Pro-postas


Catálogo de solucións TIC para alumnado con NEAE

Categorías: NEAE - Recursos TIC - ensino

Este espazo que vos presento é un recuncho interesante para atopar aplicacións e recursos TIC para alumnos con necesidades edutativas especiais tanto gratuítas como comerciais. Realmente é un catálogo pero permite facer as búsquedas a través dun asistente que nos permite concretar as dificultades do/a alumno/a ou ben as características técnicas e didácticas do material que estamos a buscar. Unha axuda importante para moitos/as profes.

Enderezo: www.ticne.es

Agradecementos: A Abraham por pasarnos esta información.


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 17-02-2009 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro aniversario de Pro-postas
Pro-postas está de aniversario. No mes de febreiro de 2008 empezamos a encher este espazo de referencias a materiais e recursos TIC para a escola. Gañei o contacto con xente que non coñezo pero que me escribiu ou deixou algún comentario... tamen sei polos colegas que nos coñecemos que estades a consultar de cando en vez o blog e que sacades algunha información nova e útil... pois iso xa me compensa o traballo.

Grazas a todos e todas os que me axudades con aportacións, suxestións e propostas. En especial ós meus colegas de "SITEO".

Seguimos aquí, enchendo isto.

Saúdos









Categoría: 1- As miñas cousas - Publicado o 13-02-2009 18:20
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal