Pro-postas


Tagxedo ou un ceo de palabras.

Categorías: web 2.0

Se fai un par de meses vos falaba da posibilidade de crear nubes de palabras a partir de calquera documento, hoxe vos fago unha nova pro-posta neste sentido.

No espazo de "Tagxedo" podemos, ademais de utilizar como fonte un documento propio, facer o mesmo a partir dunha páxina web ou blog. Ademais permítenos adaptar o perfil da nube a imaxes que nos propón como modelo o propio sistema ou facelo sobre unha imaxe propia que teñamos dixitalizada no equipo, así como unha xenerosa gama de combinacións de cores.

Como mostra a imaxe desta nova.
Dificultade: en inglés (pero moi intuitivo)

O espazo atópase en: http://www.tagxedo.com/

Fonte: José Antonio Alonso


Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 02-12-2010 17:04
# Ligazón permanente a este artigo
Taller de LIM
Categorías: ferramentas de autor

Logo dun tempo de sequía na aportación de pro-postas, a causa fundamentalmente da sobredosis de "Abalar" quero deixarvos hoxe unha suxestión de autoformación coa ferramenta LIM.

Como xa sabedes LIM é unha ferramenta para a creación de actividades educativas en soporte web, gratuíta e feita en Galicia, e cunha gran demanda formativa por parte do profesorado.

Pois ben, no espazo "El Tinglado" ofrécennos un taller en 10 fases (en vídeo con voz en off. En castelán) para facernos co seu manexo. Unha moi útil axuda para todos e todas os/as que estades interesados en ir aprendendo a crear as vosas propias actividades TIC de apoio na aula.

Enderezo do taller: http://www.tinglado.net/?id=taller-lim

Autor: Javier Escajedo
Fonte: Xoanca


Categoría: 5- Espazos web - Publicado o 02-12-2010 16:26
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal