Pro-postas


Imaxes Interactivas. Aplicación multimedia para o profesorado
Categorías: didáctica - multimedia - TIC

É un pracer e un orgullo anunciarvos a existencia desta aplicación. E teño varios motivos pero sobre todo porque os seus creadores son mestres e da terra. Noraboa polo seu traballo.
Como queira que na súa páxina teñen perfectamente explicado en que consiste póñovos un resumo da descrición que eles mesmos fan do programa. Non deixedes de ir a este espazo. Teñen exemplos de moitas das posibilidades didácticas. E o programa está xenerosamente a disposición de todos e todas os/as profesionais do ensino.

Autores: Xose Antón Vicente, Felo Couto e Fran Macías

"O programa "Imaxes Interactivas" posibilita aos mestres a realización sinxela dunha aplicación web a partires dunha imaxe, sen coñecementos técnicos, de programación, etc... grazas a un editor que facilita a creación de variadas opcións de interactividade.

Tradicionalmente esta tarefa pasaba pola creacion nun editor html dun mapa de imaxes, con "zonas quentes", ou ter coñecementos de programación, etc etc, é dicir, requírese unha formación media e uns coñecementos dun editor html do tipo Dreamweaver, NVU... que o editor de "Imaxes Interactivas" automatiza esas funcions e aporta a creación dunha imaxe interactiva en catro pasos.

Todos os mestres nalgún intre da súa laboura, traballan con imaxes: Fotografías de visitas culturais, da paisaxe, de actividades de alumnos... agora veremos as imaxes interactivas como algo diferente, máis sofisticado; pero que non deixa de ser unha faceta da imaxe dixital, que pode aportar creatividade e, sobre todo, dinamismo á hora de elaborar unha actividade apoiada na imaxe.

O resultado é unha aplicación web máis atractiva para os alumnos na que en distintas partes dunha imaxe, podemos introducir un texto, son, video ou outra imaxe.

Entre as vantaxes que atoparemos ao realizar a nosa imaxe interactiva están:

- Como ferramenta de autor, permítenos que sexa a actividade a que se adapte ao alumno/a (ou grupo) e non os alumnos á aplicación.
- O carácter lúdico da imaxe aumenta a motivación dos alumnos.
- A accesibilidade é completa para todo tipo de usuarios."


Espazo web: http://centros.edu.xunta.es/contidos/premios/p2008/a/imaxes_interactivas/index.html

Agradecementos: A Miguel Barca por pasarme a información.


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 29-05-2009 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
Exposicións virtuais no cole
Categorías: imaxe - multimedia - 3d

Nome do programa: Photo 3d album 1.2

Esta sinxela aplicación pode ter unha utilidade moi práctica e divertida na escola ou no instituto. Trátase de crear galerías virtuais onde podemos colgar as obras dos autores que esteamos desenvolvendo na aula ou ben as fotografías creadas polos propios alumnos e alumnas e outras moitas aplicacións didácticas.

Podemos seleccionar diferentes escenarios. Ademais contén unha función para converter o traballo nun salvapantallas.

Como todo o que propoñemos neste espazo é un programa gratuíto.

Enderezo:http://pho.to/album3d/


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 25-05-2009 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Gravadora de son para pc
Categorías: son - multimedia

A proposta que vos fago nesta ocasión ten que ver cun dos elementos multimedia máis importantes: o son.

O programa en cuestión chámase "Aktiv mp3 recorder 1.2"

Trátase dunha gravadora de son en tempo real que nos permitirá conectar calquera dispositivo ó equipo (micrófono, reproductor de CD, pletina, ou mesmo un vello tocadiscos de vinilos)a través da tarxeta de son, ou mesmo gravar o que se estea reproducindo dende internet ou de fontes internas do ordenador.

A ventaxa é que podemos configurar o programa para que nas pausas de audio faga diferentes cousas: parar, parar e volver a gravar cando haxa de novo son ou seguir gravando pero cortando o arquivo de son.

Traballa sobre a maioría dos formatos coñecidos: mp3, wma, ogg, aiff, etc.

A única dificultade é que está en inglés, pero é suficientemente intuitivo como para manexalo sen maior problema.

Enderezo: www.goforsharing.com/index.php/home-mainmenu-1/aktiv-mp3-recorder-mainmenu-130


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 25-05-2009 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
As TIC tamén en galego

Categoría: 1- As miñas cousas - Publicado o 14-05-2009 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas 2009. Ramón Piñeiro
Categorías: ensino - cultura galega

De novo na proximidade do Día das Letras Galegas facemos unha escolma de espazos web onde podemos traballar coa proposta do ano: Ramón Piñeiro.

Enderezos:

- www.diadasletrasgalegas.com
- letrasgalegas09.blogspot.com/
- www.seminariogalan.org
- Real Academia Galega.

E ademais propóñovos este vídeo elaborado polo compañeiro Luís Gómez Aldegunde que leva por título "Olladas sobre Ramón Piñeiro".

Vémonos o 17 de maio.





Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 08-05-2009 12:26
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal