Pro-postas


Siteo.org actualiza a súa páxina.

Categorías: ensino - espazo web - recursos

É unha boa nova: o espazo Siteo.org ven de estrear unha nova versión da súa páxina web. Implementada coa última versión de Drupal intentará ofertar ao profesorado novas e recursos relacionados coas TIC e o ensino.

Destaca a sección de recursos, onde poderedes atopar numerosas referencias de espazos web, clasificados por niveis e/ou materias.

Detrás desta páxina está un grupo de profesionais entusiastas das TIC e do ensino do que me sinto honrado de participar.

Contacto: siteo@siteo.org
Agradecementos: A Xosé Luís, que o currou ben.



Categoría: 4- Novas - Publicado o 25-03-2010 19:39
# Ligazón permanente a este artigo
Edmodo. Un espazo para aprender
Categorías: web 2.0 - E-learning - comunicación

O espazo que vos presentamos hoxe ten algo de Moodle (aula virtual), twitter e facebook, pero coas súas propias características.

Realmente é un espazo de comunicación moi útil para o ensino, destacando a súa capacidade de privacidade, de xeito que só poderán entrar nos grupos creados polo/a profesor/a aquel alumnado que coñeza o nome do grupo e o contrasinal. O profesor ou profesora pode crear os grupos que lle parezan oportunos para traballar, controlando todo dende o mesmo espazo.

As cualidades máis destacables son:
· Mensaxería instantánea.
· Control de privacidade.
· Tarefas e calificacións.
· Publicación de arquivos.
· Enlaces a páxinas e arquivos multimedia da rede.
· Notificacións (posibilidade de SMS)
· Suscrición a RSS
· Enquisas

A versión actual está en inglés e castelán, pero non se descarta a aparición noutras linguas, incluíndo o galego.

Rexístrate como profe e proba o seu funcionamento, verás como é o suficientemente simple pero ao mesmo tempo útil.

Enderezo: Edmodo

Fonte: Xoanca


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 25-03-2010 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Hacia a escola 2.0
Categorías: lecturas - web 2.0

Título: "Hacia la escuela 2.0. Proyectos con programas gratuítos para formar ciudadanos de la sociedad del conocimiento"

Autor: José Antonio Millán

Editorial: SM

Un libro para ler na nube, que desgrana as posibilidades do traballo con proxectos no ensino utilizando programas gratuítos.

Fácil de ler, unha guía de posibilidades sintetizadas en 71 páxinas, coas ventaxas da tecnoloxía flash, que permite ampliar ou reducir o tamaño do texto.

Moi recomendable para todo o profesorado.

Ver o libro

Fonte: Xoanca (dende o Facebook)





Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 22-03-2010 19:52
# Ligazón permanente a este artigo
PhotoXpress. Banco de imaxes gratuítas de alta calidade

Categorías: fotografía

PhotoXpress é un banco de imaxes gratuítas de alta calidade creado por Fotolia que actualmente conta con 523.346 arquivos e que podes empregar para a elaboración dos teus materiais educativos. Para descargar as imaxes previamente deberás crear unha conta e rexistrarche na web, unha vez cumprido este requisito poderás navegar polas diferentes categorías e localizar aquela imaxe que necesitas.

Unicamente podes descargar unha imaxe ao día, aínda que existe a posibilidade de descarga 4 imaxes máis diarias si te fas fan de PhotoXpress en Facebook e 5 si cubres un formulario cos teus datos persoais.

Segundo comunica o equipo de PhotoXpress.com, este servizo foi creado tendo en mente a presentadores e educadores co obxectivo de que tivesen á súa disposición imaxes que puidesen usar nas súas presentacións e en tarefas docentes. Podes empregar imaxes de PhotoXpress na túa web, blog, presentacións e demais materiais educativos sempre que engadas atribución de autoría e a procedencia da imaxe correctamente, para iso podes empregar o seguinte formato: © [Nome do fotógrafo/a] / PhotoXpress.com.

Enderezo: http://www.photoxpress.com/

Fonte: Tecnotic (vía Twitter)


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 21-03-2010 22:05
# Ligazón permanente a este artigo
WIX. Xerador de páxinas interactivas flash.

Categorías: web 2.0 - flash

Wix é un servizo web 2.0 que permite crear e editar páxinas web interactivas flash dende o navegador de internet. Podemos elexir entre moitas das planillas que nos ofrece, clasificadas por categorías.

Podemos incorporar imaxe fixa, vídeo, texto, son... presentacións interactivas e outras interesantísimas posibilidades.

O acabado é realmente de calidade, tanto estética como funcional.

Enderezo: http://www.wix.com/landing/Spain


Fonte: Educared a través do Twitter


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 10-03-2010 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
blog de tecnoloxía educativa

Categorías: tecnoloxía - secundaria

A compañeira María Loureiro, profesora de tecnoloxía en secundaria e bacherelato, ten un blog interesantísimo para o traballo coa tecnoloxía.

Ten recoñecementos importantes, como o premio a recursos educativos para a sociedade da información, no ano 2007,da Consellería de Educación.

Ademais ten un espazo de consulta cos alumnos e alumnas na rede:
http://formspring.me/tecnoloxia

Seguramente estos espazos web son de utilidade para o profesorado de tecnoloxía, pero tamén poden servir como referencia e ideas de enfoque e tratamento edutativo coas TIC.

Blog: www.tecnoloxia.org

Fonte: Xoanca


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 10-03-2010 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Alfabeto Musical (espectáculo multimedia)

Categorías: artística - musical - multimedia

Aínda que a maioría das pro-postas que fos fago desde este blog están directamente relacionadas cos recursos TIC para o uso directo por parte do profesorado non podo resistirme a facer outra excepción para que coñezades unha nova iniciativa de Pepe Sendón, o artista creador da obra "O Labirinto dos soños" que aparte do éxito que tivo entre os nenos e nenas do noso País é unha das poucas creacións multimedia en galego pensadas para presentar como espectáculo na escola.

A nova obra que nos presenta chámase "Alfabeto Musical". Na súa web oficial temos toda a información sobre os contidos e sobre as posibilidades que o espectáculo ten para presentalo nos centros educativos de educación infantil e primeiro ciclo de primaria.

Non deixedes de pasarvos por alí.

Na miña opinión é unha iniciativa moi enriquecedora para o noso traballo que permite ademais descubrir unha nova maneira de entender a creación artística pensada para nenos e nenas utilizando os recursos tecnolóxicos dos que hoxe disfrutamos. Demostra ademais que a Escola pode estar aberta á colaboración con outros profesionais para desenvolver propostas innovadoras cara a conquerir esa educación integral pola que traballamos.

Enderezo: http://psicofonica.com/alfamusica/info.html


Categoría: 4- Novas - Publicado o 09-03-2010 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Departamento de orientación

Categorías: Blog - espazo web

Este blog que vos propoñemos é un banco de recursos co que se pretende proporcionar unha serie de materiais libres e totalmente accesibles para todos os membros da comunidade educativa dende o punto de vista da orientación.

Este espazo web foi creado por Ginés Ciudad-Real Núñez e Maribel Martínez Camacho ambos profesores dos colexios "Virgen de la cabeza" e "La Salle" respectivamente na ciudade de Andújar

Moi recomendable para todo o profesorado pero especialmente para os departamentos de orientación.

Enderezo: http://orientacionandujar.wordpress.com/

Fonte: Educared (a través de Twitter)


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 03-03-2010 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal