Pro-postas


Xeradores de recursos educativos en liña
Para completar as últimas pro-postas engado este enlace ó blog "Cuaderno Intercultural", concretamente ao mapa da web onde podemos atopar entradas a multitude de propostas de xeradores de recursos: webquest, tesouros na rede, contos, comics, carteis, calendarios, distintos tipos de textos, etc.

Unha boa e interesante recompilación de espazos web para o profesorado.

Enderezo:
http://www.cuadernointercultural.com/mapa/





Categoría: 7- Recursos - Publicado o 22-12-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Xogando coas palabras
Xerador de encrucillados

Con este xerador de encrucillados podemos crear propostas de traballo e/ou lecer coas palabras deseñando en liña.

Decide os términos e escrebe as súas definicións, o programa encárgase de montar o encrucillado... logo podemos resolvelo na propia web ou imprimilo.

Deberíamos finalmente gardar a páxina xerada no noso equipo pois o orixinal non se conserva en liña. Podemos logo utilizalo sempre que queramos dende un CD rom, colocándoa na web do noso centro ou nos equipos da aula.


Enderezo:

http://perl.ajusco.upn.mx:8080/miayudante/juegos/crucigrama



Categoría: 7- Recursos - Publicado o 22-12-2008 20:22
# Ligazón permanente a este artigo
Xerador de sopas de letras
Word Search Maker

Utilidade en web para crear sopas de letras. É doado e rápido. Só hai que introducir o número de filas e columnas, cubrir coas palabras que se deben atopar e logo introducir esas mesmas palabras no recadro da lista.

A páxina xenera un código para copiar no blog ou en calquera páxina web e listo.

Podes ver un exemplo de proba aquí

O enderezo para crear as sopas é este:

http://www.word-search-maker.webonizer.com/





Categoría: 7- Recursos - Publicado o 22-12-2008 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
O programa definitivo para cambiar formatos
Categorías: aplicacións - imaxe

A pesar de que o programa "Super" vai moi ben e permite gran cantidade de cambios de formato para vídeo este programa que vos presento é moito máis completo e eu diría que definitivo, chámase FORMAT FACTORY, e entre outras virtudes permite extraer imaxe dende DVD, permite tamén transformacións de imaxe fixa e son e moito máis. Imprescindible en calquera equipo.

DISPOÑIBLE EN GALEGO.

Agradecementos: A Domingos e Juan por pasarme a información que lle chegou de Xosé Antón Vicente quen ademais fixo a tradución ó galego.

Baixar de: http://www.formatoz.com/


Categoría: 3- Aplicacións - Publicado o 12-12-2008 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Blog sobre ferramentas web 2.0 de Pedro Cuesta

O profesor da Universidade de Vigo, Pedro Cuesta, ven de participar nunhas xornadas de EDUCARED, organizadas en Santiago pola Consellería de Educación. Nas mesmas dou a coñecer varias ferramentas web 2.0, pero ademais presentou materiais en rede feitos por el. Déixovos a referencia do seu Blog no que da conta das novidades que van saíndo. Ademais no enderezo http://www.slideshare.net/pedrocuesta podemos mirar algunhas presentacións referidas tamén á web 2.0.

Blog de Pedro Cuesta



Categoría: 4- Novas - Publicado o 05-12-2008 12:40
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal