Pro-postas


Paquete Edilim de vocabulario e ortografía

Categorías: lingua - 3º ciclo - vocabulario - ortografía

Déixovos este paquete de actividades para traballar en lingua, no 3º ciclo de E.P.

Contén material con auto-ditados, tarefas de vocabulario, ortografía e atención.

Pódese distribuír libremente, xa que está desenvolto baixo licenza CC (by-nc-sa).

Intentarei seguir desenvolvendo libros que dean continuidade a este.

Baixar o paquete

Velo "online"
http://goo.gl/508xb5
Categoría: 7- Recursos - Publicado o 17-01-2015 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Revista: Educación 3.0
Categorías: revista - novas - TIC

Unha revista "online" (versión reducida) e en papel (ver. completa) sobre as TIC e o ensino. Con propostas de recursos para a maioría sos S.O. pero fundamentalmente baseada na web 2.0

Defínese como a "revista para as aulas do século XXI".

http://www.educaciontrespuntocero.com/
Categoría: 6- Lecturas - Publicado o 17-01-2015 20:14
# Ligazón permanente a este artigo
Symbaloo de banco de imaxes
Categorías: web 2.0 - imaxe - educación - cc

Este escritorio desenvolto en "Symbaloo" por Rosa Panos Sanchis, propón 51 espazos onde atopar imaxes libres, para utilizar nos proxectos educativos respetando as licenzas dos autores/as. Facilítanos fundamentalmente atopar imaxes con licenza Creative Commons.

http://www.symbaloo.com/mix/bancosdeimagenescc

Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 17-01-2015 19:50
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal