Pro-postas


Sumo Paint: editor de imaxes en liña.
Categorías: edición imaxe - imaxe fixa - retoque fotográfico.

Hoxe presentámosvos unha aplicación que funciona sobre tecnoloxía flash, e que resulta ser un bo editor de imaxes fixas, coa particularidade de funcionar na rede en liña sen ter que instalar nada no equipo. Evidentemente esixe ter unha conexión con internet.

O programa permite traballar coa maioría das opcións dos máis coñecidos como Adobe Photoshop ou Paint Show Pro, incluíndo o traballo con capas.

Pero ao mesmo tempo é moi intuitivo e pode ser utilizado incluso polos nenos e nenas para as súas creacións plásticas.

O único inconvinte é que os menús están en inglés.

Se vos rexistrades na páxina oficial de Sumo Paint permite gardar os traballos no seu propio servidor, pero tamén nos deixa gardar no ordenador.

Enderezo: http://www.sumopaint.com/home/?lang=7

Fonte: Carlos de Paz (dende o Twitter)



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 22-04-2010 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Mapas conceptuais no ordenador
Categorías: aplicación - ensino - aprendizaxe

Unha das técnicas de estudo máis utilizadas en varias etapas educativas é a de crear mapas conceptuais.

Pois ben, no espazo web de XMind ofrécennos unha aplicación para crear este tipo de gráficos que nos permitirá expoñer e organizar as ideas de xeito que poidamos ser máis eficaces.

Este editor de mapas conceptuais é de uso libre.

Podedes descargalo de aquí:

http://www.xmind.net/downloads/

Agradecementos: A María Álvarez por pasarme a información e o boletín de AMEI (Asociación mundial de educadores infantís).


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 19-04-2010 13:22
# Ligazón permanente a este artigo
Letras Galegas: Uxío Novoneyra
Como xa é costume neste blog, cando se aproxima a data da celebración das Letras Galegas, deixamos unha serie de páxinas propostas con materiais para traballar nas aulas. Hai moitas, pero a miña escolma é esta:

- www.diadasletrasgalegas.com
- www.seminariogalan.org
- Real Academia Galega.


Ademais, os compañeiros e compañeiras do CPI dos Dices (Rois)e do CPI San Vicente (A Baña), veñen de presentar o novo traballo en vídeo para conmemorar o 17 de maio, adicado este ano a Uxío Novoneyra.

Como queira que a duración do vídeo excede os 10 minutos máximos que permite o espazo Youtube está disposto en dúas partes. Aquí vos quedan, para o voso disfrute e para pasarllo ao voso alumnado.








Grazas a Luís Gómez Aldegunde polo seu traballo e por pasarme os vídeos.

Canal de Youtube do CPI dos Dices.


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 19-04-2010 11:20
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal