Pro-postas


OpenStreetMaps. Alternativa práctica a GoogleMaps

Son moitos os exemplos de uso con GoogleMaps no ensino, e cada vez é máis común a súa utilización polo noso alumnado. Pero GoogleMaps presenta algunhas restriccións no seu uso: non permite descargar mapas enteiros, imprimilos, corrixir camiños ou toponimias, etc.

OpenStreetMap si oferta estes servizos. Trátase dunha inciciativa aberta, mantida por miles de persoas voluntarias. Ofrece mapas e datos xeográficos gratuítos a quen os precise. Merece a pena provalo.


Podemos exportar mapas en múltiples formatos ou crear enlaces que podemos insertar no noso espazo web.

Enderezo: http://www.openstreetmap.es/presentacion/

Fonte: Chema (a través de Google+)


Categoría: 7- Recursos - Publicado o 31-01-2012 21:00
# Ligazón permanente a este artigo
Conferencia: Os video-xogos como recurso para facer un mundo mellor
categorías: vídeo ensino charla videoxogo

Neste vídeo, Jane McGonigal, deseñadora de video-xogos, explica a súa experiencia e teoría de como os mesmos poden contribuir á educación, e polo tanto a mellorar o futuro deste mundo.












Categoría: 4- Novas - Publicado o 31-01-2012 20:51
# Ligazón permanente a este artigo
Debuxos e grafitis
Categorías: arte debuxo grafiti expresión

Hoxe vos presento un material moi interesante deste grandioso soporte que é a web 2.0.

Trátase dun espazo para crear debuxos e grafitis, sen rexistro nen condicións. Só hai que ser creativos e ter algo que comunicar.

Permite compartir o material creado nas redes sociais e gardalo como imaxe no propio equipo.

Simplemente nos ofrece un espazo en branco e as ferramentas para pintar.

Enderezo: http://doodle.ly/























Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-01-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Máis sobre cómic
Categorías: cómic

Outro espazo, diferente do anterior, porque propón máis ferramentas e ao mesmo tempo é máis vistoso. Permite crear personaxes e cambiarlles a expresión. Tamén permite reutilizar fondos e viñetas dun cadro cara outro, e incluso incorporar imaxes propias.

Como dificultade: hai que rexistrarse, pero a ventaxa é que podemos utilizar un correo electrónico falso, o que nos permite rexistrar aos nosos alumnos sen ter un correo real.

Destacar a posibilidade de crear libros interactivos coas viñetas.

Enderezo: http://www.toondoo.com/

















Categoría: 9- Web2.0 - Publicado o 13-01-2012 16:49
# Ligazón permanente a este artigo

GALEGO, PATRIMONIO DA HUMANIDADE
 MENÚ
 ANTERIORES
 Orde cronolóxica de entradas
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS

© by Abertal