|
|
|
|
| Temas gráficos para Mozilla Firefox |
|
 Saíu a última versión do navegador "Firefox", e xa está dispoñible en galego.
Unha das novidades é que permite crear temas facilmente, e eu permitinme crear algúns, coa temática de fondo da reivindicación e apoio á nosa lingua, e outros, como o de Nova Escola Galega. Disculpade o atrevemento.
Enderezos:
Mozilla Firefox 3.6, en galego... "Mancomún"
Tema: En galego
Tema: Sempre en Galiza, sempre en galego
Tema: Nova Escola Galega
Para quen se decida a actualizar a versión, unha vez instalada, tedes que ir a esta páxina:
http://www.getpersonas.com/es/#plus e instalar o complemento.
Logo de reiniciar o navegador xa podedes decorar o aspecto do navegador coas miles de propostas da galería.
|
|
|
|
|
| Balabolka. Reproduce con voz os textos escritos |
|
 Categorías: Lectura - son - texto a voz
Fai xa algún tempo que vos fixen unha aportación sobre un software que podía transformar un texto escrito en voz, e ademais sobre web... "VozMe"; pois ben, hoxe fágovos outra proposta interesante:
"Balabolka" é un programa (libre) que se instala no equipo (sobre windows) e permite básicamente facer o mesmo, pero con máis opcións de entoación e de velocidade de lectura. Permítenos ao igual que "VozMe" gardar a lectura en arquivo de son (wav, mp3, etc), pero o máis interesante e o que o diferencia de outros é que permite abrir dende o propio entorno do programa calquera arquivo nos formatos máis coñecidos (Oppen Office, word, pdf, etc), e os le directamente.
Tristemente hai que utilizar voces en inglés ou castelán, pero esta última non o fai tan mal, ou dito doutro xeito, non o fai peor que o castelán, salvo algúns sons... pero tendo en conta que é unha máquina pois que lle podemos pedir, non?.
Creo que pode ser útil en moitas aulas para o traballo autónomo coa aprendizaxe de linguas ou da propia lecto-escrita, ou para outras actividades creativas ou de axuda a discapacidades visuais.
Enderezo de descarga: http://www.cross-plus-a.com/balabolka_es.htm.
Para que o programa funcione teremos que ter instaladas as voces en castelán. Podes facelo dende o seguinte enlace (descargas un arquivo comprimido con varios executables, unha vez executados todos instala o Balabolka e xa te aparecen as voces en castelán, masculina e femenina para escoller).
Dende o mesmo enderezo da descarga tedes a opción de baixar a versión "portable". A única dificultade é que non funcionará nos equipos onde non teñamos instaladas as voces.
Agradecementos: A Miguel Barca, por presentarmo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|