Pro-postas


Entrevista a Jordi Adell
Categorías: TIC - ensino - entrevista

Aquí tedes un vídeo da entrevista a Jordi Adell, profesor do "Departamento de Educación da Universitat Jaume I de Castellón", realizada polo equipo de EDUCAHISTORIA dentro das "PRIMERES JORNADES DE WEBQUEST" celebradas en Barcelona en marzo do 2006.

Non a perdades, é agradable e interesantísima. Unha hora na que se tocan todos os temas da actualidade das TIC e o ensino.

Tamén hai enlaces as páxinas relacionadas con este persoeiro das TIC.

http://www.educahistoria.com/tv/adell/adell.php


Categoría: 4- Novas - Publicado o 29-02-2008 13:15
# Ligazón permanente a este artigo
Palm-Brasil: materiais para a PDA
Categorías: recursos - PDA

Cada vez somos máis os/as usuarios/as de ordenadores de peto (PDA). Teñen grandes vantaxes, sobre todo para quen teña pouca memoria e moito curre (jeje), pero tamén algunha dificultade como que non hai aínda desenvolvemento de programación libre para estes artiluxios. Por iso son de agradecer os espazos como o de "Palm-Brasil" que nos ofrece unha clasificación de aplicacións, por sistema operativo e por tipoloxía e a posibilidade de descargar as mesmas.

Hai propostas de programas gratuítos e demos dos que son de pago. E por suposto nun idioma irmán, que tamén é de agradecer.

http://www.palmbrasil.com.br/programas/index.shtml

Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 29-02-2008 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Paulo Porta: fotografía dixital
Se alguén sabe de fotografía, e por suposto de fotografía dixital, é este compañeiro. Paulo Porta é profesor no IES Xelmirez I de Santiago. Colaborador en actividades de formación do profesorado relacionadas coa imaxe ten unha páxina das que merecen estar entre as favoritas. Tutoriais e artigos sobre numerosas técnicas do tratamento da imaxe explicadas de xeito didáctico.

Tamén ten traballos sobre pintura e sobre xeometría e debuxo técnico.

Non ten desperdicio.

Ah, e ten expostos algúns traballos premiados e algunha publicación.

http://www.pauloporta.com/


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 28-02-2008 19:42
# Ligazón permanente a este artigo
Reseña de aplicacións para edición de vídeo dixital
Categorías: artigo - ensino - recursos - vídeo

No espazo web de EDUTEKA: http://www.eduteka.org/ está publicado este artigo no que se fai un análise de varias aplicacións para a edición dixital de vídeo.

O bo é que trae o enlace a cada unha delas para baixalas e instalalas se é o caso. Varias son gratuítas.

http://www.eduteka.org/VideoDigitalSoft.php


Categoría: 4- Novas - Publicado o 28-02-2008 18:57
# Ligazón permanente a este artigo
O ENTe do CEIP de Palmeira e o EDI de baixo custo


Categoría: nova - investigación TIC - EDI

O Equipo de Novas Tecnoloxías (ENTe) do CEIP de Palmeira veñen de sorprendernos cunha nova sobre a posibilidade de crear un encerado dixital interactivo de baixo custe co mando dunha consola Wii... parece alucinante pero seica é real. Pasádevos pola súa páxina e veredes o que hai.

Por certo, grazas ós colegas de Palmeira.

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepalmeira/rato_pizarra.htm


Categoría: 4- Novas - Publicado o 28-02-2008 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Compostela en imaxes.
Fai 8 anos tiñamos unha cámara Samsung SDC-33, agora xa unha peza de museo. Tiña unha resolución de 640x480 pixels, moito menos que un mobil dos máis cativos de hoxe. Pero facía unhas fotos de encanto, as veces algo distorsionadas nas formas, pero de boa iluminación, para o que era a cámara.

Pois con esa máquina o meu colega e amigo Moncho (Pérez Rey) fixo estas fotos de Santiago. Non están tan mal, non?.

(Son moitas fotos polo que as veces tarda un anaco en cargar a presentación)

Categoría: 1- As miñas cousas - Publicado o 26-02-2008 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Vieiros da escola

Categorías: ensino - revista electrónica

O xornal dixital galego "Vieiros" ten unha sección adicada ó ensino xestionada actualmente por "Nova Escola Galega".

Pódese acceder a todas as edicións. Hai propostas de todo tipo para o traballo na escola.

Ir a: VIEIROS NA ESCOLA


Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 25-02-2008 19:12
# Ligazón permanente a este artigo
Edición de vídeo
Categorías: aplicación - vídeo dixital - imaxe

A marca "Pinnacle" ven de sacar unha versión gratuíta das súas aplicacións para a edición de vídeo dixital. Unha boa alternativa ó "Movie Maker" de Microsoft para traballar no ensino.

A única limitación é que só renderiza en mpeg e en avi, calquera outro formato é de pago, pero co convertidor "Super" pódese acadar o formato final desexado.

Esta aplicación somentes edita e renderiza, non se poden facer capturas, polo que teremos que ter algunha alternativa para este proceso.

Para conseguir o programa o enderezo é:
http://videospin.com/




Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 24-02-2008 23:54
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal