Pro-postas


Animacións e debuxos en flash
Categorías: recursos - ensino - visuais

Esta proposta ven dun compañeiro do CEIP de Arzúa, Suso Lojo, a quen agradezo a información.

Kerpoof, que así se chama este espazo é unha proposta atractiva para os nenos e nenas onde poden desenvolver a súa creatividade creando historias, mesmo con animación e/ou debuxos. Todo sobre tecnoloxía flash. Os deseños e materiais pódense gardar na rede (non no propio equipo) sempre que nos rexistremos, tarefa doada e gratuíta.

Convén que os/as profes examinen os recursos para orientar logo os/as cativos/as pois algunha das posibilidades (crear película, por exemplo) pode precisar algunha axuda.

Ten un manual de dúbidas e propostas para o profesorado, pero nestes dous apartados teremos que contar coa colaboración do/a profe de inglés pois non están aínda traducidos ó español.

Merece a pena pasarse por aquí:

http://www.kerpoof.com/


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 28-04-2008 20:02
# Ligazón permanente a este artigo
Materiais en Flash para educación primaria
Categorías: Ensino - TIC - recursos

Un espazo adicado a ofrecer recursos en formato flash para primaria, e ademais clasificados por ciclos e materias. Inclue tamén a educación infantil. Propoñen tamén unha sección "Cajón de sastre", onde fan propostas fundamentalmente para as áreas transversais.

Os seus autores e autoras son:
- Alfonso Gómez.
- Mª José Donaire.
- Miguel Carrillo.

http://algobar.com/recursos/



Categoría: 7- Recursos - Publicado o 17-04-2008 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Equipos virtuais con "Virtualbox"
Categorías: informática - sistemas

Con VirtualBox podemos ter os sistemas operativos que nos apeteza de xeito virtual pero funcionando sen apenas limitacións e con moitas vantaxes para o ensino, sobre todo para o mantemento das aulas de informática. Podemos eliminar esa máquina virtual cando exista un problema (virus por exemplo) e crear outra en pouco tempo, non temos problemas coas particións, podemos ensaiar instalacións e configuracións diferentes sen que afecte ó equipo e incluso se temos espazo e memoria poderíamos ter un sistema diferente para cada usuario. Inconveniente... que os recursos que utiliza son do equipo real polo que mentres traballamos coa máquina virtual non temos moitos recursos para traballar coa real, así que non é doado alternar entre ambos sistemas ó mesmo tempo; en todo caso vai a depender sempre da potencia do equipo.

Existen outras aplicacións semellantes pero en opinión de compañeiros que as teñen probado esta consume menos recursos e é moi intuitiva e fácil de usar. Aínda que a páxina da aplicación está en inglés o programa instálase en español. Hai que seleccionar o sistema operativo do equipo onde o vaiamos a instalar.


http://www.virtualbox.org/



Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 16-04-2008 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xogo xeográfico
Categorías: ensino - xeografía

Seguimos xa no tema da xeografía e propóñovos un xogo moi divertido: hai que acertar sobre un mapa e nun tempo determinado onde se atopa a cidade e país que nos propón o xogo. Serve para comprobar os nosos coñecementos. Pódese escoller entre mapa mundi, europeo ou de EEUU.

A única dificultade ás veces é recoñecer a cidade que nos pide pois está en inglés.

(Na páxina de inicio escoller entrar como visitante)

http://www.geosense.net/


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 09-04-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Actividades de xeografía
Categorías: ensino - xeografía

Buscando material sobre mapas mudos atopei esta páxina que me parece moi útil para o traballo da xeografía de calquera parte do mundo. A páxina está en inglés pero iso non dificulta o traballo. Permite escoller as actividades por continente.

Pode ser unha boa excusa para un proxecto interdisciplinar.

En todo caso serve para obter información ou para probar coñecementos sobre a materia.


http://www.sheppardsoftware.com/Geography.htm


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 09-04-2008 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Mapas mudos
Categorías: Recursos - imaxes - ensino

Un profe de primaria precisa mapas mudos para crear actividades para os seus alumnos e alumnas con JClic. Pide enderezos para conseguilos. Eu propoño este pero se alguén coñece máis pode deixalos nos comentarios desta pro-posta e xa os colgo eu no blog.

Na seguinte páxina podedes conseguir mapas mudos tanto do tipo físico como político, de todos os continentes e da Península Ibérica.

Están en formato PDF, pero podemos capturalos logo a imaxe se os queremos para utilizar no ordenador con outros programas.

Pódense descargar en branco e negro e en color (estes últimos están xa en formato de imaxe jpg).

http://www.aularagon.org/files/espa/Atlas/mapasmudosbconegro.htm


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 08-04-2008 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Xerador de gráficos na rede

Categorías: utilidades - gráficos web

Cool Text

Esta páxina permítenos crear en directo e en moi poucos segundos un gráfico de texto (tipo logo) ou un botón para a nosa páxina, blog ou calquera material que configuremos sobre htm.

Ten tamén moitos tipos de letra cos que traballa nas súas propostas que podemos baixar para o noso equipo.

O logo desta pro-posta está feito con Cool Text.

http://es.cooltext.com/


Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 08-04-2008 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Contos e cantigas.
Categorías: ensino - recursos - oralidade

Alguén me preguntou onde podía atopar contos en galego... pois ben, no enderezo que vos propoño, aínda que é unha páxina antiga (última actualización é do 2002) contén unha boa recolleita de contos e de cantigas populares de Galiza, así como de lendas e costumes do noso País.

Non fun quen de averiguar o nome do/a autor/a; a páxina responde ó título de "Avelainha" e nela podedes atopar o correo electrónico do/a responsable anónimo.

http://www.geocities.com/Area51/shadowlands/7336/index.htm


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 03-04-2008 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal