Pro-postas


Xogo para adestrar a observación
Categorías: xogo - atención/observación

Excelente xogo de observación. Hai que atopar as 5 difencias entre os debuxos.

Gráficos de calidade.

Cando atopes as diferencias cambia o debuxo. Hai moitos niveis que terás que superar.

Disfrútao.

http://www.sesamo.com/html/5differences.html


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 15-03-2008 21:54
# Ligazón permanente a este artigo
Blog galego sobre TIC
Categorías: Web2.0 - galego - TIC - ensino

Outro espazo web con centos de enlaces de propostas educativas por categorías, en galego.

Autor: Alberto Armada. Profesor do CPI Aurelio M. Rey García de Cuntis (Pontevedra).


http://ticblog.wordpress.com/





Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 15-03-2008 18:14
# Ligazón permanente a este artigo
Ciberlingua: recursos educativos na rede
Categorías: recursos - galego - directorio

Neste espazo podemos atopar un amplo directorio de enderezos tanto de institucións, editoriais, publicacións, universidades e recursos relacionados co ensino galego. Ademais os recursos están clasificados por áreas.

Na súa páxina principal di:
"Ciberlingua é un proxecto dinamizador que tende unha ponte entre a comunidade escolar e a lingua galega a través da rede, achegando as potencialidades educativas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas que é cada día máis necesario termos unha voz galega e en galego."

http://www.ciberlingua.org/recursosrede.htm


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 15-03-2008 16:33
# Ligazón permanente a este artigo
Programas alternativos
Categorías: aplicacións - sof.libre -

Unha boa recopilación de aplicacións libres, clasificadas para poder atopar o que buscamos facilmente.

É unha páxina para ter nos favoritos, e para utilizar antes de decidirse pola instalación de calquera programa para ver se existe a versión "libre".

http://alts.homelinux.net/






Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 14-03-2008 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Xogos flash nun espazo en galego.
Categorías: xogos - lecer

Esta páxina fai unha recopilación de xogos en flash para xogar en conexión a internet. É similar a outras moitas pero está no noso idioma. Podemos atopar xogos interesantes para os nosos/as fillos/as e alumnos/as, aínda que tamén hai xogos violentos e menos recomendables.

En todo caso permítenos copiar un código para poñer un enlace directo a cada xogo na nosa páxina ou blog de xeito que sempre podemos facer algún tipo de orientación antes de xogar.

http://www.megaxogos.com/



Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 13-03-2008 19:30
# Ligazón permanente a este artigo
WebQuest: O día do teu nacemento
Categorías: ensino - primaria - webquest

Interesante WebQuest para primaria que permite facer un traballo de investigación retrospectiva sobre unha data concreta: a do nacemento de cada quen. Moi motivadora e con moitas posibilidades na aula.

Autor: Mario Aller

http://www.telefonica.net/web2/webdeismail/











Categoría: 7- Recursos - Publicado o 13-03-2008 18:56
# Ligazón permanente a este artigo
Infografías didácticas
Categorías: recursos - infografías

Nesta páxina dunha coñecida marca de supermercados hai unha valiosa colección de infografías moi útiles para traballar en moitas áreas educativas. Máis de 300 recursos co permiso de utilizarse con caracter didáctico.

Permite ver as infografías vía internet ou baixalas para utilizar nas aulas sen conexión.


http://www.consumer.es/infografias/






Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 11-03-2008 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Jamendo: música libre na internet

Categorías: recursos - son

Precisas música para os materiais multimedia que elaboras para uso didáctico, pois mira esta páxina, un espazo onde os artistas musicais colgan o seu traballo e permiten utilizar as súas obras sempre que non sexa con ánimo de lucro, día así na páxina de inicio: "Los artistas de Jamendo te permiten escuchar, descargar y compartir su música. Es libre, legal e ilimitado.."



http://www.jamendo.com/es/
Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 06-03-2008 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal