Pro-postas


Page Saver. Para capturar imaxes de páxinas web


Categorías: imaxe - web - utilidades

Page Saver é unha utilidade para resolver algúns inconvintes cando temos que capturar unha ou varias imaxes que sobrepasan o que se ve na pantalla dos nosos equipos.

Como ben sabedes dende o teclado podemos facer unha captura de pantalla, pero só afecta ao que o noso monitor é capaz de mostrar. Pero moitas veces a cantidade de espazo, imaxes e contidos que queremos capturar van máis alá.

Pois o tema está resolto con esta aplicación para Mozilla Firefox. Instalada no noso navegador permítenos decidir ata onde queremos capturar.

Garda en JPG ou PNG, e permítenos configurar a calidade da captura.

Enderezo: http://pearlcrescent.com/products/pagesaver/



Categoría: 2- Utilidades - Publicado o 24-11-2012 16:24
# Ligazón permanente a este artigo
Video titoriais en liña con Screenr




Categorías: formación - titoriais - TIC

A ferramenta Sreenr, ademais de funcionar en liña, directamente dende a web, é rápida e moi intuitiva.
Non precisa rexistro se temos conta en Twitter, Gmail, Facebook e outras redes sociais, permitíndonos crear un espazo persoal para almacenar os nosos traballos.

Básicamente é unha ferramenta de gravación de vídeo e audio sobre tarefas desenvolvidas no ordenador para gardar como video titoriais e poder difundir, aos nosos alumnos e alumnas ou ao profesorado para comprender e aprender procesos concretos de traballo coas TIC.

O resultado pode ser enlazado ou insertado con código embed.

www.screenr.com



Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 04-11-2012 23:49
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal