org/


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 13-06-2008 13:47
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal